Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Cabo Ortegal (15021755) é un centro público no que imparten docencia 26 profesoras/es aun total de 152 alumnas/os. Atópase situado no Concello de Cariño de 3763 habitantes segundo o padrón municipal de xaneiro de 2021, e con notables deficiencias no que a vías de comunicación ou transporte se refire á hora de salvar as distancias que o separan do núcleos máis próximos.

Con este Plan preténdese dar resposta á realidade social do uso xeralizado das tecnoloxías da información e comunicación, tentando realizar unha transformación dixital que inclúa unha visión máis moderna e ampla.

Os obxectivos principais que se pretenden acadar con el son:

  • Facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos e optimizar a xestión dos recursos humanos e materiais do centro.
  • Promover o uso das ferramentas de avaliación e diagnose dos centros educativos respecto á competencia dixital.
  • Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa.

O Plan foi elaborado polo Equipo de Dinamización Dixital, e o proceso ata a súa redación foi o seguinte:

  1. Nun primeiro momento (primeiro trimestre do curso 2021-2022) fíxose unha diagnose de situación de centro con axuda da ferramenta SELFIE na que participaron profesorado, alumnado e os membros do equipo directivo.

    Xa ao longo do mes de marzo de 2022 o profesorado realizou a través de fprofe o Test de Competencia Dixital Docente, que permitiu obter un informe individual coa valoración global do nivel competnecial (A1 – C2).

  2. Coa axudas dos informes que nos facilitaron as dúas ferramentas anteriores realizouse un análise DAFO (Debilidades – Fortalezas – Ameazas – Oportunidades) do centro que serviu de base e orientación para fixar as accións a levar a cabo neste plan.

  3. En base á situación do centro e ao informe DAFO propuxéronse varios obxectivos e accións a levar a cabo para a súa consecución, que unha vez postos en común, decidíronse os que formarían parte deste Plan Dixital e que finalmente son os que figuran no Plan de Acción no punto 3 deste documento.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Unha das fontes empregadas para realizar a análise DAFO foi a información do resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa (Ver ANEXO I - Resumo áreas informe SELFIE).

Outra das fontes empregadas para realizar a análise DAFO foi o informe grupaL DO Test CDD de centro (Ver ANEXO II - Informe grupal TCDD).

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Certa dificultades para acceder a dispositivos dixitais de garantía e a unha óptima conexión a internet no fogar. Baixa consideración do alumnado sobre as prácticas de avaliación (retroalimentación, autorreflexión e comentarios dos traballos de outros alumnos/as). Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Si
Debilidade Conexión en ocasión pouco fiable ou lenta. Os equipos das aulas de informática necesitan unha revisión, podendo ser necesario a súa substitución. Infraestruturas Si
Debilidade Baixa colaboración con outros centros e organizacións. Organización de centro Si
Debilidade Pouca estabilidade do profesorado no centro. Ao redor do 50% do profesorado non soe partipar nos Plans de Formación relacionados coas novas tecnoloxías. Pouco uso de medios dixitais para realizar comentarios ao alumnado. Baixa participación en redes profesionais. Persoal docente Si
Fortaleza Boa dispoñibilidade do alumnado con respecto ao emprego dos recursos e medios dixitais. Alto grao de colaboración do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza Boa comunicación coas familias a través dos recursos dixitais. Familias Si
Fortaleza Boa dispoñibilidade de dispositivos dixitais no centro. O centro dispón de tres aulas de informática equipadas. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro imparte o ciclo modular de adultos "Sistemas microinformáticos e redes". O centro participa no proxecto Edixgal en toda a ESO. Oferta Non
Fortaleza Alto apoio ao desenvolvemento profesional continuo, así como ao uso e creación de recursos dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Competencias dixitais suficientes na maior parte do profesorado. Alta seguridade ao empregar e adoptar a tecnoloxía como recurso no traballo. Persoal docente Si
Fortaleza Colaboración estreita cos membros do persoal de administración e servizos, moitos deles con excelentes competencias dixitais. Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O profesorado no percibe que a oferta de cursos de formación se axeite ás súas necesidades. Administración educativa Non
Ameaza Illamento xeográfico do noso Concello e ausencia de transporte público axeitado. Dificultade para acceder na contorna a información, cursos e material dixital. Contorna Si
Ameaza Execeso de normativa e buracracia á hora de afrontar proxectos e plans. Lexislación Non
Ameaza Dificultade na contorna para atopar empresas nas que o alumnado poida cursar a FCT. Outras Si
Oportunidade Predisposición e oferta que permite prestar apoio profesional ao profesorado que o precise para a creación de contidos educativos dixitais específicos para as diferentes materias que se traballan na ESO, Bacharelato e Ciclo. Administración educativa Si
Oportunidade Boas relacións cos membros da ANPA Beiramar. ANPA Si
Oportunidade Único centro da contorna que imparte o ciclo de Informática para persoas adultas. Contorna Non
Oportunidade Moi boas relacións e comunicación fluída co Concello en todos os sectores. O Concello soe ofertar cursos e talleres para alumnado e persoas adultas sobre alfabetización dixital. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1 Mellorar e ampliar os recursos dixitais e tecnolóxicos do centro.
O2 Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital.
O3 Promover a comunicación entre o profesorado, titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar e/ou AbalarPro.
O4 Promover o uso da aula virtual do centro e de instrumentos de avaliación dixitais para a avaliación do alumnado, así como das ferramentas tecnolóxicas dispoñibles.

Seguimento

Procedemento

Realizarase un seguimento trimestral das accións levadas a cabo así como do grao de cumprimento dos obxectivos formulados. De ser necesario realizaranse as modificacións e propostas de mellora necesarias.

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre cabe destacar que o profesorado non solicitou formación na ferramenta Abalar e/ou Ablar Pro, e ademais tampouco houbo demanda de formarse na ferramenta Moodle, polo que toda a formación no eido da competencia dixital se centrou na radio escolar e nas diferentes ferramentas tecnolóxicas dos Polos Creativos das que dispón o centro.

2º Trimestre

As accións previstas a esta altura de curso realizáronse sen modificacións.

3º Trimestre

Remátanse as accións previstas sen modificacións.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para tratar de acadar os mellores resultados deste Plan Dixital, levaremos a cabo unha avaliación continua que nos permitirá saber se os obxectivos propostos o Plan de acción están ben adecuados e se as accións propostas son as correctas.

  • No relativo á avaliación procesual a frecuencia da súa realización ven reflectida na data de fin prevista de cada unha das accións a levar a cabo, realizándose estas alo menos unha vez ao trimestre, valorándose o seu estado así como a análise e valoración dos resultados acadados. De ser necesario realizaranse as modificacións e propostas de mellora necesarias.

  • No que respecta á avaliación final, esta realizarase alo menos unha vez ao ano ao rematar o curso escolar, incluíndo a valoración do logro dos obxectivos propostos e as propostas de mellora necesarias que nos permitan afondar nos obxectivos de cara ao vindeiro curso.

Valoración xeral

En xeral considéranse os obxectivos acadados, aínda que se debe mellorar para tentar acadar o 100% do profesorado que emprega a ferramenta Abalar nas súas comunicacións, así como na optimización da revisión dos recursos tecnolóxicos á hora de detectar necesidades ou actualizacións dos mesmos.

Proposta de mellora

Débense marcar propostas de mellora no referido á revisión do equipamento informático e tecnolóxico, dado que as dúas horas de redución das que dispón o/a coordinador/a TIC son á vista totalmente insuficientes de cara a un correcto e óptimo seguimento e revisión do cada vez máis numeroso equipamento do centro. Para tal fin proporase a contratación dunha empresa externa de modo que mensualmente se faga cargo das revisións e actualizacións necesarias.

Así mesmo vese necesario unha mellora nas comunicacións abalar do profesorado, polo que fomentaremos unha breve formación no uso da ferramenta Abalar de forma que se estableza a prioridade de realizar as comunicacións  profesorado titor - profesorado - familias mediante esta ferramenta.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado polo Consello Escolar, este Plan Dixital estará a disposición de toda a comunidade educativa na páxina web do IES Cabo Ortegal no apartado “Documentación”, podendo ser revisado en calquera momento se as necesidades do centro así o aconsellan, informando, de selo caso, ao Claustro e Consello Escolar de todas aquelas modificacións realizadas