Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Relacionado co O01PD:
Para a realizar o seguimento deste Plan Dixital fórmase o Equipo de Dinamización do Plan Dixital a principios de setembro. Este equipo está formado por:
- Mª José Villaverde
- Rosa Mouzo
- Andrea Villar
- Mª Montserrat Hernández
- Noelia Romero
- Alba Vieites (coordinadora)
Nesta reunión proporcionámoslle o plan Dixital ás compañeiras de equipo xa que o curso pasado non o coñecían.
Unha vez ao mes reunirémonos para revisar o seguimento das accións.
O obxectivo O08PD: Deseñar proxectos interdisciplinares nos que se empreguen as TIC. está comezado, xa que se fixeron propostas que se están levando a cabo.
En relación ao obxcectivo O05PD, en relación ao programa Polos Creativos, participamos conxuntamente oc IES Terra de Soneira, pero estamos a espera da formación do equipo do IES para poder traballar de forma conxunta.
En relación ao obxectivo O02PD, fomentar o uso da aula virtual, cumprimos as accións previstas.
001PD: Despois de varias chamadas a UAC durante todo o curso, a día 13/02/2023 viñeron ao centro a comprobar os problemas de conexión e comentan que instalarán un novo sistema WIFI para solucionar as problemáticas actuais. Desta forma solucionariamos moitas ameazas do noso DAFO.
001PD: Seguimos con reunións para traballar e mellorar o Plan Dixital, así como para volcar os datos do Plan Dixital na aplicación EduCalidade.
En relación ao obxectivo O03PD, debemos mellorar a competencia dixital do alumnado, e esperamos poder facelo o curso que ven xa que temos moitos máis recursos dixitais, ao igual que co obxectivo O04PD, xa que así melloraremos tamén a utilización das TIC.
En canto o obxectivo O05PD non participaremos no programa Polos Creativos xa que este curso non se abriu prazo para facelo.
En canto o obxectivo O06PD, algunhas aulas si crearon recursos pero para o próximo curso ao contar con máis recursos dixitais esperemos que máis docentes o fagan.
O obxectivo O07PD non o cumprimos xa que non usamos REA.
O obxectivo O08PD para o ano que ven proporemos novo proxecto interdisciplinar ou a continuidade do deste curso.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvem obxectivos será o seguinte:No contexto da avaliación procesual ento do plan e da consecución de a frecuencia da súa realización será unha vez ao mes.Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles No contexto da modificacións das accións e as propostas de mellora.avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
O Plan Dixital foi algo ambicioso sobre todo en relación aos PFPP, xa que puxemos varias accións en diferentes obxectivos relacionados coa creación de PFPP, xa que tiñamos pensado solicitar sobre 3 ou 4 PFPP, e realmente non temos tempo para realizar tantos.
Ademais non puidemos realizar algunhas accións xa que non tiñamos os recursos dixitais necesarios, pero por sorte, agora contamos con algúns deles.
Para o curso que ven debemos escoller algún programa de innovación relacionado coas TIC,, e ademais gustarianos empregar metodoloxías innovadoras dixitais por parte do 90% do profesorado.
Comunicación e difusión
Unha vez elaborado este plan será proposto para a súa aprobación ao Claustro de profesores e ao Consello Escolar. Unha vez aprobado será colgado na aula virtual para que toda a comunidade educativ a o poida consultar. Ademais informaremos ás familias da existencia de dito plan pola mensaxería Abalar do centro.