Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro

O CEIP Labarta Pose está situado na localidade de Baio, do Concello de Zas, na comarca de Soneira (A Coruña). Esta localidade ten a particularidade de atoparse dividida polo Río Grande en dúas partes, unha pertencente a Zas e outra a Vimianzo. O concello de Zas está situado na zona central da Costa da Morte e linda cos municipios de Cabana de Bergantiños ao norte; Coristanco e Santa Comba ao leste; Mazaricos ao sur e Vimianzo e Laxe ao oeste. Isto fai que teñamos alumnado pertencente ao concello de Zas, de Cabana de Bergantiños e tamén de Laxe principalmente. É un territorio de forma moi alongada na dirección norte-sur. Conta cun total de 16 parroquias e con tres núcleos urbanos destacados, que son Baio, Zas e Brandomil. É un concello eminentemente agrícola e gandeiro, aínda que tamén hai unha poboación adicada á industria, ao comercio e á hostalaría, concentrada, sobre todo, en Baio. A capital municipal é a vila de Zas, situada a 9 quilómetros de Baio Nas últimas décadas, Baio converteuse na localidade con maior desenvolvemento socioeconómico do Concello. Agás neste núcleo, na zona de influencia do colexio a poboación distribúese proporcionalmente por todo o territorio, presentando un tipo de poboamento espallado e polinuclear agrupado en núcleos menores de 100 habitantes na meirande parte.

Contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa.

O centro participa no Proxecto Abalar e no proxecto E-Dixgal sendo un centro pioneiro neste eido e participando nas primeiras fases de cada un deles. Este dato danos información sobre a importancia que teñen as TIC´s no noso proxecto educativo e sobre o compromiso de converter as aulas ordinarias en aulas dixitais. Así mesmo o centro participa en proxectos como Voz Natura, Plambe, Biblioteca Creativa, Radio na escola… no que o uso das novas tecnoloxías, aplicacións, medios de difusión tales como blogs, podscats… é fundamental. Este PD contribuirá a acadar aqueles obxectivos ou intencións propostos no Proxecto Educativo.

Obxectivos:

-Somos conscientes da fenda dixital da zona rural onde vivimos, e pretendemos que o noso alumnado teña as mesmas oportunidades que o resto do alumnado, xa que como reza o noso proxecto educativo a educación debe ser un elemento compensador das desigualdades e das carencias do entorno

- Así mesmo pretendemos optimizar todos os recursos dos que dispoñemos e fomentar o uso das TIC´s en actividades propias do E-A: avaliación, metodoloxía por proxectos…

- Seguir empregando as TIC´s como canle de comunicación entre toda a comunidade educativa…

Tendo todo isto en conta na PXA do vindeiro curso teranse que recoller as aportacións e actividades que se levarán a cabo no PD para o curso 2022/23.

Breve xustificación do Plan Dixital.

Para a elaboración do Plan dixital tívose en conta a seguinte normativa:

¿ Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

¿ Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Pax 6 de 22 Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

¿ Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 Proceso de elaboración

No centro contamos cunha coordinadora TIC que a súa vez é coordinadora Abalar, E-Dixgal e coordinadora do P. D Así mesmo contamos cun coordinador do PFPP encargado do itinerario Actualización do Plan Dixital.. A partires destas dúas figuras e traballando de xeito coordinado coa figura mentor da zona, para o desenvolvemento deste P.D formamos un grupo de traballo que se modificará a principios do curso que vén para levar a cabo todas as tarefas propostas. Durante o primeiro trimestre empregamos a ferramenta SELFIE para realizar unha avaliación inicial de certos aspectos tecnolóxicos do centro. Durante o segundo trimestre o profesorado do centro participou no Test CDD, do que obtivemos os resultados que se adxuntarán nos seguintes apartados. Sumados estes datos aos obtidoa na avaliación inicial reflectida no SELFIE, elaboramos o DAFO ,para en base a el ,establecer o noso plan de acción, xa no terceiro trimestre, e despois de recibir 2 sesións de formación.  Para rematar redactando o presente Plan Dixital, documento vivo que pode sufrir modificacións ao longo do vindeiro curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Durante o primeiro trimestre empregamos a ferramenta SELFIE para realizar unha avaliación inicial de certos aspectos tecnolóxicos do centro. Durante o segundo trimestre o profesorado do centro participou no Test CDD, do que obtivemos os resultados que se adxuntarán nos seguintes apartados. Sumados estes datos aos obtidos na avaliación inicial reflectida no SELFIE, elaboramos o DAFO ,para en base a el ,establecer o noso plan de acción, xa no terceiro trimestre, e despois de recibir 2 sesións de formación.

 

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade F.4. Levo a cabo actividades de aprendizaxe dixital que motive o alumnado. Alumnado Si
Debilidade F.6. Fomento a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade H.7. No noso centro o alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade C.15. No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso ás tecnoloxías de apoio Infraestruturas Si
Debilidade C.1.No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Si
Debilidade E.2. Creo recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino Oferta Si
Debilidade A.1 No centro no que traballo temos unha estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade A.5. No noso centro respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade A.4. No noso centro teño tempo para explorar como mellorar o meu método de ensino coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C.12. Na nosa escola temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica Organización de centro Non
Debilidade C.7. No noso centro existen sistemas de protección de datos. Organización de centro Non
Debilidade C.16. No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe O noso centro emprega ferramentas colaborativas como Agueiro¿ Organización de centro Non
Debilidade B.1. No noso centro avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade B.4. No noso centro colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade D.3. Axudamos ao noso profesorado a intercambiar experiencias dentro da comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C.11. No noso centro contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Debilidade C.5. A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade B.1. No noso centro avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade E.3. Utilizo ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos Persoal docente Si
Fortaleza C.8. No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise Infraestruturas Si
Fortaleza C.2. No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar no meu traballo como docente. Infraestruturas Non
Fortaleza C.8. No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. Infraestruturas Non
Fortaleza C.3 O noso centro ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza O noso centro conta coa infraestrutura Abalar e Edixgal. Infraestruturas Non
Fortaleza O noso centro acada resultados óptimos no TCD. Infraestruturas Non
Fortaleza O nos centro emprega ferramentas admistrativas para a comunicación coas familias ou outros aspectos da vida académica tales como: Xade, Abalar móbil, Drupal ou entornos virtuais EVA. Infraestruturas Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C.5. A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza C.1. No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza A.4. No noso centro teño tempo para explorar como mellorar o meu método de ensino coas tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Oportunidade Impartición de obradoiros de robótica durante estes últimos cursos. Administración educativa Non
Oportunidade O centro conta coa colaboración dos coordinadores Abalar/Edixgal da zona, así como da figura do mentor. O noso centro participa de xeito anual nos PFPP incidindo no ámbito tecnolóxico. Contorna Non
Oportunidade Horas de reforzo/afondamento que se poidan adicar ás novas tecnoloxías. Lexislación Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

No vindeiro curso 2022/2023 decidimos afrontar as seguintes debilidades e/ ou ameazas:

- E.2. Creo recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino

- B.1. No noso centro avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais.

- F.4. Levo a cabo actividades de aprendizaxe dixital que motive o alumnado.

- E.2. Creo recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino.

- E.3. Utilizo ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos.

- C.1.No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Deseñar rúbicas para todas as áreas acordo coa LOMLOE.
002PD Ensinar ao alumnado a utilizar ferramentos ofimáticas.
003PD Informar e atender ás familias de poucos recursos a dispoñibilidade de tecnoloxías dixitais no centro.
004PD Actualización de equipos/hardware anteriores ao 2018
005PD Deseño de atividades con dispositivos de realidade aumentada e robótica.

Seguimento

Procedemento

Faremos dous tipos de avaliación. Por unha banda faremos unha avaliación procesual e por outra banda levaremos a cabo unha avaliación final.

Avaliación procesual: será realizada unha vez por trimestre. Empregaremos a táboa do plan de acción para valorar o estado de cada acción. Lembramos que o presente documento é un documento vivo que pode sufrir todas as modificacións que o grupo considere oportuno.

Avaliación final: realízarase ao rematar o curso 22-23 Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Empregaremos as táboas do plan de acción.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre levamos a cabo as seguintes acións:

- Actualización de equipos/hardware anterior aos 2018.

- Informar e atender ás familias de poucos recursos e dispoñibilidade de tecnoloxías dixitais no centro. Enviouselle un formulario a todas as familias para detectar as necesidades que poidan existir en canto a carencia de equipos informáticos.

- Deseñar rúbricas para todas as áreas dacordo coa LOMLOE en 1º, 2º e 3º

- Ademáis, comezamos a traballar co alumnado para desernvolver as súas competencias dixitais. Para iso elaborouse un horario para que todos os cursos dispoñan dunha sesión á semana na aula de informática do centro.

2º Trimestre

Durante este trimeste continuamos a traballar co noso alumnado as súas habilidades dixitais. Como ven ocorrendo durante o curso, adicámoslle unha sesión semanal na aula de informática con profesorado de apoio.

Tamén continuamos co plan de formación permante do profesorado (PFPP) Levamos a cabo dúas formacións. Por unha banda,  unha formación sobre robótica para poder implementar novas activiades no noso centro. Por outra banda, debido ao avance das TIC e do uso da internet nos últimos anos consideramos moi importane realizar unha formación sobre protección de datos.

3º Trimestre

Neste último trimestre finalizamos a formación do alumnado (por este curso) en materia de TICs. Dada a boa acollida que tivo a formación entre o noso alumnado continuaremos, se isto fose posible, adicandolle unha sesión semanal ao desenvolvemento das competencias dixitais do alumnado.

Por último, nestre trimestre tamén levamos a cabo a planificación do plan dixital do vindeiro curso escolar.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual: será realizada unha vez por trimestre. Empregaremos a táboa do plan de acción para valorar o estado de cada acción. Lembramos que o presente documento é un documento vivo que pode sufrir todas as modificacións que o grupo considere oportuno. Avaliación final: realízarase ao rematar o curso 22-23 Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Empregaremos as táboas do plan de acción

Valoración xeral

En termos xerais o claustro valora de xeito positivo o desenvolvemento do Plan Dixital.  Os obxectivos propostos foron realistas e adaptados a situación actual do centro. O uso do DAFO axudounos moito a facer as propostas realistas e útiles para o Plan Dixital. Ademáis a temporalización do Plan Dixital ao longo do curso foi adecuada xa que nos permitiu conseguir cada obxectivo satisfactoriamente e podendolle adicar o tempo necesario. Unha das actividades que mellor acodillida tivo foi a formación do PFPP sobre protección de datos. Dita información xa a puidemos aplicar ao dereito de rematar a formación mellorando considerablemente a actuación do centro neste eido. Outro dos obxectivos propostos foi a mellora dos equipamentos. Estes equipmentos foron mellorados de varios xeitos, por unha bando a ONG Ayuda en Acción donounos varios equipos para mestres e para a aula TIC do centro e por outra banda, a Consellería de Eduación fixo entrega de varios paneis dixitais para as aulas, novos equipos informáticos para o equipo directivo e equipos para a mellora da conexión WIFI do centro.

O obxectivo relacionado coa elaboración de rúbricas non tivo tanto éxito como os obxectivos anteriores. Por unha banda, non foi proposto da maneira máis adecuada e proveitosa para o profesorado. e por outra decidiuse facelo nunha época moi complicada para o claustro xa que tiñamos que facer as progamacións en PROENS e demáis documentación de comezo de curso. 

O claustro quedou amplamente satisfeito coa consecución dos obxectivos deste curso. Para finalizar gustaríame resaltar o traballo feito polos ADIX xa que sempre estaban dispoñibles para nós, para resolvernos dúbidas e axudarnos en todo o posible. As suas visitas tamén nos axudaron moito coa coordinación do Plan Dixital.

Proposta de mellora

Unha das maiores dificultades que nos atopamos é a falta de tempo dentro do horario escolar xa que a carga lectiva do profesorado é moi grande. Para poder levar a cabo máis activiades é necesario dispoñer de tempo para poder planificalas da maneira máis axeitada para sacar o máximo partido.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Previa aprobación polo Claustro e Consello este documento será publicado na Web do centro, no apartado Documentos