Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Levo a acabo os obxectivpos diseñados coa axuda do ADIX da zona.
Reunión coas unitarias da zona para a coordinación e saber que iamos levar a cabo durante todo o ano co PFPP en relación á competencia dixital. (AO1.1 )
Solicitamos o CFR recursos e propostas para levar a cabo na aula co alumnado, así como formación docente.( AO1.1)
Por outra banda, subimos o plan dixital a aula virtual do centro. E tivemos diversas reunións co Coordinador Adix da zona, no meu caso Carlos, quen me axudou e explicou o proceso para ter o día o plan dixital. (AO2.1)
Continuamos coa formación do PFPP. ( en progreso AO1.2)
Formación no uso desta plataforma educalidade, por parte de Carlos o coordinador ADIX, así como da existencia do apartado de certificación de cursos para o desenvolvemento e competencia dixital en FPROFE.
Incorporación de novos equipos tecnolóxicos polo que a (AO2.2) non se levou a cabo e aprazouse.
Para garantizar un seguimento do plan realizouse un contraste das accións desenvolvidas durante o terceiro trimestre para acadar os obxectivos establecidos no Plan Dixital. Desta maneira sinalamos os seguintes logros:
- En canto ao O01PD, realizamos 4 horas de formación directa dentro do PFPP solicitado en relación as ferramentas TIC como recurso de documentación pedagóxica e 2 horas mais relacionadas co uso da Pantalla Interactiva (AO1.2).
- En canto ao O02PD, recibimos un Panel Dixital Interactivo, que foi instalado e queda pendente reinstalar a Pizarra Dixital que xa había no centro e o proxector na aula de arriba, onde se sitúa a biblioteca de centro (AO2.2).
- Por último, o O03PD, realizouse unha saída coas unitarias da zona, ademais de coordinarnos de manera continua para garantizar unha rede entre escolas (AO3.2)
Ademais de todo esto realizouse dúas reunións co Asesor Adix relacionadas co seguimento do PD no aplicativo educalidade e a elaboración do Plan Dixital, do curso 23/24 na aplicación Educalidade.
Avaliación
Será realizada dende dúas perspectivas:
- A avaliación procesual farase unha vez ao fin de cada trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análisee valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificaciónsdas accións e as propostas de mellora.
- A avaliación final farase no final do curso académico.Os aspectos aconsiderarincluirán,entre outros,a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
A modo de avaliación final, a implantación do Plan Dixital realizouse de maneira progresiva e paulatina.
A coordinación coas escolas da zona para crear unha rede educativa, foi moi positiva e enriquecedora.
Revisouse o equipamento da escola e se ben foi un ano, de moita dotación, seguen existindo carencias que son necesarias resolver como a impresora a cor. Por outra banda, no centro tamén existe moitos recursos obsoletos que deberían revisarse e retirarse da escola.
Tivo especial importancia a figura do asesor Adix, que nos acompañou ao longo do curso, respondendo dúbidas e colaborando co profesorado para a elaboración de todas as tarefas que fomos realizando.
Finalmente é necesario remarcar a realidade das escolas unitarias en canto á falta de alumnado, a inestabilidade do profesorado, a falta de asesoramento e apoio técnico da administración e a concentración de todas as tarefas nunha única figura, que é a de mestre responsable. Todos estos factores producen que a implantación do Plan Dixital sexa máis lento.
Algúns dos obxectivos que se valoran para o curso que vén:
Solicitar PFPP en competencia dixital.
En canto ás posibles propostas de mellora de cara aos próximos cursos, é necesario destacar unha vez mais a importancia do análise das necesidades do centro. Moitas delas como a falta de tempo do profesorado ou o desamparo da administración cara as escolas unitarias seguen sen ser reparadas.
Maior apoio para levar a cabo proxectos dixitais e adaptacións dos programas, aplicacións... ás particularidades deste tipo de escola serían factores que fomentarían a inclusión das TIC nas escolas e unha competencia dixital real do alumnado e do profesorado.
Comunicación e difusión
O centro elabora e desenvolve unha estratexia de comunicación explícita.O centro dispón das infraestruturas tecnolóxicas, de servizos de internete de organización para a comunicación e interacción entre aComunidade Educativa (entre outras: correos electrónicos,Webex, aulasvirtuais, redes sociais...).
O Plan dixital difundirase entre toda a Comunidade Educativa a través dapáxina web do Centro.