Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

VNome do Centro: EEI de Carantoña
Código: 15018938
C.I.F.: Q 6555173A
Enderezo: Praza de Carantoña, nº 17
Localidade: Carantoña
Concello: Vimianzo
Código Postal: 15129
Provincia: A Coruña
Tlf.: 673356693
E-mail: eei.carantona@edu.xunta.gal

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

INFORMES SELFIE

TCDD

Interno
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C10 Dispositivos propiedade do centro para os alumnos. Alumnado Si
Debilidade A4 Tempo para explorar a ensinanza dixital. E2 Creación de recursos dixitais F3 Fomento da creatividade Falta de tempo e moita carga de traballo debido ao horario e a particularidade de ser unha escola unitaria. Baixa competencia dixital no persoal docente. Persoal docente Si
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias E1 Recursos educativos en liña. E4 Comunicación coa comunidade educativa Boa relación e colaboración coas escolas unitarias da contorna. Persoal docente Non
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo e moita carga de traballo debido ao horario e a particularidade de ser unha escola unitaria. Necesidade dunha renovación parcial do equipamento tecnolóxico do centro. Falta de redes de apoio nas escolas unitarias. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva lexislación educativa. Administración educativa Non
Ameaza O centro non ten ANPA. ANPA Non
Ameaza B4 Sinerxias para a aprendizaxe mesta Escasa colaboración co centro ó que estamos adscritos. Outras Non
Oportunidade Importancia da figura do mentor ADIX no proceso de elaboración do Plan Dixita Administración educativa Non
Oportunidade Importancia da figura do mentor ADIX no proceso de elaboración do Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de mellorar a alfabetización dixital nas familias e na contorna. Contorna Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado a través de actividades de carácter dixital con menos carga teórica e máis centradas na practica diaria docente no entorno das escolas unitarias.
O02PD Actualizar o equipamento tecnolóxico do centro, axeitando os equipos do centro ás necesidades dos docentes e o alumnado.
O03PD Utilizar as TIC como medio para mellorar a actividade docente.

Seguimento

Procedemento

Levo a cabo os obxectivos diseñados coa axuda do ADIX da zona.

1º Trimestre

A modo de seguimento do plan realizouse un contraste das accións desenvolvidas durante o primeiro trimestre para acadar os obxectivos establecidos no planDixital. Desta maneira sinalamos os seguintes logros:

-En canto ao 001PD, solicitouse ao CFR o PFPP para o curso 2022/2023 correspondente coa liña de traballo en Competencia Dixital. Este foi aprobado e concretouse na actividade "Os docentes e as TICs" cun total de 20 horas de formación. Na primeira avaliación acadaronse 7 horas de formación relacionadas co uso do Croma e do manexo de apps de edición de video co alumnado.

-En canto ao 002PD, relacionado coa actualización do equipamento informático, realizouse o inventario do centro e incluironse no XADE os datos obtidos. E realizouse un análise sobre as necesidades do centro, como a necesidade dunha impresora multifunción a cor e a posta en marcha  da PDI. Esta última necesidade xa foi solentada.

-Por último, o 002PD, relacionado coa utilización das TIC como medio de aprendizaxe, investigouse sobre osprogramas existentes e contrastouse a posibilidade de participar. Ademais incluso na Paxina Wed do centro o Plan dixital coa colaboración do Asesor ADIX.

 

2º Trimestre

A modo de seguimento do plan realizouse un contraste das accións desenvolvidas durante o segundo trimestre para acadar os obxectivos establecidos no Plan Dixital. Desta maneira sinalamos os seguintes logros:

-En canto ao 001PD, nesta segunda avaliación realizáronse 9 horas de formación relacionadas co uso da robótica como recurso pedagóxico na aula.-En canto ao 002PD, realizado coa actualización do equipamento informático, solicitouse á UAC o cambio do proxector que este foi sustituido por outro en mellor estado.Recibimos ademais un novo ordenador para poñer na aula principal e volcáronse os datos na aplicación da xunta para a futura instalación do Panel Dixital interactivo que recibiremos proximamente.

-Por último, o 003PD, incluise na acción educativa unha sesión os xoves cos nenos e nenas, nas que se propuxeron actividades relacionadas cos proxectos levados a cabo na aula cos robots como eixe da acción.

Ademais de todo esto realizouse unha sesión co Asesor Adix para o volcado do Plan Dixital na aplicación Educalidade.

3º Trimestre

Para garantizar un seguimento do plan realizouse un contraste das accións desenvolvidas durante o terceiro trimestre para acadar os obxectivos establecidos no Paln Dixital. Desta maneira sinalamos os seguintes logros.

-En canto ao 001PD, realizamos 4 horas de formación directa dentro do PFPP solicitado en relación as ferramentas TIC como recurso de documentación pedagóxica.

-En canto ao 002PD, recibimos un Panel Dixital interactivo.-Por último, o 003PD, realizouse unha saída coas unitarias da zona, ademais de coordinarnos de manera continua para garantizar unha rede entre escolas.Ademais de todo esto realizouse unha sesión co Asesor Adix no centro e queda pendente unha nova reunión para a elaboración do Plan Dixital, do curso 23/24 na aplicación Educalidade.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- A avaliación procesual farase unha vez ao fin de cada trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- A avaliación final farase no final do curso académico. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A modo de avaliación final, a implantación do Plan Dixital realizouse de maneira progresiva e paulatina. 

A coordinación coas escolas da zona para crear unha rede educativa, foi moi positiva e enriquecedora.

Revisouse o equipamento da escola e se ben foi un ano, de moita dotación, seguen existindo carencias que son necesarias resolver como a impresora a cor. Por outra banda, no centro tamén existe moitos recursos obsoletos que deberían revisarse e retirarse da escola.

Tivo especial importancia a figura do asesor Adix, que nos acompañou ao longo do curso, respondendo dúbidas e colaborando co profesorado para a elaboración de todas as tarefas que fomos realizando.

Finalmente é necesario remarcar a realidade das escolas unitarias en canto á falta de alumnado, a inestabilidade do profesorado, a falta de asesoramento e apoio técnico da administración e a concentración de todas as tarefas nunha única figura, que é a de mestre responsable. Todos estos factores producen que a implantación do Plan Dixital sexa máis lento. 

Proposta de mellora

En canto ás posibles propostas de mellora de cara aos próximos cursos, é necesario destacar unha vez mais a importancia do análise das necesidades do centro. Moitas delas como a falta de tempo do profesorado ou o desamparo da administración cara as escolas unitarias seguen sen ser reparadas.

Maior apoio para levar a cabo proxectos dixitais e adaptacións dos programas, aplicacións... ás particularidades deste tipo de escola serían factores que fomentarían a inclusión das TIC nas escolas e unha competencia dixital real do alumnado e do profesorado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital difundirase entre toda a Comunidade Educativa a través da páxina web do centro, con aviso ás familias mediante Abalar.