Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

IES Sección de Sobradelo-Carballeda: “Escola Técnica de Colocadores de Pizarra”

Candis s/n

ies.sobradelo.carballeda@edu.xunta.gal

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessobradelocarballeda/

A oferta educativa neste IES e unha oferta parcial por módulos no ciclo de grado medio de Construción polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. O alumnado do IES (22 alumnos máximo) pertence maioritariamente nos últimos anos á bisbarra de Valdeorras, notándose a súa disminución dos procedentes doutras comunidades autónomas.

O claustro do Centro está constituído por dous profesores da especialidade de Construcións Civís e Edificación. Estos dous profesores constitúen o Órgano de Goberno (Equipo Directivo) do Centro, desenvolvendo ao mesmo tempo as tarefas administrativas, e coa implicación activa dos diferentes aspectos da vida do Centro: Plan de convivencia escolar, actividades complementarias, normalización lingüística, actividades e proxectos propostos para mellorar a labor educativa, participación nas actividades de formación e actualizacións metodolóxicas e didácticas, etc.

O IES Sección de Sobradelo-Carballeda: “Escola Técnica de Colocadores de Pizarra”, está situado no val do Sil, en Sobradelo de Valdeorras, Concello de Carballeda de Valdeorras, limitando ao norte co mesmo río Sil, ao este co CPI Tomás Terrón Mendaña, cos límites do Concello de O Barco de Valdeorras ao leste, ao sur pola carretera N-536.Segundo os datos do IGE do ano 2020, o Concello de Carballeda de Valdeorras posúe unha baixa poboación, de 1.499 habitantes, dato que contrasta co número de empresas que acada 109 en total, das que 20 declaran ter en plantilla máis de 20 asalariados. Gran parte destas empresas (ao redor de 50) desenvolven a súa actividade vencelladas ao sector da lousa, de capital importancia na comarca, tanto no campo da extracción como no de elaboura de produto e colocación en obra, o que aporta un grande valor engadido ao recurso que repercute directamente na economía de toda a bisbarra.

O Barco é a localidade máis próxima e dinámica da comarca de Valdeorras, conta cunha poboación duns 14.000 habitantes, pero a súa poboación flotante é moito maior. É o eixe vertebrador da vida da comarca valdeorresa. Proporciona traballo a unha gran parte da poboación, e atrae traballadores doutras zonas de Galicia, de España e tamén do estranxeiro. Outros sectores relevantes a nivel socioeconómico son o da viticultura, construción e o sector servizos.

A contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23 consistirá na actualización dos obxectivos e medidas coa incorporación do uso das TIC no proceso de Ensino-Aprendizaxe coa actualización da páxina web do centro e a utilización da aula virtual nos distintos módulos formativos.

Situación de partida

O centro dispón de:

A infraestrutura dixital do centro está comprendida dentro do “Programa Escuelas Conectadas” cunha instalación de fibra dando unha conectividade de alta velocidade, as conexións de red se dinpoñen a través de cable e con sistema wifi distribuidos en taller e duas aulas.

O equipamento dispoñible e de dous ordenadores en Dirección, dous en Secretaría máis un portatil do programa “Educa en Dixital”, un en biblioteca máis un portatil, e oito pc’s, un encerado dixital e un proxector en aulas. Tamén disponse de unha impresora e unha multifunción en Secretaría.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Toda a oganización e proceso de elaboración do PD foi realizada polos dous únicos profesores do centro que a su vez forman o equipo Directivo, realizando o SELFIE (animando ao alumnado a facelo),Test CDD, analizando os datos para facer o DAFO e asi expor uns obxectivos iniciais.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C17. NON hai base de datos de provedores de FCT. H7. No noso centro o alumnado NON aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade C2. No noso centro hai poucos dispositivos dixitais e algúns obsoletos para utilizar no ensino. C7. No noso centro NON existen sistemas de protección de datos. Os datos xestionanse con XADE. Infraestruturas Non
Debilidade A6. As empresas coas que colaboramos NON participan no desenvolvemento da estratexia dixital. B3. NON utilizamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións C17. NON hai base de datos de provedores de FCT. Oferta Non
Debilidade A1. No noso centro NON contamos cunha estratexia dixital. A6. As empresas coas que colaboramos NON participan no desenvolvemento da estratexia dixital. B1. No noso centro NON avaliamos os nosos progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade 1. No noso centro NON avaliamos os nosos progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais B3. NON utilizamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. E3. O profesorado NON utiliza contornas virtuais de aprendizaxe en liña. F3. O profesorado NON utiliza tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. F5. O profesorado NON utiliza tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. F6. O profesorado NON fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. G1. O profesorado NON utiliza tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. G3. O profesorado NON utiliza tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación adecuada ao alumnado. G5. O profesorado NON utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. G6. O profesorado NON utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Fortaleza C8. No centro hai dispositivos dixitais que o alumnado pode utilizar. H1. No noso centro o alumnado aprende a actuar de maneira segura na internet. H3. No noso centro o alumnado aprende a actuar de maneira responsable na internet. H4. No noso centro o alumnado aprende a comprobar se a información que atopa na internet é fiable e precisa. H6. No noso centro o alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atopou na internet. H8. No noso centro o alumnado aprende a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza C1. A infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. C3. Facilítase o acceso a internet para o ensino e a aprendizaxe. C5. Dispoñemos de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. C8. No centro hai dispositivos dixitais que o alumnado pode utilizar. Infraestruturas Non
Fortaleza A2. O equipo directivo e o profesorado están involucrados no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. A3. O profesorado ten o apoio do equipo directivo para probar novas formas de ensino con tecnoloxía dixital. Organización de centro Non
Fortaleza B2. Debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes de utilizar a tecnoloxía dixital para o ensino e a aprendizaxe. D1. Equipo directivo e profesores reflexionan sobre necesidades de DPC relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais. D2. O profesorado ten acceso a posibilidades de DPC no relativo ao ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. D3. No noso centro axúdase a intercambiar experiencias sobre ensino con tecnoloxías dixitais. D4. O profesorado ten posibilidades de DPC centradas en tecnoloxías dixitais específicas para as materias que imparte. E1. O profesorado busca recursos educativos dixitais na internet. E2. O profesorado crea recursos dixitais para reforzar o método de ensino. E4. O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. F1. O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. F4. O profesorado realiza actividades de aprendizaxe dixitais que implican ao alumnado. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A6. As empresas coas que colaboramos NON participan no desenvolvemento da estratexia dixital. B3. NON utilizamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións C17. NON hai base de datos de provedores de FCT. ANPA Non
Ameaza C7. No noso centro NON existen sistemas de protección de datos. Os datos xestionanse con XADE. Lexislación Non
Ameaza A6. As empresas coas que colaboramos NON participan no desenvolvemento da estratexia dixital. B3. NON utilizamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións C17. NON hai base de datos de provedores de FCT. Outras Non
Oportunidade C1. A infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Outras Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

3.Plan de Acción

Con independencia das necesidades ou propostas de mellora suxeridas, en cada curso escolar o Plan de Acción ten en conta os recursos materiais e humanos no momento da elaboración deste Plan Dixital.

Incidirase en obxectivos que supoñan unha mellora relativa do uso que se fai dos recursos dispoñibles, tendo en conta que o catálogo dos mesmos está en constante evolución.

3.1.Obxectivos, indicadores e accións

Establecer áreas prioritarias e determinar os obxectivos (que teñen que ser específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal) que queremos conseguir. Os obxectivos estarán contextualizados a áreas de mellora en relación coas do marco DigCompOrg.

Os obxectivos iniciais son:

ANALIZAR AS NECESIDADES DO CENTRO RELACIONADAS COAS TIC

INCORPORAR O USO DAS TIC NO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE

ara cada obxectivo cumprimentarase unha táboa que recolle esta información. A mesma táboa empregarase para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación do Plan. (as táboas dos obxectivos iniciais están a continuación).

3.2.Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas

Inicialmente as necesidades de mellora son de equipamento xa que o 50% dos equipos (CPU e pantallas) están obsoletos, e no caso de cubrir toda as prazas ofertadas o número de ordenadores sería insuficiente.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01 ANALIZAR AS NECESIDADES DO CENTRO RELACIONADAS COAS TIC
02 INCORPORAR O USO DAS TIC NO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

-Neste trimestre estímanse como realizadas as accións A01.2 e A01.3 polas que se realizou o inventario do equipamento dixital do centro e o seu plan de adecuación, motivando éste a tramitación dunha solicitude de 10 equipos informáticos novos para cambiar os antiguos da aula. A data de hoxe non teñen resposta da solicitude feita. -Ao respecto das accións A02.2 e A02.3 en relación á formación e incorporación no alumnado no emprego das ferramentas TIC, valórase que non demandan equipamento dixital para contidos dos módulos prácticos na formación do ciclo pois a estiman non necesaria á vista dos seus contidos e calqueira posibilidade de aportación dunha ferramental dixital neste campo sería cun coste de adquisición inaccesible para o centro. Porén nos módulos téoricos sí se estan empregando ferramentas de ofimática, os aplicativos Presto e Arquímedes para medidas e presupostos e o autocad para diseño. Este último está dando problemas coa meirande parte dos equipos da aula debido a súa antiguedade, pois tan só dous lle serven, cando hoxe no mercado laboral deste sector empezaríase a requerir mellores aplicacións para este tipos de contidos como o Revit e o Archicad que ofrecen mellores prestacións no traballo nun deseño 3D. Por eso, nestas accións tería moito peso a achega do equipamento novo solicitado. -Ao respecto dos obxectivos A01.1 e A02.1 coméntase a posibilidade de traballar no emprego de ferramentas dixitais que supoñan opcións de maior interactividade no traballo de contidos máis de índole conceptual (ex.normativa, etc) a través de emprego de imaxes ou vídeos interactivos, cuestionarios que aporten feedback ao alumnado, etc. Este tipo de ferramentas poderían supor unha formación do profesorado e emprego de ferramentos como h5p, exelearning, actividades interactivas de moodle, etc.

2º Trimestre

-Ao remate deste segundo trimestre séguese á da espera do envío de equipamento dixital solicitado logo da actualización do inventario e análise resultantes a carón das accións relacionadas co obxectivo no.1 do plan dixital que ten aprobado o centro e que permita a mellora de software co que traballar contidos específicos nos módulos téoricos (p.ex.deseño)

-Ao respecto dos obxectivos A01.1 e A02.1 aínda que se se comentara a posibilidade de traballar a formación do corpo docente do centro para o emprego de ferramentas dixitais que posibilitaran a incorporación de opcións de maior interactividade no traballo de contidos máis de índole conceptual (ex.normativa, etc) a través do emprego de recursos como imaxes ou vídeos interactivos, cuestionarios que aporten feedback ao alumnado, etc dispoñibles en ferramentas como h5p, exelearning, actividades interactivas de moodle, etc, ao final optouse mais pola incorporación nas materias de recursos dixitais que ofertan as materias online desta rama de FP que se imparte no centro

-A partires de material facilitado traballouse na mellora da competencia dixital dos docentes para actualizar a páxina web do centro coa incorporación axeitada de contidos que a manteñan ao día.

-Ao longo deste trimestre o centro realizou a introdución do seu vixente plan dixital na plataforma Educalidade aberta recentemente a todos os centros.

3º Trimestre

-No primeiro trimestre realizáronse as accións A01.2 e A01.3 polas que se realizou o inventario do equipamento dixital do centro e o seu plan de adecuación, motivando éste a tramitación dunha solicitude de 10 equipos informáticos novos para cambiar os antiguos da aula. A data de hoxe non teñen resposta algunha respecto da solicitude feita. -Logo do análise prevista na acción A01.1 do plan dixital, acordouse e veuse ao longo do segundo e terceiro trimestres do curso actualizando a páxina web do centro coa incorporación axeitada de contidos que a manteñan ao día así como a difusión de actividades realizadas polo centro.

-Ao respecto das accións A02.2 e A02.3 en relación á formación e incorporación no alumnado no emprego das ferramentas TIC, valórase que non demandan equipamento dixital para contidos dos módulos prácticos na formación do ciclo pois a estiman non necesaria á vista dos seus contidos e calqueira posibilidade de aportación dunha ferramental dixital neste campo sería cun coste de adquisición inaccesible para o centro. Porén nos módulos téoricos sí se estan empregando ferramentas de ofimática, os aplicativos Presto e Arquímedes para medidas e presupostos e o autocad para diseño. Este último está dando problemas coa meirande parte dos equipos da aula debido a súa antiguedade, pois tan só dous lle serven, cando hoxe no mercado laboral deste sector empezaríase a requerir mellores aplicacións para este tipos de contidos como o Revit e o Archicad que ofrecen mellores prestacións no traballo nun deseño 3D. Por eso, nestas accións tería moito peso a achega do equipamento novo solicitado. -Ao longo dos trimestres segundo e terceiro do curso e ao respecto da acción A02.3 prevista do plan, viñéronse mellorando os cursos creados na Aula Virtual do centro coa incorporación de recursos dixitais que ofertan materias online desta rama de FP que se imparte no centro.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será dunha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

01 -Valores acadados nos indicadores deste obxectivo (01) Para este obxectivo marcáronse tres indicadores nos que se obtiveron os seguintes valores:

- Porcentaxe de equipos inventariados do centro

¿ valor de partida: 0 ¿ valor previsto: 100 ¿ valor acadado: 100

- Porcentaxe de operacións de gasto realizadas para a adecuación do equipamento TIC do centro

¿ valor de partida: 0 ¿ valor previsto: 100 ¿ valor acadado: 0

- Porcentaxe de solicitudes de equipamento TIC tramitadas aos órganos competentes

¿ valor de partida: 0 ¿ valor previsto: 100 ¿ valor acadado: 100

Á vista da realización das accións anteriormente referidas e os valores acadados nos indicadores sinalados, considérase parcialmente acadado este obxectivo.

02- Para este obxectivo (02) marcáronse dous indicadores nos que se obtiveron os seguintes valores:

- Porcentaxe de módulos que utilizarán unha contorna dixital de aprendizaxe

¿ valor de partida: 0 ¿ valor previsto: 50 ¿ valor acadado: 50

- Porcentaxe de actividades realizadas nos módulos que empregan ferramentas dixitais

¿ valor de partida: 0 ¿ valor previsto: 25 ¿ valor acadado: 25

Á vista da realización das accións anteriormente referidas e os valores acadados no indicador sinalado, considérase acadado este obxectivo

Proposta de mellora

Á vista dos resultados obtidos proponse:

Tentar realizar unha operación de compra de equipos informáticos (2 equipos: Pcs, pantalla, teclado, rato) para mellorar a adecuación do equipamento TIC do centro.

E seguir realizando nos módulos actividades que utilicen ferramentas dixitais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa farase a través da páxina web do centro.
https://www.edu.xunta.gal/centros/iessobradelocarballeda/