Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación lexislativa

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE

  • Disposición adicional 5ª da R. 17/06/21, da SXEFP, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional 3ª da R. 18/06/21, da SXEFP, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • R. 3/9/21, da SXEFP, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do PD nos centros docentes sostidos con fondos públicos de Galicia para o curso 21-22

Contribución ao PEC

A análise da realidade do noso centro mediante a realización dun DAFO, ferramenta que nos permite analizar e reflexionar sobre a nosa situación neste momento, será o punto de partida para poder tomar decisións de futuro.
Este DAFO permitirá definir os obxectivos e liñas de actuación posteriores que leven a potenciar as fortalezas, superar as debilidades, controlar as ameazas e beneficiarse das oportunidades.

DEBILIDADES: Claustro pequeno - sobrecarga. Actualización da documentación. Comunicación interna. Metodoloxía tradicional. Mellora da biblioteca

AMEAZAS: Escasa matrícula. Valoración da educación e da diversidade funcional. Melloras no centro. Protocolos de acollida.

FORTALEZAS: Claustro estable e complementario. Boa convivencia. Varios proxectos en marcha. Actividades complementarias. NNTT na relación coas familias.

OPORTUNIDADES: Concello disposto a colaborar. Familias participativas. Programas de innovación da Consellería. Rede de traballo entre profesionais.

O Plan Dixital formará parte do PE xa dende o vindeiro curso e vai estar relacionado con outros Plans e Proxectos do centro polo o seu carácter interdisciplinar e globalizado. De todos os xeitos, estará máis vinculado co Plan TIC, e cos equipos E-DIXGAL e ABALAR, así mesmo, está tamén moi relacionado coa PXAD xa que no momento de redacción deste plan tívose en conta a realidade do noso alumnado, respecto as NEAE existentes.
Tamén formará parte da Programación Xeral Anual do vindeiro curso 22/23 para fomentar a realización de diferentes actividades como obradoiros, charlas-coloquios, formación do profesorado e familias... que permitirán a consecución positiva dos obxectivos formulados. Para a consecución de ditos obxectivos, durante o vindeiro curso terá en conta as diferentes actividades aquí recollidas para plasmalas nas súas programacións didácticas, tanto de xeito interdisciplinar e globalizado como en cada unha das áreas e/ou materias de xeito individual.

Proceso de elaboración

Nos centros incompletos como o noso as funcións do coordinador dixital e do equipo de dinamización do PD, son asumidas pola dirección do centro. Polo que, aínda sendo un proxecto consensuado e compartido co claustro do centro, a responsabilidade da súa elaboración é exclusiva da dirección.

Para a elaboración do PD seguíronse os seguintes pasos:

  1. Realización por parte do claustro e alumnado de 6º do Test SELFIE.

  2. Realización por parte do claustro do TEST CDD.

  3. Asistencia á videoconferencia de formación realizada polos asesores Adix para a realización da MATRIZ DAFO.

  4. Realización da MATRIZ DAFO.

  5. Asistencia á videoconferencia de formación realizada polos asesores Adix para a realización do PLAN DE ACCIÓN.

  6. Realización do PLAN DE ACCIÓN.

  7. Redacción do PLAN DIXITAL.

  8. Aprobación do Plan no claustro de mestres.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, test CDD e outras fontes como debates e posta en común no claustro, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
53 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Outras áreas SELFIE: A metade do noso alumnado considera que se distrae cando emprega os dispositivos dixitais para facer as tarefas escolares Alumnado Non
Debilidade H7: O alumnado non aprende a outorgar recoñecemento do traballo que atopa en internet dos demais Alumnado Non
Debilidade Outras áreas SELFIE: A maioría do alumnado ten un dispositivo compartido que pode usar para traballar o cal non sempre está a súa disposición cando o precisa Alumnado Si
Debilidade Outras áreas SELFIE: A metade do noso alumnado nunca emprega as tecnoloxías na casa para facer os deberes Alumnado Si
Debilidade Dificultade para atopar espazos tranquilos onde poder empregar as tecnoloxías Familias Non
Debilidade Falta de coñecementos dixitais por parte das familias que limita a aprendizaxe do alumnado Familias Non
Debilidade C7: Non existe un bo sistema de protección de datos, non temos ningunha ferramenta específica para facelo Infraestruturas Non
Debilidade A3: O equipo directivo considera que poderían levarse a cabo novas modalidades de ensino no centro Oferta Non
Debilidade A1: Non existe unha estratexia dixital de centro Organización de centro Non
Debilidade A3: O equipo directivo considera que poderían levarse a cabo novas modalidades de ensino no centro Organización de centro Non
Debilidade B1: Non se avalía o progreso en materia dixital Organización de centro Non
Debilidade Non existen recursos dixitais para desenvolver as distintas tarefas administrativas e docentes: Traballo colaborativo e Avaliación cooperativa Organización de centro Non
Debilidade Emprego de recursos dixitais para a comunicación con docentes e familias externo ao ámbito da xunta Organización de centro Non
Debilidade G1: Empréganse pouco as NNTT para avaliar as habilidades do alumnado Persoal docente Si
Debilidade B1: Non se avalía o progreso en materia dixital Persoal docente Non
Debilidade B3: Non existen colaboracións dixitais, ou son mellorables, con outras organizacións Persoal docente Non
Debilidade F3: Non se fomenta a creatividade mediante o uso das tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade F4: O alumnado considera que as actividades dixitais non son motivadoras Persoal docente Non
Debilidade F6: Non se realizan proxectos interdisciplinares empregando as tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade G3: Non se realiza unha retroalimnetación mediante tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade G5: Non se empregan NNTT para facilitar a autoreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade G7: Non se empregan as NNTT para que o alumnado poida realizar comentarios ao resto de alumnado sobre o seu traballo Persoal docente Non
Fortaleza H10: O alumnado aprende a comunicarse empregando as tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza H5: O alumnado aprende a verificar se a información é fiable e precisa Alumnado Non
Fortaleza C8: Existe un bo número de dispositivos dixitais no centro para o uso do alumnado na súa aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza H1: O alumnado aprende a actuar de xeito seguro en internet Alumnado Non
Fortaleza H3: O alumnado aprende a actuar de forma responsable, respectando aos demais Alumnado Non
Fortaleza H9: O alumnado aprende a crear contidos dixitais Alumnado Non
Fortaleza Existe unha boa comunicación coas familias mediante medios dixitais, regulada e ben organizada Familias Non
Fortaleza C3: Existe un bo acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza C5: Existe unha boa asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza C1: Existe unha boa infraestructura dixital no centro Infraestruturas Non
Fortaleza C2: Existe un bo número de dispositivos dixitais para a labor docente Infraestruturas Non
Fortaleza C8: Existe un bo número de dispositivos dixitais no centro para o uso do alumnado na súa aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza A3: O profesorado síntese apoiado polo equipo directivo á hora de empregar novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza A3: O profesorado considera que no centro lévanse a cabo novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza A2: O equipo directivo involucra ao profesorado no desenvolvemento dunha estratexia dixital e apoia a exploración de novas modalidades de ensino Organización de centro Non
Fortaleza A3: O profesorado considera que no centro lévanse a cabo novas modalidades de ensino Organización de centro Non
Fortaleza C5: O centro dispón dunha boa asistencia técnica Organización de centro Non
Fortaleza A2: Existe un bo ambiente de traballo e de coordinación Organización de centro Non
Fortaleza Existen recursos dixitais para levar a cabo o ensino mixto Organización de centro Non
Fortaleza D1: Debátese sobre as necesidades de formación no ámbito dixital do profesorado Persoal docente Non
Fortaleza D2: Temos moitas posibilidades de formación neste ámbito Persoal docente Non
Fortaleza D3: Realízanse algunhas experiencias de intercambio dentro do centro Persoal docente Non
Fortaleza E1: O profesorado busca recursos educativos en liña para as súas clases Persoal docente Non
Fortaleza E2: O profesorado crea algúns recursos dixitais para o proceso de ensino-aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza E3: O profesorado emprega algúns entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza E4: Existe unha boa comunicación coa comunidade educativa mediante medios dixitais Persoal docente Non
Fortaleza F1: Realízase unha adaptación dos recursos dados ás necesidades do alumnado, constatado polo alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F5: O alumnado considera que as NNTT empréganse para facilitar a súa colaboración Persoal docente Non
Fortaleza A3: O profesorado síntese apoiado polo equipo directivo Persoal docente Non
Fortaleza B2: Existe unha boa comunicación sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza A maioría do claustro é definitico no centro (só a mestra de AL é interina) Persoal docente Non
53 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Equipo directivo unipersoal que itinera con outro centro educativo Administración educativa Si
Ameaza Gran volume de traballo administrativo que debe ser asumido por un número pequeno de persoas Administración educativa Non
Ameaza Non existe implantación da Imaxe dixital do centro nin se traballa nela Administración educativa Non
Ameaza Cantidade, innumerable, de aplicación dixitais para a xestión do centro Administración educativa Non
Ameaza Non existe unha ANPA no centro ANPA Non
Ameaza Familias sen apoios externos para a mellora da súa competencia dixital ANPA Non
Ameaza Falta de recursos na contorna como universidades, asociacións,¿ Contorna Non
Ameaza Non existe un sistema específico para a xestión da protección de datos Lexislación Non
Ameaza Non existen colaboracións dixitais con outras organizacións Outras Non
Ameaza Non existe financiamento externo de ningunha entidade Outras Non
Oportunidade Boa infraestrutura tecnolóxica no centro Administración educativa Non
Oportunidade Solicitude do programa Edixgal para o vindeiro curso Administración educativa Non
Oportunidade Aposta da administración pola dixitalización Administración educativa Non
Oportunidade Boa oferta de formación dixital para o profesorado Administración educativa Non
Oportunidade Programas da Consellería vinculados ás TIC como Edixgal, espazos maker, ... Administración educativa Non
Oportunidade Manexo de moi diversas aplicacións dixitiais do entorno edu.xunta Administración educativa Non
Oportunidade Familias colaboradoras e con boa relación co centro educativo ANPA Non
Oportunidade Boa relación e colaboración con outros centros da zona Contorna Non
Oportunidade Resolución de elaboración do plan dixital Lexislación Non
Oportunidade Boa relación e colaboración co concello Outras Non
Oportunidade Organización habitual de actividades para o centro dende o concello Outras Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise
  1. Autoavaliación SELFIE: A media das respostas por cada grupo (equipo directivo, profesorado e alumnado) para cada unha das 8 áreas son as seguintes. Ao ser un CEIP todas as puntuacións están referidas á etapa de educación primaria.

  2. Test CDD:

 Puntuación e nivel de competencia do centro: A puntuación media no TestCDD do centro foi de 92,4 sobre 192, polo tanto o nivel obtido é o de Integrador/a (B1)

Puntuación e nivel de competencia por etapas: A puntuación media no TestCDD do centro foi de 78,7 sobre 192, polo tanto o nivel obtido é o de Integrador/a (B1)

Distribución do profesorado por niveis: Dos 8 docentes do centro que participaron no test CDD obtivéronse os seguintes resultados:

- 1 ten un nivel de competencia dixital (A1), é dicir, o 12,5 %

- 2 teñen un nivel de competencia dixital (A2), é dicir, o 25 %

- 1 ten un nivel de competencia dixital  (B1), é dicir, o 12,5 %

- 2 teñen un nivel de competencia dixital (B2), é dicir, o 25 %

- 2 teñen un nivel de competencia dixital (C2), é dicir, o 25 %

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Empregar dispositivos informáticos para o traballo académico na casa por parte do alumnado. (Relativo á área de mellora: E - PEDAGOXÍA: APOIO E RECURSOS)
O2PD Empregar as NNTT para avaliar as habilidades dixitais do alumnado. (Relativo á área de mellora: F - PEDAGOXÍA: IMPLEMENTACIÓN NA AULA)

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, abranguerán tanto unha avaliación procesual como final:
- Avaliación procesual: ao final de cada trimestre valorarase o seguimento e alcance dos obxectivos propostos. Ademais analizarase, segundo a temporalización establecida nas táboas axuntas, a consecución das accións establecidas para o seu logro final. Esta avaliación permitirá establecer posibles modificacións das accións e as propostas de mellora segundo o progreso das mesmas.
- Avaliación final: ao final de curso o logro dos obxectivos e as propostas de mellora para o establecemento de novos obxectivos ou a reconsideración daqueles que non fomos quen de alcanzar.

1º Trimestre

O primeiro obxectivo "Empregar dispositivos informáticos para o traballo académico na casa por parte do alumnado. (Relativo á área de mellora: E - PEDAGOXÍA: APOIO E RECURSOS)" está prácticamente realizado e alcanzado durante este trimestre. Realizouse tanto a enquisa como a valoración da información recollida e a recepción e reparto de medios informáticos.

Do segundo obxectivo "Empregar as NNTT para avaliar as habilidades dixitais do alumnado. (Relativo á área de mellora: F - PEDAGOXÍA: IMPLEMENTACIÓN NA AULA)" neste trimestre realizouse colexiadamente o itinerario formativo dos nenos e as ferramentas para traballar esta comepetencia establecidas por ciclos.

2º Trimestre

Respecto do primeiro obxectivo "Empregar dispositivos informáticos para o traballo académico na casa por parte do alumnado. (Relativo á área de mellora: E - PEDAGOXÍA: APOIO E RECURSOS)" tan só se realizaron pequenas accións puntuais debido á nova incorporación de alumnado, non tanto así a accións pendentes de seren realizadas.

Respecto ao segundo obxectivo "Empregar as NNTT para avaliar as habilidades dixitais do alumnado. (Relativo á área de mellora: F - PEDAGOXÍA: IMPLEMENTACIÓN NA AULA)" realizouse a avaliación inicial de todo o alumnado para coñecer o punto de partida e onde temos que incidir máis.

3º Trimestre

Respecto do 1º obxectivo non se realizaron ningunha acción posto que xa estaba alcanzado e rematado no 2º trimestre.

Respecto do 2º "Empregar as NNTT para avaliar as habilidades dixitais do alumnado. (Relativo á área de mellora: F - PEDAGOXÍA: IMPLEMENTACIÓN NA AULA)" realizouse a avaliación final da competencia dixital alcanzada polo alumnado e analizouse o seu impacto na aula. A mellora foi moi significativa en todos eles e o sistema de itinerario para que os contidos vaian enlazados deunos moi bo resultado. Ao ser un itinerario é preciso que se manteña no tempo para ver resultados consolidados.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación foi continua e formativa para permitir irnos axustando as necesidades dos diferentes grupos pero tamén do profesorado. Houbo un proceso de aprendizaxe inherente ao propio desenvolvemento do mesmo xa que é o primeiro curso que desenvolvemos este plan.

De xeito periódico, nas reunións semanais de todo o claustro comentáronse os avances e se era necesario axustar algunha data ou contido.

Tamén se empregaron enquisas (para as famlias e para o alumnado) e rexistros para recoller a analizar a información.

Valoración xeral

É un plan que require de moito traballo e dedicación para un centro tan pequeno coma o noso. Somos poucos mestres polo que todos temos que estar metidos en todos os programas e plans nos que está involucrado o centro para que poidan sair adiante. Pero a responsabilidade (e o traballo a realizar) é fundamentalmente asumido pola dirección do centro, tanto deste coma dos outros, feito que se fai insostible no tempo. Con todo foi moi gratificante ver os obxectivos cumplidos:

Neste momento a metade do alumnado de primaria dispón dun ordenador para o seu propio uso. O alumnado que marcha para o IES vai máis preparado e con máis ferramentas para afrontar os novos retos académicos, posto que tamén é un centro E-dixgal. Ademais este obxectivo unido ao itinerario sobre a competencia dixital permítenos establecer un plan de traballo a longo prazo.

O segundo obxectivo permitiunos establecer o punto de partida respecto á súa competencia dixital e a onde queremos chegar. É un obxectivo a longo prazo pero consideramos que os resultados serán máis consistentes e máis profundos organizando as súas habilidades deste xeito.

Proposta de mellora

Coido que foi unha boa decisión establecer tan só 2 obxectivos. Isto permitiunos poder establecer accións axeitadas e realistas e poder chegar a alcanzar ambos ao longo do curso. Ademais aínda que se solaparon no tempo a temporalización de ambos foi lixeiramente diferentes podendo concentrar o noso traballo en cada un deles. Esta foi unha das fortalezas do noso plan e algo replicar nos obxectivos dos vindieros cursos.

Outra proposta de mellora é centrarse na área de mellora: F - PEDAGOXÍA: IMPLEMENTACIÓN NA AULA posto que é a que máis incide na mellora directa da competencia do alumnado, algo que no noso centro é moi necesario pois o manexo informático é moi pouco profundo sen coñecer os procementos avanzados dos sistemas e programas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan publicarase na páxina web do centro. No caso de que algunha das familias do centro solicite unha copia do documento de forma física, estará a disposición das mesmas no centro educativo.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippenacorneira/node/108