Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Plan Dixital do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández é un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe. Este plan debe ser “o instrumento que adecúe e facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido desde o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado”. Para iso, é fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, o Proxecto de Dirección e a Programación Xeral Anual (PXA).

 

Breve xustificación do mesmo

Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado e por esa razón, os centros educativos deben dar respostas a esas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formar cidadáns do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada. O uso da tecnoloxía nas diversas prácticas que teñen lugar nunha organización escolar, desde as relacionadas coas cuestións organizativas, ata as propias dos procesos de ensino e aprendizaxe é xa ineludible.

A Educación é un recurso crave para asegurar a igualdade social, a promoción das persoas e máis xenericamente a mellora das condicións de vida de comunidades e persoas. Así pois, a Estratexia Europa 2020 recoñece a necesidade dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garanta a adquisición de competencias dixitais, que á súa vez permitan aproveitar as oportunidades. Por outra banda, as organizacións educativas teñen a necesidade de revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais. Mediante o presente plan, preténdese:

  •  Avaliar a situación dun centro educativo con relación ao uso da innovación e as TIC nos distintos elementos crave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro.
  • Recoñecer o Plan anual dixital como un recurso crave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.
  • Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.
  • Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura de dixital nas mesmas.

 

Proceso de elaboración

Para a elaboración do presente plan realizamos un grupo de traballo no que participamos a inmensa maioría. Ao tratarse dun plan novo tivemos que recibir unha formación previa. Elaboramos o Plan en diferentes fases: SELFIE, Test CDD, DAFO, Plan de Acción e finalmente, Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida de información realizamos unha autoavaliación SELFIE e un test de Competencia Dixital Docente. 

Posteriormente foi realizada unha posta en común dos resultados de SELFIE e CDD e analizados cuantitativamente os resultados, elaboramos a táboa DAFO, tomando como debilidades e ameazas aqueles cunha baixa porcentaxe ou na cal exista moito desfase dirección-profesorado-alumnado. Aqueles cunha porcentaxe alta e sen dito desfase son consideradas fortalezas e oportunidades.

Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O 52% do profesorado pensa que o alumado non aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade O 60% do profesorado cre que o alumnado non debe traer dispositivos propios e utilizalos durante as clases. Alumnado Non
Debilidade Menos da metade do alumnado pensa que o profesorado lle asigna diferentes actividades acordes ás súas necesidades Alumnado Non
Debilidade A metade do alumnado non participa máis cando se emprega a tecnoloxía. Alumnado Si
Debilidade O 56% do alumnado cre que no centro o alumnado aprende a verificar a calidade da información en Internet. Alumnado Si
Debilidade O 46% do profesorado e ó 56% do alumnado pensa que o alumnado non aprende a programar e codificar no centro. Alumnado Non
Debilidade Aínda que para a maioría do profesorado e do equipo directivo considera que o acceso a Internet é unha fortaleza, a metade alumnado considera que é insuficiente. Alumnado Non
Debilidade O 58% do alumnado considera que non aprende a actuar de maneira segura en Internet no centro. Alumnado Si
Debilidade O 56% do profesorado pensa que o alumnado non aprende a comunicarse usando TIC. Alumnado Si
Debilidade O 38% do alumnado utiliza TIC nas diferencias materias. Alumnado Si
Debilidade O 50% do profesorado pensa que o alumnado aprende a solucionar problemas técnicos que xorden ó utilizar as TIC Alumnado Non
Debilidade Máis da metade do alumnado e do profesorado cre que son insuficientes os dispositivos dixitais que o alumnado dispón no centro ou poida levar para casa. Infraestruturas Si
Debilidade O 56 % do profesorado cre insuficientes os espazos físicos para a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade O 40% do profesorado considera necesario unha mellora na infraestrutura. Infraestruturas Non
Debilidade Un 32% afirma que non hai no centro dispositivos dixitais suficientes para a ensinanza. Oferta Si
Debilidade O 40% do profesorado e equipo directivo considera que non hai sistemas suficientes de protección de datos. Oferta Non
Debilidade Máis da metade do profesorado pensa que a estratexia dixital do centro non se concorda co profesorado e a maioría do profesorado opina que non existe ou existe de forma parcial unha estratexia dixital en o centro. Persoal docente Non
Debilidade Pouco máis da metade do profesorado utiliza TIC para que o alumnado poda reflexionar sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade O 58% do profesorado facilita que o alumnado empregue Tics para facilitar a súa aprendizaxe e o equipo directivo pensaba o contrario. Persoal docente Non
Debilidade Case a metade do profesorado e do equipo directivo avalía os nosos progresos en materia de E-A con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Pouco máis da metade do profesorado fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando as TICs e o equipo directivo non é consciente desta situación. Persoal docente Non
Fortaleza O 68% do profesorado emprega tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado Alumnado Non
Fortaleza O 86 % do profesorado e o equipo directivo considera que o acceso a internet é bo e seguro. Infraestruturas Non
Fortaleza O 60% do profesorado e o equipo directivo utilizamos as TIC ó colaborar con outras organizacións. Persoal docente Non
Fortaleza O 76% do profesorado emprega contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O 70% do profesorado emprega TICs para facilitar a retroalimentación. Persoal docente Non
Fortaleza O 64% do profesorado e do equipo directivo e a maior parte do alumnado debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Un 88% do profesorado e do equipo directivo busca recursos educativos en internet. Persoal docente Non
Fortaleza O 76% do profesorado utiliza TICs para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O 62 % do profesorado emprega TICs para avaliar ó alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Máis do 70% do profesorado e do equipo directivo son conscientes e promoven o cumprimento das normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
Fortaleza A maior parte del profesorado (72 %) crea recursos dixitais para as súas clases. Persoal docente Non
Fortaleza O 80% do profesorado utiliza recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza O 78% do profesorado emprega tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado e realiza actividades dixitais motivadoras. Persoal docente Non
Fortaleza O 64% do profesorado emprega TICs para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza O 62% do profesorado emprega datos dixitais sobre alumnos/as concretos para mellorar a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Menos da metade do profesorado lle parece suficiente o tempo para explorar o ensino dixital. Administración educativa Non
Ameaza Máis da metade do profesorado (56%) cre que non existe un plan para axudalos a afrontar os desafíos que xorden coa aprendizaxe mixta. Administración educativa Non
Ameaza Menos da metade do profesorado e o equipo directivo non colaboramos con outros centros e organización para apoiar o uso de TICs. Contorna Non
Ameaza Aínda que para o equipo directivo (70%) cre que a asistencia técnica cando xorden problemas coa tecnoloxías dixitais é axeitada, o profesorado (58%) pensa o contrario. Outras Si
Oportunidade O 72% do profesorado considera que ten oportunidade de debater, as necesidades de DPC dos docentes. Administración educativa Non
Oportunidade Máis do 70% dos membros do equipo directivo e do profesorado cren que se apoia ó profesorado para que explore en novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade Máis do 80 % dos membros do equipo directivo e máis do 50 % do profesorado pensa que hai oportunidades para o desenvolvemento profesional continuo en o ámbito de as tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Á vista dos resultados do informe SELFIE, o test CDD e a análise DAFO realizada plantexaremos un plan de acción no que tentaremos achegarnos a mellorar a competencia dixital no noso centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar os espazos físicos para a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais
O02PD Dotar o centro de dispositivos dixitais para que o alumnado poida levar a casa
O03PD Facilitar que o alumnado empregue as TIC na súa aprendizaxe
O04PD Lograr que a utilización da tecnoloxía na aprendizaxe sexa unha motivación para o alumnado

Seguimento

Procedemento

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado ou se é necesario realizar variacións no plantexamento das accións durante o curso (trimestralmente) para que as propostas materialicen. No caso das accións que rematan antes do trimestre, cada unha será avaliada no momento previsto de remate, deseñando uns instrumentos adecuados para elo. Estes resultados serán analizados para realizar as modificacións requeridas.

1º Trimestre

Análise da situación de partida dos recursos dixitais na web

Recollida de datos do tipo de dispositivos que o alumnado bota en falta no centro

2º Trimestre

Análise e priorización dos dispositivos nomeados polo alumnado

Adquisición / solicitude dos dispositivos

3º Trimestre

Ampliación do banco de recursos dixitais que o alumnado poida empregar

Exposición ao alumnado do banco de recursos

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Coa análise dos indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores. Deseñaranse ferramentas oportunas para a análise do resultado final.

Valoración xeral

Os resultados acadados con este PDC son satisfactorios, aínda que poderían ser mellores de haber recibido o material solicitado á administración. Aínda así, confiamos en recibilos nos próximos meses e continuar así coa mellora da competencia dixital do alumnado e profesorado do noso centro.

Proposta de mellora

En función dos resultados acadados, elaboraranse unhas propostas de mellora para acadar os obxectivos que non foron acadados e establecer uns novos en función dos que si que foron acadados.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Despois da aprobación polo Consello Escolar, previa información ao Claustro do plan, este será colgado na web do centro enviando unha mensaxe por Abalar ás familias para que poidan consultalo. Ao comezo do novo curso, os mestres que viñesen novos ao centro, serán informados do plan.