Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos do centro: 

  • Nome do centro:CEIP de Casaio
  • Código: 32 015 025
  • Dirección: Rúa Devesa, s/n. 32337. Casaio (Carballeda de Valdeorras).
  • Correo: ceip.casaio@edu.xunta.gal
  • Número de teléfono: 988324686
  • Etapas educativas: Educación Infantil e Primaria.
  • N.º de alumnado: 8 (2 de Educación Infantil e 6 de Educación Primaria).
  • N.º de profesorado: 1 mestre titor, 3 mestres/as itinerantes.

Características socioeconómicas e culturais:

A poboación de Casaio é economicamente activa, sendo o sector secundario o que ocupa a maioría da poboación, xa que no pobo hai explotacións pizarreiras e, polo momento, non hai problemas de desemprego. Isto fai que o nivel económico das familias, sen chegar a ser alto, sexa bastante desafogado, xa que traballan case sempre os dous membros do matrimonio. O nivel cultural é baixo, hai pouca afición á lectura e á información, e o tempo libre adícano a un ocio culturalmente pobre. Contribución do PD ao Proxecto Educativo e coa PXA: O centro actualmente non participa en ningún programa de innovación, mais está dentro de Edixgal, contando co seu respectivo equipamento. No curso 22/23, o alumnado de 5º participarán nel.

Proceso de elaboración: 

Para a súa elaboración e, posto que ao ser un centro dunha unidade, a organización e o proceso de elaboración recaiu na mesma persoa, aínda que este foi apoiado polo PFPP realizado conxuntamente co CPI Tomás Terrón Mendaña, así como a axuda continuada do coordinador ADIX. Para a elaboración do Plan Dixital, realizouse:

  • Unha valoración inicial da situación a través da ferramenta SELFIE, e a realización do test CDD.
  • Elaboración do DAFO, coas Debilidades, Amenazas, Fortalezas e Oportunidades xurdidas do análise do SELFIE e do test CDD.
  • A partir da elaboración do DAFO, e cos datos obtidos, realizouse un Plan de Acción a través da búsqueda dos obxectivos SMART.
  • Por último, realizouse a concreción e redacción final do Plan Dixital.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para recoller a información previa, os intrumentos que se empregaron foron a ferramenta SELFIE e o test CDD.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Formación escasa sobre o uso responsable das TIC. 2. Formación escasa sobre a creación de contidos coas TIC. 3. Aplicación na aula moi limitada. 4. Uso das TIC exclusivamente de forma lúdica. Alumnado Non
Debilidade 1. Baixo nivel de competencia dixital das familias. 2. Equipamento escaso ou pouco efectivo. 3. Pouca motivación ou recursos para mellorar ese equipamento. 4. Non establecemento de prioridades á hora de adquirir equipamento. 5. Mala escolla dos dispositivos do alumnado. Familias Non
Debilidade 1. Conexión a internet, aínda que correcta, lmitada. 2. Asistencia técnica moi limitada e pouco efectiva. 3. O mantemento do equipamento faise limitado. 4. Pouco tempo do profesorado para explorar as oportunidades que poden ofrecer os equipamentos Infraestruturas Non
Debilidade 1. Baixa oferta en cursos. 2. Inexistencia de actividades extraescolares nas que se desenvolvan a competencia dixital. 3. Inexistencia dunha asignatura de libre configuración sobre as novas tecnoloxías. Oferta Non
Debilidade 1.Existencia dunha estratexia dixital nula. 2. Tempo moi limitado do profesorado para explorar a ensinanza dixital 3. Pouco apoio á comunidade educativa sobre as novas tecnoloxías. 4. Apoio escaso á formación e inquedanzas do profesorado. 5. Inexistencia de profesorado que realice mantemento do equipamento. Organización de centro Non
Debilidade 1. Pouca formación do profesorado. 2. Pouco tempo para explorar as oportunidades que poden ofrecer as TIC. 3. Aplicación escasa e limitada das TIC co alumnado. 4. Uso repetitivo e pouco creativo das TIC na aula. Persoal docente Non
Debilidade 1. Pouca formación dixital. Persoal non docente Non
Fortaleza 1. Uso das TIC dende pequenos. 2. Teñen certa motivación co seu uso na aula. 3. Comportanse de forma responsable co equipamento. 4. Teñen predisposición a aprender novas formas de uso e aplicacións das TIC. Alumnado Non
Fortaleza 1. motivación para mellorar as súas competencias dixitais. 2 Implicación para mellorar as infraestruturas dixitais. 3. Competencia dixital escasa. 4.Inversión en tecnoloxía acorde ás características e motivacións no eido familiar. . 5. Inmediatez na comunicación debido ao número baixo de familias. Familias Non
Fortaleza 1. Infraestructura e equipamento correctos. 2. Número de dispositivos electrónicos moi acordes coa ratio. 3. Coñecemento xeneralizado sobre a importancia da protección de datos 4. Funcionamento decente do equipamento. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Fomento e creación dunha oferta que apoie o uso das novas tecnoloxías. 2. Oportunidade de desenvolver novas modalidades de ensinanza. 3. Oportunidade de poder compartir experiencias con outros centros da contorna. Oferta Non
Fortaleza 1. Implicación para crear e levar a cabo unha estratexia dixital acorde coas características do centro. 2. Implicación para apoiar á comunidade educativa para o desenvolvemento do plan dixital. 3. Apoio á formación do profesorado. 4.Motivación para crear redes de apoio sobre o uso das novas tecnoloxías para a comunidade educativa. 5. Oportunidade para incentivar as inquedanzas dixitais que poidan xurdir. Organización de centro Non
Fortaleza 1. Motivación e flexibilidade á hora de adaptarse ás novas circunstancias. 2. Coñecementos básicos sobre as TIC, permitindo poder traballalas. 3. Aplicación das TIC na aula co alumnado. 4.Extensión e promoción entre o profesorado de innovacións educativas. Persoal docente Non
Fortaleza 1. Motivación e implicación para mellorar a competencia dixital e adaptarse ás novas circunstancias. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. A obsolescencia das plataformas corporativas. Son pouco intuitivas para o profesorado, e pouco atractivas para o alumnado. . 2. Non fomentan a protección do individuo ante o uso das novas tecnoloxías. 3. Mala temporalización e secuenciación da formación. 4. Incerteza sobre o avance deste Plan. 5. A promoción da conexión constante tanto do laumnado e do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza 1. A falta de contexto e preparación para levar a cabo unha educación dixitalizada. 2. A falta de recursos para poder levar a cabo ese seguimento e ese apoio. ANPA Non
Ameaza 1. Falta de oferta e alternativa de ocio para facer un uso máis reducido das TIC. 2. Infraestructuras susceptibles aos cambios climatolóxicos, accidentes, incendios, etc. 3. Ausencia dunha rede de apoio e acompañamento sobre o uso das TIC. 4. Ausencia de asociacións que teñan como base as novas tecnoloxías. 5. Ausencia dun lugar onde poder contar con equipamento e conexión a internet (por exemplo: aula de estudos). Contorna Non
Ameaza 1. Lexislación insuficiente porque non filtra e non sanciona as malas prácticas. 2. A pouca protección real á infancia. Lexislación Non
Ameaza 1. A pouca implicación por falta de medios. 2. A pouca comunicación das entidades coa poboación. 3. A falta de consideración á infancia nas ofertas que se levan a cabo. 4. Investimento insuficiente para poder levar todas as oportunidades apuntadas Outras Non
Oportunidade 1. A utilización de plataformas educativas promovidas pola Consellería 2. Optimización das ferramentas que a Consellería promove 3. A oportunidade de relfexión para o replanteamento do Plan Dixital 4.Acercamento á realidade mediante a comunicación cos centros educativos Administración educativa Non
Oportunidade 1. O grao de implicación ante os novos cambios. 2. A súa implicación para a realización dun seguimento do alumnado. 3. A creación dunha rede de aopio para o resto de familias e alumnado. ANPA Non
Oportunidade 1. A interconexión entre os individuos que permite as TIC. 2. A oportunidade de levar a cabo actividades de ocio para os/as nenos/as. 3. A oportunidaede de mellorar as conexións no concello. 4. A oportunidade de crear redes de apoio para un uso seguro das TIC. 5. A oportunidade de crear redes de acompañamento sobre o seu uso. Contorna Non
Oportunidade 1. A oportunidade de que se lexisle o uso responsable das TIC e das redes sociais. 2. Creación de leis que restrinxan o seu uso. 3. Creación de lei que protexa a infancia. Lexislación Non
Oportunidade 1. Oportunidade do concello para ofertar máis oportunidades. 2. Creación de biblioteca e sala de estudo. 3. Creación de redes de apoio e acompañamento para as TIC. 4. Creación de alternativas de ocio e extraescolares atractivas para os/as nenos/as Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

INTERNOS

  • No referido a infraestructuras e equipamente, pese a que son insuficientes, o seu mantemento e asistencia técnica son moi limitados.
  • O persoal docente está motivado e posúe coñecementos básicos sobre o uso das TIC pero a falta de formación e o pouco tempo fan que o seu uso se vexa limitado. O mesmo ocorre co persoal non docente da misma maneira que repercute na organización do centro.
  • O alumnado está motivado e saben utilizalas de xeito básico, pero carecen de formación que lles permita sacar un maior proveito.
  • Con respecto ás familias, hai motivación e implicación pero existe un baixo nivel de competencia dixital.
  • No referido á oferta destaca a inexistencia de actividades extraescolares ou dunha asignatura de libre configuración relacionada con este tema

EXTERNOS

  • Aínda que a administración educativa proporciona ferramentas e plataformas dixitais, estas resultan obsoletas ou pouco atractivas para o alumnado. 
  • A lexislación é insuficiente e existe pouca protección real á infancia.
  • A pesar de que existe motivación, carécese de infrastruturas e apoios.
  • Con respecto á ANPA hai unha falta de recursos e de preparación.
  • No referido a outras entidades existe pouca comunicación entre estas entidades e a poboación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1 Establecer o uso da Aula Virtual na comunidade educativa.
2 Formar á comunidade educativa sobre o uso responsable das TIC
3 Formar e apoiar ao alumnado na súa iniciación ao uso das TIC de forma responsable
4 Implantación do uso de Abalar Móbil para a comunicación entre as familias e o profesorado do centro.

Seguimento

Procedemento

Sube o mentor a comprobar como evolucionan os obxectivos. Ademáis, reunirémonos semanalmente para levar a cabo acións que contribúan ao desenvolvemento do Plan Dixital.

1º Trimestre

Accións levadas a cabo no primeiro trimestre:

  • Sesións informativas. (Realizada)
  • Análise nos claustros sobre o traballo realizado ao longo do trimestre para poder establecer medidas de mellora. (En desenvolvemento)
  • Sesión de seguimento para medir o uso das TIC e valorar como é o seu uso. (En desenvolvemento)
  • Sesión de información a principio de curso sobre esta medida: iniciación e explicación sobre o seu uso. (Realizada)
2º Trimestre

Accións levadas a cabo durante o segundo trimestre:

  • Sesión de seguimento para medir o uso das TIC e valorar como é o seu uso. (Realizada)
  • Apoio dentro da aula ao uso responsable das TIC: seguimento e formación. (Realizada)
  • Valoración final de curso sobre as actuacións levadas a cabo durante o curso (Realizada)
3º Trimestre

Accións levadas a cabo durante o terceiro trimestre:

  • Formación sobre o uso da Aula Virtual. (Pendente)
  • Iniciación ao alumnado no uso da Aula Virtual. (Non está operativa, utilizamos E-Dixgal)
  • Realización de actividades e consulta de información na Aula Virtual. (Fíxose con E-Dixgal)
  • Análise nos claustros sobre o traballo realizado ao longo do trimestre para poder establecer medidas de mellora. (Realizado)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual: Para a avaliación procesual,a metodoloxía a utilizar será activa e participativa, tendo en consideración a opinión de toda a comunidade educativa, e utilizaranse técnicas e instrumentos como a observación sistemática, o uso de rúbricas, enquisas, entre outras, dependendo do obxectivo a avaliar. Por outra banda, tamén se terá en conta a opinión de todos os mestres/as, así como as valoracións que poidan xurdir na comunidade educativa. O estado da execución das accións valoraranse a través da observación sistemática e o uso de indicadores de logro. A análise e valoración dos resultados levarase a cabo a través dos datos recollidos nunha reunión co claustro de mestres/as, que terá unha periocidade trimestral. Nesa valoración e análise previo, de ser preciso, estableceranse as posibles modificacións das accións e propoñeranse propostas de mellora, co obxectivo principal de poder adecuar esas accións ao contexto e que estas poidan desenvolverse dunha forma óptima. Avaliación final: Para a avaliación final, realizaremos unha reunión co obxectivo de valorar as actuacións e, de levarse a cabo, as súas propostas de mellora. Nela valoraremos a súa pertinencia, o seu grado de adquisición, así como desenvolvemos os obxectivos a levar a cabo no seguinte curso.

Valoración xeral

Pasaremos agora a valorar o traballo realizado en cada un dos obxectivos ao longo do curso 22/23.

Obxectivo 1. Establecer o uso da AUla Virtual na comunidade educativa. A aula virtual no noso centro non está habilitada nin se ten usado en anos anteriores, o que dificulta a realización deste obxectivo. Aínda así, o alumnado de 5º de EP ten E-Dixgal, o que nos permite dalgún xeito suplir esta plataforma. O próximo curso escolar todos os nenos e nenas de EP traballarán en E-Dixgal.

Obxectivo 2. Formar a comunidade educativa sobre o uso responsable das TIC. Realizamos unha sesión informativa coas familias ao comezo e, como dicíamos, tamén melloramos a formación do alumnado e equipo docente.

Obxectivo 3. Formar e apoiar ao alumnado na súa iniciación ao uso das TIC de forma responsable. Ao longo do curso desenvolvemos co alumnado sesións para acadar este obxectivo e tamén incidimos nisto cando traballabamos facendo uso de ferramentas dixitais.

Obxectivo 4. Implantación do uso de Abalar Móbil para a comunicación entre as familias e o profesorado do centro. A totalidade das familias empregan desde este curso esta aplicación.

Proposta de mellora

De cara ao próximo curso cremos que sería necesario seguir traballando no plano dixital para favorecer a formación de todas as persoas que forman a comunidade educativa. Aínda así, será necesario ter en conta as características persoais e profesionais do profesorado que conforme o claustro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a súa difusión, contaremos cunha copia impresa a disposición da comunidade educativa no despacho de dirección, así como información relevante sobre o plan no taboleiro da entrada. Por outra banda, dende a titoría explicarase ás familias este plan así como todas as actuacións que se levarán a cabo ao longo do curso, incidindo na total dispoñibilidade do equipo docente e directivo para solventar calquera dúbida sobre o mesmo. Por último, o Plan Dixital e todas as súas actuacións tamén terán a súa difusión na Aula Virtual do centro, así como na páxina web.

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcasaio/aulavirtual/

Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcasaio/