Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.2.    Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
¿    Características culturais e socioeconómicas do contexto do centro:
    O CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova encóntrase situado na rúa Areal 13 de Celanova, dentro do casco histórico desta localidade.
O concello posee unha poboación de aproximadamente 6.000 habitantes e o núcleo urbano ao redor de  3.500.
    Celanova é unha vila vinculada culturalmente dende a Idade Media co Mosteiro de San Salvador ao redor do que se artella a vila e a súa vida cultural. Tamén destaca pola súa tradición literaria: Curros Enríquez, Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro ou, o que foi presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín son naturais de Celanova.
    A orferta educativa vai dirixida a unha poboación moi heteroxénea en canto a nivel socioeconómico e cultural. A composicións familiares abarcan todos os tipos: familias con varios fillos,, monoparentais…Varias nacionalidades están presentes no centro, predominantemente de familias procedentes de Sudamérica cara a que houbo unha especial migración dende esta vila. 
    A situación económica das familias é variada aínda que marcada neste momento pola actual crise.
    O atoparnos nun entorno rural boa parte do alumnado, un 20% aproximadamente, procede de aldeas pequeñas dos arredores de Celanova. A maioría das familias teñen estudos primarios, aproximadamente un 40%, un 20% bacharelato, e un 10% son diplomados ou licenciados.


¿    O Plan Dixital pretende, principalmente, poner ao alcance da poboación escolar  todas as posibilidades e vantaxes que pode ofrecer o uso das novas tecnoloxías nos procesos de ensino e aprendizaxe. 
    Para os alumnos o Plan Dixital debe ofrecer formación para poder desenvolverse dentro dos entornos dixitais e saber seleccionar información válida para a súa formación. No centro deben recibir esa formación e tamén deben disponer de terminais dixitais para practicar e traballar. 
    Para os profesores o Plan Dixital debe ofrecer formación suficiente para manexarse con soltura en entornos dixitais de ensino. Poder intercambiar información, crear materiais, compartir experiencias, agrupar materiais en bibliotecas online e saber empregalas, traballar en proxectos dixitais con outros centros e ver cunha perspectiva positiva as novas tecnoloxías.
    Para as familias debe facilitar a comunicación co centro, o intercambio de información e colaboración a través das tecnoloxías: aplicacións de comunicación co centro, redes sociais…
¿    A incardinación e contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo será un factor importante para o seu bo funcionamento. Todas as accións que se van levar a cabo dentro do Plan Dixital serán accións que terán que ter a súa repercusión en todo o funcionamento do centro, falamos de ferramentas dixitais a disposición de profesores e alumnos para calquera actividade, falamos de educación dixital para alumos e profesores, de mellor comunicación entre as familias e os centros.
¿     O PLAN DIXITAL  está íntimamente ligado ao noso Plan TIC anual. Nos últimos cursos os obxectivos marcados neste plan foron:
-    Mellor emprego das TICS no proceso ensino-aprendizaxe. Mellora da formación dixital do profesorado. 
-    Mellora das comunicacións entre o centro e as familias a través das TICS(App Tokapp).
-    Mellora das infraestructuras dixitais do centro.

Estes obxectivos forman parte do plan de acción do novo Plan Dixital, pois foron as debilidades marcadas no noso estudio preliminar e xa foran detectadas no centro como necesidades de mellora.
A relación do PLAN DIXITAL cos outros plans do centro vaise concretar nos vindeiros cursos pero principalmente será a repercusión da posta  en marcha do propio Plan e as accións que se leven a cabo: toda mellora na dixitalización do centro, na formación dixital dos profesores vai repercutir nos diversos plans do centro. Esta influencia irase reflectido curso a curso. 
¿    Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23. A contribución á Programación Xeral Anual será significativa pois incluirá a formación dixital  do profesorado adaptada ás súas necesidades e á mellora das infraestruturas dixitais do centro (adquisición e recuperación de terminais e pantallas).

1.3.    Breve xustificación do mesmo
O PLAN DIXITAL do noso centro adáptase ás diferentes normativas de educación que entraron en vixencia nos últimos cursos e que pretenden a mellora dos procesos de ensino co uso das ferramentas dixitais. Esto inclúe a mellora de instalación, a formación do profesorado e a comunicación coas familias: 

¿    Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
¿    Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
¿    Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022..
¿    Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
1.4.    Proceso de elaboración
O Equipo de Dinamización do Plan Dixital organizou o proceso de elaboración do Plan Dixital segundo as pautas que nos foron ofrecendo dende a plataforma PLATEGA.
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Os alumnos non crean contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade 3. Os alumnos non aprenden a codificar ou programar. Alumnado Non
Debilidade Os alumnos teñen dificultades para detectar información válida en internet. Alumnado Si
Debilidade Os alumnos non disponen de suficientes dispositivos para o alumnado. Alumnado Si
Debilidade Os alumnos non teñen un comportamento seguro en internet. Alumnado Si
Debilidade Non se dispón de repositorios ou bibliotecas en liña. Infraestruturas Non
Debilidade Non se dispón de suficientes dispositivos dixitais para o alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Fenda dixital, faltan medidas para identificar retos na aprendizaxe coas TD. Organización de centro Non
Debilidade Non existe unha estratexia dixital no centro. Organización de centro Si
Debilidade Non se empregan as TD para avaliar. Organización de centro Si
Debilidade Falla de bibliotecas e de repositorios en liña. Organización de centro Non
Debilidade Escasa participación en actividades formativas dixitais do profesorado. Outras Si
Debilidade 3. As modalidades de formación non se axustan ás necesidades do profesorado. Outras Si
Debilidade 4. Os profesores teñen competencias dixitais insuficientes. Outras Si
Debilidade O centro non ten un plan de formación dixital. Outras Si
Debilidade Non se avalían os progresos de ensino-aprendizaxe coas TD. Persoal docente Non
Debilidade Non se empregan as tecnoloxías dixitais para colaborar con outros centros ou institucións. Persoal docente Si
Debilidade 3. Precísase máis desenvolvemnto profesional continuo. Persoal docente Si
Debilidade 4. Non se empregan as TD para avaliar, para retroalimentación nin para observar o traballo dos compañeiros. Persoal docente Non
Fortaleza Os alumnos dispoñen de dispositivos dixitais para a aprendizaxe no centro. Alumnado Non
Fortaleza Os alumnos otorgan recoñecemento ao traballo dos demáis. Alumnado Non
Fortaleza No centro disponse de dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Non
Fortaleza No centro disponse de dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza No centro disponse de acceso a internet para o ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza No centro disponse de asistencia técnica para os problemas coas TD. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón de un sistema de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza O profesorado dispón de tempo para a exploración dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Espazos físicos suficientes no centro para as TD. Organización de centro Non
Fortaleza Dende o centro promóvese a participación e a formación. Outras Non
Fortaleza Os alumnos implícanse na aprendizaxe mixta. Outras Si
Fortaleza O centro dispón dunha App para a comunicación directa coas familias, con prácticamente un 100% de emprego. Outras Non
Fortaleza O centro difunde información de interese e facilita o seguimento das actividades do alumnado a través de servizos dixitais Outras Non
Fortaleza O centro dispón dunha web completa e actualizada. Outras Non
Fortaleza Difusión da información de interese a través dos servizos dixitais e educativos. Outras Non
Fortaleza Os alumnos manifestan moito interese polas tecnoloxías dixitais. Outras Si
Fortaleza O profesorado considera útil participar na formación dixital do profesorado. Outras Non
Fortaleza O profesorado dispón de tempo para explorar o ensino. dixital. Persoal docente Non
Fortaleza Os docentes empregan recursos dixitais en liña Persoal docente Non
Fortaleza Os docentes crean recursos dixitais para reforzar o seu método de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza Os docentes empregan entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Os docentes empregan as TD para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza Uso de recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de actividades dixitáis que motivan ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Os docentes están dispostos a entablar debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza Uso de TD para adaptar o ensino ás necesidades do alumno. Persoal docente Non
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de competencia dixital das familias. Administración educativa Non
Ameaza Falta de colaboración entre centros e institucións para compartir experiencias no ámbito dixital. Administración educativa Non
Ameaza Falta de dinámica para compartir experiencias dixitáis. Administración educativa Non
Ameaza Fenda dixital entre centros educativos pola súa diferente tipoloxía (centros públicos, concertados ou privados) Administración educativa Non
Ameaza Fenda dixital: diferenzas entre familias no acceso a internet (calidade) e a dispositivos dixitais (entornos rurais/vila). ANPA Non
Ameaza Dificultades ou pouca claridade para o uso de materiáis a causa dos dereitos de autor. Lexislación Non
Oportunidade A administración apoia a transformación educativa dixital. Administración educativa Si
Oportunidade As familias dispoñen, prácticamente na súa totalidade, de servizos de internet. ANPA Non
Oportunidade A rede de fibra está a mellorar continuamente na nosa contorna. ANPA Non
Oportunidade Situación de pandemia: urxe a mellora do ensino-aprendizaxe dixital. ANPA Non
Oportunidade Contexto pandemia: as faimilias esfórzanse en ter os medios na casa para o proceso de aprendizaxe dende o fogar. ANPA Non
Oportunidade Predisposición das familias á dixitalización, temos como exemplo a implementación da App do centro para a comunicación coas familias. ANPA Si
Oportunidade Predisposición positiva do alumnadao ante o ensino medienate TD. Outras Si
Oportunidade Incentivo para a mellora da calidade educativa. Outras Si
Oportunidade Posibilidade de compartir e mellorar sempre os recursos dixitais. Outras Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Analizado o documento DAFO elaborado a partir do SELFIE e os resultados dos test CDD o claustro de profesores, xunto coa dirección, chegaron á conclusión de que as áreas de mellora máis importantes e urxentes serían as seguintes:

 

Área/s de mellora:

 

-       Pedagoxía: apoios e recursos (E)

-       Comunicación coa comunidade educativa (E4)

-       Infraestrutura e equipamento (C)

-       Competencias dixitais do alumnado (H1)

-       Desenvolvemento profesional continuo. (D)

 

Para acadar os obxectivos no Plan de acción precísase a seguintes inversión:

-       Compra pantalla SMART aula 2º ESO. Obxectivo 3. Orzamento 2.500€.

-       Cursos impartidos no centro para dixitalización profesorado e seguridade na rede para o alumnado. Sen orzamentar.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o emprego da app Tokapp por parte de todo o profesorado e ampliar o uso de utilidades e prestacións. Facer partícipes ás familias destas novas utilidades e informalas do seu bo uso.
O02PD Posta en funcionamento e mellora de terminais dixitais para poñer á disposición do alumnado. Reciclado de antigos portátiles.
O03PD Mellora das instalación tecnolóxicas da aula de 2 de ESO. Adquisición de tecnoloxía SMART.
O04PD Formación do alumado s en seguridade na rede. Seguridade persoal, fiabilidade da información recibida.
O05PD Formación dixital do profesorado.

Seguimento

Procedemento

O seguimento durante este curso foi realizado a través das visitas do Adix. Erroz Uribarri Landa. Durante cada trimestre recibimos dúas visitas e revisamos xuntas as accións levadas a cabo durante ese período levantando acta da visita e dos avances no Plan Dixital. Nas reunións do claustro ao longo do ano tamén se foi informando ao profesorado dos avances do plan.

1º Trimestre

21/10/2022  12:20

-    Creado grupo de traballo para manexo da app. Todos os docentes tiveron que enviar a documentación ás familias coa aplicación. Quedaron tras reunión de inicio de curso coas familias que precisaban axuda coa inatalación e manexo da app.(obx.1)

-    Puxéronse ne contacto co responsable da zona Abalar para poder usar os equipos nun modo básico e poder usalos no centro e en préstamo. (obx.2)

-    Mercaron unha pantalla dixital smart tv. (obx 3 alcanzado) 

-    Solicitado curso da garda civil de seguridade na rede. (obx.4)

-    Pretenden solicitar outro curso da mancomunidade de Celanova sobre protección na rede (bulling, ciberacoso...(OBX. 4)

PLANIFICACIÓN DE FORMACIÓN: Este mes fixeron o curso do Proens. Teñen pensado continuar coa formación máis adiante (obx. 5)

Están solicitados grupos de traballo ao CFR con formación (10 horas) en propiedad intelectual, dereitos de autor...

Participa todo o centro.

Proxectos interdisciplinares.

16/12/2022  12:20

-    .(obx.1): estese empregando tokapp de maneira habitual como medio de comunicación coas familias.

-    (obx.2): en proceso.

-    Impartición do curso en ciberseguridade (obx.4): concedido. Celébraranse o 19/12 e o 20/12.

-    OBX. 4) Aínda non teñen data confirmada. Vai ser sobre seguridade na rede, respecto de dereitos de autor.

 (obx. 5) en proceso.

PLANIFICACIÓN DE FORMACIÓN Aprobado en novembro o grupo de traballo ao CFR con formación (10 horas) en propiedad intelectual, dereitos de autor...

2º Trimestre

03/02/2023  12:20

-   OBX.1. (uso de tokapp para comunicación coas familias): Acadado

-   OBX.2 (reciclado de antigos portátiles): En proceso.

-   OBX.3. (Adquisición de tecnoloxía SMART): Adquiriron outra pantalla maís para infantil. Acadado

-   OBX.4: A garda civil cancelou as charlas previstas así que se solicitou o 13 de xaneiro os obradoiros da Amtega de “iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais” “para 2º, 3º e 4º.

OBX. 5:. Este obxectivo está vinculado ás accións e á oferta da administración para acreditación e mellora da competencia dixital docente. Este mes de febreiro concretarase en FPROFE o nivel individualizado de competencia dixital dos docentes. En proceso

 

3º Trimestre

20/04/2023  11:30

-   OBX.2 (reciclado de antigos portátiles): Vaise quedar sen acadar.

-   OBX.4: A garda civil finalmente celebrou as charlas sobre ciberacoso e seguridade na rede, o 13 de abril. o.

Celebraranse o día 31 de maio os obradoiros da Amtega de “iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais” para 2º, 3º e 4º.

Solicitaron o programa “navegando con rumbo” pero non teñen constancia de que llas concederan.

-   OBX. 5:. Este obxectivo está vinculado ás accións e á oferta da administración para acreditación e mellora da competencia dixital docente. En proceso.

 08/06/2023  11:30

Os obxectivos que propuxeron foron os que seguen:

 

Obxectivo 1: Promover o emprego da app Tokapp entre o profesorado e coas familias. Acadado.

 

Obxectivo 2: Posta en funcionamento de equipos dixitais para uso do alumnado. Sen acadar.

 

Obxectivo 3: Mellora da dotación tecnolóxica para 2º de ESO con tecnoloxía SMART. Acadado.

 

Obxectivo 4: Formación do alumnado en seguridade na rede e fiabilidade da información recibida. Acadado.

 

 

PRIMEIRO TRIMESTRE

 

Obxectivo 1: creado grupo de traballo para manexo da app. Todos os docentes tiveron que enviar a documentación ás familias coa aplicación. Quedaron tras reunión de inicio de curso coas familias que precisaban axuda coa instalación e manexo da app. En decembro xa estaban empregando tokapp de maneira habitual como medio de comunicación coas familias. Acadado.

 

Obxectivo 2: puxéronse en contacto co responsable da zona Abalar para poder usar os equipos nun modo básico e poder usalos no centro e en préstamo. En proceso.

 

Obxectivo 3: mercaron unha pantalla dixital smart tv. Acadado.

 

Obxectivo 4: solicitado curso da Garda Civil de seguridade na rede. Solicitado outro curso da mancomunidade Terras de Celanova sobre protección na rede (bulling, ciberacoso...). En novembro concedéronllo para celebrar os días 19/12 e o 20/12. En proceso.

 

Obxectivo 5: este mes fixeron o curso do Proens. Teñen pensado continuar coa formación máis adiante. En proceso.

 

SEGUNDO TRIMESTRE

 

Obxectivo 3: mercaron unha pantalla máis para infantil. Acadado.

 

Obxectivo 4: A garda civil cancelou as charlas previstas así que se solicitou o 13 de xaneiro os obradoiros da Amtega de “iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais” “para 2º, 3º e 4º.

 

Obxectivo 5: Este obxectivo está vinculado ás accións e á oferta da administración para acreditación e mellora da competencia dixital docente. Este mes de febreiro concretarase en FPROFE o nivel individualizado de competencia dixital dos docentes. En proceso

 

TERCEIRO TRIMESTRE

 

Obxectivo 2: Vaise quedar sen acadar.

 

Obxectivo 4: a garda civil finalmente celebrou as charlas sobre ciberacoso e seguridade na rede, o 13 de abril. o.

Celebraranse o día 31 de maio os obradoiros da Amtega de “iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais” para 2º, 3º e 4º.

Solicitaron o programa “navegando con rumbo” pero non llo concederon.

Impartiu Amtega un obradoiro sobre pegada dixital. Acadado.

 

Solucionamos dúbidas de Educalidade. Están rematando de introducir os datos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

PROCEDENTO PARA A AVALIACIÓN

QUEN? Claustro de profesores e ADIX.

CANDO? Claustro unha vez ao trimestre, ADIX dúas veces ao trimestre.

CÓMO? Comprobación directa ou a través de documentación dixital.

A avalización foi realizada unha vez ao trimestre por parte do Claustro de profesores e dúas veces ao mes da man da ADIX. A comprobación faise insitu e a través das  visitas : compra de material (comprobación directa da compra e a instalación dos aparatos) ou cursos ou obradoiros a través de docuentación dixital (fotos e publicacións), a formación do profesorado a través de FProfe pódese comprobar a súa evolución.

A avaliación do PLAN DIXITAL foi unha labor continuada ao longo do curso, o claustro de profesores e os integrantes do grupo de traballo do PD analizaron periódicamente a súa efecitvidade e, a través das visitas da ADIX, levantouse acta de cada un dos avances do PD.

 

 

 

 

 

 

 

Valoración xeral

A elaboración e a posta en marcha do PLAN DIXITAL foi valorado positivamente polo profesorado e pola dirección do centro como unha ferramenta efectiva para avaliar a situación do centro en canto ás novas tecnoloxías e tomar conciencia das carencias e posibilidades que temos nos vindeiros anos. Tomar conciencia tamén de que o PLAN DIXITAL  ten que estar en continuo avance e renovación para darlle respostas ás necesidades do centro.

1.      Valorouse positivamente a avaliación do nivel dixital do profesorado co test CDD, posto que nunca se fixera unha exhaustiva análise. O que fixo reflexionar á directiva e a cada un dos profesores sobre a súa capacitación.

2.      Tamén se valorou positivamente a sistematización da compra e reposición de material informático partindo dun inventario exhaustivo. O colexio merca, de maneira privada o material dixital e, ás veces, falla o criterio de compra, grazas ao inventario e o PD pode establecerse unha sistematización.

3.      Tamén se valorou positivamente a procura de formación para o alumnado de forma máis intensa e organizada a partir do PLAN DIXITAL.

Proposta de mellora

No próximo Plan Dixital queremos establecer obxectivos claros e quizais máis ambiciosos en formación do profesorado, formación do alumnado e dixitalización do centro. Tamén se pretende mellorar a implicación de todo o profesorado.

1.      Sistematizar as exixencias de formación do profesorado concretando os cursos, requisitos ou horas de formación que se van facer no curso. Pódese aproveitar a calificación establecida en FPROFE  a partir dos niveis A1, A2, B1,B2  e procurar avanzar dende a formación de cada profesor.

2.      Sistematizar as compras de sistemas informáticos e ter un inventario actualizado que se poida adxuntar ao PLAN DIXITAL cada curso.

3.      De forma tamén sistemática organizar a formación para o alumnado en temas dixitais: seguridade na rede, identidade, perigos na rede.

4.      Actualizar, a través das propostas do Plan Dixital  a formación dixital do alumnado, tendo previamente estudadas as súas necesidades.

5.      Búsqueda e preparación da presentación de subvencións do ámbito dixital tendo en conta a orientación do PD.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A primeira acción de difusión do Plan Dixital levarase diante no Claustro do Profesorado celebrado ao final do presente curso 2021/2022, nesta reunión explicaranse pormenorizadamente as acción propostas para o vindeiro curso. Recolleranse suxerencias ou propostas de modificación para o seguinte plan de acción.

A finais do mes de xuño terá lugar tamén a última reunión do Consello Escolar no que será presentado o Plan Dixital aos representantes dos alumnos e as familias.

 

-O PLAN DIXITAL  será colgado na web na que terá un enlace exclusivo de acceso na sección de Secretaría.

-Previa á formación do profesorado reiterarase a información sobre o PLAN DIXITAL.

-Previa á formación do alumnado reiterarase a información sobre o PLAN DIXITAL.

- Unha copia do PLAN DIXITAL estará á disposición das familias no centro.