Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN

O Plan Dixital xurde como a resposta do ensino ao proceso de transformación dixital da sociedade actual. Este proceso abrangue unha serie de dimensións a ter en conta dende as nosas escolas: o desenvolvemento de competencias para unha cidadanía dixital, o acceso democrático á información e o coñecemento, a formación para o traballo e o emprego, a innovación das metodoloxías docentes, a creación de comunidades de aprendizaxe en rede e o desenvolvemento de competencias tecnolóxicas para a innovación.

A xustificación para a creación dos plans dixitais nos centros educativos emanan das directrices da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación que regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa. Neste senso o artigo 121 establece que o Proxecto Educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. A competencia dos equipos directivos para o impulso destas iniciativas no marco do Proxecto Educativo queda establecida no artigo 132 da citada Lei.

No ámbito da nosa Comunidade, a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22 establece que os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten. Estas instrucións serán implementadas na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

CONTEXTUALIZACIÓN E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO

O CEIP Castrelo de Miño atópase na localidade de Astariz, pertencente ao concello de Castrelo de Miño (Ourense). A principal característica do alumnado e as familias é a diversidade: existen diferencias socioeconómicas reflectidas no acceso á tecnoloxía e a competencia dixital, cunha parte significativa da comunidade escolar amosando carencias neste eido. Deste xeito o colexio é a principal ou única porta de acceso ao mundo dixital máis alá de opcións de ocio de escaso valor didáctico e/ou competencial.

O Claustro para o curso 2022-2023 contará cos 4 mestres definitivos e a mestra de relixión itinerante do pasado curso, coa adición dun mestre de audición e linguaxe itinerante que asumirá a coordinación TIC e do Plan Dixital.

Este Plan Dixital de Centro enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensinanza-aprendizaxe como no resto dos procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Por esa razón, será un instrumento que integraremos no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual do curso 2022-2023. Ademáis dotaremos ao Plan Dixital dun enfoque de centro sobre o uso dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, de modo que se converta nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Ao longo do curso 2021/22 para o deseño e elaboración do Plan Dixital seguimos as seguintes pautas:

a) Realizamos a análise da situación inicial a través da ferramenta SELFIE para detectar as necesidades, debilidades e problemas do centro.

b) O profesorado realizou o test de Competencia Dixital Docente (CDD) desde o seu perfil persoal. Este test permitiu obter un informe individual do seu nivel de competencia dixital dentro do marco de progresión DigCompEdu da Unión Europea (A1-C2).

c) Realizamos a diagnose da situación do centro elaborando un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) a partires da información recollida no SELFIE, con obxecto de definir as liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. Paralelamente, cos resultados do test CDD comezamos a planificar as liñas de formación prioritarias para dar resposta ás necesidades que van xurdindo dende o informe DAFO.

d) Partindo da información recollida con estas ferramentas de diagnose comezamos coa elaboración do Plan Dixital, de acordo coa estrutura que recollida no anexo da Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

e) Tras rematar a elaboración do Plan Dixital, este será aprobado polo Consello Escolar, unha vez consultado o claustro.

f) No curso 2022/23 o centro procederá á implementación efectiva do Plan que estará sometido a un proceso de avaliación e revisión continua, mediante indicadores de logro para medir o grao de consecución dos obxectivos e poder facer axustes e melloras. O coordinador do equipo de dinamización do Plan Dixital distribuirá a organización do Plan:

  • Cada titor/a encargarase de difundir o Plan Dixital na súa aula por medio de actividades.
  • O coordinador/a encargarase da difusión das accións do Plan Dixital á comunidade educativa.
  • Os demais docentes participarán na elaboración de actividades e outras tarefas relacionadas en apoio do Plan.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida de información previa empregamos a ferramenta de autoavaliación SELFIE e o test de Competencia Dixital Docente (CDD), xa descritos no apartado introdutorio.

  • A autoavaliación SELFIE foi realizada no curso 2021-2022 e amosou un resultado global de 2,705 (sobre 5) tras realizar a media das 8 áreas avaliadas.
  • O test de Competencia Dixital Docente foi realizado polos 4 mestres e mestras definitivos/as presentes no curso 2021-2022, e amosou unha puntuación media de 48,8 (sobre 192) que corresponde cun nivel de competecia A2 (explorador/a) no marco de progresión DigCompEdu da Unión Europea. A puntuación media nos centros educativos galegos é de 76,4 sobre 192 (B2 integrador/a) neste marco.
Interno
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H12 Escasas competencias dixitais do alumnado. Alumnado Si
Debilidade C13 Carencia de dispositivos dixitais. Alumnado Si
Debilidade H12 Baixa competencia dixital. Familias Si
Debilidade C13 Carencia de dispositivos dixitais. Familias Si
Debilidade C2 Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Debilidade C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade A1 Falta dunha estratexia dixital clara. Oferta Si
Debilidade C13 Traer o propio dispositivo. Organización de centro Non
Debilidade C11-C12 Fenda dixital. Organización de centro Si
Debilidade A4 Tempo para recoñecer o ensino dixital. Organización de centro Si
Debilidade A1 O centro non dispón dunha estratexia dixital definida. Organización de centro Si
Debilidade E3 Pouca participación do profesorado en redes colaborativas e entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade A4 Falta de tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade D2 Formación insuficiente do profesorado en competencia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza F5 Colaboración do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza A6 Participación das familias na estratexia educativa. Familias Si
Fortaleza C5 Eficacia da asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza C14 Espazos amplios e axeitados para a instalación dos equipos. Infraestruturas Si
Fortaleza C3 Acceso a Internet. Infraestruturas Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino. Oferta Non
Fortaleza A2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Oferta Si
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino. Organización de centro Si
Fortaleza A2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Fácil coordinación entre o profesorado (centro pequeño, de poucas unidades). Organización de centro Si
Fortaleza C14 Espazos físicos. Organización de centro Si
Fortaleza F3 Fomento da creatividade. Persoal docente Si
Fortaleza B3 Boa disposición do profesorado para encarar a formación dixital. Persoal docente Si
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza F1 Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F6 Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C2 Déficit de medios dixitais para o ensino. Administración educativa Si
Ameaza B3 Escaseza de recursos económicos que inflúen negativamente na colaboración na estratexia dixital. ANPA Si
Ameaza C11-C12 Fenda dixital. Nivel cultural e socioeconómico medio-baixo. Contorna Si
Ameaza A1 Estratexia dixital. Falta concreción curricular para orientar sobre a realización do Plan Dixital. Lexislación Non
Ameaza A3 Cambios constantes nas Leis Educativas. Lexislación Non
Ameaza C12 Pouca implicación do Concello cas familias para abordar a fenda dixital. Outras Si
Oportunidade C3 Acceso a Internet. Administración educativa Non
Oportunidade C5 Boa asistencia técnica. Administración educativa Non
Oportunidade B3 Colaboración. Disposición para ofertar actividades extraescolares. ANPA Non
Oportunidade B3 Colaboración das familias dentro das súas posibilidades económicas. Contorna Non
Oportunidade A5 Coñecemento das normas sobre os dereitos de autor, licenzas de uso e protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade B3 Colaboracións. Boa relación co Concello. Outras Non
Oportunidade A6 Colaboracións en proxectos con ONGs, asociacións, etc. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os resultados da análise DAFO reflicten o contexto no que está situado o noso centro: unha zona rural de alumnado escaso e disperso, cunhas familias dun perfil socioeconómico e cultural heteroxéneo. Unha parte significativa dos fogares non dispoñen de equipamentos dixitais adecuados para o ensino, situación que compromete a súa incorporación aos novos avances tecnolóxicos en educación. Asemade, dende o claustro asúmese a propia fenda dixital, produto do emprego menos sistemático neste contexto dos recursos e ferramentas dixitais existentes. Estes feitos demoran e dificultan a implementación dende o centro das novas posibilidades tecnolóxicas dispoñibles no eido do ensino. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Desenvolver unha estratexia dixital dirixida pola equipo TIC do centro sobre a xestión e seguimento do Plan Dixital do Centro.(PDC)
O02PD Fenda dixital para identificar e abordar retos.
O03PD Promover o uso da Aula Virtual do centro no proceso de ensino-aprendizaxe.
O04PD Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar Móbil
O05PD Mellorar as habilidades dixitais do alumnado.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do Plan Dixital no noso centro abranguerá dúas liñas de actuación:

  • O seguimento diario, facilitado por ser un CEIP moi pequeno que permite a comunicación contínua entre docentes. Esta situación favorece e axiliza a coordinación e seguimento das accións determinadas nos obxectivos.
  • O seguimento sistemático e planificado, mediante as reunións organizadas a tal fin. Nelas faremos un seguimento global do desenvolvemento do Plan, dende unha perspectiva trimestral máis ampla que permita avaliar eficazmente o grao de consecución de cada obxectivo
1º Trimestre

Para facer un seguimento da posta en marcha do noso Plan, no 1º trimestre realizáronse dúas reunións: unha inicial en novembro coa presenza e asesoramento do asesor ADIX e outra xa en febreiro para facer balance das accións iniciais desenvolvidas. As actas levantadas nelas son as seguintes:


DATA DA REUNIÓN: 30/11/2022 HORA INICIO:15:45 HORA REMATE:17:45 TOTAL HORAS DE REUNIÓN: 2

ASISTENTES: MARÍA VIRGINIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ, MANUEL ÁLVAREZ RIVERO, LUIS RAMÓN ASTEINZA SÁNCHEZ, ROCÍO DELGADO PÉREZ, CAROLINA VARELA MARRA AUSENTES:

ORDE DO DÍA

- Reunión inicial co asesor ADIX.

TEMAS TRATADOS

- Liñas xerais no desenvolvemento do plan: instrucións dos Servizos Centrais.

- Recursos de xestión e comunicación: aplicación Fprofe, Aula Virtual ADIX, futura aplicación inventario.

- Aspectos organizativos: secuencia do Plan, implementación dos PFPP, detalle dos orzamentos.

- Equipamentos do centro: posibles melloras.

ACORDOS E COMPROMISOS

- Seguir na liña de traballo deseñada.

- Organizar as formacións para cada PFPP.

- Manter contacto para vindeira visita.

PROPOSTAS PARA A PRÓXIMA

- Seguimento do Plan.


DATA DA REUNIÓN: 06/02/2023 HORA INICIO:15:45 HORA REMATE:17:45 TOTAL HORAS DE REUNIÓN: 2

ASISTENTES: MARÍA VIRGINIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ, MANUEL ÁLVAREZ RIVERO, LUIS RAMÓN ASTEINZA SÁNCHEZ, ROCÍO DELGADO PÉREZ, CAROLINA VARELA MARRA AUSENTES:

ORDE DO DÍA

- 2ª Reunión Seguimento Plan Dixital.

TEMAS TRATADOS

- Revisión dos recursos dixitais empregados e dispoñibles no centro; necesidades e novas adquisicións.

- Valoración do novo sistema de Acreditacións dixitais do profesorado e a súa relevancia no noso Plan Dixital.

- Revisión do papel da Aula Virtual no noso Plan Dixital.

ACORDOS E COMPROMISOS

- Adquisición dun novo equipo portátil e diversos accesorios e periféricos para o equipo docente.

- Seguimento do proceso en curso de valoración de destrezas dixitais nas Acreditacións e das accións formativas propostas dende a Consellería.

- Reformulación dos obxectivos referidos á Aula Virtual no Plan Dixital pola súa inadecuación ás características do noso alumnado no presente curso.

PROPOSTAS PARA A PRÓXIMA

- Comezar coa formación programada no marco deste PFPP.

2º Trimestre

Para facer seguimento do desenvolvemento do Plan no 2º trimestre, convocamos unha reunión en abril, á volta do período vacacional. A acta levantada foi a seguinte:


DATA DA REUNIÓN: 11/04/2023 HORA INICIO:15:45 HORA REMATE:17:45 TOTAL HORAS DE REUNIÓN: 2

 ASISTENTES: MARÍA VIRGINIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ, MANUEL ÁLVAREZ RIVERO, LUIS RAMÓN ASTEINZA SÁNCHEZ, CAROLINA VARELA MARRA                                   AUSENTES: ROCÍO DELGADO PÉREZ

ORDE DO DÍA

- 3ª Reunión Seguimento Plan Dixital.

TEMAS TRATADOS

- Situación obxectivos Plan Dixital

- Novas pantallas interactivas a enviar pola Consellería: situación, acondicionamento de espazos, infraestrutura necesaria e posibles empregos didácticos.

- Actualizacións Acreditacións dixitais do Claustro: confirmación do nivel B1 incompleto para a maioría dos docentes; accións formativas para completar as horas no citado nivel.

ACORDOS E COMPROMISOS

- Tentar acadar a maioría de obxectivos posibles ao remate do curso.

- Acordo sobre situación de pantallas nas aulas; ter preparados os espazos para a data de instalación.

- Contacto con outros centros coa instalación de pantallas xa realizada para obter información e experiencia.

- Revisión persoal das accións formativas máis axeitadas no marco das Acreditacións dixitais.

PROPOSTAS PARA A PRÓXIMA

- Reunión final grupo de traballo Plan Dixital.

3º Trimestre

Preto do remate do curso realizamos unha reunión final, coa presenza e asesoramento do asesor ADIX, para facer balance global do desenvolvemento do Plan, avaliar o grao de consecución dos obxectivos e accións relacionadas, valorar propostas de mellora e sentar as bases para elaborar o Plan Dixital 23/24. A acta levantada foi a seguinte:


DATA DA REUNIÓN: 24/05/2023 HORA INICIO:15:45 HORA REMATE:17:45 TOTAL HORAS DE REUNIÓN: 2

 ASISTENTES: MARÍA VIRGINIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ, MANUEL ÁLVAREZ RIVERO, LUIS RAMÓN ASTEINZA SÁNCHEZ, CAROLINA VARELA MARRA                                   AUSENTES: ROCÍO DELGADO PÉREZ

ORDE DO DÍA

- Reunión final con asesor ADIX.

- Reunión final grupo de traballo Plan Dixital.

TEMAS TRATADOS

- Asesoramiento accións finais Plan Dixital 22-23.

- Asesoramiento novos equipamentos e ferramentas dixitais da Consellería. Posibles accións formativas neste eido.

- Valoración desenvolvemento xeral do Plan; impacto no centro; puntos fortes e débiles; obxectivos e accións a reforzar, matizar ou eliminar; outras modificacións necesarias.

- Calendario para revisar e actualizar PD 23-24.

ACORDOS E COMPROMISOS

- Revisar e aprobar ante o Consello Escolar o Plan Dixital 23-24 antes do 30 de xuño.

PROPOSTAS PARA A PRÓXIMA

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o grao de consecución dos obxectivos propostos no noso Plan Dixital, é necesario valorar as accións asociadas a cada un deles. Nestas accións contaremos cuns indicadores específicos que nos permitirán estimar en términos claros e obxectivos o seu estado. Coa análise destes indicadores poderemos realizar unha avaliación efectiva do Plan dende dúas perspectivas ou contextos:

1. Unha avaliación procesual ou continua, cunha posta en común trimestral. Neste contexto teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:

a. Os indicadores específicos das accións deseñadas para cumprimentar cada obxectivo.

b. As experiencias diarias dos docentes implicados no desenvolvemento do Plan, necesarias para realizar axustes e/ou correccións e optimizar a súa aplicación.

2. A avaliación final, de carácter anual realizada ao remate do curso, e que formará parte da Memoria Anual do Centro. Neste momento teremos en conta os seguintes aspectos:

a. O grao de consecución dos obxectivos propostos, globalmente e en detalle a través das ferramentas descritas.

b. A ferramenta SELFIE para obter una referencia actualizada da situación dixital xeral nos ámbitos de alumnado, profesorado e centro.

c. Análise actualizada dos avances do profesorado en materia dixital a través do test de Competencia Dixital Docente (CDD).

d. Posta en común das experiencias dos docentes implicados no desenvolvemento do Plan, co fin de obter unha visión global do mesmo e achegar propostas de mellora específicas máis alá dos marcadores obxectivos.

Valoración xeral

A valoración xeral do desenvolvemento do noso Plan Dixital 22/23 expón uns resultados desiguais que suxiren a reformulación ou matización dalgunhas das metas propostas no noso centro. No momento da avaliación final, a concreción desta valoración é a seguinte:

 

GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS

1. Desenvolver unha estratexia dixital dirixida polo equipo TIC do centro sobre a xestión e seguimento do Plan Dixital do Centro (PDC). ACADADO

A dirección do centro máis o equipo TIC executaron en prazo as accións deseñadas para acadar este obxectivo, destinadas a sentar as bases organizativas para o desenvolvemento do Plan. Salientar a realización de dous cursos PLATEGA vinculados as TICs, con obxecto de facilitar o desenvolvemento docente diario e a xestión dixital do centro.

2. Fenda dixital para identificar e abordar retos. PARCIALMENTE

Consideramos parcial a consecución deste obxectivo, ao considerar máis relevante, en contraste co test CDD, a valoración da competencia dixital docente recollida nas Acreditacións de FPROFE. Estas Acreditacións están directamente relacionadas coa nosa formación no marco da Consellería, reflectindo de maneira realista e pormenorizada a competencia dixital individual no noso sistema educativo. En contraposición, o test CDD é unha ferramenta xenérica menos ligada a nosa realidade concreta. Deste xeito, valoramos máis positivamente reformular e pospoñer a 3ª acción deste obxectivo ao curso 23/24 á vista das opcións formativas ofrecidas dende FPROFE, especificamente deseñadas para acadar uns niveis de competencia dixital axustados á nosa práctica docente diaria. 

3. Promover o uso da Aula Virtual do centro no proceso de ensino-aprendizaxe. PENDENTE

Ao longo do curso fíxose patente que a consecución efectiva deste obxectivo resultaría pouco funcional no noso centro, á vista das características da nosa comunidade educativa expostas na análise do DAFO. A Aula Virtual é unha ferramenta de utilidade en situacións de ensino mixto, mais na nosa realidade concreta ten difícil encaixe no seu emprego convencional. Polo tanto, no vindeiro Plan 23/24 este obxectivo terá que ser reformulado e axustado á nosa realidade educativa.

4. Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar Móbil. PARCIALMENTE

Este obxectivo foi acadado parcialmente polo escaso impacto da ferramenta AbalarMóbil na nosa comunidade educativa, que prefire maioritariamente outras vías de comunicación co centro. Deste xeito, continuaremos ou reformularemos esta meta no vindeiro Plan 23/24, tentando deseñar indicadores e accións máis axustadas á nosa realidade educativa.

5. Mellorar as habilidades dixitais do alumnado. ACADADO

Este obxectivo foi acadado, experimentando un notable impulso coa implementación dos paneis interactivos TAFELTECH L75EG nas nosas aulas e a formación recibida, dende a asesoría ABALAR de Allariz, para o seu óptimo aproveitamento. É salientable a facilidade para integrar este novo recurso nas materias, a súa sinxeleza de manexo e o acerto de combinar maqueta ABALAR e Android no dispositivo. Neste eido, ábrese un amplo abano de posibilidades para os vindeiros curso, permitindo o deseño de obxectivos para a implementación e sistematización da práctica docente nesta ferramenta.

Proposta de mellora

Ao remate do curso 22/23 e trala avaliación do desenvolvemento do Plan, consideramos significativas as seguintes propostas de mellora para optimizar a consecución dos nosos obxectivos:

1. Obxectivo O01PD: establecer unha estratexia dixital eficaz e estruturada dende o comezo de curso, unha vez avaliada e adquirida a experiencia na implementación do Plan Dixital 22/23.

2. Obxectivo O02PD: promover o desenvolvemento profesional continuo dende a oferta formativa de FPROFE, tomando como marco as competencias recollidas nas Acreditacións.

3. Obxectivo O03PD: reconsiderar o emprego da Aula Virtual no noso centro, valorando a súa potencial utilidade como repositorio de recursos de apoio á xestión e á docencia.

4. Obxectivo O04PD: continuar coa promoción da ferramenta AbalarMóbil, axustando os obxectivos a criterios máis funcionais e asumibles.

5. Obxectivo O05PD: potenciar o emprego dos novos paneis interactivos como eixe para mellorar a competencia dixital do alumnado, procurando o seu emprego sistemático nas diferentes materias.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O noso Plan Dixital foi aprobado o 30 de xuño de 2022 polo Consello Escolar, que comunicou ás familias os contidos e implicacións do mesmo.

Este Plan atópase publicado na web do noso centro en http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastrelomino/system/files/CEIPCastrelodeMi%C3%B1o_PlanDixital_V1.0.pdf