Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP San Marcos atópase no Camiño da Bandeira no1, en Cartelle, 32654 Ourense. Os datos
de contacto son:
- Correo electrónico: ceip.sanmarcos.cartelle@edu.xunta.es
- Teléfono: 988 78 36 40
- https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanmarcoscartelle/
O centro ten actualmente 35 alumnos, 14 en Ed. Infantil e 21 en Ed. Primaria (dividida en dúas aulas). Polo tanto o centro ten 3 unidades. É un centro internivel rural, con un catálogo de profesorado de 4 mestres (infantil, inglés, ed. física e música) e a maiores itineran orientadora, relixión e mestres de ed. especial. O profesorado non ven sendo estable, cambiando cada ano case por completo, porén adoita ser xente nova con boa competencia dixital e coñecemento en novas tecnoloxías.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O Informe SELFIE, TCDD e outras fontes

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O alumnado non aprende a codificar nin a pro- gramar 2. O alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao usar TD 3. O alumnado non aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable 4. O alumnado non aprende a crear contidos dixitais nin e a comunicarse usando TD Alumnado Non
Debilidade 1. Baixa competencia dixital das familias Familias Non
Debilidade 1. Os docentes carecen de tempo para explorar métodos de ensino dixital 2. Non se dispón de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías 3. Non se usan suficientemente os repositorios ou bibliotecas en liña con material de ensino apren- dizaxe 4. A actualización e mantemento dos equipos corre a cargo do profesorado Infraestruturas Non
Debilidade 1. O docentes carecen de tempo para explorar métodos de ensino con TD 2. Carecen de tempo para elaborar material para a aprendizaxe mixta 3. Carecemos dun plan que axude aos docentes a enfrontar os potencias problemas coa aprendiza- xe mixta relacionados coas condicións socioeco- nómicas Organización de centro Non
Debilidade 1. Non existe debate entre alumnado e profesora- do sobre pros e contras do uso das tecnoloxías dixitais no ensino 2. Non se usan as TD para colaborar con outras organizacións 3. Non se intercambian internamente experiencias sobre o ensino con TD 4. Non se usan as TD para que o alumnado ob- serve o traballo dos seus compañeiros 5. O alumnado non aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable 6. O alumnado non aprende a crear contidos dixitais nin a comunicarse usando TD 7. Non se participa en actividades da admón. sobre actualización de competencias dixitais 8. Docentes con competencia dixital insuficiente 9. Os docentes non participan en redes profesio- nais Persoal docente Non
Fortaleza 1. A dirección asegúrase de que o alumnado de- senvolva habilidades dixitais para diferentes mate- rias 2. O alumnado descoñece as vantaxes do softwa- re libre 3. O alumnado está motivado e disposto ante as TD Alumnado Non
Fortaleza 1. Disposición ao uso das TD no centro Familias Non
Fortaleza 1. A infraestrutura dixital favorece o ensino apren- dizaxe con tecnoloxías dixitais 2. Existen dispositivos dixitais para o labor docente 3. Facilítase acceso a internet para o labor docen- te 4. Existen sistemas de protección de datos 5. Existen dispositivos no centro para que o alum- nado os use cando os precise Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Contamos con espazo físico para facilitar a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Oferta Non
Fortaleza 1. O centro ten experiencia no uso de contornas virtuais de aprendizaxe 2. O centro dispón dunha comunicación regular e ben organizada Organización de centro Non
Fortaleza 1. Reflexiónase sobre o desenvolvemento profe- sional continuo relacionado co ensino usando TD 2. Búscanse recursos educativos en liña 3. Úsanse co alumnado recursos educativos en liña 4. Úsanse as TD para comunicacións co centro educativo 5. Úsanse TD para avaliar as habilidades do alum- nado e facilitar a súa retroalimentación 6. Promóvese pola dirección o uso das TD para avaliar 7. Facilítase ao alumnado TD para documentar a súa aprendizaxe 8. Os docentes participan en programas de de- senvolvemento profesional 9. Os docentes colaboran no uso da tecnoloxía Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. As modalidades de formación non se axustan ás necesidades dos docentes 2. Non se asigna persoal con competencias para traballar con TD sendo centro E-dixgal 3. Non hai estabilidade no centro do persoal do- cente 4. Instrumentos dixitais complicados e pouco interactivos Administración educativa Non
Ameaza 1. Malestar por alonxarse de prácticas tradicionais de ensinanza ANPA Non
Ameaza 1. A lexislación dificulta o uso das TD Lexislación Non
Ameaza 1. Complexidade nas identificacións e certificados dixitais Outras Non
Oportunidade 1. Ofrécense programas de innovación relaciona- dos coas TD 2. Dáse recoñecemento administrativo aos pro- gramas educativos dixitais 3. O centro dispón de fondos para actualizar e renovar as TD Administración educativa Non
Oportunidade 1. Creación de actividades extraescolares que beneficies as competencias dixitais ANPA Non
Oportunidade 1. Cambios lexislativos que faciliten usos das TD Lexislación Non
Oportunidade 1. Facilitar as interaccións con institucións Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
A2* Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro
B3* Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital
C8* Actualizar os dispositivos dixitais das aulas de infantil e grupo 1 de primaria
E3* Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado

Seguimento

Procedemento

O Plan de Acción será revisado mensualmente nas reunións do claustro para comprobar o cumprimento dos obxectivos marcados en función da temporalización programada. Deberase indicar cun porcentaxe o nivel de cumprimento.

Para asegurar a avaliación procesual, ao final de cada trimestre valorarase o cumprimento global, e de ser o caso aplicaranse as modificacións pertinentes para poder realizar o máximo das accións programadas nos seguintes meses.

 

1º Trimestre

Durante este primeiro trimestre reformulouse o obxectivo 4, sendo modificado por: "Creación de actividades H5P para o uso na plataforma EVA Edixgal". Ademáis, cumprimos os obxectivos 1 sobre o uso do AbalarPro.

2º Trimestre

Neste segundo trimestre, solicitouse unha charla sobre ciberacoso e seguridade nas redes sociais á Garda Civil, cumpríndose o Obxectivo 2. Durante este periodo seguimos sen recibir os equipos novos proporcionados pola Consellería para poder acadar o Obxectivo 3.

3º Trimestre

Neste terceiro trimestre conseguimos acadar o Obxectivo 3, xa que recibimos as tres pantallas para cada unha das clases, portátiles e o ordenador de sobremesa para dirección.

Quedaría pendente de cumprir para o curso que ven o Obxectivo 4, sobre a creación de actividades H5P.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan de Acción será revisado mensualmente nas reunións do claustro para comprobar o cumprimento dos obxectivos marcados en función da temporalización programada.
Deberase indicar cun porcentaxe o nivel de cumprimento.
Para asegurar a avaliación procesual, ao final de cada trimestre valorarase o cumprimento global, e de ser o caso aplicaranse as modificacións pertinentes para poder realizar o máximo das accións programadas nos seguintes meses.
Para a avaliación final, ao remate do curso valorarase o cumprimento dos obxectivos marcados, que debe ser dun nivel alto ou completo. Ademais, propoñeranse obxectivos para o vindeiro curso de deberán quedar concretados no Plan Dixital para o curso 2023/2024, elaborado no mes de maio.

Valoración xeral

Xa chegando ao final deste curso 2022 - 2023, a valoración do Plan Dixital do noso centro queda prácticamente acadado con uns bos resultados. Quedaría pendente de realización e cumprimento do Obxectivo 4 para o seguinte curso escolar.

Proposta de mellora

- Impartir cursos de formación dentro das liñas de traballo aos docentes do centro.

- Mellorar os coñecementos TICs.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Elaborado no mes de maio.
O Plan Dixital, acompañará a PXA como anexo, o que servirá para darlle difusión e coñecemento.
Tamén se incluirá na documentación que deben consultar e revisar os membros do claustro no inicio de curso.
Ademais o responsable de TIC deberá velar porque se poñan en marcha as accións recollidas no plan, para o que dará difusión ao claustro e a dirección para poder cumprir co programado.