Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

     O IES Lauro Olmo está situado no Concello do Barco de Valdeorras (Ourense), na Rúa Calabagueiros s/n. O centro imparte clases nas etapas educativas de ESO, Bacharelato, Educación Secundaria de Adultos, catro ciclos de Formación Profesional de grao medio e un de Ciclo de Formación Profesional de grao superior. É, ademais sede da delegación en Valdeorras da Escola Oficial de Idiomas e imparte clases nas linguas de inglés e francés. Ten uns 570 alumnos e 60 profesores.

     O centro participa cada ano en diversos programas de formación dentro do PFPP, ademais de colaborar en: Plambe, Club de Ciencia, programa Xogade, plans proxecta, programa Edureferentes, Contratos programa RecuperaT e conviveT,  Erasmus+, programas de Eduemprende e moitos outros que impulsa a Consellería de Educación, o ministerio de Educación e empresas e fundacións privadas, tanto de nivel nacional, como galego e comarcal.
O plan dixital é aplicable e, esperamos útil para a utilización e desenvolvemento de calquera destes programas e proxectos.

     Na programación xeral anual do centro incluíuse o plan dixital  como ferramenta e contido transversal en proxectos curriculares e extracurriculares, ademais de utilizalo como instrumento en actividades de formación do profesorado e comunicación coa comunidade escolar.

     A elaboración do Plan levouse a cabo, mediante a creación dun grupo de traballo e un PFPP, no que participou profesorado do centro, en coordinación co asesor do CFR e baixo a orientación e supervisión do mentor asignado. Entre os meses de outubro de 2021 e xuño de 2022 desenvolvéronse, as fases de traballo para chegar á redacción final do Plan no documento que aparece.
     Durante ese periodo tamén tiveron lugar reunións informativas aos órganos de coordinación docente do centro: Comisión de Coordinación Pedagóxica, Claustro, reunións de titores e xuntas de avaliación.


     Ao final de curso tomouse a decisión de continuar co grupo de traballo para o seguimento e desenvolvemento do plan.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE: Consideramos interesante incluír a información do resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa nunha táboa.

Test CDD: Recóllese a información das táboas 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do TestCDD de centro. Tamén se reflicte o recollido na táboa 1.3. en relación co perfil do profesorado participante no TestCDD. 

(Adxuntamos táboas nos anexos)

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Dispositivos para o alumnado 2.Traer o propio dispositivo 3.Comportamento seguro 4.Comportamento responsable 5.Aprender a codificar e reprogramar Alumnado Non
Debilidade 1.Traer o propio dispositivo Familias Non
Debilidade 1.Asistencia técnica 2.Protección de datos 3.Dispositivos dixitais para a aprendizaxe 4.Tecnoloxías asistenciais 5.Bibliotecas repositorios en liña Infraestruturas Si
Debilidade En branco Oferta Non
Debilidade 1.Estratexia dixital 2.Tempo para explorar o ensino dixital 3.Avaliación do progreso 4.Sinerxias para o ensino-aprendizaxe a distancia 5.Asistencia técnica 6.Fenda dixital 7.Traer o propio dispositivo 4.Avaliación dixital Organización de centro Non
Debilidade 1.Tempo para explorar a ensinanza dixital 2.Debate sobre o uso da tecnoloxía 3.Necesidades de DPC 4.Recursos educativos abertos 5.Colaboración do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade 1.Colaboración do alumnado Persoal non docente Non
Fortaleza 1.Dispositivos dixitais para a aprendizaxe 2.Creación de contidos dixitais 4.Habilidades dixitais para diferentes materias 5.Aprender a comunicarse Alumnado Non
Fortaleza En branco Familias Non
Fortaleza 1.Infraestrutura 2.Dispositivos dixitais 3.Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza 1.Novas modalidades de ensinanza 2.Participación das empresas na estratexia Oferta Non
Fortaleza 1.Bibliotecas 2.Orientación Profesional 3.Participacion das empresas na estratexia 4.Espazos físicos 5.Habilidades dixitais para diferentes materias Organización de centro Non
Fortaleza 1.Novas modalidades de ensino 2.Colaboracións 3.Participación en DPC 4.Intercambio de experiencias 5.Recursos educativos en liña.Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Fortaleza 1.Intercambio de experiencias Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Asistencia técnica 2.Protección de datos 3.Dispositivos para o alumnado 4.Tecnoloxías asistenciais Administración educativa Si
Ameaza 1.Aprender a codificar ou reprogramar ANPA Non
Ameaza 1.Fenda dixital: identificar retos 2.Fenda dixital: abordar retos Contorna Non
Ameaza 1.Normas sobre dereitos de autor 2.Protección de datos Lexislación Non
Ameaza 1.Sinerxias para o ensino de aprendizaxe a distancia 2.Fenda dixital Outras Non
Oportunidade 1.Infraestrutura 2.Dispositivos dixitais para a ensinanza 3.Acceso a internet 4.Espazo físico Administración educativa Non
Oportunidade 1.Participación de familias en actividades de biblioteca e escola de pais ANPA Non
Oportunidade 1.Contexto social favorable Contorna Non
Oportunidade En branco Lexislación Non
Oportunidade 1.Participación de empresas na estratexia 2.Colaboracions con entidades, asociacións, empresas, fundación, concellos, deputacións,etc Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Este DAFO  invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Organización e/ou actualización no seu caso da aula virtual corporativa en categorías, por etapas e niveis educativos, segundo consta no XADE
O010PD Detección de fendas dixitais
O011PD Adquisición de competencias dixitais básicas para o ensino mixto e/ou a distancia
O012PD Mantemento da páxina web do IES Lauro Olmo
O013PD Mantemento de aulas e equipos informáticos, Xestión E-Dixgal
O02PD Creación de redes sociais e canles para compartir contido audiovisual e novas do centro.
O03PD Actualización dos contidos das redes sociais e canles do centro
O04PD Autorrexistro do profesorado na aula virtual coa súa conta de correo corporativa
O05PD Creación na aula virtual de tódalas materias impartidas no centro
O06PD Alta de alumnado e información sobre matriculación na aula virtual do centro
O07PD Matriculación de alumnado na aula virtual do centro
O08PD Comprobación de acceso do alumnado á aula virtual e sistema de videoconferencia
O09PD Configuración básica dos cursos e/ou materias da aula virtual

Seguimento

Procedemento

     O procedemento de seguimento do plan dixital do centro, documentouse nas reunións co mentor ADIX en cada trimestre. Así, fomos deixando constancia das accións realizadas e das que quedan pendentes para o vindeiro curso asemade dándolle unha valoración a cada unha delas.

1º Trimestre

- No primeiro trimestre realizáronse as accións A01.1-5 relativas á organización e actualización da Aula Virtual do centro nos seus distintos niveis, polo que en xaneiro, considérase que acadou o 100% do indicador previsto e por conseguinte o primeiro obxectivo marcado do plan dixital do centro.

- As accións A02.1-4 relativas á creación de distintas redes sociais e canles coas que compartir contido audiovisual e novas no centro quedaron feitas. Agás con Instagram, neste mesmo trimestre realizouse a integración na web do centro das redes sociais e canles tal e como se tiña previsto como acción A02.5 do plan dixital.

- Hai constancia da actualización de contidos que se van facendo nas redes Facebook, Instagram e Ivoox do centro e nas accións do plan referidas ao obxectivo no.3, aínda que queda pendente para os vindeiros trimestres mellorar a actualización de contidos na canle de Youtube que ten o IES Lauro Olmo.

- Ao longo destes meses e dados os problemas que deu a tentativa nos inicios de curso, descartouse empregar a automatriculación como forma de matriculación/acceso aos cursos da Aula Virtual do Centro, polo que quedaron sen facer as accións previstas como A04.2, A04.3, A04.4 e por conseguinte tamén pola súa vinculación a acción A05.3. Fíxose unha alta masiva do profesorado e os cursos de todas as materias foron creados polo responsable da AV. Á vista do expresado, e tendo en conta que neste eido sería moi dificil acadar o grao de autonomía previsto nos obxectivos nos.4 e 5 do plan, en relación ao autorexistro e á propia creación de cursos directamente polo profesorado na AV, pensamos retomar a formación e unha certa práctica simulada ao longo dos trimestres 2o e 3o, coa fin de poder tentar e levar a cabo con éxito eses obxectivos desde comezos do curso seguinte sen os problemas que se detectan arestora.
- A formación prevista nas accións A04.1, A05.1 e A05.2 foi substituída por dous cursos-titoriais elaborados polo coordinador eDixgal xa nestes meses.
- A finais do primeiro trimestre quedaba creada a Sala de profes Virtual prevista na acción A04.5, aínda que  cun aceso condicionado con chave polo que non hai emprego  para o desenvolvemento de accións como as previstas como A05.2, A06.5, A07.2. Daquela tíñase intención de sacar ese contrasinal e deixar o espazo da sala virtual aberto a todo o profesorado coma unha ferramenta para o intercambio de información.

- Ao longo do primeiro trimestre levouse a cabo a depuración e alta masiva das contas do alumnado previstas como accións A06.1 e A06.2, pero todas accións relativas e vencelladas á automatriculación do alumnado quedaron substituídas por unha matriculación masiva do alumnado. Deste xeito, perderíase a posibilidade de acadar o grao de autonomía previsto nos obxectivos nos.6 e 7 do plan. Pensamos tentar a formación e práctica simulada da automatriculación nos trimestres 2o e 3o para poder  levar con éxito esta posibilidade de aceso do alumnado aos cursos a partir do ano que vén.

- A finais do primeiro trimestre o centro vai tendo una verificación positiva na comprobación da configuración básica que se está facendo dos cursos creados na Aula Virtual e previstos en relación ao obxectivo no.9 do plan dixital.

- Están realizadas as accións previstas arredor do obxectivo no.10 vencelladas á detección das fendas dixitais no alumnado e xestión correspondente a partir dos seus resultados.
- Aínda que non se realizou ningunha enquisa, si que cada titor/titora se informou dos problemas que podía haber na súa aula e intentou dar
solucións basadas no traballo en horario escolar utilizando a os equipos da biblioteca ou das aulas de informática.

-A finais do primeiro trimestre, feita a recomendación prevista como acción A11.1 do plan, queda pendente para os vindeiros meses o desenvolvemento  das actividades formativas previstas nas accións A11.2-4 do plan.

-Fixéronse as accións vencelladas ao obxectivo no.13 e mesmo a longo dos tres trimestres as referidas ao mantemento do equipamento informático do centro e xestión das incidencias que foron xurdindo.

2º Trimestre

- Ao longo do segundo trimestre e sobretodo con ocasión das conmemoracións (día de Rosalía, día da poesía, día do libro, etc), creáronse e actualizáronse contidos nas redes sociais e canles do centro referenciadas no obxectivo no.03 do plan dixital de centro.

- No segundo trimestre non prosperou a proposta de retomar a formación e unha certa práctica simulada nos aspectos referidos ao autorrexistro, automatriculación, creación de cursos polo propio profesorado, etc. co fin de poder acadar con éxito eses obxectivos desde comezo do curso seguinte sen os problemas que se detectan. Quedarían  sen facer as accións previstas como A04.2, A04.3, A04.4 e  tamén pola súa vinculación a acción A05.3 do plan dixital do centro, é dicir,  non se tería acadado o grao de autonomía previsto nos obxectivos nos.4 e 5 do plan en relación ao autorexistro, a automatriculación e á propia creación de cursos directamente polo profesorado na AV.

- No segundo e terceiro trimestre, non se realiza a formación e práctica simulada da automatriculación. Tampouco está aberto o espazo da Sala Virtual de profesorado. Polo tanto, queda pendente para o vindeiro curso.

- Ao remate do segundo trimestre, non queda documentado o seguemento de actuacións como as previstas en A09.5 e A09.6 coas que acadar unha ampla participación do conxunto da comunidade docente no enriquecemento da comunicación e dotación de recursos e contidos na contorna virtual escollida nin da detección e difusión prevista na acción A13.5 do plan dixital.

- A finais do segundo e terceiro trimestre, o centro non ten documentado o enriquecemento de melloras e novidades froito das actuacións formativas previstas no obxectivo no.11 do plan dixital. 

- Realizáronse as accións vencelladas ao obxectivo no.13  e as accións referidas ao mantemento do equipamento informático do centro e xestión das incidencias que foron xurdindo.

3º Trimestre

- No terceiro trimestre, seguíronse a actualizar semanalmente as canles e as redes sociais do centro, agás a de Youtube. Utilizouse Ivoox para distintos traballos en varias materias como, por exemplo, conmemorar o Día das Letras Galegas, chegando a facer un podcast para un concurso do Concello. As redes sociais serviron para visibilizar moitos traballos no centro, como unha gymkana realizada por varios departamentos que consistía en pasar probas pola vila, amosar o alumnado nas distintas saídas, conferencias, cursos de robótica...

- Xa no segundo e agora no terceiro trimestre, non se leva a cabo a formación e práctica simulada da automatriculación. Tampouco está aberto o espazo da Sala Virtual de profesorado. Polo tanto, queda pendente para o vindeiro curso.

- Estase a realizar unha pequena enquisa para documentar o seguemento destas actuacións. Polo que, ata que se resolva, non teremos constancia do alcance.

- A finais do segundo e terceiro trimestre, o centro non ten documentado o enriquecemento de melloras e novidades froito das actuacións formativas previstas no obxectivo no.11 do plan dixital.

- O centro entende realizadas as actuacións previstas en relación ao obxectivo no.12 do plan e correspondentes a cada trimestre.
- Durante todo o curso o administrador da páxina web e o coordinador E-Dixgal foron os encargados do mantemento da páxina web do IES Lauro Olmo, actualizando o seu deseño e os seus contidos semanalmente e colaborando con distintos departamentos e docentes para crear novas seccións na páxina web (é o caso da nova sección ERASMUS+).
- Tamén se asesoraron a distintos docentes para levar adiante a canle Ivoox do centro.

- Por último, a finais do primeiro trimestre realizáronse as accións vencelladas ao obxectivo no.13 e as referidas ao mantemento do equipo informático do centro e xestión das incidencias que foron xurdindo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

     A avaliación do plan levarase polo grupo de traballo encargado da actualización e mellora do plan no curso 2022-2023, que dará cumprida información á CCP, xunta titorial e xuntas de avaliación.
Procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:
- O grupo de traballo terá reunións mensuais e trimestrais nas que dará cumprida información aos órganos docentes. O seguimento do plan se basará nos indicadores de avaliación contemplados na redacción do propio plan. En cada reunión aportarán posibles propostas de modificación ou mellora e terase en conta a análise DAFO para facer un seguimento dos obxectivos e logros.
- No mes de maio elaboraremos un documento de avaliación final onde se recollan as posibles propostas de mellora, aspectos a mellorar e comprobaremos o punto de partida proporcionado pola análise DAFO e os resultados finais, atendento a indicadores de avaliación propostos. (ANEXO)

Valoración xeral

     Neste curso, por unha banda,  acadamos o 100% de cinco obxectivos ( 01, 02, 03, 012, 013).  Nun 90%, acadando o valor de partida 4, temos seis obxectivos (05, 06, 07, 08, 09 e 010). Por último, os obxectivos pendentes para o vindeiro curso nos que non se acadaron resultados favorables foron 2 (04, 011).

     Por outra banda, realizamos unha enquisa ao profesorado do centro para valorar as accións do plan dixital e ver as propostas de melloras. Así, con 44 participantes, obtivemos os seguintes datos:

1.  Na pregunta sobre se utilizan a Aula Virtual hai un 88,6 % que si, un 9,1% que non 
2. Canto cres que a usas? (Aula Virtual) -> 43,2% Bastante/ 29,5% pouco/ 22,7% moito
3. Participaches dalgunha maneira nas redes sociais do centro? 43,3% NON/ 56,8% SI
4. Se indicaches SI explica brevemente de que maneira ( seguindo as contas, compartindo publicacións, realizando contido..)  RESPOSTAS MÁIS REPETIDAS por orde: seguindo as contas, facendo comentarios, compartindo contido, realizando contido.
5. Gustaríache ter un espazo virtual para o profesorado (unha sala virtual de profes) onde estar en contacto? 75% SI/ 25 % NON
6. Sabes crear os teus propios cursos e matricular ao alumnado na Aula Virtual? 68,2% SI / 31,8% NON
7. Como valorarías a posibilidade de participar nun curso de formación para ter autonomía e crealos? 38,6%  Gustaríame aprender e poder matricular ao meu alumnado/  38,6% Xa o sei facer e non preciso ese curso/  22,7% Prefiro que xa estean creados

 

Proposta de mellora

     De cara ao vindeiro curso, tentaremos mellorar o obxectivo 04, “Autorrexistro do profesorado na aula virtual coa súa conta de correo corporativo edu.xunta.gal” realizando titorías e cursos para formar ao profesorado e que sexan eles mesmos quen completen o autorexistro. O mesmo pasa coa matriculación do alumnado, polo que, se intentará formalos para acadar o obxectivo correspondente.

     Ao mesmo tempo, este obxectivo lévanos á Sala de profes virtual, tentaremos sacar o contrasinal e ter un espazo virtual para compartirmos diferentes cuestións que nos atinguen entre todo o profesorado.

    No obxectivo 010, no próximo curso, faremos unha enquisa previa que pasarán os titores e as titoras co obxectivo de detectar as posibles fendas dixitais e transmitilo ao profesorado do centro.

    En canto á canle de Youtube, está pendente a súa actualización, polo que, se retomará esta acción para poder actualizala e subir contido.

    A formación do profesorado tamén é un aspecto pendente que se intentará mellorar na medida do posible a través de distintas accións e plans formativos que se artellarán a comezos do próximo curso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

     Difundiremos o Plan no propio proxecto educativo do centro, na páxina web, na documentación informativa ao profesorado que se incorpore, e nas propias redes sociais do centro. As familias recibirán, tamén información da posta en marcha do noso Plan Dixital.


     O Claustro e CCP de comezo de curso será informado do Plan Dixital e implicarase a todo o profesorado, especialmente titores e titoras, na difusión entre todo o alumnado do Centro.