Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro.

Nome: IES Martaguisela

Enderezo: Rúa A Coruña, 22. 32300 O Barco de Valdeorras

Correo: ies.martaguisela@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmartaguisela

Etapas educativas: ESO e bacharelato.

Alumnado: 335

Profesorado: 40

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro.

O Barco é o principal núcleo de poboación do partido xudicial e da comarca de Valdeorras. O seu municipio aséntase no Sueste da provincia de Ourense cunha poboación aproximada de 15.000 habitantes.

A economía baséase na explotación da lousa, no sector servizos e na agricultura da vide.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros plans e proxectos do centro.

O centro leva anos potenciando o uso das tecnoloxías dixitais por parte de profesorado e alumnado. É un centro Abalar desde a implantación do programa en Galicia e, na actualidade, ten implantado o E-Dixgal.

Ademais, ten realizado cursos de formación e participado en grupos de traballo e proxectos de formación coordinados/impartidos polo seu dinamizador Abalar e outros membros do claustro do centro para promover a formación e actualización do resto do profesorado.

Para o curso 2022-2023 o centro ten solicitado participar no programa de innovación educativa Polos creativos.

Este plan dixital continuará o camiño seguido en anos anteriores no ámbito da utilización dos medios dixitais por parte de profesorado e alumnado.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23

O Plan dixital formará parte da Programación Xeral Anual que será elaborada e aprobada no mes de setembro.

Breve xustificación do mesmo.

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-2022.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Proceso de elaboración.

O centro participa nun PFPP con dous itinerarios, un dos cales é “Análise da competencia dixital do centro e elaboración do Plan Dixital”, coordinado polo Coordinador Abalar. Ademais, o coordinador estivo inscrito nunha actividade formativa co asesoramento de mentores ADIX.

Fases:

Realización do SELFIE, unha ferramenta gratuíta facilitada pola Unión Europea para que os centros avalíen a súa posición coa aprendizaxe na era dixital.

Realización do test CDD para valorar o nivel de competencia do profesorado neste ámbito e que se basea no Marco Europeo de Referencia para a Competencia Dixital Docente, DigCompEdu.

Análise dos resultados do SELFIE e do CDD.

Elaboración dun DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades).

Concreción dos obxectivos para o vindeiro curso elixindo accións que permitan conseguilos.

Redacción do plan.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A recollida de información para a elaboración do DAFO levouse a cabo por medio da ferramenta de autoavaliación SELFIE e dun test CDD

Interno
48 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Aprender a comunicarse Alumnado Non
Debilidade Fomentar o uso responsable e ético das tecnoloxías Alumnado Non
Debilidade Aprendizaxe autorregulada Alumnado Non
Debilidade Aprendizaxe colaborativa Alumnado Non
Debilidade Fomentar o uso das tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Debilidade Seguridade coas novas tecnoloxías Alumnado Non
Debilidade Fomentar a creación, modificación e compartición de contidos Alumnado Non
Debilidade Xestión e protección de recursos dixitais Alumnado Non
Debilidade Aprendizaxe a distancia e mixta Alumnado Non
Debilidade Conectividade no fogar Familias Non
Debilidade Xestión e seguridade na rede Infraestruturas Non
Debilidade Colaboracións Oferta Non
Debilidade Sinerxias para a aprendizaxe mixta Oferta Non
Debilidade Tempo exploración ensino dixital Organización de centro Non
Debilidade Sinerxias para a aprendizaxe mixta Organización de centro Non
Debilidade Bibliotecas/repositorios en línea Organización de centro Non
Debilidade Comunicación e colaboración Organización de centro Non
Debilidade Existencia estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Pensamento computacional Persoal docente Non
Debilidade Accesibilidade e inclusión Persoal docente Non
Debilidade Práctica reflexiva Persoal docente Non
Debilidade Fomento da creatividade Persoal docente Non
Debilidade Diferenciación e personalización Persoal docente Non
Debilidade Tempo exploración ensino dixital Persoal docente Non
Debilidade Aprendizaxe colaborativa Persoal docente Non
Debilidade Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade Orientación coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Debilidade Compromiso alumnado na aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación a través de diferentes medios dixitais Alumnado Non
Fortaleza Emprego da tecnoloxía e das estructuras do centro Infraestruturas Non
Fortaleza Exploración de novas formas de ensino Oferta Non
Fortaleza Exploración de novas formas de ensino Organización de centro Non
Fortaleza Colaboración do profesorado Organización de centro Non
Fortaleza Colaboración profesional Persoal docente Non
Fortaleza Colaboración profesional Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de entornos visuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza Aprendizaxe profesional sobre tecnoloxías Persoal docente Non
Fortaleza Docencia con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza Exploración de novas formas de ensino Persoal docente Non
Fortaleza Posibilidades de participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza Debate uso tecnoloxías Persoal docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias Persoal docente Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos en línea Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa Persoal non docente Non
48 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Aprendizaxe colaborativa Administración educativa Non
Ameaza Colaboración co ANPA ANPA Non
Ameaza Conectividade no fogar Contorna Non
Ameaza Normas de dereitos de autor e licenzas de uso Lexislación Non
Oportunidade Experimentación con novas ferramentas dixitais Administración educativa Non
Oportunidade Deseño de actividades de busca, selección, avaliación e xestión de información de forma crítica Administración educativa Non
Oportunidade Comunicación coa comunidade educativa ANPA Non
Oportunidade Busca e selección de recursos dixitais Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Coñecer os tipos de perigos que podemos atopar na rede e as medidas activas e pasivas para evitalos
O02PD Crear un entorno virtual no que o profesorado comparta recursos dixitais e favorecer o traballo interdisciplinar
O03PD Potenciación do uso das ferramentas corporativas - Abalar
O04PD Potenciación do uso das ferramentas corporativas - Xade

Seguimento

Procedemento

O seguimento é realizado polo equipo de dinamización do Plan Dixital que da conta trimestralmente ao claustro do profesorado. Deste equipo forman parte:

  • A persoa titular da dirección do centro ou persoa na que delegue.
  • O dinamizador do plan dixital.

  • O coordinador E-Dixgal.

  • O coordinador de formación do centro.

1º Trimestre

O obxectivo O02PD relativo á creación do entorno virtual no que aloxarán os recursos dixitais previstos no plan está pendente da aprobación do PFPP.

Respecto á acción AO3.2 no relativo á formación ás familias sobre Abalar estáselle proporcionando formación individualizada ás familias que o requiren xa que a maioría do noso alumnado, ou ben xa estaba no noso centro, ou ben procede de centros nos que xa tiñan Abalar. Logo da aprobación do PFPP do centro téÑense creados os grupos de traballo e por conseguinte realizada acción A01.1 do plan. Pero dado o atraso que tivo neste trimestre o trámite antes sinalado, quedan adiadas para o seguinte trimestre accións como a A01.2-3 e A02.2, do mesmo xeito que no marco do PFPP tíñase pensado profundizar a formación prantexada nas accións A03.1 e A04.1

2º Trimestre

Neste trimestre o grupo de traballo creado ao amparo do PFPP do centro estivo traballando na formación referenciada nas accións A01.2-3 relativas á seguridade na rede, quedando adiada para o trimestre seguinte a formación relativa á acción A02.2

Neste trimestre o centro estivo introducindo o vixente plan dixital na plataforma educalidade aberta nestes meses aos centros de ensino da comunidade

3º Trimestre

No terceiro trimestre, o grupo de traballo creado como parte do PFPP rematou o seu traballo co cal conseguiuse:

  • Para o obxectivo O01PD , crear unhas presentacións sobre ciberseguridade coas que se traballará na titoría no vindeiro curso (non se chegaron a utilizar este curso polo que o obxectivo non se acadou)
  • Para o obxectivo O02PD, crear o entorno na aula virtual do centro no que os departamentos comezaron a compartir recursos e contidos.
  • Para o obxectivo O03PD, a totalidade dos titores utilizan a plataforma Abalar para a acción titorial (no PFPP tamén se promoveu a instalación e uso da app AbalarPro por parte do profesorado)
  • Para o obxectivo O04PD, ampliouse o uso que o profesorado fai de Xade.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación foi realizada polo Equipo de dinamización do plan dixital (EDPD).

Esta avaliación será presentada ao claustro do profesorado e validada polo consello escolar xunto coas propostas de mellora para o vindeiro curso.

Valoración xeral

A valoración xeral é positiva xa que tres dos obxectivos foron acadados e o restante, aínda que non foi acadado, fíxose o necesario para poder acadalo no vindeiro curso xa que o traballo previo xa estará feito.

Proposta de mellora

Para o vindeiro curso contémplase tratar os temas que de seguido se relacionan vinculados a aspectos do DAFO realizado no curso pasado:

  • Ciberseguridade: levar a cabo as accións que restaron no plan actual.
    • Debilidade: seguridade coas novas tecnoloxías.
    • Debilidade: xestión e seguridade na rede.
  • Licenzas e dereitos de uso:
    • Ameaza: normas de dereito de autor e licenzas de uso.
    • Debilidade: fomentar o uso responsable e ético das tecnoloxías.
  • Educación a distancia e mixta.
    • Debilidade: aprendizaxe a distancia e mixta.
  • Software da maqueta Abalar e software das novas pizarras.
    • Debilidade: fomentar o uso das tecnoloxías dixitais.
    • Debilidade: orientación coas tecnoloxías dixitais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital, despois de súa aprobación polo consello escolar, oído o claustro, foi feito público por medio da páxina web do centro e tamén pode ser revisado físicamente por calquera membro da comunidade educativa.

Ademais, a principio de curso proporcionouse a todo o alumnado do centro un resumo do plan de acción por medio das titorías.