Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

  • Nome: CEIP Ramón Otero Pedrayo
  • Dirección: C/ Elena Quiroga, nº 7. 32315 O Barco de Valdeorras
  • Correo electrónico: ceip.otero.pedraio@edu.xunta.gal
  • Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoteropedraio
  • Etapas educativas: Educación Infantil e Educación Primaria.
  • Niveis educativos: 4º, 5º e 6º de EI, e 1º,2º,3º,4º,5º e 6º de EP.
  • Nº de Alumnado: 112 alumnos/as no curso actual, 2021-2022.
  • Profesorado definitivo: 14
  • Profesorado provisional: 1
  • Profesorado interino: 2 

 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución do PD ao Proxecto Educativo do Centro:

  • Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro.

A finalidade dun centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna. O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contex-to institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios. Tal e como se indica na Guía de elaboración do Plan Dixital do INTEF, o Plan Dixital de Centro debe enten-derse pois como un instrumento para favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desen-volvemento integral do alumnado. Por esa razón, debe ser un instrumento que se integre no Proxecto Educativo, no Proxecto de Dirección e na Programación Xeral Anual. Ademais, é imprescindible dotar ao Plan Dixital dun enfoque de centro sobre o uso dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilida-des, de modo que se converta nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. En definitiva, o plan dixital será un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo na procura do desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe.

  • Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.

Concibido como un documento vivo que contén os acordos alcanzados no centro con respecto aos obxectivos SMART do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Supón un compromiso por parte de toda a comunidade educativa. Cada un na medida das súas posibilidades e o seu nivel actual de competencia dixital. Neste sentido tamén formará parte da PXA do centro, estando vinculado á vida diaria do centro (organizativa, de xestión, educativa...) e en relación directa con diversos plans e proxectos tales como: O Plan de Integración das TIC, o Programa de Robótica Educativa en Primaria, os Programa de Innovación Polos Creativos (a espera de saber se nolo conceden), celebracións das conmemoracións do curso e outras actividades complementarias... Ao formar parte desta PXA tamén se verá sometido á avaliación e retroalimentación na Memoria Final do centro e na procura dunha mellora constante.

Breve xustificación do mesmo

No curso 2021/22, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade contempla esta liña competencial da dixitalización dos centros como prioritaria ao amparo dos principios establecidos no marco de Competencia Dixital Docente. Así mesmo o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg) establece como obxectivo o fomento da autorreflexión e autoavaliación dentro das organizacións educativas, a medida que estas reforzan progresivamente o seu compromiso coa aprendizaxe das pedagoxías dixitais. Tendo en conta a normativa vixente ao respecto ¡, o noso centro entende pois que a creación e implantación dun Plan Dixital permitirá avanzar cara modelos holísticos que permitan que os espazos virtuais de aprendizaxe que se empreguen contribúan á extensión do concepto de aula no tempo e no espazo. E proponse para este curso 2022- 23 os seguintes obxectivos.

  • Impulsar a competencia dixital no centro co desenvolvemento do Plan Dixital de Centro.
  • Fomentar a formación de membros dos centros na creación, implantación e desenvolvemento do Plan Dixital de centro: equipo directivo, persoa responsable da dinamización TIC e resto do profesorado.
  • Implementar e realizar seguimento e retroalimentación do Plan Dixital de Centro.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoevaluación SELFIE

Test CDD

Análise DAFO (elementos internos e externos)

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7. No noso centro o alumnado non aprende crear contidos dixitais autónomamente. Alumnado Si
Debilidade C2. Os dispositivos dixitais da Aula de Informática son demasiado antigos e obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade C7. Insuficiente política de protección de datos no centro. Infraestruturas Si
Debilidade A4. O noso centro debe mellorar a xestión do calendario de actividades complementarias co fin de minimizalas para aumentar o tempo do profesorado para explorar o ensino dixital. Organización de centro Si
Debilidade G6. O noso profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida facer observacións construtivas sobre o traballo dos compañeiros/as. Persoal docente Non
Debilidade G3. No noso centro, o profesorado non adoita utilizar as tecnoloxías dixitais para proporcionar a retroalimentación ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade F5. No noso centro o profesorado non utiliza as tecnoloxías dixitais para a realización de traballos colaborativos ou en grupos. Persoal docente Non
Debilidade A4. No noso centro o profesorado non ten tempo para explorar como mellorar o seu método de ensino coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza C2. No noso centro hai dispositivos dixitais para apoiar a labor docente. Infraestruturas Si
Fortaleza A5. O noso centro invirte en comprar licencias dixitais cando é necesario. Organización de centro Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A4. No noso centro o profesorado non ten tempo para explorar como mellorar o seu método de ensino coas tecnoloxías dixitais, en parte pola cantidade de documentación administrativa, relativa a programas non decididos polo centro e implementados pola administración educativa, que colapsa o tempo do profesorado con cuestións administrativas que non forman parte das nosas funcións. Administración educativa Si
Ameaza C2. No noso centro existen dispositivos dixitais proporcionados pola administración demasiado antigos e obsoletos. (Aula de Informática e portátiles antigos do alumnado) Administración educativa Si
Ameaza A5. A administración non nos outorga licenzas de uso sobre programas de pago que son necesarios para a labor docente, priorizando o software libre a pesares de non ser compatible en multitude de casos. O uso de programas de software libre desenvolve capacidades de tipo aplicativo e non formativo, fomentando no alumnado o emprego dun reducido número de programas cunha serie de limitacións de uso. Lexislación Si
Oportunidade Posibilidade da administración educativa de paliar algunhas das ameazas descritas. Administración educativa Si
Oportunidade C16. A comunidade educativa do noso centro aposta pola ampliación de repositorios dixitais e bibliotecas online externas, para o seu uso no centro, en horario escolar e tamén nas Actividades Extraescolares que así o necesiten. ANPA Si
Oportunidade C7. O noso centro está motivado para seguir a senda iniciada pola administración en canto aos sistemas e protocolos para a protección de datos. (LOPD) Lexislación Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Test CDD:

Puntuación e nivel de competencia do centro: A puntuación media no TestCDD do seu centro foi de 84,9 sobre 192, polo tanto obtivo un nivel Integrador/a (B1).

Puntuación e nivel de competencia por etapas: 

a) Na etapa de Infintil, a puntuación media no TestCDD do seu centro foi de 105,8 sobre 192, polo tanto obtivo un nivel Experto/a (B2).

b) Na etapa de Primaria, a puntuación media no TestCDD do seu centro foi de 94,2 sobre 192, polo tanto obtivo un nivel Integrador/a (B1).

Distribución do profesorado por niveis:

Dos 18 docentes do seu centro que participaron no testCDD obtemos os seguintes resultados:

-          3 teñen un nivel de competencia dixital Explorador/a (A2), é dicir, o 16,7%.

-          12 teñen un nivel de competencia dixital Integrador/a (B1), é dicir, o 66,7%.

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Organizar o tempo para poder adicar á exploración e experimentación das tecnoloxías dixitais empregadas nos métodos de ensino. (A4*)
O2PD Mellorar a adaptabilidade do traballo dixital dos docentes realizado dende os ordenadores corporativos solicitando a activación de licencias de programas de ofimática, deseño, retoque audiovisual... que ofrezan mellores rendementos que as de software libre. (A5*)
O3PD Actualizar o equipamento da Aula de Informática. (C2*)
O4PD Mellorar a política e protocolo de protección de datos do centro. (C7*)
O5PD Crear repositorios dixitais e unha biblioteca de centro en liña con material didáctico adecuado para alumnado e profesorado. (C16*)
O6PD Axudar ao alumnado de cuarto a sexto (aínda por determinar) a obter a habilidade de crear contidos dixitais autonomamente. (H7*)

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos será:

- No contexto da avaliación procesual:

Avaliaranse o estado da execución das accións, dos Obxectivos SMART incluídos no Plan, a análise e valoración dos resultados, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora, como mínimo, unha vez ao trimestre.

- No contexto da avaliación final mediante diversos instrumentos tales como enquisas, cuestionarios, debates... para a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora ao finalizar o curso. Concretando o anterior, cada un dos Obxectivos propostos neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores, aspectos que se incluirán na Memoria Final do centro.

1º Trimestre

A01.1: Determinar as actividades/celebracións que tendo carácter non obrigatorio, sexan relevantes para a aprendizaxe. PENDENTE DE ACTUALIZACIÓNS SOBRE O SEGUIMENTO NO ÚLTIMO CLAUSTRO

AO1.2: Establecer horarios para a reunión dos grupos de traballo para a procura de novas tecnoloxías dixitais. REALIZADA

AO2.2: Realizar e enviar a solicitude de información sobre a posibilidade de licencias de ofimática e/ou sistema operativo Windows e outros programas. REALIZADA

AO3.2: Realizar a solicitude formal para a renovación dos ordenadores incluíndo o inventario actualizado e o uso detallado da Aula. REALIZADA

AO4.1: Solicitar formalmente información sobre programas e ferramentas dixitais comunicativas autorizadas. REALIZADA

AO4.2: Redactar e distribuír a lista de programas e apps autorizadas entre os docentes. REALIZADA

AO5.1: Organizar un grupo de traballo para a creación inicial da biblioteca online na Aula Virtual do centro. PARCIALMENTE PENDENTE

AO5.2: Presentación da nova biblioteca virtual ao claustro e explicación do seu uso. PARCIALMENTE PENDENTE

AO6.1: Crear un grupo de traballo para deseñar actividades e chegar a acordos. PARCIALMENTE PENDENTE

2º Trimestre

AO5.1: Organizar un grupo de traballo para a creación inicial da biblioteca online na Aula Virtual do centro. REALIZADA

AO5.2: Presentación da nova biblioteca virtual ao claustro e explicación do seu uso. PARCIALMENTE PENDENTE

AO6.1: Crear un grupo de traballo para deseñar actividades e chegar a acordos. PARCIALMENTE PENDENTE

AO6.2: Ensinar ao alumnado un axeitado uso de internet e das apps/webs/programas a empregar. PARCIALMENTE PENDENTE

3º Trimestre

A01.1: Determinar as actividades/celebracións que tendo carácter non obrigatorio, sexan relevantes para a aprendizaxe. PENDENTE DE MELLORA PARA O PRÓXIMO CURSO

AO1.3: Poñer en común as diferentes tecnoloxías dixitais de traballo empregadas nos ciclos. REALIZADA 

AO2.1: Revisar e imprimir o inventario de ordenadores de uso docente do centro, con licenza de Office e/ou Windows. REALIZADA

AO2.3: No caso de concesión de licencias, instalar os programas e/ou activar as licenzas nos ordenadores do profesorado. REALIZADA (NON SE CONCEDEN LICENZAS)

AO3.1: Revisar e imprimir o inventario de ordenadores da Aula de Informática, incluíndo características técnicas e necesidades mínimas de actualización. REALIZADA (pero pendende da plataforma INVENTARIO da administración)

AO3.3: Agardar resposta, e instalar o novo equipamento de ser afirmativa. REALIZADA

A04.3: Decidir e tomar acordos na concreción de apps e programas a empregar segundo a súa función. REALIZADA

AO5.2: Presentación da nova biblioteca virtual ao claustro e explicación do seu uso. PARCIALMENTE REALIZADA (feita a formación do profesorado pero falta formación do alumnado)

A05.3: Seguimento e avaliación da biblioteca online na AULA VIRTUAL do centro. REALIZADA

AO6.3:Creación de contidos dixitais de forma autónoma e publicación na Aula Virtual. PARCIALMENTE REALIZADA (rematar no próximo curso)

AO6.1: Crear un grupo de traballo para deseñar actividades e chegar a acordos. PARCIALMENTE REALIZADA (rematar no próximo curso)

AO6.2: Ensinar ao alumnado un axeitado uso de internet e das apps/webs/programas a empregar. PARCIALMENTE REALIZADA (rematar no próximo curso)

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos será:

- No contexto da avaliación procesual:

Avaliaranse o estado da execución das accións, dos Obxectivos SMART incluídos no Plan, a análise e valoración dos resultados, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora, como mínimo, unha vez ao trimestre.

 

- No contexto da avaliación final mediante diversos instrumentos tales como enquisas, cuestionarios, debates... para a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora ao finalizar o curso. Concretando o anterior, cada un dos Obxectivos propostos neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores, aspectos que se incluirán na Memoria Final do centro.

Valoración xeral

Finalmente, pódese confirmar que o Plan Dixital de Centro é unha ferramenta válida para a actualización dixital necesaria dos centros educativos. Iso sí, a figura do/a coordinador/a faise necesaria e imprescindible para orientar ao claustro nas accións a levar a cabo trimestre a trimestre.

Proposta de mellora

Coordinar o Plan Dixital é imprescindible e pode que 1 sesión semanal para dita coordinación non sexa suficiente.

Para a seguinte versión do Plan Dixital, correspondente ao próximo curso, deberíanse revisar aspectos que na primeira versión non se puideron conseguir (cómo a redución das actividades complementarias e extraescolares, optar ao 100% polas alternativas corporativas e de código aberto proporcionadas pola administración, e formar ao alumnado para que sexa creador dos seus propios recursos dixitais)

En relación directa co anterior, sería conveniente proporcionar ao profesorado formación específica e profunda sobre ditos programas e aplicacións. (Quizáis dende o PFPP)

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do Plan Dixital de Centro, logo da súa aprobación polo Claustro e o Consello Escolar, subirase á WEB oficial do centro e avisarase ás familias mediante unha mensaxe por WEBEX para que todas aquelas que así o queiran facer poidan consultar o Plan.

Enlace á WEB do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoteropedraio/

Enlace directo ao Plan Dixital V.1 (2021-2023): http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoteropedraio/system/files/CEIP%20Ram%C3%B3n%20Otero%20Pedrayo_PlanDixital_V1.0.pdf