Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Estas son os seguimentos dos obxectivos e accións propostas para o primeiro trimestre
O01PD. Aumentar o uso das ferramentas dixitais corporativas. Parcialmente conseguido
- AO01.1PD: Elexir un coordinador do plan dixital. Conseguido
- AO01.2PD: Introducir as ferramentas do centro e ámbitos de utilización. Conseguido
- AO01.3PD:Formar en E-Dixgal. Acadado en claustro ( correo electrónico e abalar)04/09/2023.No claustro revísase o Manual de abalar e outro de Xade. Conseguido
- AO01.4PD: Posta en funcionamento das aulas virtuais de cada materia de bacharelato. Conseguido
- AO01.5PD:Dixitalizar a reserva de aulas de informáticas e carriño de portátiles a través da aula virtual do centro. Conseguido
- AO01.6.PD: Revisión da configuración de audio das aulas do centro. Conseguido
- AO01.7PD:Funcionamento do proxecto Edixgal de 1º a 4º da ESO por rematar en xuño. Parcialmente conseguido
O03PD. Lograr unhas competencias dixitais mínimas do alumnado de 1 ESO: Parcialmente conseguido. Falta o AO03.4PD: Impartir os contidos na materia TECD porque remata en xuño
- AO03.1PD: Determinar competencia dixital inicial do alumnado. Conseguido
Elaboración dun formulario en google docs Análise dos resultados obtidos. Aínda que a nota media das respostas é de 7,34 hai que ter en conta que se avalían coñecementos mínimos. Valoramos que os resultados están moi polarizados entre metade do alumnado que obtén notas de 8, 9 e 10 nestes coñecementos mínimos pero a outra metade obtén notas baixísimas ( de 0 a 6). Achéganse os resultados O profesor da materia de tecnoloxía tamén ratifica estes resultados polarizados detectando que hai unha gran parte do alumando que non sabe manexar cuestións básicas de software como abrir e mover cartafoles ou renomear arquivos.
- AO03.2PD: Elaborar os contidos a impartir na materia TECD relativos a este obxectivo. Conseguido
- AO03.3PD: Informar ao alumnado sobre as normas básicas de uso e coidado do equipo E-Dixgal. Conseguido. As familias quedaron informados nas reunións cos titores. O alumnado foi informado a través das titorías. O departamento de tecnoloxía fixo un recordatorio.
- AO03.4PD: Impartir os contidos na materia TECD. En proceso
O03PD. Lograr unhas competencias dixitais mínimas do alumnado de 1 ESO. En proceso
- AO03.1PD: Determinar competencia dixital inicial do alumnado. Conseguido
- AO03.2PD: Elaborar os contidos a impartir na materia TECD relativos a este obxectivo. Conseguido
- AO03.3PD: Informar ao alumnado sobre as normas básicas de uso e coidado do equipo E-Dixgal. Conseguido
- AO03.4PD: Impartir os contidos na materia TECD. En proceso ata que remate a 3º avaliación
O04PD. Mellorar a competencia dixital do profesorado
AO4.1.Recoller a competencia dixital certificada para determinar o punto de partida inicial. Elaborouse un formulario que se distribuíu a través do correo corporativo para que o profesorado informara da súa acreditación dixital docente . Os resultados dos 21 participantes son os seguintes: 57% acredita un B1, 33% ten B2, 19% ten A1 e 14% ten A2.
AO4.2.Enviar un resume das actividades dispoñibles en platega para mellorar a competencia dixital. Feito: enviouse un correo a todo o profesorado cunha captura fas formación en prazo do CAFI para mellorar a competencia dixital docente o 29 /01/2024
O02PD. Introducir ao profesorado no traballo interdisciplinar e colaborativo. ACADADO PARCIALMENTE
AO02.1PD: Propoñer o traballo para aos dptos interesados. SÍ
AO02.4PD: Formar sobre traballo interdisciplinar e colaborativo.NON
AO02.3PD: Definir o proxecto. SÍ
AO02.2PD: Crear un grupo de traballo. SÍ
AO02.5PD: Implementar o proxecto. NON
AO01.7PD:Funcionamento do proxecto Edixgal de 1º a 4º da ESO. SÍ
O03PD. Lograr unhas competencias dixitais mínimas do alumnado de 1 ESO. ACADADO
AO03.4PD: Impartir os contidos na materia TECD. SI
Avaliación
No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Dificultades atopadas:
- Portátiles EDIXGAL: Ao longo do curso, atopámonos con varios problemas técnicos cos portátiles proporcionados polo programa EDIXGAL, incluíndo fallos de batería e falta de comproiso d o alumnado de traer os portátiles de forma diaria a clase e de traelo coa batería cargada. Estas incidencias dificultaron a plena integración das tecnoloxías dixitais nas aulas e requiriron intervencións constantes por parte do equipo técnico para asegurar o funcionamento adecuado dos dispositivos.
- Ordenadores de Bacharelato: Os ordenadores dispoñibles para os estudantes de bacharelato demostraron ser insuficientes en termos de rendemento e capacidade. Moitos destes equipos presentaron lentitude, fallos frecuentes e incompatibilidades con programas necesarios para a realización de actividades académicas avanzadas, o que afectou negativamente a calidade das experiencias de aprendizaxe dixital dos alumnos.
- Dificultade en atopar un relator para o grupo de traballo interdisciplinar: Un dos retos principais deste curso académico foi a dificultade para atopar un relator adecuado que guiase o grupo de traballo. A falta de dispoñibilidade de expertos que cumprisen cos requisitos específicos do proxecto complicou o desenvolvemento das actividades programadas, atrasando o progreso do grupo.
ASPECTOS POSITIVOS:
- Mellora da Competencia Dixital dos alumnos grazas a Edixgal**: A pesar dos problemas técnicos iniciais, os alumnos experimentaron unha notable mellora na súa competencia dixital grazas ao uso continuado das ferramentas e recursos proporcionados polo programa EDIXGAL. Os estudantes desenvolveron habilidades en áreas como a navegación segura por internet, o uso de aplicacións educativas e a creación de contidos dixitais.
- Participación activa do profesorado na mellora da competencia dixital: O profesorado implicouse activamente no seu propio desenvolvemento profesional en termos de competencia dixital. Participaron nlagunha ou varias liñas de formación do centro, talleres, cursos de formación e actividades colaborativas que lles permitiron adquirir novas habilidades e mellorar o seu uso das tecnoloxías na aula, resultando nunha práctica educativa máis efectiva e adaptada aos novos tempos.
Proposta 1: Avaliar a Competencia Dixital do alumnado de 1º da ESO ao principio do curs a través dun cuestionario e unha proba práctica para determinar o nivel de competencia dixital. as avaliacións no primeiro trimestre para identificar as necesidades de formación dixital dos estudantes.
Proposta 2: Integrar o marco galego de competencias dixitais nas materias impartidas polo departamento de tecnoloxía no bloque de seguridade xa que os alumnos de 4º de 2024 tiveron a experiencia de realizar a proba de competencia dixital para fomentar o desenvolvemento de habilidades dixitais relevantes nos alumnos durante todo o curso académico.
Proposta 3: Mellorar a competencia dixital do profesorado enfocándose na inclusión de pantallas táctiles nas aulas a través dunha formación específicas sobre o uso didáctico das pantallas táctiles antes de rematar o segundo trimestre.
Comunicación e difusión
O presente plan será publicitado como segue: na páxina web do centro, entre o profesorado empregando o correo corporativo, nos claustros e nas CCP’s, entre o alumnado e pais/nais empregando o Consello Escolar e as programacións das materias colaboradoras nas distintas accións do Plan Dixital.