Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Para a elaboración do Plan Dixital teremos en conta a seguinte lexislación:

  Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

 Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

     Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Baíñas é unha localidade duns 400 habitantes, situada ó sur de Vimianzo, na comarca de Soneira. A zona está pouco poboada (nunca chegou a 60 habitantes por kilómetro cadrado). Hai un estancamento do crecemento demográfico por envellecemento da poboación e pola emigración.

As actividades económicas están relacionadas co sector primario: agricultura e gandería. Un número escaso de persoas traballa na minería (aínda que con serios problemas de reconversión) e na hidroelectricidade (Factoría de Ferroatlántica, coa mesma sorte que a minaría). No núcleo urbano destacan o sector servizos.

Coa elaboración do PD pretendemos acadar o seguinte obxectivo principal:

Que sexa un recurso máis para a mellora da competencia dixital da comunidade educativa incorporando medidas de transformación dixital encaminadas a avanzar progresivamente neste senso, tanto nos ámbitos de ensino-aprendizaxe coma nos de organización, información e comunicación.

Para acadar este obxectivo é imprescindible que estea relacionado con outros proxectos interdisciplinares que se realicen no Centro, en especial o PLAMBE e máis concretamente o de Bibliotecas Creativas, nos que levamos participando dende o curso 17/18. Por este motivo e necesario incluir este documento no Proxecto Educativo de Centro (PEC) e tamén que a nosa PXA inclúa certos datos que figuren neste documento. Ao ser un centro de menos de 5 unidades e por una cuestión organizativa a figura do Coordinador TIC e do Plan Dixital recaeron na mesma persoa, e as funcións e tarefas establecidas para o Equipo de Dinamización do Plan Dixital e do Equipo de Dinamización TIC, foron asumidas pola totalidade do claustro.

As tarefas asignadas para este equipo serán principalmente:

 

1-    Dinamizar e impulsar o uso das TIC do Centro.

2-    Organizar e xestionar os medios e recursos TIC do Centro.

3-    Colaborar no mantemento dos equipamentos informáticos e audiovisuais, contando co apoio do asesor TIC da zona.

4-   Dar soporte ao profesorado dobre o uso didáctico do equipamento informático do Centro.

5-    Dar información ao profesorado e alumnado información axeitada para usar ferramentas tecnolóxicas necesarias para o desenvolvemento da súa labor docente tanto de xeito presencial coma non presencial (aula virtual, webex ou similar…)

Comezamos o noso traballo no mes de outubro do curso pasado, e seguindo as instruccións do 3 de setembro de 2021, a dirección do Centro nomeou coma Coordinador do Equipo de Dinamización do Plan Dixital a D. Marcos Carballeira Alonso, e como membros do equipo ao resto de profesores e profesoras do Centro, formado en total por sete persoas ademáis do coordinador. Seguidamente todos os membros deste equipo involucráronse a realizar un PFPP para a elaboración do Plan Dixital

Para asesorarnos na nosa labor tivemos en todo momento a inestimable guía e axuda do equipo ADIX. Con eles tivemos varias sesións de formación dende a a súa aulavirtual e compilaron diversos materiais de axuda que nos faciliataron moito o traballo, a través do seu espazo na plataforma Agueiro.

O desenvolvemento da nosa labor estivo estructurado en tres fases:

1ª - A través da plataforma de autoavaliación SELFIE, e o profesorado o TCDD (Tes de Competencia dixital Docente), tivemos una perspectiva o máis realista posible da realidade dixital do Centro.

2ª- Unha vez realizada a primeira fase de avaliación, procedemos a analizar os resultados recollidos na primeira fase e realizamos un primeiro informe DAFO no que se reflexaba as debilidades, amenazas, fortalezas e oportunidades que ten o Centro, de xeito que poideramos concretar mellor os obxectivos que debíamos alcanzar no noso Plan Dixital.

3ª- Redacción das táboas que conteñen os obxectivos do plan de acción e a redacción do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1. Enquisa SELFIE

2. Test CDD

3. Fontes internas.

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H10. Asegurámonos de que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes materias Alumnado Si
Debilidade H11. No noso centro o alumnado aprende a codificar ou programar. Alumnado Si
Debilidade C1. No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Si
Debilidade C7. No noso centro existen sistemas de protección de datos Infraestruturas Si
Debilidade C16 OP. No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe Organización de centro Si
Debilidade C12 OP. Na nosa escola, temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica Organización de centro Non
Debilidade A1.No noso centro temos unha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade B2. No noso centro comentamos as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade F6. O noso profesorado fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade A4. No noso centro os profesores teñen tempo para explorar como mellorar o seu método de ensino coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade B3. No noso centro utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións Persoal docente Non
Debilidade E5 OP. Os nosos profesores utilizan recursos educativos abertos Persoal docente Si
Debilidade G3. Os nosos profesores empregan tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes Persoal docente Si
Debilidade B1. No noso centro avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade F3. Os nosos profesores utilizan actividades de aprendizaxe dixital que fomentan a creatividade do alumnado Persoal docente Si
Debilidade G5. Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza H1. No noso centro o alumnado aprende a actuar con seguridade en internet Alumnado Si
Fortaleza H3. No noso centro o alumnado aprende a actuar de forma responsable en internet Alumnado Non
Fortaleza H4. No noso centro o alumnado aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa Alumnado Non
Fortaleza H7. No noso centro o alumnado aprende a crear contidos dixitais Alumnado Si
Fortaleza A3. Apoiamos aos profesores a explorar novas formas de ensinar coas tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Fortaleza C2. No noso centro existen dispositivos dixitais para o seu uso na docencia Infraestruturas Si
Fortaleza C14 OP. No noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Si
Fortaleza G8. Os nosos profesores facilitan aos estudantes o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe Organización de centro Non
Fortaleza E1. Os nosos profesores buscan recursos educativos dixitais na rede Persoal docente Si
Fortaleza D2.O noso profesorado ten acceso a posibilidades de CPD en relación co ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza E3. Os nosos profesores utilizan entornos virtuais de aprendizaxe cos alumnos Persoal docente Si
Fortaleza F1. Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F4. Os nosos profesores siguen actividades de aprendizaxe dixital que motiven o alumnado Persoal docente Si
Fortaleza D1. (Comentamos) cos nosos profesores sobre as súas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza E4. O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionada co centro educativo Persoal docente Non
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1. No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Administración educativa Si
Ameaza C16 OP. No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe Administración educativa Si
Ameaza A5. No noso centro respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe Lexislación Si
Ameaza C7. No noso centro existen sistemas de protección de datos Lexislación Si
Ameaza C12 OP. Na nosa escola, temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica Outras Si
Ameaza B3. No noso centro utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións Outras Si
Oportunidade C5. A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais Administración educativa Si
Oportunidade C14 OP. No noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Administración educativa Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Logo da análise da información previa recollida cos distintos instrumentos SELFIE, Test CDC e demais fontes internas coma externas, constatamos o noso DAFO e en función do cal redactamos os obxectivos e o plan de acción correspondente para levalos a cabo. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe (C16 PO*)
O02PD Actualización dos equipos TICs (C1*)
O03PD Empregar ferramentas dixitais como recurso habitual (E5 OP* e F3*, F5*, G3*, G5*, H10*)
O04PD Favorecer a ALFIN do alumnado empregando tecnoloxías dixitais que fomenten a cooperación e a creatividade. (C7*, F3*, F5*, H12 OP*, H10*, H11*)
O05PD Desenvolver instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais colaborativas.

Seguimento

Procedemento

O seguimento realizouse, fundamentalmente, mediante reunións do claustro de profesores. Ao mesmo tempo, decir que a totalidade dos seus membros, formamos un Grupo de traballo dentro do PFPP que xa comezaramos o curso pasado sobre a elaboración do Plan dixital. E co que neste curso, abordamos a seguinte fase: A implementación do Plan . 

Aproveitouse o traballo realizado nesta formación para ir levando a cabo os distintos obxectivos e accións do Plan dixital. A actas das reunións quedaron recollidas na aplicación FPROFE. 

1º Trimestre

Os membros do claustro xuntámonos para a planificación, a proposta de actividades e a toma conxunta de decisións. A continuación tivemos as sesións de formación e de traballo individual correspondente ao grupo de traballo que decidimos crear. A metodoloxía que seguimos, en xeral, consistiu en poñer en común as distintas propostas das actividades para o desenvolvemento de cada obxectivo,  avaliar os resultados e reaxustar e/ou modificar aqueles aspectos necesarios. 

2º Trimestre

Realizamos o seguimento do plan nas reunións que tiñamos a nivel grupo, onde continuamos a planificar as actividades e avaliar os resultados das mesmas. Chegando á conclusión de que algunha das acccións non se podería realizar na súa totalidade, polo que afectaría aos valores previstos, de maneira que tivemos que replantexalos,  e  reformulalos de cara ao terceiro trimestre e/ou ao vindeiro curso.

3º Trimestre

Como sinalamos no trimestre anterior, ao longo do curso, algúnhas accións sufriron modificacións con respecto ao proxecto inicial. Estas, estiveron motivadas primeiramente pola cantidade de recursos e ferramentas que se poden englobar no eido das TICs, circunstancia pola cal tivemos que concretar cáles iamos traballar durante este curso. Por outra banda, a propia formación que tiña que adquirir, tanto o propio profesorado coma o alumnado, en canto ao uso das mesmas foi outra das razóns polo que houbo que redistribuir tempos e espazos. Estes foron, por tanto, os principais motivos  polos que, non acadamos, en parte, algúns do obxectivos propostos ao principio do proxecto. Para finalizar sinalar que o no obxectivo número dous está pendente de rematar o inventario dixital.  

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución dos
obxectivos será o seguinte:
No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será
como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado
da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o
caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como
mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a
valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Como ferramentas de avaliación tamén se contemplará a realización de
enquisas, que normalmente se enviarán ao comezo ou ao remate do curso.

Valoración xeral

Unha valoración, en xeral positiva, pois tratamos de que as TICS, fosen ferramentas útiles de cara á lavor docente, e tamén no proceso de aprendizaxe do alumnado. Por esta razón, comprobamos que cada vez son máis necesarias, e neste senso, apreciamos positivamente a oportunidade das formacións que tivemos. 

O impacto do propio plan, a nivel aula foi importante, pero percibimos que ainda quedan aspectos imprescindibles tanto para o profesorado coma para o alumnado que convén seguir traballando debido a limitación do propio horario e ao sinalado no apartado de seguimento deste proceso de incorporación das TICs á nosa propia metodoloxía. Os indicadores de empoderamento e competencia dixital do alumnado foron moi traballados e acadouse un bo nivel, aínda que sempre ha de ser susceptible de mellorar.

Promoveuse o uso crítico  e responsable dos medios dixitais e implementáronse medidas para a mellora da accesibiidade e a inclusión utilizando os recursos dixitais para atender as diferenzas persoiais de aprendizaxe. Todo esto levou a realización de obradoiros e actividades co alumnado traballando TICs e STEAM, as cales, nestes dous últimos cursos chegaron o 100% do alumnado. 

Creáronse unha ducia de recursos dixitais en liña compartidos na aula virtual, ao tempo que se deseñaron rúbricas de avaliación que foron compartidas co profesorado, pero que quedaron pendentes de consensuar,
Para rematar este apartado, decir que en canto a implementación do plan dixital considérase acadado, pero sempre á expectativa de que xurdan novas necesidade e esixencias. 

Proposta de mellora

Reiteramos o recollido no apartado anterior. e como propostas de mellora estarían:

Seguir completando, ampliando e reformulando os obxectivos e as accións a desenvolver, de cara ao curso 2023-24, e se cómpre, continuar con máis formación do profesorado para esta tarefa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente documento será presentado en Claustro e Consello Escolar, e unha vez
aprobado, publicitarase na web do Centro e/o unha aula virtual para que a
comunidade educativa o poda consultar. Unha vez feito esto, informaremos ás
familias da existencia do mesmo a través de mensaxería por correo electrónico ou
no espazo Abalar.