Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H.1 No noso centro o alumnado te problemas en aprender a actuar de forma responsable en internet. Alumnado Non
Debilidade C.1No noso centro a infraestrutura dixital non apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade O noso profesorado fomenta pouco a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade B.1No noso centro non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade B.2No noso centro non comentamos as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade D.2 O noso profesorado ten acceso a posibilidades de CPD en relación co ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais pero non as aproveitamos. Persoal docente Si
Debilidade F.5 Os nosos profesores utilizan de maneira insuficiente as tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade G.1 Os nosos profesores non utilizan as tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades dos estudantes. Persoal docente Si
Debilidade G.3 Os nosos profesores empregan tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentacion adecuada aos estudantes. Persoal docente Si
Fortaleza A.2 Desenvolvemos a estratexia dixital do noso centro en colaboración co profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza A.1 No noso centro temos unha estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza A.3 Apoiamos aos profesores a explorar novas formas de ensinar coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza D.1 Falamos no claustro sobre as necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza D.3 Axudamos ao noso profesorado a intercambiar experiencias dentro da comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza E.1 Os nosos profesores buscan recursos educativos dixitais na rede. Persoal docente Si
Fortaleza E.4 O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionada co centro educativo. Persoal docente Si
Fortaleza F.1 Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais. para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza B.3 No noso centro utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións. Persoal docente Si
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo Un elemento atopado.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C.2No noso centro faltan dispositivos dixitais para o seu uso na docencia. Administración educativa Si
Un elemento atopado.
Análise

Unha vez analizado o DAFO, elaboramos o plan de acción seguindo as conclusións obtidas. A través das nosas fortalezas e oportunidades intentaremos sobrepoñernos a nosas debilidades e ameazas marcando uns obxectivos, realizándoos a través dunhas accións e avaliándoos a través duns indicadores.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OB1 Fomentar o uso das TICs para a avalición do alumnado.
OB2 Integrar no proxecto o uso das novas tecnoloxías
OB3 Integrar a comunidade educativa no uso das novas tecnoloxías
OB4 Incrementar o equipamento tecnolóxico das aulas
OB5 Desenvolver actividades de formación para mellorar a competencia dixital do profesorado

Seguimento

Procedemento

O seguimento será de maneira continua a través da observación directa, das valoracións a través das reunións e das autoevaluacións doncente que realizanse ao longo do curso.

Ao finalizar o curso realizaremos unha memoria cunhas propostas de mellora expecíficas no plan dixital de cara ao curso seguinte.

1º Trimestre

A través da observación e reunións de claustro, comentamos a falta de infraestructura por parte da consellería, recursos limitados e pouco adaptados aos niveis de infantil.

Comentamos tamén a falta de tempo para poñerse ao día, xa que demándanos moito traballo dende a administración. Neste caso realizar a programación a través do aplicativo PROENS

2º Trimestre

Continuamos coas reunións co mentos ADIX, o que nos foi guiando na realización das actas, aplicativo educalidade e demais aplicativos que crearon este curso.

Con respeto ao desenvolvemento das aulas, colocamos os ordenadores para uso dos nenos e nenas.

3º Trimestre

Continuamos coas reunións co mentor ADIX, avaliamos e fixemos seguimento dos obxetivos marcados no plan dixital. Levamos a cabo a meirande de eles con resultado satisfactorio.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será de forma continua, como mínimo unha vez ao trimestre a parte das aportacións puntuais que soliciten facerse nos claustros. Avaliarase os estados das execucións das accións, valoración dos resultados obtidos, posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

Ao final de curso realizaremos unha avaliación final na que valoraremos o grao de consecución dos obxectivos propostos, adecuación das accións e os obxectivos, os tempos empregados, a eficacia das reunións e adecuación dos recursos empregados.

Empregaremos unha rúbrica para avaliar todos os aspectos anteriormente descritos de maneira individual para logo realizar unha posta en común e facer unha colectiva, co obxecto sempre de establecer unhas propostas de mellora.

O Equipo de dinamización do Plan dixital elaborará un documento para incluir na memoria final do centro, este doumento tamén recollerá as propostas de mellora para o seguinte curso.

Poderán terse en conta para a avaliación do Plan Dixital os datos obtidos de futuras aplicacións de SELFIE e o test de competencia dixital docente.

Valoración xeral

Trala avaliación xeral do curso e do plan dixital no claustro, levaronse a cabo de maneira satisfactoria as acción plantexadas, non no tempo estimado no plan pero sí ao finlizar o curso. Implicamos ao resto da comunidade educativa a través de cuestionarios e aplicativos destinados a a comunicación e a avaliación.

O claustro empregou aplicativos informáticos para mellorar a súa docencia e avaliación, así como para elaborar material adecuado as idades das aulas.

A dirección empregou aplicativos comúns e mellorouse as instalacións informáticas das escolas como da sede.

A valoración xeral é positiva.

Proposta de mellora

Involucrar ao alumnado empregando diferentes extratexias dixitais.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital publicarase en aberto na páxina web do centro así como impreso na sede a disposición de todo aquel que o requira.

Todos aqueles avances, obxectivos alcanzados, coma modificación no plan, serán comunicados ao Consello Escolar mediante comunicacións escritas ou a través de reunións.