Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos do centro

Nome de centro: CRA DE TEO
Código do centro: 15026169
Enderezo: Solláns,77, Calo,Teo, A Coruña
Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/crateo/
E- mail: cra.teo@edu.xunta.gal
Etapas educativas: Educación Infantil, Educación Primaria (1º e 2º Nivel)
Escolas : Cinco escolas repartidas por todo o Concello:  Cacheiras, Casalonga, Raxó, Recesende e Reis. Aparte contamos cun edificio onde se reúnen os mestres e está o Equipo Directivo que se atopa en Solláns e unha Biblioteca en Aido.
As cinco escolas contan con 8 aulas, en Cacheiras , Casalonga e Reis dispón de aula de infantil e aula de primaria por separado; nas aulas de Raxó e Recesende a etapa de Infantil e Primaria conviven na mesma aula.
Alumnado: Contamos con 103 nenos/as. Educación Infantil: 56. Educación Primaria: 47
Profesorado: 16
    • 8 mestres titores/as
    • 1 mestra de apoio
    • 1 mestra orientación
    • 1 mestre Educación Física
    • 1 mestra Música
    • 1 mestra de Pedagoxía Terapéutica
    • 1 mestra de Audición e Linguaxe
    • 1 mestra de Inglés
    • 1 mestra de relixión católica
      
 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
       • Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo
Cómo aparece reflectido no Proxecto Educativo de Centro entre os obxectivos propostos aparece o eido das novas tecnoloxías.
O centro non pode quedar postergado na formación que marcan as futuras xeracións, o mundo da tecnoloxía está presente na escola e ainda que facemos uso dela,sempre podemos mellorar en canto a infraestructuras e formación do profesorado  para así poder alcanzar unha  competencia dixital acorde os nosos tempos e que nos axude no proceso de ensinanza- aprendizaxe.

    • Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23

No vindeiro curso o Plan Dixital quedará integrado na PXA do  vindeiro curso 22/23,

Breve xustificación do mesmo
Para a elaboración do presente documento tivéronse en conta os seguintes textos lexislativos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, do 3 de Maio, de Educación.
  • Real Decreto 95/2022, de 1 de Febreiro, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Infantil, no que aparece recollida entre as competencias clave, a competencia dixital.
  • Iníciase nesta etapa educativa o proceso de alfabetización dixital o que conleva, entre outros, o acceso á información, a comunicación e a creación de contidos a través de medios dixitais, así como o uso saudable e responsable da ferramentas dixitais.
  •  Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de Xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO E BACHARELATO no curso académico 2021-2022.
  • Resolución do 3 de Setembro do 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instruccións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/22.

Proceso de elaboración
    1. Constitución do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, un total de catro membros.
    2. Solicitude dun PFPP para a elaboración do Plan Dixital.
    3. Titorización por parte da mentora do equipo ADIX.
    4. Análise da situación do centro a través da ferramenta SELFIE  e TCDD.
    5. Elaboración do informe DAFO cos datos recollidos coas anteriores ferramentas.
    6. Elaboración do Plan Dixital para a súa posterior aprobación polo Consello Escolar.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para elaboración da análise DAFO realizouse a partir da Autoavaliación SELFIE, o test TCDD e outras fontes.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Alumnado dependente dun adulto. Alumnado Non
Debilidade Escasa formación dixital. Familias Non
Debilidade Falta de dispositivos dixitais para docentes. Infraestruturas Non
Debilidade Asistencia técnica deficiente. Infraestruturas Non
Debilidade No existen repositorios ou bibliotecas en liña. Infraestruturas Non
Debilidade Escasa creación de recursos dixitais por parte do alumnado. Oferta Non
Debilidade Os espazos físicos non facilitan a ensinanza con tecnoloxía dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Insuficiente comunicación interna. Organización de centro Non
Debilidade Non hai unha estratexia dixital no centro Organización de centro Non
Debilidade Non hai debate sobre o uso das tecnoloxías. Persoal docente Non
Debilidade Non hai intercambio de experiencias sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non existe cultura de traballo colaborativo en rede. Persoal docente Non
Debilidade Baixa competencia dixital. Persoal docente Si
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de dispositivos para o profesorado e alumnado Administración educativa Non
Ameaza Equipamento obsoleto. Administración educativa Non
Ameaza Centros con baixo mantenemento. Contorna Non
Ameaza Falta de actividades de aprendizaxe dixitais motivadoras para o alumnado. Outras Non
Ameaza Non se utilizan as tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Outras Non
Ameaza Dificultades no emprego de software libre . Outras Non
Oportunidade Escola na nube Administración educativa Non
Oportunidade Alto nivel de participación. ANPA Non
Oportunidade Posibilidade de remodelación e adaptación das escolas. Contorna Non
Oportunidade Colaboración con outras entidades e centros de ensino do Concello. Outras Non
Oportunidade Colaboración con entidades de investigación. Agrupacións escolares con outros centros do país. Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

En base a DAFO decidiuse centrarnos nos 4 obxectivos que reflectimos a continuación:

  • Favorecer intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros,tanto entre o profesorado do propio centro coma con outros centros.
  • Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EI
  • Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EP
  • Actualizar os dispositivos dixitais do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Favorecer intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros,tanto entre o profesorado do propio centro coma con outros centros.
O02PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EI
O03PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EP
O04PD Actualizar os dispositivos dixitais do centro.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Ao finalizar o primeiro trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Favorecer intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros,tanto entre o profesorado do propio centro coma con outros centros atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:

    • AO1.1: En proceso.

    • AO1.2: En proceso

    • AO1.3: En proceso

  • Obxectivo O02PD: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EI atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:

    • AO2.1: En proceso.

    • AO2.2: Pendente.

    • AO2.3: Pendente.

  • Obxectivo O03PD: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EP atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:

    • AO3.1: En proceso.

    • AO3.2: Pendente.

    • AO3.3: Pendente.

  • Obxectivo O04PD: Actualizar os dispositivos dixitais do centro atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:

    • AO4.1: Acadado

    • AO4.2: Acadado

    • AO4.3: Pendente.

    • AO4.4: Pendente.

    O desenvolvemento do Plan Dixital estase levando a cabo correctamente, cumprindo os prazos previstos e cun bo grao de implantación no centro das accións programadas. No momento en que se leve a cabo a formación previstas para a segunda avaliación, será un pulo importante para o desenvolvemento das accións que restan do plan, así como a actualización dos dispositivos.

2º Trimestre

Ao finalizar o segundo trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Favorecer intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros,tanto entre o profesorado do propio centro coma con outros centros atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:

    • AO1.1: En proceso.

    • AO1.2: En proceso

    • AO1.3: En proceso

  • Obxectivo O02PD: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EI atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:

    • AO2.1: En proceso.

    • AO2.2: En proceso.

    • AO2.3: En proceso.

  • Obxectivo O03PD: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EP atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:

    • AO3.1: En proceso.

    • AO3.2: En proceso.

    • AO3.3: En proceso.

  • Obxectivo O04PD: Actualizar os dispositivos dixitais do centro atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:

    • AO4.1: Acadado

    • AO4.2: Acadado

    • AO4.3: Non se considera necesario debido á dotación suministrada desde a Administración.

    • AO4.4: Non é necesaria ao non levarse a cabo a acción AO4.3.

O desenvolvemento do Plan Dixital estase levando a cabo correctamente, cumprindo os prazos previstos e cun bo grao de implantación no centro das accións programadas. A formación está a piques de rematar, o que supón un avance importe nas accións que restan, do mesmo xeito que o supuxo para obxectivo O04PD toda a dotación informática achegada pola administración.

3º Trimestre

Ao finalizar o terceiro trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Favorecer intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros,tanto entre o profesorado do propio centro coma con outros centros atópase acadado sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:

    • AO1.1: Acadado.

    • AO1.2:Acadado

    • AO1.3: Acadado

O obxectivo 1 está totalmente acadado ao terse organizado un total de 4 actividades de intercambio co CEIP A Ramallosa, así como dentro do proxecto “En torno a tu entorno” cos centros CEIP Talhara de Benacazón (Sevilla), co centro CEIP Tirant lo blanc de Alzira (Valencia) e CEIP Santa Florentina de Madrigal de la Vera (Cáceres), onde se realiza un intercambio de experiencias no centro, incluíndo o eido dixital. Ademais, neste último proxecto realízanse conexións por videoconferencia entre os distintos centros participando en algunhas delas o alumnado dos centros.
En relación a este último proxecto, pódese ver un resumo das actividades levadas a cabo durante o intercambio na seguinte web:
https://sites.google.com/ceiptalhara.es/blogagrupacinescolargalextandm/inicio?pli=1

  • Obxectivo O02PD: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EI atópase parcialmente acadado sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:

    • AO2.1:Acadado

    • AO2.2: Acadado parcialmente

    • AO2.3: Acadado parcialmente

O obxectivo 2 está parcialmente acadado ao ter publicado cada un dos/as  de Educación Infantil participantes no PFPP un mínimo de 1 recursos na aula virtual. Algúns dos docentes superaron este indicador e crearon os 2 recursos marcados como obxectivo ou incluso máis.

  • Obxectivo O03PD: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EP atópase parcialmente sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:

    • AO3.1: Acadado

    • AO3.2: Acadado parcialmente

      • AO3.3: En proceso.

O obxectivo 3 está parcialmente acadado ao ter publicado cada un dos/as  de Educación Primaria participantes no PFPP un mínimo de 1 recursos na aula virtual. Algúns dos docentes superaron este indicador e crearon os 2 recursos marcados como obxectivo ou incluso máis.

Obxectivo O04PD: Actualizar os dispositivos dixitais do centro atópase acadado sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:

  • AO4.1: Acadado
  • AO4.2: Acadado
  • AO4.3: Non se considera necesario debido á dotación suministrada desde a Administración.
  • AO4.4: Non é necesaria ao non levarse a cabo a acción AO4.3.

Polo tanto, o obxectivo 4 está totalmente acadado, dado que foron actualizados os dispositivos dixitais tanto dos xa dispoñibles que foron revisados pola UAC, como grazas a dotación dixital  que recibiu o centro e que evitou a necesidade de solicitar un orzamento e compra de equipamento ao quedar cubertas as necesidades.

O desenvolvemento do Plan Dixital levouse a cabo correctamente, cun bo grao de implantación no centro das accións programadas. Os obxectivos 01 e 04 están totalmente cumpridos e os obxectivos 03 e 04 están parcialmente cumpridos ao non ter todo o profesorado os 2 recursos, pero si teñen todos eles 1.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Os obxectivos 01 e 04 están totalmente cumpridos, mentres que o 02 e o 03, están parcialmente cumpridos ao estar creado un recurso por todo o profesorado e algún cumprir o indicador de 2 recursos.

Desde o centro consideran que foron obxectivos útiles os levados a cabo, principalmente o 01 e o 04. No caso dos obxectivos 02 e 03 coa pequena idade do alumnado na que se potencia máis o contacto coa contorna, a manipulación e as sensacións e emocións, non sendo tan determinantes a aplicación de recursos dixitais.

Proposta de mellora

Considérase preciso continuar coa formación do profesorado e mellorar a web.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

En Xuño do 2022, o Plan Dixital será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro. Posteriormente publicarase na páxina web do centro.

Ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/crateo/system/files/CRAdeTeo_PlanDixital_V1_2022.pdf