Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP O Marbán atópase localizado nas Somozas, un concello pertencente á comarca de Ferrolterra que se sitúa a uns 75 quilómetros da cidade da Coruña. Máis concretamente atópase na Rúa A Igrexa nº 45 e o enderezo electrónico é o seguinte: ceip.omarban@edu.xunta.gal.

Tal e como se referiu anteriormente, o colexio O Marbán é un Centro de Educación Infantil e Primaria, regulado no Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, así como a orde que o desenvolve, a Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.

A situación do CEIP O Marbán é a dun colexio situado nunha zona rural, próxima e ben comunicada con As Pontes e con Ferrol (vilas con máis poboación e industria). A súa situación económica foi cambiando considerablemente ao longo destes últimos anos, debido ao asentamento no Concello de industrias que deron traballo á xente do lugar, sendo o normal que os dous membros da unidade familiar estivesen traballando. Esta mellora económica cambiou considerablemente a calidade de vida neste Concello ao crearse un núcleo de vivendas ben urbanizado, o que permitiu asentarse a moitas familias que antes vivían máis lonxe do centro da vila.

Porén, este último ano pechou unha das empresas nas que máis membros familiares do alumnado traballaban. A pesar disto, na vila non se notou cambio algún a este respecto, moitas das familias conseguiron outros traballos noutras vilas achegadas e non precisaron mudarse. Pero aínda así, hai que ser conscientes que nos atopamos cunha carencia cultural e económica importante que dende o colexio e, na medida das nosas posibilidades, intentamos mellorar ofertando actividades complementarias e extraescolares variadas.

Por esta razón, o Plan Dixital contribuirá á Programación Xeral Anual do curso 2022-2023 dunha maneira significativa, poisfacilitará a posta en marcha de diferentes estratexias e actividades para que o alumnado, o profesorado e a comunidade educativa en xeral, teñan acceso aos recursos tecnolóxicos e os saiban empregar dunha maneira axeitada. Así mesmo fomentará a utilización de ferramentas dixitais que favorezan o proceso de ensino-aprendizaxe.

Ademais este plan de centro estámoi ligado ao resto de plans e proxectos que se desenvolven no centro e que continuarán desenvolvendo o curso que vén, como os Plans Proxectas de MeteoEscolas, Aliméntate Ben e Proxecto de Vida Activa e Saudable ou os proxectos que parten da biblioteca docentro (este curso do Camiño de Santiago).

En canto á normativa en relación co Plan Dixital do centro hai que ter en conta a seguinte:

• Os artigos 111 bis (Tecnoloxías da Información e da Comunicación), 121 (Proxecto Educativo) e 132 (competencias doo director ou directora do centro educativo) da LOE, parcialmente modificada pola LOMLOE.

• Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, na que se establece que os centros elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.

• Resolución do 3de setembro de 2021, da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Segundo a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, nos centros de menos de oitos unidades non é preciso conformar o equipo de dinamización do Plan Dixital. Polo tanto, o primeiro que se fixo no centro, unha vez publicadas estas instrucións, foi decidir que as funcións recollidas nestas instrucións serían asumidas pola directora do centro.

A continuación, procedeuse a autoavaliación mediante a ferramenta SELFIE, da Comisión Europea, rexistrándose na plataforma e recollendo os resultados, obtendo así un informe da situación de partida. Durante o mes de febreiro de 2022, o profesorado realizou o testCDD, de Competencia Dixital Docente. Cos datos obtidos de SELFIE e, en menor medida do informe grupal do testCDD, elaboramos a matriz DAFO do centro en relación ao ensino dixital, de utilidade para a análise da situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

A partir de aí, redactáronse os obxectivos do Plan de Acción, específicos, medibles, realistas e axustados a un marco temporal. Para cada obxectivo definiuse un indicar que permitirá identificar como alcanzado o obxectivo. Ademais tamén se definiron as actuacións que se levarán a cabo para a consecución de cada obxectivo; estas actuacións inclúen os recursos (humanos, equipamento e económicos), as persoas responsables e os indicadores de logros, instrumentos para medilos e prazos para a realización.

Destacar que todas estas actuacións que se levarán a cabo o vindeiro curso están organizadas por liñas estratéxicas, de acordo cos elementos temáticos do marco DigCompOrg:

- Infraestrutura

- Liderado e gobernanza

- Procesos de ensino e aprendizaxe

- Formación e desenvolvemento profesional

- Contidos

- Procesos de avaliación

- Redes de Apoio e Colaboración

Finalmente redactase este documento que forma parte dos documentos do centro.

- Outros elementos específicos do centro educativo, entre outros, seguridade e boas prácticas.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

En canto á infraestrutura do centro todas as aulas teñen conectividade e acceso a Internet, pero, ás veces, falla moito a conexión.

No centro hai 15 tablets a disposición do profesorado e do alumnado, así como 15 portátiles e 3 impresoras de cor. Todo isto grazas ao Concello.

Ademais tamén se dispón de 1 impresora en branco e negro.

Todas as aulas contan con 1 portátil e os restantes están na aula de informática, onde hai un horario dispoñible para que todas as aulas podan facer uso dela.

Na biblioteca cóntase con un portátil e unha impresora, os cales utilizan os mestres para o préstamo de libros, así como o equipo de biblioteca para a catalogación dos libros.

E na sala de mestres disponse de un portátil e unha impresora.

No centro emprégase o espazo Abalar, así como o Abalarmóbil para o intercambio de información coas familias. Ademais tamén se dispón de Aula Virtual para que o alumnado realice tarefas (en caso de confinamento ata fai pouco e agora como unha rutina máis da aula para fomentar a competencia dixital).

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade E2. Creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade A1. Estratexia dixital Oferta Non
Debilidade B1. Avaliación do progreso. Organización de centro Non
Debilidade B1. Avaliación do progreso. Persoal docente Non
Debilidade E2. Creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Debilidade E3. Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G1. Avaliación das capacidades. Persoal docente Non
Debilidade G3. Retroalimentación axeitada. Persoal docente Non
Fortaleza H1.Comportamento seguro e responsable. Alumnado Non
Fortaleza H4. Calidade da información. Alumnado Non
Fortaleza H6. Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais. Alumnado Non
Fortaleza H8. Aprender a comunicarse. Alumnado Non
Fortaleza C2. Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza C5. Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza C7. Protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Dispositivos dixitais para o aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza A2. Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensino Organización de centro Non
Fortaleza B2. Debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza B3. Colaboracións. Persoal docente Non
Fortaleza D1. Necesidades e participación de DPC. Persoal docente Non
Fortaleza E1. Recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza E4. Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza F1. Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F3.Fomento da creatividade. Persoal docente Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Oportunidade C1. Infraestructura. Administración educativa Non
Oportunidade C2. Dispositivos dixitais para o ensino. Administración educativa Non
Oportunidade C3.Acceso a internet. Administración educativa Non
Oportunidade C5. Asistencia técnica. Administración educativa Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OBX1 Valorar positivamente a avaliación do progreso para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe (B1)
OBX2 Desenvolver unha estratexia dixital de calidade no profesorado, no alumnado, así como na comunidade educativa (A1)
OBX3 Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente tanto na etapa de EI como na etapa de EP (E2)
OBX4 Promover o emprego da Aula Virtual do centro por parte do alumnado (E3)
OBX5 Empregar os libros de cualificación de Moodle para a avaliación das capacidades (G1)
OBX6 Conseguir unha retroalimentación axeitada nos contidos tratados (G3)
OBX7 Conseguir unha asistencia técnica de calidade cando sexa preciso (C5)
OBX8 Fomentar e ser conscientes da importancia dun bo tratamento e protección dos datos (C7)
OBX9 Promover entre a comunidade educativa novas modalidades de ensino (A3)

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos terá en conta a avaliación procesuale así a frecuencia da súa realización será como mínimo, unha vez ao trimestre. Hai que ter en conta que os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

No contexto da avaliación finala frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logros dos obxectivos e as propostas de mellora.

Ademais poderán terse en conta para a avaliación do Plan Dixital os datos obtidos de futuras aplicacións de SELFIE e o test de Competencia Dixital Docente.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Equipo de dinamización do Plan Dixital presentará unha actualización do Plan Dixital para o curso 2023-2024 tendo en conta os datos de consecución dos obxectivos, valoración das actuacións do plan de acción, propostas recollidas da comunidade educativa, cambios normativos e outros aspectos que considere relevantes. A aprobación das modificacións no Plan Dixital axustarase ao procedemento establecido para a elaboración do Plan Dixital.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para que toda a comunidade educativa poda coñecer este plan será publicado en aberto no sitio web do centro.

Ademais será presentado ás familias nas reunións de principios de curso; así mesmo unha copia en papel do Plan Dixital estará dispoñible no centro para consulta.