Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto
Educativo do Centro

  • Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro:

O Centro Público Integrado Plurilingüe de Vedra, situado no Concello de Vedra, acolle
alumnado das tres etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria) procedente do termo
municipal e tamén da parroquia de Lestedo, do concello de Boqueixón.
O ámbito de influencia do centro ten un carácter eminentemente rural e con baixa densidade
de poboación, aínda que nos últimos años a zona empeza a cobrar importancia como lugar de
residencia para persoas procedentes de Santiago que buscan o contacto coa natureza e o
rural..
A maioría do alumnado escolarízase no noso Centro desde a etapa de Educación Infantil ata a
E.S.O., agás aqueles que proceden de parroquias con centros educativos adscritos: CRA de
Boqueixón-Vedra e CEIP de Ortigueira, que se incorporan respectivamente en 1º de Primaria,
3º de Primaria e en 1º de E.S.O. e nos últimos anos tamén se incorpora alumnado das zonas
limítrofes dos Concellos de A Estrada e Teo, fundamentalmente na etapa de Secundaria.
Historicamente, Vedra foi un concello de tradición agrícola, especialmente os cultivos de
horta, froita e viña. Hoxe son tamén moi importantes as industrias de transformación de
produtos agrícolas e gandeiros: viticultura, hortalizas, … ao que se engaden a industria
madeireira e a minería. Pero é o sector servizos o que ocupa a maior parte da poboación
activa.
A nivel lingüístico, segue sendo maioritario o uso da lingua galega como lingua tanto nas
familias, segundo o estudo realizado no curso 2020-21, pois aproximadamente o 65% das
familias da comunidade educativa do CPI Plurilingüe de Vedra manifestan empregar como
lingua habitual de relación o galego. De todos modos esta porcentaxe reduciuse nos últimos
anos (77% no 2010), e de xeito significativo no nivel de uso por parte do alumnado no seu
entorno ou no centro (arredor do 50%) e sobre todo nas actividades de lecer (35%).

  • Implicación do centro cara o mundo dixital:

A) Centro Abalar nos cursos de 5º, 6º EP e 1º e 2º ESO dende o ano 2010.
B) Centro Edixgal en 6º EP e 1º ESO dende o ano 2018, ampliándose no curso actual a 5º
EP e toda a etapa de ESO.
C) Introdución as tablets no eido educativo co proxecto Snappet no curso de 2º e 3º de EP.
D) Centro piloto do programa de Observ-acción onde se fixo un traballo colaborativo con
mestres e mestras doutras comunidades.
E) Participación en programas de innovación educativa como “Radio na biblio”.
F) Participación durantes dous cursos no Programa de Introdución á robótica en
educación primaria.
G) Participación no programa “Digicraft no teu cole” dende o curso pasado realizando
actividades relacionadas coa programación, intelixencia artificial, domótica, etc.

  • O Plan Dixital dentro da Programación Xeral Anual.

O PD terase en conta para a elaboración da programación Xeral Anual do curso 22/23 e nas
programacións didácticas favorecendo as dinámicas de traballo individual e colaborativo no
alumnado, profesorado e familias. Do mesmo xeito, as necesidades do profesorado para o correcto
uso das TIC consideraranse primordiais dentro do PFPP do centro co fin de facilitar un bo uso dos
equipos informáticos e das aplicacións así como os riscos e vantaxes da tecnoloxía. Tamén
aportará a información básica para a correcta organización da docencia e as coordinacións de
centro no ámbito dixital, o mantemento xeral dos equipos informáticos e para a planificación dos
cursos que participen no Proxecto E-Dixgal.


1.2. Breve xustificación do mesmo
O Plan Dixital susténtase sobre os seguintes documentos lexislativos
¿ Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación modificada pola
LO 3/2020, do 29 de decembro.
¿ Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de
Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento
das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación
Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do
Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma
de Galicia para o curso 2021-2022
¿ ORDE do 21 de abril de 2022 pola que se crea o programa de innovación educativa Polos
creativos e se establece o procedemento para a participación dos centros docentes
públicos dependentes desta consellería.
¿ Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación
Profesional, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto
Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2022/23.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración deste documento o Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizou unha
análise das características do centro no eido dixital a través de diversas ferramentas (Informe
SELFIE, Test CDD, análise DAFO). A partir dos datos obtidos elaboráronse uns obxectivos que
pretenden favorecer o nivel de competencia dixital do propio centro, dos e das docentes así como
do alumnado e as súas familias. Durante este proceso, o equipo de reuniuse en diversas ocasións
para a elaboración conxunta deste documento. Ademais, contou co apoio do Grupo ADIX 2 de
Santiago de Compostela que foi o encargado da formación académica e que facilitou a
documentación necesaria a través da aula virtual de traballo e da plataforma AGUEIRO

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficiente política de protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade O profesorado non emprega as ferramentas dixitais dispoñibles para a avalación e autoavaliación do alumnado. Organización de centro Non
Debilidade Escasa reflexión sobre o uso das TIC entre o profesorado e otras entidades Persoal docente Non
Debilidade Baixa elaboración de proxectos interdisciplinares para o alumnado empregando tecnoloxías dixitais así como escaso traballo colaborativo entre o persoal docente. Persoal docente Si
Fortaleza Alto nivel de apoio das familias en relación ao eido dixital. Familias Si
Fortaleza O centro facilita o acceso a Internet no proceso de ensino-aprendizaxe tanto ao profesorado como ao alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza Dende o equipo directivo apóiase ao profesorado para que explore novas formas de ensino en relación coa tecnoloxía dixital. Organización de centro Si
Fortaleza O persoal docente busca, emprega e comparte recursos dixitais en liña, tanto co profesorado coma co alumnado. Persoal docente Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Necesidade de mellora e optimización da infraestructura dixital do centro (armarios RACK, tomas RJ45, etc) LEXISLACIÓN Administración educativa Si
Ameaza A ANPA non promove o suficiente a formación en novas tecnoloxías (codificación, programación¿) así como no uso responsable das mesmas. ANPA Si
Ameaza Escasa normativa e formación do profesorado en relación á protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Efiiciente servizo técnico dentro do programa E-Dixgal. Administración educativa Non
Oportunidade Amplia oferta de programas vinculados as TIC (E-Dixgal, Digicraft, Robótica, etc) Administración educativa Non
Oportunidade Dende a administración educativa facilítase o acceso a Internet para o proceso de ensinoaprendizaxe. Administración educativa Si
Oportunidade Apoio e colaboración por parte das entidades locais en actividades e proxectos que inclúen as novas tecnoloxías Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os obxectivos atópanse contextualizados en áreas de mellora que toman como referencia o marco
DigCompOrg. Ao mesmo tempo, achégase información sobre os indicadores de partida e chegada
para a súa consecución, así como, os responsables que guiarán o proceso.
Para cada obxectivo cumpriméntase unha táboa que recolle esta información.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o emprego das ferramentas dixitais para a avaliación e autoavaliación do alumnado.
O02PD Fomentar actividades con recursos dixitais que favorezan a aprendizaxe conxunta, a creatividade e a iniciativa persoal.
O03PD Promover a comunicación entre o profesorado a través das ferramenta AbalarPro e do EspazoAbalar.
O04PD Reorganizar a rede interna de datos do centro para a mellora da conexión (armarios RACK)

Seguimento

Procedemento

O seguimento realizarase a través do equipo de Dinamización do Plan DIxital con reunións periódicas mensuais ou cando proceda. O equipo valorará o seguimento das accións e a posta en marcha das mesmas, así como, o fomento das boas prácticas dixitais dentro do centro. 

De xeito periódico, recibirase a visita da persoa do equipo ADIX asignada ao noso centro, a cal recollerá nunha acta de seguimento os avances realizados. Durante estas visitas comentaranse tanto os avances como as diversas problemáticas que poidan xurdir. Grazas a isto, manterase unha comunicación fluída e guiada que facilitará a consecución dos obxectivos establecidos no Plan Dixital e as propostas para o vindeiro ano. 

1º Trimestre

A DÍA 7/10/22:

Posta en marcha das AO1.1 e AO 1.2.

Feito AO2.1 e AO2.2 en trámite (Polos creativos con tres obxectivos: coñecemento do patrimonio cultural de Vedra, Medioambiente e Difusioin de obxectivos a través de radio escolar, edición de vídeo...).

AO3.1 en trámite

AO4.1 en trámite

A DÍA 24/11/22:

Realizadas  AO1.1 e 1.2. Charlas programadas de formación externa (H5P). PFPP: liña: Grupo de traballo en torno á formación inicial na plataforma EVA Edixgal
Seminario de recursos dixitais (docencia 14+6)
Feito  AO2.1 e AO 2.2 Concedido (Polos creativos con tres obxectivos: Coñecemento patrimonio cultural de Vedra, Medioambiente e Difusión dos obxectivos anteriores a través de radio escolar, edición de vídeo,...)
AO3.1 en trámite.
AO4.1 en trámite. Sen resposta de AMTEGA.

2º Trimestre

A DÍA 26/01/23:

Seguimento PD:
O01PD:  AO1.1 realizada e AO1.2.GT constituído. Formación comezará en breve.
O02PD: Feito  AO2.1 e AO 2.2 en trámite (Polos creativos con tres obxectivos: Coñecemento patrimonio cultural de Vedra, Medioambiente e Difusión dos obxectivos anteriores a través de radio escolar, edición de vídeo,...) O material xa foi entregado e recepcionado.
O03PD: AO3.1, AO3.2 realizadas AO 3.3 en proceso.
O04PD: AO4.1 realizado.sin resposta de AMTEGA.

A DÍA 9/03/23

O01PD:  AO1.1 feita e AO1.2 case realizada.
O02PD: Feito  AO2.1 e AO 2.2 en trámite (Polos creativos con tres obxectivos: Coñecemento patrimonio cultural de Vedra, Medioambiente e Difusión dos obxectivos anteriores a través de radio escolar, edición de vídeo,...)
O03PD: AO3.1, AO3.2.. , AO 3.3 e AO 3.4 realizadas falta confirmar a porcentaxe de profesorado que o emprega.
O04PD: O4.1 en trámite.
Educalidade: Realizada a carga de datos.

3º Trimestre

A DÍA 1/06/23

O01PD:  AO1.1 feita e AO1.2 case realizada.
O02PD: Feito  AO2.1 e AO 2.2 en trámite (Polos creativos con tres obxectivos: Coñecemento patrimonio cultural de Vedra, Medioambiente e Difusión dos obxectivos anteriores a través de radio escolar, edición de vídeo,...)
O03PD: AO3.1, AO3.2.. , AO 3.3 e AO 3.4.
O04PD: O4.1 en trámite. Datos e planos enviados. Esperando resposta. 
Educalidade: Realizada a carga de datos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de
obxectivos terá en conta dous tipos de avaliacións:
- No contexto da avaliación procesual, a valoración do plan será como mínimo unha
vez ao trimestre coincidindo coa avaliación da PXA nos meses de xaneiro, abril e
xuño. Realizarase a través dun cadro de nivel de consecución dos obxectivos. Os
aspectos a ter en conta incluirán: o estado da execución das accións, a análise e
valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as
propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo
unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do
logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A nivel xeral acadáronse os obxectivos establecidos de maneira satisfactoria. Consideramos que, como primeiro ano de implementación do P. Dixital tivo unha boa acollida por unha gran parte do profesorado que se mostrou colaborativo e participativo.

Os 2 obxectivos que non se chegaron a completar dependían de factores externos polo que dentro das nosas capacidades, realizamos as xestións oportunas co fin de axilizar os diversos procesos. Esperamos que para o vindeiro curso, estes obxectivos se alcancen de maneira satisfactoria. 

A atención por parte do responsable ADIX do centro foi excelente, sempre atento a resolver dúbidas e aclarar as ferramentas que se foron implementando. 

Proposta de mellora

1. É necesario impulsar o O02PD. Os trámites foron bastante lentos a nivel de equipamento, modificación de espazos, formación... O obxectivo debe priorizarse de cara os vindeiros cursos introducíndoo dentro do PFPP de centro. 

2. O obxectivo O04PD tampouco puido ser realizado. Está en trámite. Os planos para a reubicación do RACK xa foron enviados e estamos esperando a resposta co fin de mellorar a saúde e calidade do posto de traballo das persoas do centro afectadas. 

3. Podería ser interesante que se ofreceran ferramentas predefinidas para a valoración na consecución dos obxectivos. Neste caso, empregouse AbalarBox pero o mellor outros centros non coñecen as súas funcionalidades. 

4. A carga de traballo para a persoa responsable do Plan Dixital e ao mesmo tempo de Polos Creativos é excesiva. Non é posible atender de maneira correcta a ámbalas partes.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

En relación a difusión do PD informarase ao Consello Escolar e o Claustro co fin de facilitar
o seu coñecemento e consulta de dito documento. Por outra banda, será publicado na
páxina web e na app do centro para a consulta por parte das familias e resto da comunidade
educativa. Esta información será trasladada a través dunha mensaxe empregando o
EspazoAbalar.

Enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra/