Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CPI de Bembibre é un centro rural situado no concello de Val do Dubra. A súa proximidade á área urbana de Santiago permitiu o transvase de man de obra do sector primario ós restantes sectores de actividade, en especial a construción (22%) e os servizos (30%). Pese a elo, a base da economía continúa sendo o sector agropecuario, onde a mellora e modernización das súas explotacións gandeiras e consecuentemente a súa maior rendibilidade económica permitiu mellorar notablemente o nivel de vida das súas xentes.
Na industria unicamente se pode falar de pequenos talleres e fábricas de confección que aproximadamente dan emprego a un 6% da poboación activa.
A construción ten unha maior importancia, tanto pola poboación activa como polo número de empresas que hai no termo. Igualmente ocorre co sector terciario, que se localiza no núcleo de Bembibre, onde se concentran os servizos educativos, sanitarios, administrativos, comerciais e de hostalería.
O CPI de Bembibre é un Centro Público Integrado dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que está ubicado no concello de Val do Dubra (A Coruña). Impartimos docencia en Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

O Plan Dixital do noso centro supoñerá unha transformación importante nos aspectos que recollen os documentos de xestión e organización do centro, estando moi presente no Proxecto Educativo de Centro (PEC), que é o referente que establece os rasgos de identidade do noso centro educativo,en relación aos obxectivos xerais e estructura organizativa e de funcionamento.

A través da súa vinculación co PEC queremos establecer as liñas básicas de traballo para converter o centro nunha organización dixitalmente competente, establecendo un plan estratéxico que inclúa obxectivos e medidas concretas para promover esa transformación dixital, diversificada en diferentes ámbitos como son o da ensinanza e aprendizaxe, o da organización e o da comunicación e información.

O Plan Dixital de centro suporá cambios na elaboración da PXA para o próximo curso 2022/23, xa que as actuacións recollidas neste formarán parte dela. Uns dos obxectivos prioritarios será a implementación do Plan Dixital durante o curso, intentando que as accións programadas e a súa periodización sexan as establecidas no propio plan. Neste sentido, e tendo en conta que dúas das accións máis importantes do Plan Dixital son a dixitalización das comunicacións internas e externas do centro, a PXA recollerá a elaboración dun Plan de Comunicación que regule estes procedementos.

Para levar a cabo a tarefa de deseño do Plan Dixital (PD) creouse un equipo de Dinamización do Plan Dixital (DPD). Decidiuse que o equipo fora pequeno para poder intercambiar ideas de xeito áxil. O equipo está formado por:
Diego Sotelo. (Coordinador)
Miguel A. Abarca (Director  do centro)
Ana D. Rodríguez (Xefa estudos ESO)
Carina Sánchez (Xefa Departamento Francés)
X. Manuel Varela (Xefe estudos Primaria)
Carolina Vidal Fernández (Secretaria)
Para desenvolver as diferentes tarefas a Consellería de Educación propuxo a creación dun PFPP no que participamos o mesmo equipo de DPD. Este PFPP de 20h tiña docencia online relativa a dous dos puntos máis novedosos: a análise DAFO e a elaboración das táboas de obxectivos e accións.
Pola nosa banda, desde o centro creamos un curso na AV para intercambiar toda a información aportada desde fóra e todos os documentos que íamos elaborando. Ademais desto empregáronse diferentes ferramentas corporativas:
    • Correo electrónico. 
    • AbalarBox ferramenta de almacenamento na nube con posibilidade de edición integrada que a Consellería pon a disposición da comunidade educativa. Permite traballar varios usuarios sobre o mesmo documento.
    • Agueiro. Portafolio onde os mentores (grupo de docentes con formación e adicación exclusiva ao Plan Dixital) ían colgando diferentes materiais, documentos, modelos,… A este Agueiro só o coordinador do equipo de DPD tiña acceso.
As reunións ,recollidas nas actas do PFPP, eran logo da xornada lectiva en sesións de dúas ou tres horas.  Houbo un total de 20 horas de adicación, das que 4 foron de docencia por videoconferencia.
Someramente, o proceso de elaboración seguiu os seguintes pasos:
    1. Formación do Equipo de DPD
    2. Enquisa SELFIE 
    3. Test de Competencia Dixital Docente
    4. Análise DAFO da situación do centro
    5. Elección dos puntos máis importantes do DAFO
    6. Selección de obxectivos e actuacións para levalos a cabo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información son tres fontes:

  • Informe SELFIE. Executado por todos os centros de Galicia no primeiro trimestre do curso 21-22. Recolle información variada nunha enquisa anónima moi pormenorizada que se lle pasa a alumnado e profesorado. SELFIE é un proxecto europeo amplo qe busca harmonizar resultados. Propón as mesmas preguntas para todos os centros participantes e pode configurarse para que o centro añada algunha pregunta propia. Os niveis das preguntas adáptanse á idade dos alumnos e alumnas e establece tres grupos: alumnado, docentes e equipos directivos. As preguntas agrupábanse en oito bloques temáticos numerados desde o A ata o H (Nos anexos aparece o resultado SELFIE). 
  • Test de competencia dixital docente. Este test foi pasado aos docentes no curso 21-22. Nel cada docente respondía unha serie de cuestións sobre o seu desempeño en terefas dixitais para que de xeito subxectivo valorase a súa capacitación en cada unha das competencias dixitais. Establécense seis competencias diferentes e seis niveis (A1, A2, B1, B2, C1, C2).
  • Propostas de mellora de anteriores memorias da Coordinación TIC. Esencialmente son necesidades de material e infraestructuras.
Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Máis da metade do alumnado di que usa as tecnoloxías dentro do centro menos dunha vez por semana. Baixo uso da tecnoloxía fóra do centro con fines de aprendizaxe. Pouca competencia dixital que limita o uso das tecnoloxías. O alumnado usa moito a tecnoloxía na casa para o ocio. Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia dixital das familias Na maioría dos casos sempre é o mesmo proxenitor o que se comunica dixitalmente co centro ou co profesorado Falta de control parental sobre o uso de Internet e as redes sociais dos seus fillos/as Familias Non
Debilidade C.7 Hai discrepancia entre equipo directivo e docentes sobre a existencia dun sistema de protección de datos Non están actualizados os equipamentos e as redes. Infraestruturas Non
Debilidade A.1 O centro non ten unha estratexia dixital Páxina de centro con formato obsoleto, pouco atractiva, pouco activa. Non existe certificación en competencias dixitais Insuficiente política de protección de datos Organización de centro Si
Debilidade B.2 O equipo directivo non percibe debate sobre vantaxes e desvantaxes do uso das tecnoloxías dixitais no proceso ensino ¿ aprendizaxe B.3 No noso centro non empregamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. D.1 O equipo directivo cre que non debate o suficiente sobre as necesidades de DPC no relativo a ensino con tecnoloxías dixitais. D.3 O equipo directivo cre que non axuda ao profesorado a que intercambien experiencias na comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. F.6 Non se fomentan os proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. G.3 Non se empregan tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación ao alumnado. G.5 Non se empregan as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre o seu aprendizaxe. G.6 Non se fomenta que o alumnado poida realizar observacións constructivas sobre o traballo dos seus compañeiros empregando tecnoloxías dixitais TCDD. A competencia dixital docente de primaria está por debaixo da media de Galicia Non se promove o uso das tecnoloxías dixitais con fins de avaliación Non existe reflexión sobre TICs Intercambio inexistente de experiencias dentro do centro sobre o ensino con tecnoloxías dixitais Uso escaso da tecnoloxía para facilitar a colaboración e o traballo en grupo do alumnado Falta de tempo que limita o uso das tecnoloxías Persoal docente Non
Debilidade Unha parte do persoal non docente ten unha competencia dixital nula ou baixa Non teñen acceso ás actividades de formación ofertadas polo centro Nalgúns casos a súa motivación polo uso das tecnoloxías dixitais é nula ou escasa Persoal non docente Non
Fortaleza H.3 O alumnado aprende a actuar de maneira segura e responsable en internet. - H.6 No centro o alumnado aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais. - Ratios baixas O alumnado aprende a comprobar si a información atopada en internet é fiable e precisa O alumnado da crédito ao traballo doutras persoas O alumnado aprende a crear contidos dixitais O alumnado ten acceso a dispositivos fora do centro educativo Alumnado Non
Fortaleza Conectividade por medios dixitais (Tokapp) moi extendido coas familias O 100% das familias dispoñen dalgún dispositivo dixital con acceso a Internet Reciben información do centro e do profesorado por diversas canles dixitais Familias Non
Fortaleza C.1 A infraestructura dixital respalda o proceso ensino ¿ aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. - C.2 Existen dispositivos dixitais para o ensino. Existen dispositivos dixitais para usar na aula Asistencia técnica suficiente por parte do coordinador TIC Infraestruturas Non
Fortaleza Comunicación regular e ben organizada coas familias e/ou o profesorado O profesorado conta co apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza E.1 Búscanse recursos educativos en liña. E.4 Os docentes empregan tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo TCDD. A competencia dixital docente é superior á media TCDD. ¿ dos docentes están nun nivel igual ou superior ao integrador (B1) ¿ Acceso por parte do profesorado a posibilidade de DPC (Desenvolvemento Profesional Continuo) Uso de contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Realización de actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado Fomento da creatividade do alumnado Adaptación do método de ensinanza ás necesidades do alumnado Creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza Persoal docente Non
Fortaleza O persoal non docente ten equipos informáticos con conexión a Internet á súa disposición Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesivo traballo burocrático Asistencia técnica inexistente ou insuficiente por parte da administración pública Rede de internet moi defectuosa Conexión a internet inestable e pouco fiable que limita o uso das tecnoloxías Administración educativa Non
Ameaza Non inclusión de actividades relacionadas coas tecnoloxías dixitais nas actividades extraescolares programadas para o alumnado Nos últimos dous cursos non fixeron actividades extraescolares debido á pandemia da Covid19 ANPA Non
Ameaza Dificultades de acceso a Internet nalgunhas aldeas Contorna Non
Ameaza Cambios frecuentes na lexislación No centro non se incide na protección dos dereitos de autor e a propiedade intelectual ao empregar tecnoloxías dixitais para o ensino C.7 Os sistemas de protección de datos son mellorables Lexislación Non
Oportunidade Oferta de iniciativas que fomentan o uso de tecnoloxías dixitais no ensino Administración educativa Non
Oportunidade Programación de cursos de formación a través da escola de nais e pais Oferta de actividades extraescolares para a mellora da competencia dixital do alumnado ANPA Non
Oportunidade Instalación de puntos WiFi gratuítos de acceso a Internet en diferentes puntos do Concello de Val do Dubra Contorna Non
Oportunidade Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos Lexislación Si
Oportunidade Participación en proxectos europeos para comunicarse, colaborar, desenvolver proxectos,¿ (eTwinning) Existen bastantes entidades e organizacións de diferentes sectores coas que o centro interacciona habitualmente Outras Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Logo da análise DAFO pasamos a seleccionar os obxectivos. Para non perderse con toda a información da análise DAFO empregaremos a seguinte estratexia:
Paso 1. Revisamos os resultados do informe SELFIE. Xa temos unha imaxe global do centro e agora imos seleccionar 2-3 áreas nas que centrarnos. Escollemos as categorías que teñen peor resultado global e que cada un dos seus elementos teña un valor baixo para todos os grupos que facían a enquisa.
Paso 2. Investigamos os elementos do SELFIE seleccionados no paso anterior para comprender os problemas do centro en materia dixital. Volvemos a poñer en común, dentro do grupo de traballo, os puntos máis destacados coa vista en definir obxectivos e deseñar accións que se poidan desenvolver nun ano.
Paso 3. Establecemos prioridades e modulamos as expectativas pensando en obxectivos alcanzables nun curso. Non consideramos posibles obxectivos que non sexan viables (exemplo: renovación dos equipos Abalar obsoletos por parte do Centro).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dixitalizar a comunicación interna no centro (A2)
O02PD Dixitalizar a comunicación externa do centro (A1)
O03PD Empregar tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades dos alumno/as (G1)
O04PD Fomentar os proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxía dixitais (F.6)

Seguimento

Procedemento

 No contesto da avaliación procesual, a revisión das actuacións establecidas no Plan de Acción seguiá o seguinte procedemento:
    En primeiro lugar, os responsables de conseguir os obxectivos     establecidos no Plan deberán facer un seguemento do seu desenvolvemento según obxectivos descritos nos mesmos.
    En segundo lugar, ao finalizar cada trimestre, deberá reunirse o Equipo TIC / Equipo do Plan Dixital do CPI para facer unha valoración de conxunto. Nesta revisión, os aspectos a valorar serán:
    - O estado de execución das accións en relación á temporalización prevista
    - A análise e valoración dos resultados das accións previstas xa rematadas
    - As posibles modificacións das accións en curso
    - As propostas de mellora, de ser o caso

1º Trimestre

A aplicación Educalidade non estaba activa durante o 1º trimestre.

2º Trimestre

A01.1 rematado

A01.2 Rematado. Ver anexo. Protocolo de comunicación

A01.3 En proceso

A02.1 rematado

A02.2  Rematado.  Ver anexo. Protocolo de comunicación

A02.3 En proceso

A03.1 Rematado

A03.2 Sen facer. Esta acción leva un pequeno retraso.

A04.1 Rematada

A04.2 Rematada

A04.3 Rematada

A04.4 En proceso

3º Trimestre

A01.1 rematado

A01.2 Rematado

A01.3 En proceso

A02.1 rematado

A02.2  Rematado

A02.3 En proceso

A03.1 Rematado

A03.2 Parcialmente rematada

A04.1 Rematada

A04.2 Rematada

A04.3 Rematada

A04.4 En proceso

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan Dixital do CPI de Bembibre é un documento vivo e dinámico. Debe facerse un seguemento do seu cumplimento según se vaian desenvolvendo as actuacións previstas ao menos unha vez cada trimestre e ten que actualizarse anualmente con novos obxectivos orientados á mellora do centro vinculados á innovación educativa e dixital. O seguemento e avaliación do P.D. deberá facerse en relación co grao de consecución dos obxectivos establecidos no mesmo.
Seguimento do Plan de Acción
No contesto da avaliación procesual, a revisión das actuacións establecidas no Plan de Acción seguiá o seguinte procedemento:
En primeiro lugar, os responsables de conseguir os obxectivos establecidos no Plan deberán facer un seguemento do seu desenvolvemento según obxectivos descritos nos mesmos.
En segundo lugar, ao finalizar cada trimestre, deberá reunirse o Equipo TIC / Equipo do Plan Dixital do CPI para facer unha valoración de conxunto. Nesta revisión, os aspectos a valorar serán:
- O estado de execución das accións en relación á temporalización prevista
- A análise e valoración dos resultados das accións previstas xa rematadas
- As posibles modificacións das accións en curso
- As propostas de mellora, de ser o caso
Propostas de mellora (revisión)
No mes de xuño, nas semanas finais do curso, deberá levarse a cabo a avaliación final e unha revisión do Plan de Acción.
A este fin deberá facerse unha reunión do Equipo do Plan Dixital do CPI na que se proceda a valorar o estado das accións establecidas no plan (realizada / aprazada / pendente) e o logro dos obxectivos previstos (acadado / non acadado). Tras desenvolver este análise deberanse establecer, indicar as propostas de mellora do Plan Dixital do centro para o seguinte curso que como mínimo deberá conter:
- A realización das accións que foron aprazadas e/ou quedaron pendentes do curso anterior coas modificacións pertinentes tras analizar e solucionar os motivos do seu retraso ou non realización.

Valoración xeral

A valoración xeral é moi positiva. Imos desgranar esta valoración na incidencia que tivo o Plan Dixital en cada unha das competencias do DigCompEdu.

  • Compromiso profesional. A elaboración, publicación e uso do protocolo incidiu positivamente na comunicación organizativa.O uso de tecnoloxías dixitais para a comunicación cos estudantes,familias, e docentes a través de ferramentas corporativas mellorou a seguridade e a fiabilidade das comunicacións. A garantía de que a información chega ao destinatario a través dunha canle corporativa asegura un umbral de calidade moi alto. Os cambios foron moitos e supuxeron un traballo en conxunto grande pero o sultado foi satisfactorio para o colectivo docente.
  • Recursos dixitais. Non é este o punto no que máis se traballou este ano, pero a través da participación no programa de Polos Creativos elaboráronse multitude de recursos dixitais propios. Non se incidiu moito na selección de recursos dixitais externos senón na creación de recursos propios. Aproveitouse para incidir no respecto á propiedade intelectual e a importancia da creación de productos con licenzas abertas.
  • Ensino e aprendizaxe. A participación de todo o alumnado e unha parte moi importante do profesorado no proxecto de Polos Creativos fixo que unha parte do ensino se modificara para acceder a un ensino máis participativo e centrado no alumno. Buscouse nas actividades un enfoque máis colaborativo, condición que vai implícita cando se traballa nun proxecto como o de Polos Creativos. Os alumnos responderon xenial a este tipo de enfoque e se produciu un feedback no que o alumno quere participar máis e propón novas alternativas ás tarefas iniciais.
  • Avaliación. A iniciativa de empregar ferramentas dixitais para a avaliación foi seguida de maneira desigual. Fíxose un PFPP para modificar a AV e empregala para avaliar. unha porcentaxe mínima do 5% da nota. Os nenos pequenos ata 3 de primaria non teñen que usar a AV e non empregan a AV. O alumnado de 4º ata 6º de primaria ten un aula de informática con ordendores moi vellos que non fomentan o uso das TIC. O problema o suplen con tablets para realizar as actividades. Poden avaliar con ferramentas TIC pero sen empregar a AV. En ESO, a aula de informática está mellor dotada , a participación no PFPP asocido foi alta e o número de cursos da AV  que modificaron para utilizalos para avaliar foi case do 80% e a porcentaxe de docentes que polo menos un 5% da nota provén dunha ferramenta dixital sitúase no 87%.
  • Capacitación do alumnado. As tarefas elexidas para o proxecto de Polos Creativos son moi variadas: gravación en vídeo, fotografía, recorte con plotter, cociña, modelado 3D, impresión 3D, escaneo 3D,... e permiten unha adaptación moi alta aos distintos niveis do alumnado, tanto porque teñen distinta edades como polas súas diferencias dentro dunha mesma clase. Este modelo de traballo fomenta unha alta participación e compromiso do aumnado independentemente de dificultades que poidan ter os alumnos. Como son actividades fóra do currículo habitual o alumnado con problemas de aprendizaxe pode abordalas sen que lle afecte o retraso curricular (ex. pode ter unha adaptación curricular pero ser bo fotografiando).
  • Desenvolvemento competencia curricular do alumnado. Traballamos na alfabetización dixital en niveis adaptados a cada idade centrándonos na creación de contidos dixitais e  na publicación de contidos.Remarcamos a importancia das licencias Creative Commons frente ao Copyright e eles aceptaron o concepto con naturalidade. Conseguimos para algunha tarefas que observasen a evolución dunha idea en diferentes formatos dixitais (empzar cunha fotografía, pasar a un modelado 3D e logo a impresión 3D). O trabalo con esta competencia foi moi positivo
Proposta de mellora

As propostas de mellora para o curso 23-24 podemos estructuralas en varias liñas:

  • Continuar o que se iniciou neste curso.
    • Nunha das liñas comezamos o proxecto dos Polos Creativos que ten unha duración mínima de dous anos. Estudaremos dentro dese proxecto completar as accións que se iniciaron este curso, iniciar novas liñas e incorporar a máis docentes.
    • Na liña relacionada co protocolo de comunicación interno e externo a podemos considerar pechada. Só son necesarios cambios debidos á lexislación nova.
    • A avaliación empregando ferramentas TIC tivo un seguimento desigual. Estudaremos falando co profesorado se é necesario continuar con esa liña.
  • Melloras organizativas. Facer o equipo de dinamización TIC mái amplio, con representación de todas as etapas educativas.
  • Iniciar liñas que quedaron fóra no primeiro ano do Plan Dixital.
    • Facer un inventario do material TIC que está a disposición dos docentes e organizar como se pode acceder a el.
    • Formación específica solicitada polos docentes na avaliación final
    • Formación para o uso dos paneis táctiles que se están a instalar nas aulas.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital foi enviado aos membros do Claustro e do Consello do día 30/06/2022.

Hai unha copia do documento colgada na páxina web do centro no apartado O Centro - Documentos xerais.

Dirección do enlace ao Plan Dixital