Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO

O CEIP Plurilingüe de Toques atópase situado no concello rural de Toques, cunha extensión de 77,93 km² e está conformado por 10 parroquias, presentando deste xeito unha poboación moi dispersa. O centro dá cabida a todo o alumnado das etapas de Ed. Infantil e Primaria. Non hai centrovde educación secundaria, estando adscritos ao “IES de Melide”, no concello limítrofe de Melide. En canto ao acceso as tecnoloxías, presentanse dificultades para a conectividade por tratarse dunha zona rural pero todo o alumnado ten acceso a conexión a internet. A pesar disto, o seu uso da tecnoloxía redúcese, logo do análise dos datos recadados durante este curso escolar 2021-2022, a un uso lúdico (videoxogos e redes sociais).

Debemos por tanto facer fincapé no emprego e desenvolvemento de metodoloxías que integren o uso das TIC, TAC, e TEP como un vehículo para acadar os obxectivos marcados no currículo e que poñan en valor as posibilidades formativas deste tipo de recursos xa que nos atopámonos nunha realidade na que o alumnado/comunidade educativa descoñece por completo o funcionamento/valor que ten o tratamento da información na rede, a domótica, robótica e programación, realidade virtual ou aumentada ou edición dixital entre moitas outras, para o proceso de ensinanza-aprendizaxe así como para o seu desenvolvemento persoal e profesional. A gran diversidade que nos atopamos nas aulas é outro piar, debendo dar resposta a múltiples situacións con alumnado NEE e NEAE, polo que a introdución de recursos tecnolóxicos na aula terá un impacto moi positivo na inclusión e no desenvolvemento das competencias deste alumnado.

Este plan estará vinculado aos seguintes proxectos do centro: • Contratos-programa e Plan Proxecta • PLAMBE: desenvolvemento dun proxecto documental integrado (PDI) no centro. • Proxectos de aula • EDIXGAL • ABP (aprendizaxe baseado en proxectos) polo que este plan será un dos principais vehículos para a implantación e desenvolvemento desta metodoloxía por parte do profesorado titor e especialista, contemplada no noso PEC (actualizado este presente curso escolar) e que tamén formará parte da programación xeral anual do vindeiro curso escolar.

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE

Durante o curso escolar 2021-2022 e segundo dita a disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 os centros docentes debemos elaborar un Plan Dixital para o centro educativo para ser desenvolto en cursos posteriores. Este plan foi elaborado segundo as indicacións da Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, para ser implantado e desenvolto por primeira vez no curso 2022- 2023. Para a elaboración deste plan, e segundo a LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, atendendo ao Art. 111 bis e Art. 121, identificamos os sistemas básicos de información empregados para a xestión académica e administrativa así como para o soporte do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Toda a información, obxectivos e medidas recollidas neste plan van encamiñadas a potenciar e facilitar o aproveitamento dos recursos existentes no centro, así como para detectar novas necesidades, para unha mellora do proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado, atención ás necesidades educativas existentes ou posibles do centro e do desenvolvemento e seguimento da actividade educativa e administrativa. Continuaremos a potenciar o emprego de entornas virtuais de aprendizaxe proporcionados pola Consellería de educación (EVA-EDIXGAL e Aula Virtual MOODLE) e o emprego de recursos TIC, TAC e TEP para a aplicación dunha metodoloxía ABP (aprendizaxe baseado en proxectos) por parte do profesorado participante no PDI do centro educativo así como a consecución dos obxectivos recollidos no Proxecto educativo do centro (PEC) por parte de toda a comunidade educativa. . Finalmente, segundo recolle o Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, a dirección do centro velará pola correcta implantación e desenvolvemento deste plan dixital, promovendo innovacións pedagóxicas, novas formas de organización e facendo chegar á Administración educativa todas as necesidades e plantexamentos da comunidade educativa. Así mesmo velará porque este plan dixital forme parte da planificación e organización do centro e que así se recolla nos respectivos documentos de centro.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Para a elaboración deste proxecto tivéronse en conta os seguintes principios: • A resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías da información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá. • O enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente. • A transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente. No caso do noso centro, ao tratarse dun centro de 3 unidades, as funcións correspondentes ao equipo de dinamización do Plan Dixital recaeron sobre a dirección do centro educativo.Para deseñar con éxito a elaboración do plan dixital desenvolvemos no centro un PFPP. En primeiro lugar realizamos unha análise da situación inicial do centro. Para isto empregamos a ferramenta de diagnose SELFIE,para valorar a competencia dixital media do centro e o Test de Competencia Dixital Docente (CDD) que permitiu ter un informe individual do nivel competencial de cada mestre/a. A partir de aquí, e coa información recadada, realizamos unha análise DAFO para seleccionar as liñas fundamentais do noso Plan Dixital. Unha vez sinaladas as liñas de actuación, coa colaboración da totalidade do profesorado do centro e dos informes realizados, marcámonos uns obxectivos smart e actuacións concretas para a consecución de ditos obxectivos que forman parte do Plan de Acción deste plan dixital e que serán desenvoltas durante o curso 2022-2023.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE

Test CDD

Outras fontes: Na elaboración da análise DAFO tamén tivemos en conta aportacións realizadas no seo do PFPP que se estaba a desenvolver no centro, as enquisas realizadas ao alumnado de 5º e 6º de primaria para tal fin e a documentación de centro como o Proxecto Educativo e a Programación Xeral anual, especialmente baseandonos nos obxectivos a acadar marcados, valorando cales continuamos a ter problemas para desenvolver, ou poden ser mellorados, e poden ser acadados grazas ao desenvolvemento deste plan.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Fenda dixital: apoio para abordar as dificultades. Alumnado Si
Debilidade Fenda dixital: apoio para abordar as dificultades Familias Si
Debilidade Dispositivos dixitais para o aprendizaxe: os dispositivos existentes nos centros están na súa maioría en mal estado e/ou antigos. Asistencia técnica: o servizo ofertado a veces retardase ou debe ser realizado polo profesorado telefonicamente, o que impide o uso efectivo en ocasións dos equipos do centro. Infraestruturas Si
Debilidade Equipo directivo: Sobrecarga de accións e proxectos que chegan ao centro. Carga burocrática e de funcións. Organización de centro Non
Debilidade Tempo para explorar o ensino dixital: falta de tempo en horario escolar debido á carga lectiva e de funcións do profesorado. Carga burocrática. - Disminución do número de profesorado na plantilla o que dificulta a atención. Outras Non
Debilidade Protección de datos: falta formación no profesorado sobre protección de datos e REA. - Falta de formación do profesorado na aplicación didáctica das TIC. - Falta de formación na aplicación das TIC co alumnado NEAE ou NEE. Documentación do aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa: emprego de Abalar e correo como vehículo principal de comunicación e colaboración da ANPA incondicional. Familias Non
Fortaleza Espazos físicos: no centro contamos con aulas amplas e espazos que podemos empregar. Infraestruturas Si
Fortaleza Dispositivos dixitais para o ensino: o profesorado conta con dispositivos actualizados grazas ao programa EDIXGAL. Infraestruturas Non
Fortaleza EDIXGAL PROXECTOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA ABP (Aprendizaxe baseado en proxectos) Recursos educativos en liña. Creación dos propios recursos para a docencia. PDI (proxecto documental integrado). Oferta Si
Fortaleza Uso habitual xa de Abalar Móbil e Páxina web como medios de comunicación. Centro con unha boa ratio de alumnado o que permite o traballo mais personalizado. Emprego de entornas virtuais de aprendizaxe. Aula virtual do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Intercambio de experiencias: boas prácticas docentes e gran implicación e colaboración do claustro. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Necesidade de mellora das funcións e capacidade dos correos corporativos e creación de ferramentas que simplifiquen o traballo burocrático. Administración educativa Non
Ameaza A zona na que nos atopamos dificulta o acceso a unha boa conexión de rede en determinados momentos. Contorna Non
Oportunidade A gran oferta de proxectos de innovación educativa Administración educativa Si
Oportunidade A implicación da actual ANPA fai posible a dinamización e participación da comunidade educativa nas iniciativas do centro. ANPA Non
Oportunidade Unha aumento da presenza das TIC e da importancia do seu uso dentro da lexislación Lexislación Non
Oportunidade O traballo con asociacións e empresas adicadas a traballar coas TIC e que poden realizar obradoiros ou actividades no centro educativo, así como para a formación do profesorado Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Aumentar o acceso do alumnado a diferentes dispositivos dixitais para enriquecer o desenvolvemento do proceso de ensinanza-aprendizaxe e a súa competencia dixital
Coñecer e valorar a importancia dos Dereitos de Autor e Licenzas de uso na creación de contidos para a aula e para o centro.
Desenvolver as competencias clave do alumnado mediante un proxecto interdisciplinar con un núcleo fixo de interese sobre o desenvolvemento sostible sobre o que organizar e desenvolver as áreas de aprendizaxe do currículo empregando as TIC como vehículo para o acceso e tratamento da información e para a avaliación mediante o desenvolvemento de instrumentos de avaliación.
Favorecer a inclusión e desenvolvemento das competencias clave do alumnado NEAE.

Seguimento

Procedemento

Reaalizarase una vez ao trimestre, mediante a reunión do claustro, coordinado polo Coordinador TIC e a coordinadora do Plan DIxital, valorando o desenvolvemento de cada obxectivo, analizando resultados e modificando, no caso de ser necesario, as accións, valorar as dificultades atopadas e propor melloras. 

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:

  • Avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións, dificultades atopadas e as propostas de mellora.
  • Avaliación final realizarase unha única vez ao remate do curso escolar. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos, as dificultades atopadas e as propostas de mellora para o vindeiro curso escolar. 
Valoración xeral

A valoración xeral da implantación do Plan Dixital é moi favorable debido a que se acadou case a totalidade dos obxectivos propostos. 

Aqueles que non puideron ser realizados por falta de tempo, formación ou equipamento serán aprazados para o vindeiro curso escolar. 

Proposta de mellora

Continuar a desenvolver e mellorar os obxectivos xa acadados. 

Continuar coa formación do profesorado no emprego das TIC, TAC e TEP para a practica docente diaria. 

Formación para o emprego das TIC e TAC na inclusión de alumnado NEE e NEAE. 

Aumentar a participación das familias de xeito activo nalgunha das iniciativas do Plan dixital. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión deste plan dixital e posta en coñecemento de toda a comunidade educativa realizaremos as seguintes accións:

  • Presentación do plan á totalidade do claustro e consello escolar.
  • Publicación do plan na páxina web do centro.
  • Notificación por Abalar as familias da creación e importancia do plan.
  • Presentación do plan a comezos do curso escolar 2022-23 ao novo profesorado de habelo, alumnado e familias.
  • Incorporar do plan aos documentos de centro pertinentes.
  • Revista escolar co resumo das actividades do centro.