Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución
1.1. Datos básicos do centro
Nome do Centro: CEIP de Arcediago
Dirección: Agro do Chao s/n. Santiso (A Coruña). 15808
Correo Electrónico: ceip.arcediago@edu.xunta.gal
Etapas educativas: Educación Infantil e Educación primaria
Número de alumnado: 40
Número de profesorado: 6
1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto
Educativo do Centro
-Encaixar no contexto insitucional que vén recollido no Proxecto Educativo de Centro.
-Plan Dixital en consonancia, consecuente e complementario do Proxecto Educativo de
Centro.
1.3. Breve xustificación do mesmo
Este Plan Dixital responde á necesidade de unificar e sistematizar todas as iniciativas, actividades
e esforzos que se desenvolven no centro, e que están relacionados co uso das ferramentas
dixitais para a planificación, o desenvolvemento e a avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe.
Dende fai anos, as chamadas Tecnoloxías da Información e da Comunicación foron gañando
presenza e protagonismo nos Centros educativos, sendo ferramentas auxiliares nos diferentes
procesos, tanto nos didácticos como nos administrativos, comunicativos...
Na actualidade, as ferramentas dixitais son inherentes á sociedade da que forman parte os
docentes e tamén as nenas e nenos, polo que deben formar parte do día a día dos Centros
educativos, dado que aportan un valor engadido do que todos somos conscientes.
A pandemia da que estamos a saír puxo de manifesto todas as potencialidades que agochan,
relacionadas fundamentalmente coas posibilidades comunicativas sincrónicas e asíncronas, coa
interactividade, coa adaptacións aos diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe...
Polo tanto, este Plan Dixital vén a unificar todas as iniciativas que se desenvolven no Centro
relacionadas co uso das Ferramentas Dixitais, conformando un Documento no que se establecen
os Obxectivos a conseguir, e un Plan de Acción para cada un deles.
Como non podería ser doutra maneira, existe un marco normativo que articula a elaboración e
características do nomeado Documento, e que se recolle deseguido:
-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de
Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento
das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
-Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de
Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento
dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación
Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación
do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade
Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
1.4.Proceso de elaboración
Para a elaboración deste Documento, levouse a cabo un traballo colaborativo.
Creouse no Centro un Equipo de Dinamización do Plan Dixital e, baixo a súa coordinación, fóronse
articulando e desenvolvendo as diferentes accións que o equipo ADIX ao que pertence o Centro
foi indicando.
Do mesmo xeito, creouse un Seminario formativo no que participou todo o profesorado, sendo o
obxectivo fundamental do mesmo a elaboración do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A pesares de ser nativos dixitais, presentan escasos coñecementos no manexo do equipamento informático, mais alá de dispositivos táctiles e relacionados cos aspectos lúdicos das Tecnoloxías Dixitais. Alumnado Non
Debilidade Creación de contidos dixitais por parte do alumnado Alumnado Non
Debilidade Fomento da capacidade de valorar o traballo que os demais realizan e comparten a través da Internet Alumnado Non
Debilidade Capacidade do alumnado de comunicarse a través das Tecnoloxías Dixitais. Alumnado Non
Debilidade Fomento de pautas de actuación entre o alumnado para o uso seguro de Tecnoloxías Dixitais. Alumnado Non
Debilidade Escaseza de coñecementos na utilización deTecnoloxías Dixitais con fins educativos. Familias Non
Debilidade Escasez nos fogares de tecnolxías dixitais. Familias Non
Debilidade Dificultades de acceso a Internet Familias Non
Debilidade Pouco coñecemento do uso que os seus fillos fan dos dispositivos, que se traduce tamén nunha baixa supervisión Familias Non
Debilidade Infraestrutura dixital deficiente na futura aula de informática. Infraestruturas Non
Debilidade Dispositivos obsoletos/desactualizados. Infraestruturas Non
Debilidade Asistencia técnica Infraestruturas Non
Debilidade Existencia de sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade Dificultades para a resolución das incidencias (falta de coñecementos para resolvelas, falta de tempo...) Organización de centro Non
Debilidade Uso de Tecnoloxías Dixitais para informar ao alumnado sobre os resultados da avaliación. Persoal docente Non
Debilidade Uso de Tecnoloxías Dixitais para colaborar con outras institucións Persoal docente Non
Debilidade Uso de Tecnoloxías Dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa propia aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando as Tecnoloxías Dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Avaliación do progreso na utilización das Tecnoloxías Dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Existencia de reflexión sobre o desenvolvemento Profesional Continuo. Persoal docente Non
Debilidade Creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Emprego de Contornas Virtuais de Aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade Fomento da creatividade a través das tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Uso de tecnoloxías Dixitais para a coavaliación do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza A pesares de ser nativos dixitais, presentan escasos coñecementos no manexo do equipamento informático, mais alá de dispositivos táctiles e relacionados cos aspectos lúdicos das Tecnoloxías Dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Creación de contidos dixitais por parte do alumnado Alumnado Non
Fortaleza Fomento da capacidade de valorar o traballo que os demais realizan e comparten a través da Internet. Alumnado Non
Fortaleza Capacidade do alumnado de comunicarse a través das Tecnoloxías Dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Predisposición para a utilización de Tecnoloxías Dixitais. Familias Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o uso nos procesos de E/A. Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos dixitais a disposición do alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza Interese pola incorporación, ao Centro, de Tecnoloxías Dixitais Innovadoras. Organización de centro Non
Fortaleza Utilización das ferramentas institucionais para as comunicacións coa Comunidade Educativa (web do Centro, Abalarmobil...). Organización de centro Non
Fortaleza Uso das Tecnoloxías Dixitais para as Comunicacións coa Comunidade Educativa. Organización de centro Non
Fortaleza Existencia de debate sobre as vantaxes e desvantaxes no uso das Tecnoloxías Dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Realización de actividades utilizando as tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Realización de actividades utilizando as Tecnoloxías Dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Busca de recursos dixitais en Internet. Persoal docente Non
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza. Persoal docente Non
Fortaleza Respecto polos dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
Fortaleza Preferencia polo uso de recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza Adaptación dos métodos ás necesidades do alumnado utilizando Tecnoloxías Dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Utilización de Tecnoloxías Dixitais para favorecer a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Utilización de tecnoloxías Dixitais para avaliar ao alumnado. Persoal docente Non
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia nos procesos de solicitude dos Plans e Programas (proxecto previo, memoria, avaliación do mesmo, análise de impacto...). Administración educativa Non
Ameaza Excesiva tardanza na resolución das incidencias que requiren a presenzadun Técnico no Centro. Administración educativa Non
Ameaza Espazos físicos insuficientes para unha correcta organización dos Dispositivos Tecnolóxicos. Administración educativa Non
Ameaza Tempo para explorar a Ensinanza Dixital. Administración educativa Non
Ameaza Falta de mantemento e renovación do equipamento tecnolóxico do Centro Administración educativa Non
Ameaza Escasa atención aos aspectos relacionados coa alfabetización dixital das familias e do propio alumnado, no contexto das actividades Extraescolares. ANPA Non
Ameaza Fenda Dixital. Contorna Non
Ameaza Inestabilidade lexislativa, continuos cambios, con grande carga burocrática para os Centros, o cal xenera unha inevitable desatención a outros aspectos, como poden ser as Tecnoloxías Dixitais. Lexislación Non
Ameaza Escasa difusión da normativa sobre Dereitos de Autor e Licenzas de Uso. Lexislación Non
Oportunidade Oferta de programas, plans, proxectos, formación... que inciden directamente no uso e aplicación ao ensino das Tecnoloxías Dixitais (Edixgal, Robótica Educativa, Impresión 3D, Digicraft...). Administración educativa Non
Oportunidade Sinerxias para a aprendizaxe mixta (oportunidades a través da Formación). Administración educativa Non
Oportunidade Existencia de posibilidades de formación para o Desenvolvemento Profesional Continuo. Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de avaliar a propia Competencia Dixital Docente. Administración educativa Non
Oportunidade Publicación de Plans e Proxectos que xeran oportunidades de actualización nos centros. Outras Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Obradoiro TIC para dar a coñecer aos novos docentes que se incorporan no CADP ou CXT con que ferramentas TIC se traballa no centro así como facer de gúia no proceso de aprendizaxe das mesmas.
O02PD Montar a aula de informática facendo inventario e seleccionando os recursos TIC dispoñibles.
O03PD Empregar a aula virtual como ferramenta habitual no proceso de ensino-aprendizaxe.
O04PD Promover o emprego da aula virtual do centro por parte do profesorado e o alumnado.
O05PD Formar ao alumnado no manexo básico dun equipo informático e na resolución de pequenos problemas técnicos.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Aprobado polo Consello Escolar, este documento difundirae entre a comunidade educativa, utilizando os medios habituais (páxina web do centro).