Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A Ley Orgánica 3/2020, do 20 de decembro, (LOMLOE) regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa. O Proxecto Educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. 

Os centros docentes elaborarán o seu Plan Dixital dacordo coas instrucións que se diten na normativa vixente:

  • LOMLOE, 3/2020, 29 de decembro, de Educación (LOMLOE)
  • RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non se fomenta a colaboración do alumnado a través de tecnoloxías dixitais. (F5) Alumnado Si
Debilidade Non existe sinerxia para a aprendizaxe mixta. (B4) Familias Non
Debilidade Poucos intercambios de experiencias/coñecementos entre o profesorado. (D3) Persoal docente Si
Debilidade Os datos obtidos dixitalmente non teñen un gran peso na avaliación do alumnado. (G9) En xeral, non se desenvolven prácticas de avaliación dixital para valorar as competencias do alumnado e o proceso de ensino-aprendizaxe. (G) Persoal docente Si
Debilidade Escasos proxectos interdisciplinares utilizando as TIC. (F6) Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado participa en iniciativas que melloran o comportamento responsable na rede. (H1) Incorporación nas diferentes materias de conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na Internet, etc. Alumnado Si
Fortaleza Gran parte do alumnado conta con recursos dixitais na casa. Familias Si
Fortaleza O centro dispón cada vez de máis recursos dixitais e fomenta o seu uso (C8): 2 aulas de informática, tablets dixitais, ordenadores en cada aula, proxectores e monitores interactivos... Infraestruturas Si
Fortaleza O claustro móstrase aberto a novas modalidades de ensinanza. (A3) Persoal docente Si
Fortaleza Si existe debate sobre o uso da tecnoloxía. (B2) Persoal docente Non
Fortaleza Existencia dunha comunicación fluída coa comunidade educativa a través dos servizos corporativos (AbalarMóbil, web). (E4) Persoal docente Non
Fortaleza Realízanse actividades TIC que integran ao alumnado. (F1) Persoal docente Si
Fortaleza Boa participación no DCP. (D2) Persoal docente Non
Fortaleza Oferta de cursos de formación. Persoal docente Si
Fortaleza O claustro crea e emprega numerosos recursos educativos en liña. (E1) Persoal docente Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non existe un tempo específico adicado a explorar o ensino dixital (A4) nin para a creación de materiais de aprendizaxe, ao ter que realizar tarefas varias de aula, equipos, coordinacións e reunións. Administración educativa Si
Ameaza Non hai achegas para equipamento nin recursos materiais dixitais por parte da Administración. Administración educativa Non
Ameaza O alumnado non ten coñecementos en codificación/programación. (H11) ANPA Non
Ameaza Lexislación educativa cambiante. Quita tempo para un traballo eficaz. Lexislación Non
Oportunidade O centro conta con numerosos dispositivos dixitais para o ensino. (C2) Administración educativa Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir das debilidades e ameazas identificadas a partir da análise DAFO, identificamos as áreas prioritarias e os obxectivos que queremos acadar co Plan Dixital de centro:

  1. Programar actividades e tarefas para que o alumnado poida ser competente dixitalmente.
  2. Elaborar un banco de recursos educativos propios na Aula Virtual do centro para a consulta e utilización de todo o Claustro.
  3. Lograr unha rede de colaboración e compartir coñecementos e experiencias entre o profesorado do centro.
  4. Propoñer proxectos interdisciplinares nos que o alumnado de 5º e 6º de EP traballe e colabore de xeito dixital.
  5. Iniciarse na programación a través do uso de Escornabots (Infantil e 1º ciclo de Primaria).
  6. Desenvolver no alumnado competencias de alfabetización dixital na materia de Proxectos competenciais (en 3º e 5º de Primaria).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Programar actividades e uso de espazos para que o alumnado poida ser competente dixitalmente. (H10, F4*)
O02PD Elaborar un banco de recursos educativos propios na Aula Virtual do centro para a consulta e utilización de todo o Claustro. (B3, E3*)
O03PD Formar ao profesorado en diferentes ámbitos relacionados ca súa competencia dixital.
O04PD Propoñer actividades de competencia dixital relacionadas co proxecto interdisciplinar anual así como nas distintas conmemoracións. (F5, F6, G9, H4, H7, H8*)
O05PD Impulsar no centro o proxecto de Polos Creativos.

Seguimento

Procedemento

Para o procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de accións e obxectivos realizaremos unha avaliación procesual cunha xuntanza trimestral. Os aspectos a valorar incluirán as dificultades que nos imos encontrando no camiño, o estado da execución das accións que se realizaron neste trimestre ou o aprazamento das mesmas se fose necesario, os obxectivos que imos acadando etc...

 

 

1º Trimestre

Comezarase a traballar na elaboración de recursos dixitais de apoio as distintas festividades e conmemoracio¿ns celebradas no primeiro trimestre (samaín, magosto, 25N, nadal..) así como a elaboración de distintos calendarios para o uso semanal de todos os niveis das tablets e da aula de informática. Por outro lado, actualizaranse e reorganizanse os recursos así como o acceso de todo o profesorado e alumnado da aula virtual. Para unha boa coordinación entre o profesorado, informarase a idea de levar a cabo unha rede de colaboración entre os distintos docentes sobre coñecementos e experiencias sobre as TIC.

 

2º Trimestre

Neste trimestre destacarase:

  • Realización de actividades que permitiron ao alumnado ir progresando no desenvolvemento da sua competencia dixital.
  • Elaboración de recursos dixitais de apoio ás distintas conmemoracións (carnaval, 8M...)

  • Utilización dos Escornabots.

  • Instauración dunha rede de colaboración entre o profesorado para compartir coñecementos e experiencias.

  • Ampliación do banco de recursos educativos propios na Aula Virtual do centro.

3º Trimestre

Neste trimestre destacarase:

  • Instauración dunha rede de colaboración entre o profesorado para compartir coñecementos e experiencias.

  • Elaboración de recursos dixitais de apoio as distintas conmemoracións correspondentes ao tercer trimestre.

  • Colaborar cos distintos equipos de dinamización para levar a cabo o proxecto interdisciplinar do centro.

  • Formación ao claustro sobre a administración da aula virtual.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación final, realizarase, a lo menos, unha reunión ao remate do curso académico 2023-2024, na que incluiremos entre os aspectos a valorar, o grado de consecución de cada obxectivo, a avaliación do Plan Dixital en xeral e as propostas de mellora para o curso seguinte.

As propostas de mellora que se recollan tanto nas sesións trimestrais coma na sesión final (ao remate do curso) ditarán as posibles modificacións que o Plan Dixital precise no futuro, tanto no seu Plan de Acción coma no documento en xeral.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A memoria deste plan levarase ao Claustro e posterior aprobación polo Consello Escolar o día 27 de xuño de 2024.
De cara ao curso escolar 2024/2025, o Equipo Directivo, en coordinación co Equipo TIC do centro, promoverá a súa
difusión e posta en marcha.