Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O contexto dun centro en canto á competencia TIC é cambiante e confórmase en función das persoas da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias...) e das necesidades, debilidades e fortalezas que presentan en cada momento. Por iso é preciso facer unha análise a este respecto cada inicio do curso, para poder adaptar a planificación anual ás necesidades reais de cada ano escolar.

Con independencia desta variabilidade, a analizar periodicamente, sinálanse a continuación algunhas referencias xerais con respecto á identidade do centro relacionadas coa integración das TIC:

Traxectoria do centro en Programas TIC

Programa Abalar: O centro incorporouse a este programa no curso 2013/14, o que supuxo un importante impulso no desenvolvemento da competencia dixital no alumnado de 5º e 6º de primaria.

E-DIXGAL: No curso 2020/21 aprobouse o proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) coa conseguinte incorporación no ensino de libros dixitais e unha importante e necesaria actualización de equipos informáticos. Desde entón, o alumnado de 5º e 6º utiliza de forma ordinaria e diaria ultraportátiles para manexar contidos dixitais.

Competencia dixital e formación do profesorado

A pesar da existencia de diferentes niveis de competencia dixital entre o profesorado, existe en xeral unha boa disposición á integración das TIC na aula e tamén cara a auto-formación, sexa asistindo a cursos organizados por organismos oficiais (CFR/CAFI e outros) ou formacións informais ou extraoficiais no propio centro (compartindo ideas ou experiencias TIC, titoriais de uso de ferramentas dixitais ou apps...).

A maior parte parte do profesorado definitivo do centro realizou o curso organizado polo CFR de A Coruña Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes, que facilitou a formación básica na utilización de Moodle, AbalarMóbil e videoconferencias.

Un gran número do profesorado do centro ten superada a formación Introdución ao EVA E-Dixgal.

Unha alta porcentaxe de mestras e mestres participou no PFPP Implementación do Plan Dixital.

Alumnado

Aínda que en xeral o alumnado do centro utiliza de modo habitual dispositivos dixitais na súa vida familiar e escolar (ordenadores e periféricos, pantalla dixital, tabletas, móbiles...), faise moi necesaria a intervención directa na aula con respecto á competencia en entornos tecnolóxicos e dixitais.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración da nosa análise DAFO tivemos en conta aspectos cuantitativos e cualitativos extraídos das seguintes fontes: o Informe SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente.

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escaso traballo interdisciplinario (F6). Alumnado Si
Debilidade Escasa práctica de avaliación con instrumentos dixitais variados (G6). Persoal docente Si
Debilidade Pouca valoración do proceso de ensino-aprendizaxe coas TIC (B1). Persoal docente Si
Fortaleza Participación no proxecto E-Dixgal en 5º e 6º EP (H1). Alumnado Si
Fortaleza Facilidade para buscar recursos educativos en liña (E1). Persoal docente Si
Fortaleza Emprego de tecnoloxías dixitais para as comunicacións relativas ao centro educativo (E4). Persoal docente Si
Fortaleza Coñecemento da aula virtual do centro (A3). Persoal docente Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Pouco fomento de proxectos interdisciplinarios empregando tecnoloxías dixitais (F6). Administración educativa Si
Ameaza Elevado número de alumnas/os por aula (H7). Administración educativa Si
Ameaza Escasa colaboración con outras entidades (B3). Outras Si
Oportunidade Acceso a formación dixital continua (D2). Administración educativa Si
Oportunidade Alta porcentaxe de familias con AbalarMóbil (E4). ANPA Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise DAFO establécense as áreas de mellora prioritarias e os obxectivos que queremos acadar.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Consolidar o proxecto E-Dixgal
O02PD Elaborar proxectos interdisciplinarios, relacionados co cinema, empregando as TIC
O03PD Participar en PFPP para mellorar a competencia TIC docente

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento deste plan e da consecución dos obxectivos constará de:

Avaliación procesual: a frecuencia da súa realización será dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

 

1º Trimestre

Estanse a desenvolver as accións propostas sen dificultade.

2º Trimestre

Estanse a desenvolver as accións propostas sen dificultade.

3º Trimestre

Completadas todas as accións dos tres obxectivos propostos para este curso. Valoración positiva.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento para a avaliación do desenvolvemento deste plan e da consecución dos obxectivos constará dunha avaliación final. A súa realización terá lugar a final de curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Cumpríronse os tres obxectivos propostos para este curso cunha valoración xeral positiva.

Proposta de mellora

Poder recibir formación ao longo do 1º trimestre.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A este Plan Dixital, unha vez aprobado no mes de outubro de 2023, daráselle difusión entre toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipwenceslaocorunha/

Enlace Plan Dixital