Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

A Escola de Arte e Superior de Deseño “Pablo Picasso” de A Coruña é un Centro de Estudios sostido con fondos públicos adicada ao ensino das seguintes especialidades:

• Ensinanzas Artísticas Profesionais: Ciclo Superior de Ilustración  | Ciclo Superior de Fotografía | Ciclo Superior de Escultura aplicada ao espectáculo | Ciclo Superior de Dourado, Prateado e Policromía Artística.

• Ensinanzas Artísticas Superiores: Deseño Gráfico | Deseño de Interiores.

• Oferta Modular: Taller Cerámico I e II | Taller de Madeira.

Todas as especialidades están definidas pola Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo e pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

• Reúne logo, a dobre condición de Escola de Artes Plásticas, herdeira dunha longa tradición no ensino das Artes Plásticas, as Artes Aplicadas, as Artesanías e os Oficios Artísticos, coa de Escola Superior de Deseño, con vocación de ensino no ámbito que é propio de Titulacións Oficiais incluidas no nivel 2 (Grado) do MECES (Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior); sendo estas dúas condicións irrenunciables e mutuamente enriquecedoras.

• A realidade cultural do entorno socio-económico da Escola é quen lle outorga os rasgos máis salientables da mesma, que son:

a) A Escola promove unha formación profesional e artística en prol da igualdade entre homes e mulleres e entre individuos de diferentes etnias e culturas.

b) A Escola ten, e emprega como lingua oficial o galego, lingua propia da Comunidade Autónoma de Galicia e da súa Administración Educativa. A plena normalización lingüística é un obxectivo a acadar.

c) A Escola imparte formación nun ámbito de convivencia definido polo respecto ás opinións alleas, a tolerancia, a responsabilidade e o espírito de traballo, promovendo a participación e a formación da vontade colectiva de xeito democrático.

d) A Escola, como Centro sostido con fondos públicos, e de acordo coa autonomía de xestión económica permitida pola lexislación vixente, asigna os recursos de xeito transparente e de acordo cos criterios acordados na Comisión Económica e na Xunta de escola, tendo en conta tódolos eidos contemplados no seu orzamento. A Escola no desenvolvemento desa mesma autonomía financeira, non renuncia á obtención de recursos económicos complementarios derivados da súa actividade.

e) A formación impartida na Escola, finalista e non propedéutica, e a relación da mesma co mundo laboral e artístico obrigan a que a Escola non limite a súa relación co mundo laboral á xestión da “Formación práctica en empresas, estudos ou talleres ou a xestión da bolsa de traballo”, senón que se dá a diferentes niveles de colaboración mutua entre a Escola e as empresas, corporacións públicas e privadas, institucións, artistas, asociacións de corte social, etc... 

f) A Escola é unha das institucións docentes públicas máis antigas do Concello de A Coruña.

2. Contextualización Normativa

  • Art. 111 bis que fai referencia ás tecnoloxías da información e a comunicación, Art. 121 que indica que o proxecto educativo do centro ten que recoller a estratexia dixital do mesmo, e Art. 132 que outorga á dirección a tarefa de promover a innovación educativa da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021- 2022 que insta aos centros a elaborar no curso 2021-22 o plan dixital de centro.
  • Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), liña que segue a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para concretar a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensinoa-prendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.
  • O Regulamento polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Consello Europeo do 11 de febreiro de 2021 establece como un dos seus principais eixes a transformación dixital na procura da excelencia, a universalidade e a equidade na educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. Esta resolución establece os principios, a temporalización, os instrumentos, a formación e a coordinación para a realización do Plan Dixital.

3. Proceso de elaboración

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital está formado polo director, secretario, xefa de estudos e coordinador TIC. A comunicación da información necesaria para desenvolver o PD realizouse por dúas vías: 

Consellería---Dirección do centro----Coordinador---Equipo de Dinamización e Asesor ADIX---Coordinador----Equipo de Dinamización

Para o intercambio de documentación e acceso á información entre os membros do Equipo de Dinamización creouse un espazo en Moodle onde se colgaron todos os documentos facilitados polo asesor, asi como os resultados do SELFIE e o CDD. A comunicación con asesor realizouse a través de Moodle, móbil e whatsapp.

A elaboración do DAFO realizouse coa ferramenta BOARD, previa reunión do Equipo de Dinamización para debater sobre os ítems a incorporar. O mesmo sucedeu co Plan de Acción, empregouse a plantilla facilitada polo asesor para a súa redacción final, previa reunión do Equipo de Dinamización para definir os obxectivos. Polo que respecta á redacción deste Plan Dixital é un proceso conxunto realizado en liña a través do espazo Abalar.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para realizar a análise DAFO empregamos o test SELFIE e o test CDD (Competencia Dixital Docente), así como reunións presenciais do equipo.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasa capacitación dixital ao alumnado por parte do profesorado. Definir as enquisas dixitais de avaliación da actividade docente. O alumnado descoñece existencia de dispositivo en préstamo. Alumnado Non
Debilidade Inexistencia de repositorios online de materiais de aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade Escaso manezo dos equipos informáticos a nivel de hardware. Escaso desenvolvemento da competencia dixital do alumnado. Persoal non docente Si
Fortaleza Emprego de software para fomentar a creatividade. Alumnado Non
Fortaleza O centro dispón de medios informáticos axeitados para a implementación do Plan Dixital. O alumnado con menos recursos ten á súa disposición hardware. Infraestruturas Non
Fortaleza Ampliación de ancho de banda da conectividade WIF Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo apoia ao persoal docente na exploración de novas vías de ensinanza-aprendizaxe mediante uso das TICs. Organización de centro Non
Fortaleza Utilización da plataforma virtual de ensino-aprendizaxe Moodle. Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Necesidade de licenzas de software para o alumnado Escasa flexibilidade nos horarios dos cursos de formación. Administración educativa Non
Oportunidade Aplicación interactiva para a introdución de faltas de asistencia. Cursos de competencia dixital no PFPP. Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de empregar ferramentas dixitais na colaboración externa. Fomentar a participación das empresas na estratexia dixital do centro. Contorna Non
Oportunidade Permitir o ensino mixto para compatibilizar educación con traballo. Lexislación Non
Oportunidade Creación dunha base de datos online a disposición do alumnado para a realización de prácticas en empresa. Outras Non
Oportunidade Desenvolvemento da intelixencia artifical como ferramenta de axuda no deseño Outras Si
Oportunidade Utilización das redes sociais para dar a coñecer a escola Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise e reflexión acerca dos resultados recollidos no DAFO, elaborouse o plan de acción. Para esta primeira versión do PD centrámonos nos seguintes aspectos do DAFO:

  • Área de mellora de infraestructuras e equipamento
  • Desenvolvemento profesional continuo

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aplicación da intelixencia artificial no ámbito do deseño
O02PD Capacitar ao profesorado no emprego dun software de folla de cálculo
O03PD Afianzar a estratexia de difusión a través das redes sociais.
O04PD Realizar o inventariado dixital na aplicación deseñada para tal fin.

Seguimento

Procedemento

Por medio do acompañamento do mentor e observación e medición dos resultados

Comunicación cos coordinadores de formación e as persoas responsables das accións para a consecución dos obxectivos

1º Trimestre

A primeira visita realizouse o 18 de outubro

Con respecto ao obxectivo A.01 realizáronse as accións A.01.1 e A.01.2. O coordinador do curso, Jorge Couceiro García contactou e acordou co ponente, Rubén López Ares o deseño do curso no relativo a obxectivos, competencias e contidos, así como a súa duración que está establecida en 50 horas que inclúen presencialidade e non presencialidade. A acción A.01.3 aínda non se concretou.

Con respecto ao obxectivo A.02, inscrito dentro do itinerario Dixitalización do centro e da comunidade educativa, o coordinador do curso, Manuel Otero Parra xa estableceu as bases da formación. A ponente será Irene Gago Pesado que impartirá a formación no mes de maio. Esta formación consta de 15 horas de docencia directa, 10 horas de traballo individual e 25 horas de traballo grupal.

No tocante ao obxectivo 3 no primeiro trimestre realizouse a difusión da viaxe a Málaga no marco do Proyecto MACO co gallo do 50 aniversario do pasamento de Pablo Picasso.

 

 

2º Trimestre

Con respecto á acción A.01.3 aínda non se concretou.

No marco do obxectivo 3 realizouse toda a promoción das xornadas de arte e deseño BISIONA, organizadas pola EASD Pablo Picasso

3º Trimestre

Concrétase a acción A01.03. Establecer as datas de realización da formación. Acción A01.4 finaliza a última semana de maio. Polo que podemos dar por realizado o obxectivo 1.

As dúas accións especificadas para o obxectivo 02 danse por finalizadas a 31 de maio de 2024.

Do obxectivo 3 estase a realizar a promoción das ensinanzas para fomentar a matrícula de cara ao vindeiro curso. E tamén se fixo unha ampla difusión das actividades realizadas polo equipo de dinamización da lingua galega na festividade do Día das Letras Galegas. Ademáis diso estase a avisar da publicación das notas de acceso aos estudos

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual: realizarase unha vez ao trimestre. Valorarase o estado da execución das accións, os resultados e, se fora necesario, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

Avaliación final: realizarase ao remate do curso escolar. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Dos catro obxectivos programados ao principio de curso acadáronse 3 na súa totalidade e outro de xeito parcial.

 

 

Proposta de mellora

Dotar de orzamento independente aos obxectivos do plan dixital

Involucrar á comunidade educativa

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O enlace ao plan estará dispoñible na páxina web da EASD Pablo Picasso.