Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • O IES Urbano Lugrís está situado nunha das entradas de A Coruña e rodeado polo Polígono Industrial de A Grela e a estación de Ferrocarril. Nos anos oitenta foi un barrio con moitos problemas de drogas e delincuencia e moi pobre tanto a nivel social como económico e cultural. Porén, na actualidade, vai avanzando moito en todos estes aspectos, debido fundamentalmente á construción de novas vivendas, rehabilitación das existentes e á atención que vai poñendo o concello no seu desenvolvemento (urbanización e servizos).

    A maior parte da poboación desta zona da cidade é obreira e nos últimos tempos achegouse moito inmigrante, de feito é o barrio de máis poboación inmigrante da cidade (principalmente nacionalidades suramericanas). Nalgúns cursos da ESO esta porcentaxe chega ata o 30%. A súa incidencia na educación pos obrigatoria (aínda que crecente nos últimos anos) é menos significativa, dada a especificidade dalgúns ciclos que se ofertan, solicitados por alumnos do resto da cidade e incluso doutros lugares da Comunidade Autónoma. A resultas de todo isto, a integración na realidade académica e tecnolóxica do alumnado de ensinanza obrigatoria é bastante complicada tanto por parte dos rapaces/zas como das súas familias.

  • Os propósitos do PD están intrinsecamente relacionados con outras iniciativas do PE do centro, como o Contrato Programa Inclúe-T (especialmente no referente ás barreiras de procedencia comentadas anteriormente), a implantación do Edixgal (este ano en 1º e 2º da ESO e previsto para o próximo en 3º e 4º) ou o PFPP de Internacionalización do centro.

Proceso de elaboración

Pártese do PD do ano anterior, análizando e actualizando o estado das DAFOs detectadas inicialmente.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

No anexos adxúntanse os resultados das enquisas SELFIE das tres etapas educativas así como do TestCDD.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4- O alumnado de ESO/BAC escasamente aprende a comprobar a fiabilidade e calidade da información atopada en Internet. Alumnado Non
Debilidade H6-ou dar crédito do traballo atopado doutros. Alumnado Non
Debilidade A2-Diferenza entre as distintas etapas do uso/aproveitamento/visión metodolóxica das TIC. Organización de centro Si
Debilidade A4- Tempo insuficiente para explorar novas modalidades de ensinanza no eido dixital. Organización de centro Si
Debilidade B2- Debate uso das TIC. Persoal docente Non
Debilidade G3- Baixo uso da tecnoloxía para prácticas de avaliación que faciliten retroalimentación, así como a avaliación iguais. Persoal docente Non
Debilidade D3- Baixo intercambio de experiencias dixitais entre profesionais e falta de asesoramento interno. Persoal docente Si
Fortaleza H13-Inclusión no curso 2023-24 de actividades de programación no Club de Ciencias. Alumnado Si
Fortaleza H17-Obradoiro de identidade (identificación) dixital para o alumnado. Alumnado Si
Fortaleza C16-Implantanción de EDIXGAL en progreso (ata 3º ESO 2023/24). Organización de centro Si
Fortaleza H9/H12- Participación dos membros do EDPD no PFPP de Polos Creativos. Organización de centro Si
Fortaleza E4-Docentes de Ciclos de Telecomunicacións e Informática para tratar a D3 (baixo intercambio de experiencias dixitais e asesoramente interno) Persoal docente Si
Fortaleza F6- Participación no PFPP Impulsando a conectividade Formación XR. Persoal docente Si
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C15- Sen dixitalización da xestión de horarios/gardas/aulas/salas vencellado tamén ao CDD1. Administración educativa Si
Ameaza C3-Baixa calidade/fiabilidade da conexión a Internet. Administración educativa Non
Ameaza C12-Capacitación das familias cos medios dixitais/redes (control parental). Posibilidade de formación externa/obradoiros pola administración. Contorna Si
Oportunidade C16-Licenzas Office 365. Administración educativa Non
Oportunidade C10- Instauración dos Espazos Tecnolóxicos Aplicados na FP Administración educativa Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e a análise dos membros do EDPD, o centro xerou a análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

A destacar:

  • Coincidencia entre alumnado e profesores, así como tamén nos 3 niveis educativos, da baixa puntuación en "Colaboración & Redes (No se debate con el profesor sobre ventajas y desventajas de emplear las tecnologías para el aprendizaje" e en  "Prácticas de evaluación: No se usan las tecnologías para que los alumnnos puedan realizar observaciones sobre el trabajo de otros alumnos o para recibir retroalimentación sobre su propio aprendizaje".
  • O equipo docente atopa como atranco para os seu DPC a falta de orientación/asesoramiento interno o de redes profesionales (con otros profesores).
  • No referente aos factores limitantes do uso das tecnoloxías, en todos os niveis salientan tanto a falta de tempo como a insuficiencia de equipos dixitais.
  • Se ben o nivel de competencia do Centro é o B1 (integrador), como a media da Comunidade Autónoma, o profesorado da ESO só acada o A2. Ademais, todos os niveis educativos sitúanse, en puntos, por debaixo dos promedios da CA.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Incrementar a porcentaxe de docentes nos perfís CDD Experto/a-B2 e Integrador/a-B1 (DPC:D2)
O2PD Incrementar conectividade LAN e eléctrica na Sala Profesores.
O3PD Dixitalizar burocracia
O4PD Continuar Punto/Sesións titorias CDD PROFESORES
O5PD Alumnado dos ciclos, bacharelato e 3º e 4º ESO terá que obter e empregar a identificación/sinatura dixital (DNIe+Certificado Electrónico), así como recoñecer a súa validez nos documentos.
O6PD Aprender os fundamentos da programación e codificación (dirixito ao alumnado da etapa de ensinanza obrigatoria).

Seguimento

Procedemento

O seguimento do desenvolvemento do plan realizarase periodicamente cada trimestre, nas xuntanzas do EDPD. Nestas reunións, valorarase a evolución e consecución dos puntos de acción propostos para acadar os distintos obxectivos fixados. A dita información (así como as posibles modificacións ou melloras que poidan xurdir) reflectiranse nestes apartados trimestrais.

O grado de consecución final dos obxectivos cualificarase anualmente ao rematar o período definido para o plan dixital. Alén de avaliar estes obxectivos e os seus niveis de logro acadados, recolleranse as propostas de mellora, que serán tidas en contar para o vindeiro plan.

1º Trimestre
  • Por mor do atraso da entrega do material dos "POLOS CREATIVOS" atrasouse esta acción, que estaba prevista antes do Nadal, ao mes de abril. O dito atraso, porá en risco a consecución do obxectivo para final do curso das actividades de grabación nas aulas.
  • No CdC avanzouse segundo o previsto, rematando a formación de introducción á programación e a elaboración de rutas con TELLO.
  • Quedan pendentes, sen facer en data, a ampliación das tomas e solicitude de orzamento das tomas da "SALA PROFES".

 

2º Trimestre
  • Finalizado o obxectivo da ampliación de tomas eléctricas e LAN na SalaProfes.
  • Acadao parcialmente o obxectivo da dixitalización da burocracacio, por mor do "Repositorio Dixital para actividades", sobre o que houbo disparidad de criterios co/entre o ED.
  • Actulizado o seguimiento e cumprimento nas distintas accións dos obxectivos.
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

 

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A publicidade e divulgación do plan dixital faise a través dos órganos colexiados de goberno: claustros ordinarios e consello escolar, así como nas ferramentas oficiais de difusión dixital como son a páxina WEB do instituto (sección de documentos do centro) mais a AV (apartado de Dirección).