Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Existe unha grande cantidade de normativa que fai referencia explícita a necesidade, non só dos centros senón tamén do profesorado e do seu alumnado, de traballar neste eido tecnolóxico. A necesidade formativa e de implementación dixital está patente por exemplo en:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

O centro leva anos dando pasos no que a dixitalización se refire profundando no campo tecnolóxico xa desde a implantación do programa abalar hai máis de 10 anos, que por desgraza se foi deixando morrer por parte da Consellería de Educación ao non investir no seu mantemento e renovación e que hoxe en día, xa non serve, por non cumprir os requirimentos mínimos de conexión e uso. Aínda así conseguimos crear dúas aulas de informática con 30 e 20 postos respectivamente que tamén están ameazadas pola falta de renovación ao que nos somete a administración.

Implantamos varios plans de formación en ferramentas dixitais para o profesorado tanto a nivel externo como externo contando na actualidade cun 100% en formación básica en: aula virtual, ofimática, tratamento de arquivos e ferramentas de Google.

Este coñecemento tamén se transferiu ao alumnado, sobre todo a través do plan de continxencia, creado por mor da pandemia. Este plan dixital ten unha vinculación directa tanto co PEC como coa programación Xeral anual a través dos seus obxectivos, como por exemplo, vincular o alumnado coa sociedade actual ou fomentar o uso das novas tecnoloxías. Da mesma maneira o desenvolvemento e fomento da nosa oferta educativa está vinculada de forma específica co Plan Dixital con materias tales como: TIC, programación e robótica.

Proceso de elaboración

O proceso de elaboración parte da necesidade de dotar o centro das pautas básicas para afrontar a dixitalización e a implementación tecnolóxica a través dun plan organizado. Unha guía que nos sirva para sacar adiante os obxectivos propostos.

Sen dubida a obrigatoriedade por parte da administración de elaborar un plan dixital supuxo o empurrón definitivo para implementalo e plasmar no papel algunhas cousas que xa estabamos facendo e grazas ao equipo de titorización ADIX, o traballo ao noso equipo de dinamización resultoulle moito máis sinxelo planificando e temporalizando as reunións a través das diferentes tarefas encomendadas.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida de datos empregáronse o test de Autoavaliación SELFIE, o Test de Competencia Dixital Docente (CDD) e as propias análises e sondaxes que tiñamos feitas sobre as necesidades do centro.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Ampla porcentaxe de alumnado sen formación previa (alumnado estranxeiro, e de incorporación tardía...) Escasa capacidade de resolución de problemas ofimáticos e H13 Alumnado Si
Debilidade Falta de coñecementos previos para a resolución de problemas na educ. dixital Familias Non
Debilidade Existencia de equipamento obsoleto Infraestruturas Si
Debilidade Falta dun plan interdisciplinar para abordar entre todos as carencias da comunidade educativa. Falta de horas para explorar o ensino dixital A4 Organización de centro Si
Debilidade Descoñecemento de ferramentas e programas educativos dixitais H10. Persoal docente Si
Fortaleza Maior motivación xeracional de cara ao uso das novas tecnoloxías H1 a H15. Dispoñemos de medidas de identificación de dificultades do alumnado relacionadas coa aprendizaxe mixta C11. Alumnado Non
Fortaleza Boa predisposición das familias e colaboración na educación C13. Familias Non
Fortaleza Dispoñemos de infraestrutura e asistencia técnica C1, C2, C3, C8 Existencia de 2 aulas de informática e unha biblioteca interactiva C14 Infraestruturas Non
Fortaleza Ampla porcentaxe de alumnado matriculado nas materias de Programación e TIC da nosa oferta educativa H7, H8, H11, H15 Oferta Si
Fortaleza Equipo directivo e grande parte do claustro con boa predisposición ao traballo na innovación dixital A1, A2, A3, D3, E4, C5, F8 Organización de centro Non
Fortaleza - 80% do profesorado traballa coa aula virtual F4, F5 - 2 PFPP cursados en novas tecnoloxías E1 a E4, F1 e F3 - 78% do profesorado con destino definitivo - Existencia dun plan de axuda a profesorado na resolución de problemas con aprendizaxe mixta C12 Persoal docente Si
Fortaleza Coas auxiliares de conversa (francés e inglés) facilítase o intercambio de experiencias coas TIC na comunidade educativa F4, F5, D3 Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Aposta case exclusiva de dotación de material para centros Edixgal Investimento e dotación lenta e desigual Administración educativa Non
Ameaza Barrio densamente poboado, porcentaxe ampla de emigración e nivel socio-cultural e económico medio-baixo Contorna Si
Ameaza Carga administrativa e burocrática excesiva para o centro educativo Lexislación Non
Oportunidade Predisposición da administración a investir en novas tecnoloxías C11 e C12 Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación e colaboración co centro cultural Ágora e asociacións do barrio B3 e B4. Disposición de medidas de identificación de dificultades do alumnado relacionadas coaaprendizaxe mixta. C11OP, C12OP ANPA Non
Oportunidade Boa relación e colaboración co centro cultural Ágora e asociacións do barrio B3 e B4. Disposición de medidas de identificación de dificultades do alumnado relacionadas coaaprendizaxe mixta. C11OP, C12OP Contorna Non
Oportunidade Implementación da educación a distancia na lexislación educativa e facilitación da comunicación dixital alumnado/profesorado. E3 e E4 Lexislación Si
Oportunidade Boa colaboración co Concello da Coruña e con empresas deportivas A6 Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A información do resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa pódese ver na seguinte táboa:  en Anexos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar parte dos equipos existentes
O02PD Protocolizar un sistema de detección de necesidades informáticas entre o alumnado.
O03PD Utilizar a aula virtual e as ferramentas google for education por parte do 80% do profesorado.
O04PD Mellorar o nivel competencial do alumnado. Implementar un plan específico interdisciplinar de formación para o alumnado por parte de todos os departamentos nas programacións.
O05PD Incentivar o uso do banco de recursos e contidos para o profesorado.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Completáronse ao longo do primeiro trimestre as accións seguintes:

AO1.1: Revisar os equipos de aula (profesorado, biblioteca, recursos) e selección dos que se van actualizar

AO1.2: Actualizar equipos e aula (profesorado, biblioteca, recursos, ...)

AO2.1: Utilizar o documento de detección de necesidades.          

AO2.2: Establecer datas para a entrega e recollida dos datos ao alumnado

AO3.1: Dar de alta de todo o profesorado nas dúas plataformas

AO3.2: Dar de alta todo o alumnado nas dúas plataformas

AO4.1: Ter dado de alta todo o alumnado nas dúas plataformas

 

2º Trimestre

Ao longo do 2º Trimestre se implementaron nas aulas as seguintes accións:

  • AO 3.4:Desenvolveuse unha sesión formativa para o profesorado sobre actividades concretas a empregar na Aula Virtual
  • AO 5.1:Desenvolveuse unha sesión formativa para o profesorado sobre o uso do Banco de Recursos
  • AO4.2: Desenvolver o plan específico interdisciplinar
  • A05.2: Dotar de materiais e usar o banco de recursos
3º Trimestre

Ao longo do 3º Trimestre  implementaronse nas aulas as seguintes accións:

  • A03.5: Elaborar e aplicar unha enquisa avaliativa do uso das ferramentas dixitais
  • A05.2: Dotar de materiais e usar o banco de recursos
  • AO4.2: Desenvolver o plan específico interdisciplinar
  • AO4.3: Elaborar e aplicar unha enquisa avaliativa do uso das ferramentas dixitais
  • A05.3: Elaborar e aplicar unha enquisa avaliativa do uso do banco de recursos

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento, unha vez validado e aprobado polos órganos colexiados competentes, será publicado na páxina web do centro.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15005233