Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Breve xustificación do PD

O plan dixital que estamos deseñando necesitará de revisións periódicas para adaptalo da gradualmente aos desafíos pedagóxicos e tecnolóxicos que vaian xurdindo. Dende o primeiro momento concibimos o plan dixital do IESP Eusebio da Guarda como unha ferramenta para impulsar e divulgar o uso da tecnoloxía dixital nos estamentos de docencia e xestión, có fin de acadar os obxectivos nas distintas áreas de mellora.

O desafío é tan impoñente que tivemos que facer unha selección para escoller aqueles que afianzasen unha progresiva mellora para os vindeiros anos.

Contextualización normativa

A Lei orgánica  de educación 3/2020  do 29 de decembro, recolle no artigo único as modificacións dos artigos Art. 111 bis apartados 5 e 6 e Art. 121 punto 1.
A Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 que di na disposición adicional quinta:

Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten

A Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-2022, na disposición adicional.
Resolución de 4 de maio de 2022, de la Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial, por la que se publica el Acuerdo de la Conferencia Sectorial de Educación, sobre a actualización do marco de referencia da competencia dixital docente.
E por último concrétase o proceso de execución do Plan Dixital na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

A finalidade primordial da educación debe estar orientada a lograr o desenvolvemento da personalidade do alumnado e a súa preparación para afrontar a vida futura. Por isto, é necesario potenciar o traballo no ámbito cognitivo, o respecto aos dereitos e liberdades básicas recoñecidas pola Constitución -tolerancia e liberdade en democracia- e a adquisición  de hábitos intelectuais e de técnicas de traballo que  os capaciten para o desempeño da súa futura actividade profesional. 
 
A educación debe ser a principal impulsora para lograr a mellor preparación para ese futuro laboral que lles agarda.  Reforzar os coñecementos da sociedade da información e a comunicación, apostando por unha actitude que oriente aos individuos a través dunha aprendizaxe significativa, e os transforme, de acordo co enfoque da UNESCO, en persoas capaces de empregar este bagaxe para xerar novo coñecemento, é o camiño a seguir. Neste contexto, as ferramentas TIC serán integradas no ámbito educativo. O docente sentirase comprometido có novo escenario a mudar a súa orientación pedagóxica, integrando as ferramentas TIC na súa docencia. Non poderemos ter éxito neste propósito si non se acada a mellora da competencia dixital do alumnado e a do docente.

A LOMLOE destaca que o uso xeneralizado das tecnoloxías da información e da comunicación acelerou cambios profundos na comprensión da realidade e na maneira de comprometerse e participar nela.  Este cambio de enfoque require dunha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía,  que afecta de forma diferente a mulleres e a homes. Non podemos evadirnos dunha reflexión ética acerca da relación entre  as tecnoloxías, as persoas,  a economía e o ambiente. Segundo esta lei, sería de gran importancia, incorporar este cambio dixital para que afecte a como aprenden e se relacionan os discentes, incorporando  tamén,  contidos transversais específicos para superar a fenda dixital de xénero. 

Algúns dos Obxectivos Xerais do PEC nos que incide o Plan Dixital serán:

  • Promover, como Comunidade Educativa, a mellora no nivel de formación dos docentes nos campos científico, disciplinar e didáctico.
  • Deseñar e utilizar estratexias que faciliten a aprendizaxe do alumnado.
  • Elaborar proxectos curriculares que faciliten a relación do alumnado coa realidade á que pertencen, na que teoría e  práctica estean relacionadas.
  • Aplicar unha metodoloxía que fomente a participación do alumnado. Deseñar actividades interdisciplinares.

Dentro das necesidades detectadas e de acordo có Plan de Desenvolvemento Europeo do centro, mantemos o obxectivo de: mellorar a práctica docente creando contornas mais modernas, dinámicas, abertas a novas prácticas educativas,  e novas estratexias metodolóxicas en colaboración con outros centros educativos e institucións.
Finalmente, seguindo os obxectivos xerais da Estratexia Galega de Educación Dixital (Edudixital 2020), consideramos a importancia de afianzar a competencia dixital e a científico-tecnolóxica e romper a fenda de xénero aspirando a un incremento do número de alumnas en estudios STEM.

Nestes últimos cursos a nosa Comunidade Educativa ten unha traxectoria na que mostra un gran interese por actualizarse no ámbito das novas tecnoloxías, participando en distintos programas: programas de innovación, de éxito educativo e plan proxecta, entre outros.

Proceso de elaboración

Fixemos a diagnose do noso alumnado e profesorado, por medio do informe SELFIE e do test CDD. Posteriormente elaboramos e analizamos o DAFO e finalmente procedeuse a elaboración dun plan de actuación no que se estableceron os obxectivos específicos e os indicadores de logro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O Equipo de Dinamización Dixital do Centro e seguindo as directrices para a elaboración do Plan Dixital, contidas da Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, consultou a o profesorado e o alumnado do noso centro empregando as ferramentas dispoñibles: SELFIE e o testCDD.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11 Aprender a codificar ou programar. Alumnado Non
Debilidade C1 Infraestrutura dixital do noso centro obsoleta e insuficiente. Infraestruturas Non
Debilidade F6 Proxectos interdisciplinares. Falta dun espazo adaptable, que permita xuntar ao alumnado para fomentar o traballo interdisciplinar e a creatividade, por exemplo unha aula polivalente para o traballo colaborativo (maker, laboratorio, medios). E tamén falta un espazo para xerar sinerxias entre o profesorado que promovan a colaboración neste tipo de proxectos. Infraestruturas Non
Debilidade B4/B4OP Escasa implantación do ensino e a aprendizaxe híbrida. Organización de centro Non
Debilidade G6, G7 Emprego insuficente de estratexias de avaliación do progreso do alumnado, evaluación formativa. Persoal docente Non
Fortaleza C5 Asistencia técnica proporcionada polo noso centro. Infraestruturas Non
Fortaleza E1 O profesorado busca e emprega recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza E5 Uso de recursos educativos abertos. Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C14 Espazos físicos: o noso centro é dunha arquitectura singular e ríxida o que dificulta adoptar medidas de flexibilidade para adecuar os mesmos a novos fins. Administración educativa Non
Ameaza C5 Asistencia técnica externa ineficiente. Administración educativa Non
Ameaza A4 Carencia de tempo para explorar o ensino dixital. Administración educativa Non
Ameaza C7 A protección de datos tan esixente, demanda un correo corporativo tamén para o alumnado e a implantación de aplicacións dixitais que cubran as necesidades do docente integradas, todas elas, nunha única plataforma. Lexislación Non
Ameaza C12 Fenda dixital: carecer de apoio para abordar as dificultades. Outras Non
Oportunidade C2 Solicitar dispositivos dixitais suficientes para o ensino. Administración educativa Non
Oportunidade C8 Dispoñer de dispositivos dixitais suficientes e eficientes para a aprendizaxe Administración educativa Non
Oportunidade E3 Emprego de contornos virtuais de aprendizaxe. Administración educativa Non
Oportunidade A1 Dotarse dunha plataforma integral para acadar unha comunicación eficiente entre todos os estamentos educativos. Administración educativa Non
Oportunidade C12Fenda dixital: apoio para abordar as dificultades. Outras Non
Oportunidade B3 Colaboración e intercambio de experiencias. Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022, utilizando as ferramentas de diagnose proporcionadas:

  1. Informe SELFIE do centro obtido a través da ferramenta gratuíta de autoavaliación SELFIE desenvolta pola comisión Europea ao abeiro do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg). Para lograr a participación na autoavaliación SELFIE de máis do 91 % do alumnado de secundaria e do 75% de bacharelato e 64% nas ensinanzas de formación profesional, foi necesaria unha organización complexa e pormenorizada de tempos e aulas contando sempre coa supervisión dos coordinadores TIC ou doutros membros do equipo de dinamización do Plan Dixital.
  2. Test de Competencia Dixital Docente (test CDD): realizado dende o perfil persoal do profesorado e con resultados representativos dada a alta participación do profesorado do Centro. Este test amosa a competencia profesional docente relacionada co ámbito dixital (niveis A1-C2) e xera un informe de Centro que vai permitir planificar a liñas futuras de formación no mesmo a través do PFPP.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Reorganización dos espazos físicos para a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais: polo creativo
O2PD Fomentar o traballo en proxectos colaborativos dixitais interdisciplinares.
O3PD Fornecer o uso do polo creativo
O4PD Construír unha identidade dixital responsable

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

 

  •  No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  •  No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
1º Trimestre

Constituíuse o seminario de polo creativo co obxectivo de deseñar, elaborar e aplicar cos nosos alumnos actividades que impliquen o uso do material que integra a dotación polos. 

2º Trimestre

O seminario constituído prosigue coa súa dinámica natural de reunións de traballo programadas e coas xornadas de formación solicitadas.

A formación solicitada hasta o momento inclúe a instalación, manexo da radio e a consiguiente grabación e edición de arquivos de audio.  

Tamén houbo unha xornada intensiva de manexo da máquina de coser e de patronaxe,  corte e preparación do produto para o seu posterior cosido a máquina.

Có alumnado de 1º da ESO, escolleuse para traballar unha información axeitada do concepto da identidade dixital. Incídese na importancia, presente e futura, que supón ter esta identidade debidamente preservada para evitar situacións comprometidas máis adiante nas súas vidas. Na maioría dos casos carecen da información necesaria para o seu guiado autónomo nas redes. Tamén se recalca a importancia da netetiquette, como fórmula de respecto e cortesía cara os demáis e destes hacia un mesmo.

3º Trimestre

Fíxeronse diversas charlas, así como traballo na aula co alumnado de 1º da ESO, co obxectivo de que valorasen o concepto de identidade dixital e empregasen as ferramentas e filtros axeitados para protexer a súa propia.

Elaborarónse diversos productos dentro do proxecto de formación do PC.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Tal e como se indicou anteriormente o noso plan dixital necesita dunha avaliación para coñecer o seu grado de implantación e desenvolvemento de acordo cos obxectivos do plan de acción. A información, obtida deste xeito, serviranos para atallar os erros e realizar os cambios de rectificación e mellora do mesmo.


O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Dado que non se puido cumprir a totalidade dos obxectivos, quizais por seren demasiado ambiciosos, a valoración non é de completa satisfacción. Pero si temos en conta o traballo realizado polo persoal afecto por este PD e o traballo do noso alumnado, entón a nosa valoración sí que superou as expectativas.

Proposta de mellora

Seguir facendo fincapé co alumnado de 1º da ESO no curso 2024-2025 da improtancia de manter a súa identidade dixital o máis preservada posible, para elo sería desexable continuar coa formación neste eido.

Afondar na metodoloxía do traballo colaborativo, formando e implicando ao persoal interesado nesta metodoloxía. Sería oportuno contar con PFPP para acadar este obxectivo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

 A difusión farase dentro dos canles oficiais  para garantir no sentido máis amplo a privacidade dos menbros da nosa comunidade.
O principal medio difusor será o que ten un maior alcance, a páxina web do centro. Tamén se difundirá de maneira xenérica entre todos os integrantes da comunidade educativa a través da plataforma móbil Abalar e dos procedementos habituais de mensaxería. A maiores farase unha
difusión expresa ao claustro e ao consello escolar (os que deberán aprobar este Plan) e aos distintos órganos de coordinación de centro: Coordinadores de ESO e Bacharelato, CCP e Departamentos.

Non se descartan outras métodos de difusión combinados cos anteriores como difusión gráfica con trípticos e/ou paneis informativos no Centro.