Xustificación do Plan Dixital
A necesidade de incorporar as tecnoloxías dixitais ao ámbito educativo, co obxectivo de mellorar os procesos e a calidade da aprendizaxe en unha realidade incontestable. En Galicia puxéronse en marcha dous proxectos encamiñados a facilitar dita incorporación. O primeiro foi o Proxecto Abalar, ao que se sumou o centro na súa primeira convocatoria, e, máis recente, o proxecto EDIXGAL, ao que o centro se incorpora o vindeiro curso. Alén disto, e como consecuencia da pandemia provocada polo SARS-CoV-2, houbo que estender e acelerar a sua utilización. A necesidade dunha estratexía dixital clara e ben definida converteuse nunha necesidade perentoria, que xustifica os esforzos realizados para elaborar o Plan Dixital do Centro (en diante PD), en consonancia coa lexislación existente.
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.
O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias da dirección, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.
O marco de referencia da Competencia Dixital Docente estableceuse na Conferencia Sectorial de Educación do 14 de maio de 2020 e actualizouse na súa reunión do 20 de marzo de 2022, publicada no BOE de 15 de maio.
Na disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten. Estas recóllense na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O PD e o Proxecto Educativo
O PD deséñase atendendo principalmente as seguintes liñas de actuación do Proxecto Educativo: “O noso centro debe ser:
-
Organizado, só dende a planificación e organización institucional, pedagóxica e, de xestión e administración dos recursos pódese acadar o éxito.
-
Dinámico e emprendedor, no que a participación en proxectos e tarefas, na utilización responsable das novas tecnoloxías, permita unha aprendizaxe significativa académica e extraescolar.
O PD e a Programación Xeral Anual
Os obxectivos incluídos no PD están integrados nas accións propostas na PXA e detalla e desenvolve algunhas das liñas de actuación da mesma:
“2. Dinamizar os procesos de xestión, organización e mellorar a publicidade dos mesmos.”
d) Formación de usuarios responsables e útiles no manexo das Tic para os procesos de xestión, ensinanza e acceso á información.
3. Mellorar os procesos de ensino-aprendizaxe.
b) Formación e publicidade do funcionamento dos espazos virtuais (Aula Virtual, Classroom, Falemos). Usuarios alfabetizados e responsables seguros no emprego das Tics.
10. Mellorar a Convivencia.
d) Charlas sobre acoso e ciberacoso e emprego seguro das novas tecnoloxías para alumnado e familias. Plan Director.”
Proceso de elaboración
Constituíse o equipo de Dinamización do Plan Dixital quedando formado por:
- Belén Buño Fernández
- Francisco Canoura Quintana
- Pilar Garabana Barro
- José Manuel García Casal
- María Gromaz de los Santos
- Andrés Piñón Fernández
O primeiro paso deste equipo foi analizar a situación na que se atopa o centro en relación á integración das tecnoloxías dixitais na docencia, na aprendizaxe e na avaliación do alumnado, como ferramenta utilizouse o test SELFIE. Aínda que as preguntas estaban redactadas dunha maneira pouca clara e non eran as máis acordes coa realidade do noso centro, pasouse a enquisa a todo o alumnado e ao profesorado na terceira e cuarta semana de novembro de 2021.
Posto que as indicacións do equipo ADIX chegaron despois de ter realizada a enquisa, non se distinguiu entre alumnado de ESO e Bacharelato, facendo unha única enquisa como alumnado de Educación Secundaria. As preguntas propias propostas foron elaboradas polo equipo do Plan Dixital do centro.
O segundo paso foi facer a análise da competencia dixital docente do profesorado do centro. A ferramenta utilizada foi o test de Competencia Dixital Docente (en diante CDD), no mes de febreiro a maioría do profesorado cubrir a enquisa proporcionada e a principios de marzo recibiuse o informe do centro sobre os resultados obtidos.
En base aos informes obtidos dos test SELFIE e CDD, recollidos no apartado 2.2, e o coñecemento propio sobre o contexto no centro, o equipo do PD realizou un análise de Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que queda recollida na táboa do apartado 2.3 deste proxecto.
Logo de ter o informe DAFO, o equipo analizou cales eran as áreas máis relevantes nas que traballar. Tivéronse en conta as debilidades e ameazas detectadas e as fortalezas e oportunidades máis claras, que se contrastaron coa situación real do centro e as expectativas creadas, co fin de deseñar un Plan Dixital realista e alcanzable. O produto desta fase recóllese no Plan de Accións que se recolle no apartado 3.
Con todo este material elaborouse este proxecto que pretende establecer as liñas de acción e as regras de cumprimento e avaliación da estratexia dixital do centro.