Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Xustificación do plan dixital (PDix) en relación á lexislación vixente

O presente plan xustifícase na seguinte normativa legal:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

2. Contextualización do PDix no CEIP Raquel Camacho e contribución ao PE

A Competencia Dixital do alumnado do CEIP Raquel Camacho é moi variado. En educación infantil, o alumnado fai uso das TIC de maneira manipulativa, para reforzar contidos e actividades traballadas nal aula, ao igual que nos primeiros niveis de Educación Primaria, necesitando unha supervisión e/ou acompañamento por parte do profesorado e familias. Nos cursos superiores, alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria conta con libro dixital e é algo máis autónomo no uso das TIC, busca, selecciona e crea información, entra en plataformas dixitais de maneira autónoma, comparte contido con outros de compañeiros e compañeiras, presenta tarefas, e en algúns casos son capaces de solucionar pequenos problemas técnicos que xurden na aula con relación aos dispositivos. 

A competencia dixital das familias, a nivel xeral, é moi básica: saben navegar e buscar información, comunicarse en redes sociais, etc. O 75 % das familias acceden a abalar móbil para comunicarse cos titores, saben enviar un email para comunicarse co centro, etc. A gran maioría accede a Internet a través dos seus dispositivos móviles. Falta consolidar máis o uso de abalarmóbil e da consulta da páxina web. Moitas familias carecen de estratexias básicas para acompañar aos seus fillos/as na nova cultura dixital e descoñecen o uso seguro e responsable para des envolverse na rede. A alta porcentaxe de familias que teñen unha baixa competencia dixital vese agravada, nalgúns casos, polas súas precarias condicións socio-económicas, non dispoñendo de recursos e ferramentas TIC máis elementais (só dispoñen de móbil, carecendo de wifi). Hai unha porcentaxe de alumnado que non dispón de equipos adecuados para acceder a internet desde os seus fogares, sendo pouco valorado por parte das familias como un recurso educativo imprescindible máis. 

O profesorado e alumnado ten unha boa conectividade por cable no centro, en canto á conectividade por wifi, solo hai boa conetividade nas aulas Edixgal. No resto do centro a conectividade wifi é bastante deficiente. No centro existe unha adecuada infraestrutura tecnolóxica nas aulas Edixgal, pero no resto de aulas o equipamento é bastante obsoleto.

Todo isto indícanos que o nivel educativo que existe en canto a competencia dixital é medio-baixo, creando a chamada fenda dixital, o que reforza o noso afán de involucrar a toda a comunidade educativa no desenvolvemento deste Plan Dixital.

No CEIP Raquel Camacho sempre existiu unha implicación na integración ds TIC na aula, por iso levamos anos participando en diversas formacións e programas que axuden ao profesorado a formarse e coñecer as dotacións tecnolóxicas que ten o centro.. Todas las aulas están dotadas con encerado dixital ou pantalla proxectora, cañón proxector e ordenador portátil ou de sobremesa. 

O equipo de orientación conta con 6 tablets para o alumnado de neae. Contamos con unha aula de informática con 15 ordenadores de segunda man, e un laboratorio de inglés con 25 equipos, cañón e proxector. O centro conta con Páxina web e distintos blogues educativos, con abalarmóbil que usamos para comunicarnos coas familias e dar a coñecer as actividades que se relizan no centro, xunto co correo electrónico e Redes sociais.

Incardinación e contribución do PD ao PE

O PD incardínase co Plan Estratéxico de centro e ten por misión unha aposta por potenciar as Metodoloxías Activas para a mellora da acción educativa a través de proxectos e innovación. Quere acercar o mundo dixital á acción docente diaria.

Contribución do PD á PXA

O principal será fomentar o emprego de ferramentas dixitais tanto en docentes como en alumnos no proceso de ensinanza e aprendizaxe e a formación do profesorado.

3. Proceso de elaboración

  1. Creación dun grupo de traballo para a elaboración do plan dixital.
  2. Preparación, posta en marcha e recopilación de datos do informe SELFIE.
  3. Preparación, posta en marcha e recopilación de datos do informe CDD.
  4. Elaboración do análise DAFO.
  5. Elaboración do Plan de Acción.
  6. Elaboración definitiva do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida foron un informe SELFIE, e un Test CDD realizados entre a comunidade educativa durante o curso de preparación do PD (21/22), que levaron ao deseño dun informe DAFO que reflectimos á continuación.

Interno
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade MOBILIDADE E VULNERABILIDADE. Alumnado Non
Debilidade (H1,H3,H4)- COÑECEMENTOS ESPECÍFICOS (PROTECCIÓN DE DATOS, SEGURIDADE, USO DE PROGRAMAS EDUCATIVOS, CONTRASTAR INFORMACIÓN...) Alumnado Si
Debilidade FALTA DE RECURSOS. Familias Si
Debilidade (C11,C12)- FENDA DIXITAL. Familias Non
Debilidade INMIGRACIÓN ( DIFICULTADES DE COMPRENSIÓN, FALTA DE IDIOMA...) Familias Non
Debilidade EQUIPAMENTO TIC SEN CONEXIÓN NA NOVA REDE EDU.XUNTA.GAL. Infraestruturas Si
Debilidade FALTA DE RECURSOS ESPECÍFICOS (EQUIPAMENTO OBSOLETO) Infraestruturas Si
Debilidade IMPLICACIÓN DO PROFESORADO NA REALIZACIÓN DA FORMACIÓN. Oferta Non
Debilidade INESTABILIDADE NA COHESIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DAS TIC E SATURACIÓN DE TRABALLO DO MESMO. Organización de centro Si
Debilidade FALTA DE TEMPO EN HORARIO ESCOLAR. Persoal docente Non
Debilidade FALTA DE PERSONAL PROACTIVO QUE LIDERE PLANS E PROXECTOS. Persoal docente Si
Debilidade FALTA DE MOTIVACIÓN E SOBRECARGA DE PROXECTOS QUE CHEGAN AO CENTRO. Persoal docente Non
Debilidade FALTA DUN PROFESIONAL EXTERNO, PROPORCIONADO POLA CONSELLERÍA, QUE SE DEDIQUE EN EXCLUSIVA AO MANTEMENTO DO EQUIPAMENTO E DA INFRAESTRUCTURA. Persoal non docente Non
Fortaleza NATIVOS DIXITAIS. Alumnado Non
Fortaleza ACCESO DO ALUMNADO DE 5º E 6º AO EQUIPAMENTO EDIXGAL. Alumnado Non
Fortaleza ANPA COOPERATIVA Familias Non
Fortaleza DOTACIÓN EDIXGAL NAS AULAS DE 5º E 6º. Infraestruturas Non
Fortaleza DOTACIÓN DA CONSELLERÍA PARA ALUMNADO VULNERABLE. Infraestruturas Non
Fortaleza AULAS DOTADAS DE PANTALLA DIXITAL CON LINUX E ANDROID. Infraestruturas Si
Fortaleza CURSOS E PROXECTOS DE FORMACIÓN. Oferta Si
Fortaleza PROXECTO EDIXGAL. Oferta Non
Fortaleza IMPLICACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO NA INNOVACIÓN EDUCATIVA Persoal docente Si
Fortaleza ALTA PORCENTAXE DE PERSOAL DEFINITIVO. Persoal docente Non
Fortaleza BO AMBIENTE DE TRABALLO. Persoal docente Si
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza FALATA DE APOIOS/RECURSOS HUMANOS E ECONÓMICOS Administración educativa Non
Ameaza ESCASA DOTACIÓN EN EQUIPAMENTO E INFRAESTRUCTURAS. Administración educativa Si
Ameaza POUCA DISPOÑIBILIDADE HORARIA ANPA Non
Ameaza ESCASEZA DE RECURSOS ECONÓMICOS E HUMANOS. ANPA Non
Ameaza MOITA POBOACIÓN INMIGRANTE CON ESCASOS RECURSOS. Contorna Non
Ameaza IMPOSICIÓN E EXCESO DE BUROCRACIA Lexislación Non
Ameaza POUCA DSPOÑIBILIDADE HORARIA DOS RECURSOS HUMANOS ADICADOS AOS DIFERENTES PROXECTOS Lexislación Non
Ameaza POUCA CHEGADA DA INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. Outras Si
Ameaza POUCA RESPOSTA DAS FAMILIAS ÁS DISTINTAS CONVOCATORIAS DE FORMACIÓN. Outras Non
Oportunidade APOSTA DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA POLO PLAN DIXITAL. Administración educativa Non
Oportunidade C2 - EQUIPAMENTO EDIXGAL. Administración educativa Non
Oportunidade OFERTA DE FORMACIÓN Administración educativa Non
Oportunidade OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES RELACIONADAS CO DIXITAL. ANPA Non
Oportunidade COOPERATIVA E IMPLICADA. ANPA Non
Oportunidade ENTIDADES NA ZONA DE INFLUENCIA DO CENTR QUE OFERTAN FORMACIÓN E RECURSOS. Contorna Non
Oportunidade BASEAMENTO LEXISLATIVO Lexislación Non
Oportunidade FORMACIÓN PARA FAMILIAS OFERTADAS POLOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO E OUTRAS ONG. Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Esta análise DAFO invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o plan de acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD REALIZAR A IMPLEMENTACIÓN E SEGUIMENTO DO PDIX DE CENTRO
O02PD MELLORAR A COBERTURA WIFI DO CENTRO
O03PD DOTAR AO CENTRO DE EQUIPOS DIXITAIS ACTUALIZADOS
O04PD REFORZAR O EQUIPO TÉCNICO EXTERNO
O08PD MANTER XUNTANZAS DE COORDINACIÓN PERÍODICAS ENTRE OS MEMBROS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DAS TIC.
O10PD IMPULSAR E FOMENTAR A FORMACIÓN NO EIDO DAS TIC A TODOS OS COMPOÑENTES DO CLAUSTRO
O11PD MELLORAR NA PROPOSTA PEDAGÓXICA DO PROFESORADO E A SÚA PRÁCTICA DOCENTE AO APROVEITAR AS POSIBILIDADES QUE OFRECEN AS TIC
O12PD FORNECER O ALUMNADO CON ESTRATEXIAS PARA OBTER E XESTIONAR A INFORMACIÓN CONSEGUIDA MEDIANTE O USO DAS TIC
013PD UTILIZAR AS TIC DE MANEIRA EFICIENTE COMO MEDIO DE COMUNICACIÓN E DIVULGACIÓN CA COMUNIDADE EDUCATIVA
014PD ACTUALIZAR/CONFIGURAR TANTO O EQUIPAMENTO DO CENTRO COMO O PROPIO/PERSOAL

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:
Realizaremos unha avaliación procesual trimestralmente. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións que se realizaron neste trimestre. Aínda que estas iranse cubrindo a medida que se vaian realizando, na avaliación trimestral farase unha recompilación das mesmas, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Traballouse a través das accións programadas no PD e no plan de traballo do equipo TIC da PXA para este período, reflectindo a súa evolución nas actas das reunións do equipo.

2º Trimestre

Traballouse a través das accións programadas no PD e no plan de traballo do equipo TIC da PXA para este período, reflectindo a súa evolución nas actas das reunións do equipo.

3º Trimestre

Traballouse a través das accións programadas no PD e no plan de traballo do equipo TIC da PXA para este período, reflectindo a súa evolución nas actas das reunións do equipo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Na avaliación final, ao remate do curso, incluiremos, entre os aspectos a valorar, a avaliación do PDix en xeral e as propostas de mellora para o curso seguinte.

Valoración xeral

En xeral, acadáronse a meirande parte dos obxectivos e accións propostas no PD. Aínda así, cabe destacar a dificultade práctica que supón a dualidade entre o PD e o plan de traballo do equipo TIC reflectido na PXA. Malia o esforzo realizado polo equipo este curso, o feito de verse obrigado a atender a dous documentos, crea certa confusión no día a día. É por isto que para o equipo TIC resultou máis operativo implementar os obxectivos relacionados coas TIC a través fundamentalmente do plan de traballo. De feito, a valoración global da acción do centro con recpecto ao ámbito dixital explícase de xeito máis preciso na memoria anual do equipo TIC incluída na memoria anual do centro.

Proposta de mellora

Eliminar a dualidade PD e plan de traballo, tratando de armonizar obxectivos e actividades nun e noutro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez rematado o PDix presentarase ante o claustro e consello escolar do Centro para a súa aprobación e, posteriormente, publicarase na páxina web do centro para que quede a disposición de toda a Comunidade Educativa.

Pódese acceder ao documento na páxina web do centro, na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipraquelcamacho/plandixital.