Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  • O CEIP Curros Enríquez está situado no barrio de Monte Alto de A Coruña. O nivel socio-económico do alumnado é de clase media-baixa. Ao non ten cuberta toda a matrícula constitúese nun centro receptor de alumnado ao longo de todo o curso, especialmente con alumnado procedente do estranxeiro, principalmente de América do Sur mais tamén de países do Leste. O curso tamén chegou alumnado ucraíno. Hai ademais un 5% aproximadamente alumnado de etnia xitana. Tendo en conta estes factores podemos concluír que o nivel socio-económico é de clase media-baixa. Hai bastante brecha entre o noso alumnado en canto ao acceso que teñen aos servizos dixitais fóra do centro. É preciso polo tanto planificar actividades e obter os recursos necesarios para diminuír estas diferencias.

  • En canto ao profesorado o nivel de competencia dixital é bastante semellante pero é complicado favorecer o uso das aulas virtuais debido ao exposto anteriormente e a carencia dos recursos materiais necesarios no centro (mala conexión, escasos dispositivos individuais...).

  • O Plan Dixital pretende contribuír á mellora do rendemento académico do noso alumnado, aportando igualdade de oportunidades. Pretende ser un documento útil, real e flexible que favoreza a consecución dos obxectivos expostos na Programación Xeral Anual do Centro, colaborando cos outros departamentos e/ou equipos presentes no centro (Biblioteca, Dinamización da Lingua Galega, EACE...)

 

 

 

1.3.Breve xustificación do mesmo

 

Este documento elaborase ao abeiro das seguintes normativas:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2023-2024

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2023-2024

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Test de autoavaliación SELFIE

Test CDD

Análise DAFO

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non poden traer dispositivos propios xa que volverían xurdir as diferencias socioeconómicas. Alumnado Non
Debilidade Pensar que saben manexar perfectamente as TIC,s polo feito de ter nacido con ellas e non recoñecer que precisan aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade En Infantil e Primaria necesitan acceder aos ordenadores con moita supervisión e quitaría tempo a outras actividades instrumentais moi importantes (sobre todo se non se pode facer con todos á vez -relacionado co equipamento da aula de informática) Alumnado Non
Debilidade Non dispoñer de dispositivos axeitados na casa. Familias Si
Debilidade Moita diferencia entre diferentes familias á hora de supervisar aos seus fillos ou da dotación de quipos na casa. Os máis desfavorecidos socioeconomicamente saen prexudicados. Familias Non
Debilidade Falta de competencia dixital de moitas familias para supervisar o traballo dixital dos alumnos. Familias Si
Debilidade Na aula de informática debería haber unha pantalla grande para poder presentar as actividades a desenvolver durante a clase. Infraestruturas Si
Debilidade O sinal wifi non chega a todas as aulas do centro. Infraestruturas Non
Debilidade Precisaríamos algúns ordenadores por aula para o alumnado (preferiblemente portátiles) Infraestruturas Si
Debilidade Os ordenadores abalar non se manteñen utilizados e poderían ser unha maneira de compensar o punto anterior. Infraestruturas Non
Debilidade A aula de informática debería contar cun ordenador por alumno. Infraestruturas Non
Debilidade -Non hai unha estratexia dixital clara do que queremos conseguir cos alumnos a nivel dixital en cada ciclo. Organización de centro Si
Debilidade Non existe un repositorio de contidos utilizable por todo o profesorado. Organización de centro Non
Debilidade - Inseguridade no uso das ferramentas diante do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Non temos medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta. Persoal docente Si
Debilidade Non se establecen conexións en rede con outros centros da zona para aproveitar recursos (falta de tempo) Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo dentro do horario lectivo para a búsqueda e creación de materiais así como da reflexión en grupo. Persoal docente Si
Fortaleza Alta motivación para traballar coas tecnoloxías. Alumnado Si
Fortaleza Practicamente a totalidade das familias teñen descargada e consultan a app abalarmóbil Familias Non
Fortaleza Empresa de mantemento dos sistemas informáticos, aínda que con cargo ao presuposto do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Todas as aulas contan con ordenador e PDI. Infraestruturas Si
Fortaleza Comezo de dotación con pantallas Clever Touch (xa hai tres no centro) Infraestruturas Si
Fortaleza Revista dixital do centro na que se presentan as actividades máis relevantes. Oferta Non
Fortaleza Todas as comunicacións, tanto ao profesorado como ás familias, transmítense vía Abalarmóbil Oferta Si
Fortaleza O envío de cualificacións faise por Abalarmóbil Oferta Si
Fortaleza Cóntase con certo asesoramento interno ante diferentes problemáticas que poidan xurdir. Organización de centro Non
Fortaleza A estrutura da aula virtual está organizada para que calquera mestre poida crear os cursos que considere. Organización de centro Si
Fortaleza Centralización de diferentes recursos na aula virtual do centro para afondar na utilización das tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza -Emprego das plataformas corporativas non seu día a día: comunicacións abalar, rexistro de faltas, cubrir boletíns... Persoal docente Si
Fortaleza Disposición para realizar as distintas formacións que propón o Equipo Directivo a través do CFR. Persoal docente Si
Fortaleza - Coñecemento básico e medio do uso da Aula Virtual e interese por utilizala. Persoal docente Si
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non poñer persoal técnico permanente nos centros de forma que este traballo recae ou ben sobre o profesorado que teña coñecementos sobre isto ou sobre unha empresa externa que ten que saír do presuposto do centro Administración educativa Si
Ameaza - Aparente descoñecemento do funcionamento real dun centro, especialmente de Infantil e Primaria, cargando excesivamente no traballo burocrático e non entendendo que o tempo libre de docencia directa dentro do horario lectivo é fundamental para afondar na investigación e posta en práctica dun bo uso da tecnoloxía. Administración educativa Si
Ameaza Exceso de petición de burocracia que impiden dedicar o tempo ao ensino real Lexislación Non
Oportunidade -A cercanía da Biblioteca Municipal e o seu programa de apoio ás familias e ao alumnado organizando actividades de actualización no uso das ferramentas tecnolóxicas Contorna Non
Oportunidade A elaboración do Plan Dixital, se se dota dos recursos necesarios e do tempo preciso aos coordinadores pode ser un bo punto de partida para rectificar deficiencias detectadas. Lexislación Si
Oportunidade Utilizar os recursos en liña que ofrecen algunhas entidades da contorna como o Museo de Belas Artes, as casas museo da cidade, a Torre de Hércules. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

É preciso implementar accións para acadar un nivel óptimo da utilización dos recursos dixitais no centro.

Tamén é importante a liberación horaria fixa do profesorado dentro do horario lectivo para fomentar a preparación de materiais acorde coas necesidades

É preciso establecer estratexias de aprendizaxe do alumnado así como unha folla de ruta que indique os obxectivos a acadar en cada nivel e/ou ciclo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a CDD.
O02PD Promover o uso da AV
O03PD Reorganizar espazos.
O04PD Promover a comunicación entre o profesorado e as familias a traves do uso da ferramenta Abalar Móvil/Abalar Pro.

Seguimento

Procedemento

Revisión periódica da consecución dos obxectivos en reunións do equipo TIC que se celebran o segundo luns de cada mes, e tamén da coordinadora coa Dirección do centro.

Reunión trimestral para valorar as accións e obxectivos realizados no trimestre, dificultades atopadas e posibles modificacións/aprazamentos de accións.

Consultas e visitas periódicas do mentor ADIX.

1º Trimestre

2/10/2023 - Reunión Equipo Tic .Organización do traballo do equipo Tic e planificación do traballo co Plan dixital.

9/10/2023 - Correo ao profesorado do centro para poñer en marcha a AV. Pídeselles que revisen e eliminen o que non é necesario e ofrecemos colaboración para a posta en marcha.

19/10 /2023 - Reunión Asesor ADIX no noso centro para organizar o traballo do Plan dixital e resolver dúbidas.

Durante todo o trimestre insistimos a todo o profesorado da necesidade de ter operativa a AV canto antes. Imos matriculando ao alumnado novo e "facendo limpeza " de todo o que non é necesario.

Observamos niveis de interese moi diferentes no profesorado en relación ao traballo coa AV.

 

2º Trimestre

15/01/2024 - Reunión Equipo Tic .Organización do traballo do equipo Tic e planificación do traballo pendente co Plan dixital.

5/02/2024 - Desde o equipo TIC insistimos ao claustro da importancia de ter a AV operativa e ofrecemos colaboración para a posta en marcha ou coas dificultades que podan xurdir.

Durante este trimestre o equipo TIC estivemos a resolver dúbidas coa AV coa xente que está a traballar nela. Imos matriculando ao alumnado novo e dando de baixa o alumnado que marcha,pois neste centro hai un contínuo ir e vir de alumnado durqnte todo o curso.

Seguimos a observar niveis de interese moi diferentes no profesorado en relación ao traballo coa AV.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Reunión final xeral para valorar o Plan Dixital en xeral, onde se realizarán as achegas sobre como foi todo en conxunto, obxectivos acadados,pendentes e parcialmente acadados e valoración e propostas de mellora para o curso que ven.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital presentouse ao Claustro e ao Consello Escolar para a súa aprobación con data 30 de outubro de 2023.

Publicarase en canto esté dispoñible na páxina web do centro. 

O Plan Dixital será público e se adxuntará no apartado de ‘Documentación’ na páxina web do centro xunto con outros documentos importantes da organización para que a comunidade educativa poida consultalo en calquera momento. Enlace Plan Dixital - CEIP Curros Enríquez