Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital:

O presente Plan Dixital xurde da necesidade de dar resposta á seguinte normativa:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos
centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
Todo o noso alumnado ten necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade intelectual. Todo o alumnado comprende idades entre os 13 e 21 anos, e acuden ao centro dende toda a comarca coruñesa sen importar cercanía ou parámetros de adscricción. Isto fai que as características socioeconómicas sexan moi variadas e non se poida establecer algo común máis alá de alumnado con NEE que provén de centros ordinarios e que por distintas causas vense obrigados/as a buscar outros itinerarios educativos máis adaptados as súas características.
As Tics teñen presencia contínua como metodoloxía no nos centro ininterrompidamente dende o ano 2001 (proxecto de aula de informática con Ncs nun programa municipal). Dende entón foron moitas as iniciativas que se levaron a cabo no centro quedando na actualidade recollidas básicamente en 5 eixos:
- O comunicativo/estimulador para alumnado con grandes necesidades de apoio nos eidos da autonomía persoal e a competencia comunicativa.
- O acceso a información e a xestión de recursos on line de todo o noso alumnado.
- A formación e a orientación laboral de parte do noso alumnado
- O acceso a todo tipo de recursos educativos que aumenten a motivación e a calidade dos contidos traballados de cara a mellorar as competencias do noso alumnado.
- A creatividade e resolución de problemas con metodoloxía maker e STEAM
 Vanse a ter en conta todos os obxectivos marcados neste PLAN DIXITAL na PXA 22-23 do noso centro.Non contemplamos ningún neste primeiro

 

Proceso de elaboración
O proceso de elaboración do plan está centralizado en tres personas, a o ter un claustro bastante reducido e estar metidos noutros desempeños neste curso e basesouse na recollida de experiencias da realidade do centro e da recollida de datos por medio de enquisas para o resto da comunidade educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O presente DAFO realizouse por parte do Equipo Dinamizador do Plan Dixital (EDPD) , recollendo diversa informacion dende os seguintes instrumentos:

  • Informe SELFIE
  • Tests da Competencia Dixital Docente

Ista información obtívose no curso 21-22 e o EDPD fai unha revision anual e actualizou todos os aspectos recollidos no DAFO

Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Responsabilidade no emprego de internet Alumnado Non
Debilidade Fenda dixital en algunhas familias. Familias Si
Debilidade Sen presuposto para a reposición de equipos Infraestruturas Non
Debilidade Non hai plan para abordar a fenda dixital do profesorado Oferta Si
Debilidade Non hai estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade O equipo directivo non facilita o intercambio de experiencias para mellorar o ámbito dixital dentro do centro Organización de centro Non
Debilidade Prácticas de avaluación co alumnado con tecnología dixital Persoal docente Non
Debilidade Poucas oportunidades de formación contínua Persoal non docente Non
Fortaleza Motivación/implicación do alumnado Alumnado Non
Fortaleza Acceso á tecnoloxía asistencial Alumnado Non
Fortaleza Melloras da comunicación e do acceso ao entorno Alumnado Non
Fortaleza Desenvolvemento de habilidades dixitais Alumnado Non
Fortaleza Tecnoloxías para e mellora da formación e transición á vida adulta Alumnado Si
Fortaleza Mellora da comunicación co centro Familias Non
Fortaleza Dispositivos dixitales para a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos para o alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza Repositorios on line Infraestruturas Non
Fortaleza Recursos educativos en línea Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Protección de datos Organización de centro Non
Fortaleza Comunicación ca comunidade educativa Organización de centro Si
Fortaleza Emprego de recursos dixitais en línea Persoal docente Si
Fortaleza Emprego de novas modalidades de ensino Persoal docente Si
Fortaleza Adaptación a modalidades educativas que incluen tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza Desenvolvemento profesional continuo en tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa Persoal non docente Non
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non hai ningunha dotación tipo para o centro de dispositivos nin de reposición Administración educativa Non
Ameaza Non hai especialistas recoñecidos en Educación Especial que podan impartir tecnoloxía dixital Lexislación Non
Oportunidade Recoñecemento da labor do centro en tecnoloxías dixitais para ACNEE Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración con outros centros e entidades Contorna Si
Oportunidade Relación con outras entidades no ámbito da tecnoloxía dixital Outras Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dos resultados observados no DAFO decidimos centrarnos dentro diste Plan Dixital v2, nas áreas de LIDERADO, COLABORACION e REDES e COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Manter e mellorar a forma de información dixital a familias (EDVOICE)
O2PD Potenciar a competencia dixital do alumnado coa relación con outros centros educativos e entidades
O3PD Iniciar a formación do profesorado nos niveis de competencia dixital (CCD): A1, A2, B1, etc
O4PD Asegurar que o alumnado maior de 16 anos desenvolva as suas competencia dixitais nas diferentes actividades
O5PD Favorecer o intercambio de experiencias de profesionáis en Competencia Dixital con outros centros educativos
O6PD Engadir actividades dixitais nas situacións de aprendizaxe a realizar polo profesorado
O7PD Formación do profesorado no uso responsable da tecnoloxía e benestar dixital

Seguimento

Procedemento

O procedemento para facer o seguemento diste Plan Dixital, serán reunións periodicas co mentor ADIX e reunións do Equipo Dinamizador do Plan Dixital de cara a comprobar a consecucion de obxectivos

O EDPD reúnese unha vez ao mes para facer revision dos obxectivos e accions.

1º Trimestre

Contacto online coa coordinadora ADIX e establecense as pautas para o seguemento do Plan Dixital

Reunion do equipo para revisar os obxectivos propostos, planificacion das formacions ao CFR e contacto con outros Centros para intercambio de experiencias do alumnado

 

2º Trimestre

Reunion coa coordinadora ADIX (10-1-24). Revisamos as accions a levar a cabo

As titorias empregan a ferramenta de comunicacion coas familias sen atrancos

Fixéronse actividades de intercambio de experiencias dixitais do alumnado con outros Centros

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a actual avaliacion tivemos en conta as reunions do equipo do Plan Dixital, así como a observación dos resultados. Faremos unha avaliacion final de todas as accións do proceso

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital atópase na paxina web do Centro, dende a ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15004861 

Farase unha presentación ás familias ao comezo de curso