Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

 

COLEXIO CALASANZ - PP. ESCOLAPIOS - A CORUÑA CPR 15004010

Centro Privado Concertado

C/. Estrada dos Fortes 10 C.P. 15010 A CORUÑA

Tlfno: 981253684.  Fax: 981254029.  Páxina Web:  http://www.escolapiosacoruna.es/

e-mail: dir.coruna@escolapiosbetania.es

Contamos con catro etapas educativas: E. Infantil (3 liñas), E. Primaria (3 liñas), ESO (3 liñas) e Bacharelato (2 liñas).

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 

·         Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro.

O Centro Educativo Privado Concertado COLEXIO CALASANZ - PP. ESCOLAPIOS está ubicado na cidade da Coruña, Estrada dos Fortes 10. Atópase situado no ángulo N-NO da cidade, na zona de San Pedro de Visma, colindante co barrio de "Los Rosales", de recente creación. Este centro escolar, está situado nunha zona de nova poboación, ten como núcleos poboacionais máis próximos os constituídos polos barrios de Labañou, Cidade Escolar, San Pedro de Visma e "Los Rosales". Esta referencia xeográfica vese ampliada á hora de analizar a zona de influencia recoñecida polo Delegación Provincial da Consellería de Educación da Coruña para o centro, polo que tamén, habería que ter en conta os barrios do Ventorrillo e San Roque.

A poboación deste barrio é, na súa maioría, nova e de clase social media. A zona de influencia é unha mestura de grupos de vivendas sociais de clase media-baixa, grupos chabolistas e grandes bloques de edificios de nova construción.

 

 

·          Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.

 

O PD incardínase co Plan Estratéxico de centro e ten por misión unha aposta por potenciar as Metodoloxías Activas para a mellora da acción educativa a través de proxectos e innovación. Quere acercar o mundo dixital á acción docente diaria.

 

·         Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

 

O principal será fomentar o emprego de ferramentas dixitais tanto en docentes como en alumnos no proceso de ensinanza e aprendizaxe.

 

1.3 O presente plan xustifícase na seguinte normativa legal:

·         Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

·         Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

-          Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

-           ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. Artigo 15.

-           ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. Artigo 14.

-           ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. Artigo 18.

-          ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. Artigo 21.

 

1.4 Proceso de elaboración

  • O grupo de traballo  parte dos datos recompilados nos informes SELFIE, CDD e o Plan Estrátexico 23-24 do propio centro.
  • A eles suma a experiencia acumulada na posta en marcha do plan dixital 22-23.
  • Empregamos a análise DAFO xa empregada no anterior plan.
  • Elaboramos o Plan de Acción.
  • Elaboramos o novo PLAN DIXITAL.

2..           Situación de partida

2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

 

  • ·        Descrición xeral acerca da infraestrutura dixital do centro:

 

Conectividade de todas as aulas do colexio, tanto ao cable  coma  a rede Wifi do centro. Todas as aulas conectadas mediante un servidor central (Dominio) e protexidas por cortalumes.

 

  • ·        Equipamento dispoñible e identificación dos usos segundo as seguintes categorías:

 

-Aulas dixitalizadas. Todas as aulas contan con canón de proxección, encerado dixital e ordenador de profesor.

-A dirección, secretaría e departamentos contan co seu propio equipo informático e a súa rede específica.

- A biblioteca conta con trece equipos informáticos propios.

- Hai unha aula de informática dotada de 31 equipos.

-A sala de profesores conta con tres equipos informáticos.

-Salón de actos dotado de canon de proxección, equipo informático e equipo de son.

 

  • ·        Servizos dixitais educativos:

 

-Páxina Web do centro.

-Plataforma Educamos do centro: integra todas as necesidades educativas e de comunicación entre todos os membros da comunidade educativa. Dispón das ferramentas integradas no Office 365.

 

  • ·        Xestión do mantemento do equipamento do centro.

 

-Empresa Nextgal e equipo TIC.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Básicamente empregamos:

·         Preparación, posta en marcha e recompilación de datos do informe SELFIE.

·         Preparación, posta en marcha e recompilación de datos do informe CDD.

·         Coñecemento das infrastructuras previas do centro.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Traer o propio dispositivo. Dispositivos individuais na aula. Alumnado Si
Debilidade Bibliotecas/repositorios en liña. Familias Non
Debilidade Dispositivos dixitais individuais para o aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade Ensinanza a través das novas tecnoloxías. Oferta Si
Debilidade Sinerxías para o ensino e o aprendizaxe a distancia. Organización de centro Si
Debilidade Tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade Ausencia de intercambio de experiencias cas extraescolares. Persoal non docente Non
Fortaleza Comunicación continuada coas familias a través da plataforma do centro. Alumnado Non
Fortaleza Comunicación continuada coas familias a través da plataforma do centro. Familias Non
Fortaleza Acceso a Internet e equipamento de aula. Infraestruturas Non
Fortaleza Amplo abano de servizos. Oferta Non
Fortaleza Estratexia Dixital Organización de centro Non
Fortaleza Boa Comunicación dixital entre a comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Actividades extraescolares no campo das TICs. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Sen acceso a dispositivos individuais alumnos. Administración educativa Si
Ameaza Non aproveitar as posibilidades de colaboración. ANPA Non
Ameaza Quedarmos obsoletos e non facer unha reflexión crítica sobre as novas tendencias en tecnoloxía. Contorna Non
Ameaza Necesidade de formación e tempo pola administración. Lexislación Non
Oportunidade No noso centro respectamos os dereitos de autor e as licencias. Administración educativa Non
Oportunidade Boa comunicación co ANPA a través da plataforma. ANPA Non
Oportunidade Boa relación coas institucións do noso entorno. Contorna Non
Oportunidade Protección de datos. O persoal emprega a plataforma e é segura. Lexislación Non
Oportunidade Alianzas estratéxicas con organizacións "semellantes" Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

De acordo ao establecido no noso Plan Estratéxico, o Plan Dixital, vén a priorizar un dos nosos obxectivos de mellora.: o emprego de ferramentas dixitais tanto en docentes como en alumnos no proceso de ensinanza e aprendizaxe. Xurde así a necesidade de dotar aos alumnos de equipos individuais na aula. Tras a implementación, o curso pasado nos cursos impares, e sobre a experiencia adquirida , farémolo este ano nos pares (6º EP, 2º e 4º ESO). A experiencia previa nos levou a revisar os niveis  dos indicadores tal como estableciamos nas propostas de mellora.

Os problemas xurdidos con moitas pizarras dixitais, o seu baixo rendemento para seren empregadas polos alumnos, leva ao centro a renovalas, en todas as aulas e etapas, o que se indica noutra liña de acción.

1. Obxectivos, indicadores e accións

Partiuse, para elaborar o Plan de Acción, dos resultados do SELFIE e do CCD. Estes revisáronse téndose en conta, tamén, os obxectivos do noso Plan Estratéxico. O DAFO amosaba unha debilidade na liña da ausencia de dispositivos individuais na aula que facía que concorreran todos os factores na decisión. Ao mesmo tempo complementábase coa formación do profesorado e o cambio de lei educativa nos grupos pares.

Establecéronse 6 obxectivos específicos, medibles, alcanzables e axustados a un marco temporal. Para cada obxectivo incorpórase unha táboa que recolle toda a información e que, tamén, recolle os indicadores (valores de partida e chegada revisados despois da experiencia adquirida o ano pasado) permitindo facer o seguimento do plan. O ano pasado implementámolo en 5º EP, 1º e 3º da ESO. Coa experiencia adquirida farémolo nos cursos pares (6º EP, 2º e 4º ESO).

Sumamos, ademais, a implementación das novas pantallas interactivas que permiten unha maior conectividade e interacción cos alumnos.

2. Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas

Para a implementación do Plan de acción o centro xa conta coa rede Wifi necesaria (cobertura no colexio, baixo un dominio e cun cortalumes axeitado).

Precisamos 280 equipos individuais de aula (ordenadores individuais para alumnos e profesores de materia) para as nove clases.

Precisamos 45 novas pantallas interactivas..

 

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Xestiónar a dotación de ordenadores de aula en 6 EP, 2 e 4 ESO
O02PD Realizar a formación en contidos Educamos aos profesores que no curso 23-24 impartan materias en 6 EP , 2 ESO e 4 ESO.
O03PD Crear unha planificación, por parte dos Seminarios, para adecuar as novas programacións dos cursos pares, 6 EP, 2 ESO, 4 ESO, ás novas ferramentas dixitais.
O04PD Implementar os dispositivos móbiles, para cada alumno, en 6 EP, 2 ESO e 4 ESO
O05PD Avaliar a efectividade do uso dos dispositivos por parte de alumnos, familias e profesores.
O06PD Implantar as novas pantallas/disposivos interactivos en todas as aulas e etapas do centro.

Seguimento

Procedemento

Realizase:

1º Por observación directa polos membros do equipo PD.

2º Pola realización dos cursos de formación previstos e as súas correspondentes actas, así como a observación dos resultados.

3º Pola revisión das correspondentes enquisas elaboradas no centro tanto a profesores, alumnos e familias.

4º Polo seguimento realizado polo mentor ADIX nomeado para o centro.

1º Trimestre

Implementase o primeiro obxectivo: Xestión de dotación de ordenadores de aula en 6º EP, 2º e 4º ESO.

-AO1.1: Decisión sobre as características dos equipos a empregar e adquirir. Adquisición para profesores. Acadado,

-AO1.2: Encontro presencial ou telemático coas familias implicadas para informar da implementación dos dispositivos móbiles no centro.  Se realizan as reunións coas familias e se remata a información os primeiros días de setembro ás familias ainda non informadas. Se sube a información á plataforma EDUCAMOS. Acadado.

-AO1.3: Envío da circular informativa explicando os aspectos económicos, metodolóxicos e normativos do proxecto. Enviada en xuño de 2023 e reenviada o 1º de setembro.

Implementase o 2º obxectivo: Formación en contidos Educamos aos profesores que no curso 23-24 impartan materias en 6º EP , 2º ESO e 4º ESO.

-AO2.1: Formación de contidos Educamos e Office 365 por parte da empresa externa, no noso centro, para os profesores implicados. Realizada na primeira semana de setembro. Acadado.

-AO2.2: Formación específica de cada materia por parte da empresa externa, no noso centro, para os profesores implicados. Realizada na primeira semana de setembro. Acadado.

Implementase o terceiro obxectivo: Crear unha planificación, por parte dos Seminarios, para adecuar as novas programacións dos cursos pares (6º EP, 2º e 4º ESO), ás novas ferramentas dixitais.

AO3.1: Deseño das programacións didácticas axeitadas á nova lei e á metodoloxía activa a través de dispositivos móbiles. Acadado e presentado na plataforma PROENS.

Implementase o cuarto obxectivo:   Implementación dos dispositivos móbiles, para cada alumno, en 6º EP, 2º ESO e 4º ESO

-AO4.1: Definir responsables (grupo de traballo) que atenda a xestión técnica dos dispositivos. Realizase no mes de setembro.. Grupo de traballo de imnovación.

-AO4.2: Definir protocolo de uso dos dispositivos. Aprobase por EDE.

-AO4.3: Formación dos alumnos no emprego dos dispositivos móbiles, normas, rutinas diarias e contidos Educamos. Realizase ao longo do 1ª trimestre por parte dos titores e os profesores de materia. 

-A04.4:Implementación dos dispositivos no aula. Implementase ao longo do primeiro trimestre tratando de solucionar algunhas dificultades nas ferramentas dixitais suministradas polas editoriais.

A06. Implantar as novas pantallas/dispositivos interactivos en todas as aulas e etapas do centro.

-A06.1:Instalación das pantallas. Todas as pantallas  instaladas.

A06. 2: Formación do profesorado. Todos os profesores  realizaron o cursiño.

-Unha visita presencial do mentor ADIX coa correspondente acta.

 

2º Trimestre

Implementase o 3º obxectivo da acción A06.

A06. Implantar as novas pantallas/dispositivos interactivos en todas as aulas e etapas do centro. 

AO6.3: Formación práctica do alumnado.

Con data 15 de febreiro de 2024 todas os alumnos do centro teñen nocións do manexo práctico das pizarras e, na súa maioría, son capaces de empregalas. Polo tanto, A06, dase por implantada.

3º Trimestre

Implementase o quinto obxectivo : Avaliación sobre a efectividade do uso dos dispositivos a alumnos, familias e  profesores.

-AO5.1: Avaliación sobre a efectividade do uso dos dispositivos a alumnos e profesores. Avalíase mediante dúas enquisas: alumnos e profesores. 

AO5.2: Avaliación sobre a satisfacción das familias con respecto ao uso dos dispositivos móbiles. Avalíase mediante unha enquisa as familias.

-Dúas visitas presenciais do mentor ADIX coa correspondente acta.

Aproveitase nas enquisas enviada para realizar a medición do 6º obxectivo (O06PD)- Satisfacción de profesores e alumnos cos novos dispositivos).

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

6.1. Procedemento para a avaliación

• Para os obxectivos 1, 2 e 3 realizarase a medición dos indicadores a finais de novembro , pois deberían quedar

acadados nesas datas.

• O obxectivo 4 medirase ao final do primeiro trimestre onde debería quedar implantado. Medirase, de novo, ao final

do terceiro trimestre para valorar a súa marcha.

• O obxectivo 6 medirase ao final do terceiro trimestre para valorar a satisfacción cos novos equipos instalados.

• O obxectivo 5 medirase ao final do terceiro trimestre e permitirá complementar a avaliación final das accións

implementadas.

Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

· Na avaliación final valorarase a consecución dos obxectivos, a satisfacción da comunidade educativa e as propostas

de mellora.

 

6.2. Valoración xeral

Para os obxectivos 1 e 2 realizouse a medición dos indicadores a finais de outubro estando cumpridos nun 100%.

·         O obxectivo 3 estaba cumprido en novembro e todas as programacións subidas na plataforma PROENS.

·         O obxectivo 4 realizouse ao final do primeiro trimestre cun 91% de consecución do indicador.

·         Complementárase os resultados ca medición da satisfacción do obxectivo 5.

 

·          O obxectivo 5 mediuse ao final do terceiro trimestre e permite complementar a avaliación final das accións implementadas. Neste obxectivo mídese a satisfacción de profesores, alumnos e familias. Esperábamos unha satisfacción do 55% en profesores, 60% en familias e 65% en alumnos. Atopamos:

 

                 Profesores 78 %

 

                 Alumnos 93%

 

                  Familias 44%

 

Os indicadores amosan unha boa acollida por parte profesores e alumnos. Os indicadores das familias amosan un resultado un pouco baixo. <pode pesar a pouca participación(soamente 79 respostas) e a desconfianza que xenera os cambios no traballo das materias na casa.

En xeral estamos satisfeitos cos resultados da medición.

·         O obxectivo 6 mediuse ao final do terceiro trimestre aproveitando a enquisa a profesores e alumnos. Neste obxectivo mídese a satisfacción de profesores e  alumnos coas novas pizarras dixitais.. Esperábamos unha satisfacción do 75% en profesores  e alumnos. Atopamos:

 

                   Profesores 92 %

 

                   Alumnos 92 %

 

Os indicadores amosan unha moi boa acollida por parte profesores e alumnos.

Valoración Final

Valoramos como un proceso moi satisfactorio o proceso emprendido, e que rematamos este curso, pero os cambios sempre supoñen resistencias e adaptacións por parte de toda a comunidade educativa. Atopamos unha certa dificultade por parte das familias. Os comezos sempre son difíciles e supoñen  un cambio de mentalidade no proceso de ensino- aprendizaxe.

 

Proposta de mellora

Entre os temas debatidos polo profesorado a traves do plan estratéxico cuatrienal:

  • Instalación dunha pizarra de nova xeneración na aula de música.
  • Dotar de proxector e pizarra a Biblioteca escolar.
  • Instalar un canón de proxección de 360º na aula sensorial de Educación Infantil.
  • Dotar dun punto Wifi ao polideportivo.
  • Aumentar e potenciar os puntos de acceso Wifi.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión deste documento, a toda a comunidade educativa, realizarase mediante a plataforma Educamos.