Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CPR Plurilingüe Calasancias está situado na Estrada dos Fortes, en A Coruña. Os barrios máis próximos a el son: Labañou, e S. Pedro de Visma (que xa existían cando se fundou o colexio) e Los Rosales, de creación máis recente. Estamos nunha zona que, a nivel educativo, presenta unha oferta variada: dous centros concertados-privados, dous centros públicos de infantil e primaria, dous centros públicos de secundaria e bacharelato, e un centro de formación profesional. Ademais, na mesma Estrada dos Fortes levántase un centro comercial, e nos barrios sinalados anteriormente cabe destacar a presenza da pequena empresa (comercio e servizos). Finalmente, é importante sinalar a proximidade da Escola Oficial de Idiomas, o Centro de Formación e Recursos, a Escola de Música, etc.


-Características do centro


• O CPR Plurilingüe Calasancias é un centro privado-concertado con ideario propio que dá resposta ó desexo de educación cristiá que manifestan moitas familias. En actitude de respecto, permanece aberto a todo o que desexe o tipo de  educación que nel se imparte. Fundamenta o seu labor educativo nun concepto cristián da persoa e do mundo.

• As alumnas e os alumnos son os principais protagonistas da acción educativa, a súa razón de ser e o seu estímulo. Participan activamente de acordo coas esixencias propias da súa idade na vida do centro. 

• Promóvense todas aquelas actividades escolares e extraescolares que favorecen a educación no tempo libre e espertan interese e afeccións segundo as diversas idades do alumnado. Favorécese, tamén, a posibilidade de expresarse de forma plurilingüe de acordo á realidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Os docentes son os principais educadores dos alumnos no colexio. Colaboran e interveñen activamente no centro a través dos órganos que se establecen no Regulamento de Réxime Interno. O persoal de Administración e Servizos constitúe unha parte importante da Comunidade Educativa e presta unha valiosa colaboración a toda ela.

• O colexio cumpre os requisitos para a implantación da E. Infantil, E. Primaria e E. Secundaria Obrigatoria. Ademais, impártese a etapa post-obrigatoria de Bacharelato, ofertándose dúas das tres modalidades: Humanidades e Ciencias Sociais, e Ciencias. É un centro integrado no que se imparte o ensino en todos estes niveis educativos. 

• Desde setembro de 2012 pasa a formar parte da rede galega de centros plurilingües, denominándose CPR Plurilingüe Calasancias.

• As Tics como ferramenta e medio pedagóxico forman parte do centro dende hai xa moitos anos, a infraestrutura necesaria e a súa utilización na docencia están perfectamente despregadas en todas as etapas educativas que se imparten no centro, e atópanse en constante renovación e mellora. O plan Dixital mencionase no Proxecto Educativo como vinculo transversal e ferramenta complementaria que axuda na aplicación de outros plan como o Lector o de Convivencia e as medidas de atención adiversidade. Do mesmo modo a formación en novas tecnoloxías pedagóxicas e as tics forman parte do programa de formación do profesorado do centro.
• Cos obxectivos obtidos na preparación de este Plan Dixital pretendese contribuír a construción da Programación Xeral Anual do curso 23/24.

 Breve xustificación do Plan
• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
• Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
• Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe de Autoavaliación SELFIE, o Test CDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Compre seguir de forma continua coa implementación dos protocolos de seguridade no ámbito dixital. Alumnado Si
Debilidade Compre ofertar as familias de forma continua unha formación básica no ámbito educativo-dixital. Familias Non
Debilidade Na etapa da ESO habería que aumentar a creación de recursos dixitais para reforzar os método de ensino Persoal docente Si
Debilidade Na etapa de Primaria no noso centro deberiamonos avanzar na concreción dun curriculum e proxectos baseados na robótica educativa e na creación de contidos dixitais de esta temática. Persoal docente Si
Debilidade Compre comezar a formación do profesorado docente nas ferramentas de Google Workspace para aplicalas á practica docente na aula. Persoal docente Si
Debilidade Na etapa de Infantil no noso centro deberiamonos avanzar na concreción dun curriculum e proxectos baseados na robótica educativa e na creación de contidos dixitais de esta temática. Persoal docente Non
Fortaleza No noso centro están completamente despregados os dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro a infraestrutura dixital esta completamente despregada e dispón de asistencia técnica que posibilita a adopción de novas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza O noso centro conta con medios dixitais e variadas ofertas de aprendizaxe baseadas en tecnoloxías e contidos dixitais en todas as etapas. Oferta Non
Fortaleza No noso centro contamos cunha estratexia dixital global (dentro do noso proxecto educativo) que implica ao profesorado e o equipo directivo á hora de traballar o proceso de ensino - aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza No noso centro buscamos e creamos novos recursos educativos e de aprendizaxe dixitais para reforzar os noso métodos de ensino e probamos novas formas de ensinar con Tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza No noso centro temos institucionalizado dende hai moitos anos un plan anual de mellora e formación do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza Todas as tarefas e procesos non docentes do noso centro están totalmente integradas cos procesos dixitais. Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non existe medios nin dotación horaria asignados por parte da administración para a realización das exixencias ou planes propostos pola mesma. Administración educativa Non
Ameaza A burocracia administrativa non encaixa cos nosos organigramas internos e a nosa dinámica; o que frea e dificulta os procesos. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA do centro colabora totalmente co centro implicándose na adopción e compra de novas dotacións de material para o ensino dixital. ANPA Non
Oportunidade A situación do centro e a súas relacións coa contorna permítenlle colaborar con numerosas ONGues e asociacións locais. Contorna Non
Oportunidade No noso centro temos despregados e auditados os protocolos de seguridade, confidencialidade e os sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade No centro traballamos con asociacións locais orientadas a comunidade: Banco de Alimentos, protectora de animais... Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do documento obtido dos datos aportados polo programa SELFIE, realizando un análise especifico das necesidades que este presenta e así obtense un DAFO que mostra as vantaxes ou fortalezas, as debilidades, oportunidades e ameazas. 
A partir destas análises e concrecións, establécense as seguintes areas prioritarias de mellora coincidentes e en relación coas do marco GigCompOrg:
B. Colaboración e redes.
C. Infraestrutura e equipos.
D. Desenrolo profesional continuo.
E. Pedagoxía: Apoios e recursos.
F. Pedagoxía: Implementación na aula.
Estas áreas prioritarias tradúcense a obxectivos específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal preciso, que serán os que pretendemos conseguir.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Incentivar a creación de recursos pedagóxicos dixitais para o reforzo dos métodos de ensino dixitais na ESO.
O2PD Desenvolver contidos da área de robótica educativa e proxectos de robótica na etapa de Primaria.
O3PD Revisar os protocolos de seguridade dixitais con periodicidade axeitando os mesmos as necesidades presentes.
O4PD Levar a cabo a transición o entorno Google-Chromebooks nas etapas de Primaria e Secundaria.
O5PD Formar o profesorado dos ciclos de EP e ESO na contorna Google educación.
O6PD Formar o profesorado no uso da consola da plataforma de control de aula, dispositivos e contidos.
O7PD Desenvolver contidos da área de robótica educativa e proxectos de robótica na etapa de Infantil.
O8PD Proceder a renovación dos medios dixitais das alulas de docencia, PDI e Pcs de aula.

Seguimento

Procedemento

O equipo do plan de dinamización do plan dixital levará a cabo, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para poñer en coñecemento e valorar os avances do plan.

A persoa mentora ADIX realizará, cando menos, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar o desenvolvemento do plan coa coordinadora do equipo.

Por último, a persoa coordinadora terá acceso á ferramenta EDUCALIDADE para rexistrar os avances e avaliacións pertinentes deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.

1º Trimestre

Reunións co mentor ADIX 

Ó trimestre faranse como mínimo dúas reunión co mentor ADIX para tratar o seguimento do plan TIC anual.

2º Trimestre

Reunións co mentor ADIX 

Ó trimestre faranse como mínimo dúas reunión co mentor ADIX para tratar o seguimento do plan TIC anual.

3º Trimestre

Reunións co mentor ADIX 

Ó trimestre faranse como mínimo dúas reunión co mentor ADIX para tratar o seguimento do plan TIC anual.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O seguimento do Plan Dixital de Centro estará supervisado polo Grupo de traballo creado para a súa redacción e o Coord. De Calidade do Centro, que recolleran a información dos diferentes grupos formados para a consecución de obxectivos concretos o longo do curso académico 2023_24.
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, planificase:


- Unha avaliación do proceso de consecución de obxectivos  como mínimo unha vez ao trimestre. Entre os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles  modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Unha  avaliación final ao finalizar o curso académico 2023_24. Os aspectos a considerar incluirán, a valoración do logro dos obxectivos e os cambios introducidos durante a súa articulación ao longo do curso académico 2023_24; así como as  propostas de mellora para o seguinte ano académico.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión deste Plan Dixital farase a partires do ano académico 2023_24, integrando dito plan no Plan Xeral Anual de Centro, ao igual que os outros plans; dando publicidade ao mesmo dentro da Comunidade Educativa, así como a súa presentación ao Consello Escolar para a súa aprobación, ou no seu caso propostas de modificación.