Inicio

Aplicación de xestión das solicitudes de praza para centros de ensinanzas artísticas superiores.

Os menús que se amosan neste momento son:

  1. Inicio: O punto no que se atopa lendo vostede, cunha descrición rápida da aplicación.

 

ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES

ACCESO E ADMISIÓN 2024/25

 

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2024/25.

 

A. Prazo de presentación das solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de maio de 2024 (ambos os dous días incluídos).

Para as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, e de Deseño, as persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 25 de xuño de 2024, inclusive.

En todo caso, para completar o proceso de inscrición deberase presentar a solicitude, xunto coa documentación requirida, na secretaría do centro educativo que corresponda, segundo se indica no apartado terceiro da resolución.

Podes acceder á guía de inscrición ás probas de acceso en ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25 a través deste link: 

Guía para a inscrición nas probas de acceso en ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25.

 
B. Formularios para as persoas que non poidan cubrir a solicitude de xeito telemático nesta aplicación:
Estes formularios son só para as persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identidade Estranxeiro (NIE). O resto de persoas solicitantes deben acceder a esta aplicación coa súa credencial de acceso (certificado dixital ou Chave365) e cubrir a súa solicitude de inscrición.
 
 
2) Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais:
    2.2 acceso directo
 
3) Ensinanzas artísticas superiores de Deseño:
 
 
C. Accede ás novas relativas a este procedemento no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Tamén podes consultas as listaxes relacionadas con este procedemento aquí:

D. Información sobre probas específicas de acceso nos centros superiores de ensinanzas artísticas da Comunidade Autónoma de Galicia:

- ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES DE MÚSICA: 

  • Calendario de probas específicas de acceso para o curso 2024/25 

  • A proba  B (análise) da especialidade de Interpretación, agás itinerario Jazz, será única e simultánea, o luns día 10 de xuño ás 11.00 horas nos conservatorios superiores de música da Coruña e de Vigo, segundo a especialidade á que se concorra. O sorteo público do modelo común de exame foi o luns día 10 de xuño ás 09:00 horas na aula 1.00 do CMUS Superior da Coruña.

  • Consulta as cualificacións e adxudicacións nos taboleiros de anuncios do teu centro e na túa área persoal dentro desta aplicación EAS (https://www.edu.xunta.gal/eas/). Podes acceder a través de certificado electrónico ou chave 365 para visualizar os informes de cualificacións e de adxudicacións. 

  • As actas de cualificacións detalladas están a disposición das persoas interesadas nos taboleiros de anuncios do interior dos conservatorios superiores de música da Coruña e de Vigo. 

  • Tamén podes consultar a listaxe provisional de cualificacións premendo aquí e a listaxe provisional de adxudicacións premendo aquí.

  • Poderás reclamar contra a listaxe de cualificacións os días 18 e 19 de xuño perante a dirección do centro no que realizases a proba. Poderás reclamar contra a listaxe de adxudicacións os días 18 e 19 de xuño ante a dirección do centro no que presentases a túa solicitude de inscrición.

E. Consulta de listaxes provisionais e definitivas de cualificacións e adxudicacións: 

As listaxes de cualificacións e de adxudicacións provisionais e definitivas poderán ser consultadas nos prazos estipulados para cada caso a través destes dous medios: 

- Nos taboleiros de anuncios do interior dos recintos escolares sen visibilidade desde o exterior dos centros educativos de ensinanzas artísticas superiores correspondentes.

- Na aplicación informática EAS (https://www.edu.xunta.gal/eas/) na área persoal das persoas interesadas, previa autenticación. Pasos a seguir: 

  1. Identifícate coa túa clave de acceso (certificado dixital ou chave 365).
  2. Preme na opción de "Informes do alumno" (se entras desde o móbil, procura orientalo horizontalmente para visualizar o cadro de diálogo completo)
  3. Selecciona o informe que desexes consultar. 
  4. Agarda a mensaxe de que a túa petición "está sendo procesada".
  5. Preme no buzón de informes (situado na franxa superior da aplicación, trátase do icono cadrangular con borde azul).
  6. Preme no informe que desexes consultar.