Inicio
Aplicación de xestión das solicitudes de praza para centros de ensinanzas artísticas superiores.
Os menús que se amosan neste momento son:
Inicio: O punto no que se atopa lendo vostede, cunha descrición rápida da aplicación.
ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES
ACCESO E ADMISIÓN 2024/25
A. Prazo de presentación das solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de maio de 2024 (ambos os dous días incluídos).
Para as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, e de Deseño, as persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 25 de xuño de 2024, inclusive.
En todo caso, para completar o proceso de inscrición deberase presentar a solicitude, xunto coa documentación requirida, na secretaría do centro educativo que corresponda, segundo se indica no apartado terceiro da resolución.
Podes acceder á guía de inscrición ás probas de acceso en ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25 a través deste link:
Guía para a inscrición nas probas de acceso en ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25.
2) Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais:
2.2 acceso directo
3) Ensinanzas artísticas superiores de Deseño:
3.2 acceso directo
C. Accede ás novas relativas a este procedemento no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Tamén podes consultas as listaxes relacionadas con este procedemento aquí:
-
Vacantes nas ensinanzas artísticas superiores nos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia
-
Tribunais das probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores
D. Información sobre probas específicas de acceso nos centros superiores de ensinanzas artísticas da Comunidade Autónoma de Galicia:
- ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES DE MÚSICA:
-
Calendario de probas específicas de acceso para o curso 2024/25
-
A proba B (análise) da especialidade de Interpretación, agás itinerario Jazz, será única e simultánea, o luns día 10 de xuño ás 11.00 horas nos conservatorios superiores de música da Coruña e de Vigo, segundo a especialidade á que se concorra. O sorteo público do modelo común de exame foi o luns día 10 de xuño ás 09:00 horas na aula 1.00 do CMUS Superior da Coruña.
-
Consulta as cualificacións e adxudicacións nos taboleiros de anuncios do teu centro e na túa área persoal dentro desta aplicación EAS (
https://www.edu.xunta.gal/eas/
). Podes acceder a través de certificado electrónico ou chave 365 para visualizar os informes de cualificacións e de adxudicacións. -
As listaxes provisionais estarán dispoñibles desde o día 17 de xuño.
-
Poderás reclamar contra a listaxe de cualificacións os días 18 e 19 de xuño perante a dirección do centro no que realizases a proba. Poderás reclamar contra a listaxe de adxudicacións os días 18 e 19 de xuño ante a dirección do centro en presentases a túa solicitude de inscrición.
E. Consulta de listaxes provisionais e definitivas de cualificacións e adxudicacións:
As listaxes de cualificacións e de adxudicacións provisionais e definitivas poderán ser consultadas nos prazos estipulados para cada caso a través destes dous medios:
- Nos taboleiros de anuncios do interior dos recintos escolares sen visibilidade desde o exterior dos centros educativos de ensinanzas artísticas superiores correspondentes.
- Na aplicación informática EAS (https://www.edu.xunta.gal/eas/) na área persoal das persoas interesadas, previa autenticación.