Inicio


Aplicativo do Concurso Xeral de Traslados 2022 - 2023

  • CONCURSO DE TRASLADOS ESPECÍFICO ENTRE PERSOAL FUNCIONARIO DO CORPO DE MESTRES PARA CUBRIR PRAZAS DE XEFATURA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2022-23

No Diario Oficial de Galicia do día 21 de novembro de 2022 publicouse a Orde do 26 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A). A Orde de 26 de outubro de 2022 modificouse pola Orde do 25 de novembro de 2022 (DOG nº230, do 2 de decembro) que modifica o Anexo III e IV e amplía o prazo de presentación de solicitudes ata o día 21 de decembro de 2022.

  • O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 22 de novembro de 2022 ata o día 21 de decembro de 2022, ambos incluídos.

* No caso de que o expediente do persoal concursante non está actualizado ou se discrepa dos datos contidos en calquera categoría de datos deste poderase actualizar ou modificar no prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados específico coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (código de procedemento ED011A)

* No caso de que figuren méritos xa validados no expediente persoal pero non aparecen baremados poderá presentar unha alegación no prazo que se estableza para reclamacións e renuncias.

 *Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados específico no procedemento código ED013A.

Para acceder á información relacionada co concurso de traslados específico. Prema aquí

 

  • CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2022-23

Para acceder ao Manual de usuario Prema aquí

Para acceder á información relacionada co concurso xeral de traslados. Prema aquí

O persoal docente que participe no concurso de traslados convocado pola  Orde do 4 de outubro de 2022 entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A) poderá formular a solicitude de participación entre  o día 17 de outubro de 2022 ao 7 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos  .

* A solicitude presentarase obrigatoriamente a través do formulario normalizado accesible na páxina web www.edu.xunta.gal/cxt e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia htpps://sede.xunta.gal

* Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

* No caso de que o expediente do persoal concursante non está actualizado ou se discrepa dos datos contidos en calquera categoría de datos deste poderase actualizar ou modificar no prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (código de procedemento ED011A)

* No caso de que figuren méritos xa validados no expediente persoal pero non aparecen baremados poderá presentar unha alegación no prazo que se estableza para reclamacións e renuncias.

 *Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados no procedemento código ED012A.

 Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo de persoal correspondente:

Primaria:
Teléfonos:

981 545 495 -881 99 58 87- 981 544 487       

Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria @edu.xunta.gal

Secundaria:

Teléfonos:
981 545 408  - 981 545 445 - 981 957 825
 
Ou ben a través do correo electrónico persoal.secundaria @edu.xunta.gal