Skip to Content

Aula Virtual Aberta do Proxecto Webs Dinámicas

Aula Virtual AbertaDende o Proxecto Webs Dinámicas presentamos a Aula Virtual Aberta que pretende ter unha dimensión colaborativa. Un lugar para que o voso traballo chegue ó maior número de compañeiros posible.

http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual

Na nova Sociedade da Información, muda, entre outras moitas cousas, a forma de compartir o coñecemento. Parece que no camiño ó coñecemento libre xa non ten sentido agochar as nosas producións no queixón do escritorio cando "Todo o que sabemos, sabémolo entre todos " (Antonio Machado).

Todos aqueles profesores que esteñan a elaborar cursos virtuais relacionados coas "Webs Dinámicas", Software Libre, ou outros temas relacionados coas TIC e a Sociedade da Información, e queiran compartir o seu curso coa comunidade educativa, ou incluso xestionalo dende esta Aula Virual, teñen aquí o seu lugar.

Polo de pronto contamos con dous cursos sobre Moodle elaborados polos compañeiros Carlos de Paz e Juan Casado. Próximamente estarán tamén dispoñibles sen certificación e sin titorización os cursos oficiais sobre o Proxecto Webs Dinámicas: Drupal, Moodle e Coppermine. Podedes consultar a nova: Aberto o prazo de matrícula nos cursos sobre Webs Dinámicas.

Para calquera cuestión podedes poñervos en contacto connosco en websdinamicas@edu.xunta.es

Proxecto Webs Dinámicas, 26 de Outubro de 2009.



page | by Dr. Radut