Skip to Content

Inserir caracteres especiais ou fórmulas

Tratei de inserir algo tan simple como a letra grega omega maiúscula (para os ohmios) no editor do Moodle: Aínda que entrando no código HTML, descubrín en Internet que se pode escribir &omega para a minúscula e &Omega para a maiúscula, as letras gregas non aparecen no botón de inserir caracteres especiais (que por certo está traducido por inserir sorriso) e tampouco se resolve o problema co editor de ecuacións matemáticas que teoricamente inclúe as letras gregas. O caso do editor de ecuacións xa é para nota, porque descubrín en Internet que había que activar o filtro TeX en Administración>Módulos>Filtros e despois seleccionar o formato de exportación Latex nas opcións do editor (uf!) para que funcionara; pero a pesar desta virguería, non funcionan as letras gregas nin fórmulas tan simples como v = e / t, que levaría o código seguinte: $$v= \frac{e}{t} $$. Na configuración do filtro, as rutas dos seus tres binarios aparecen cunha cruz vermella, así que ou non están instalados ou están onde non deben. Lin nun foro que o complemento dos caracteres especiais pode ampliarse (con tres grupos de caracteres), pero teríades que facelo vós: http://moodle.org/mod/forum/discuss.php?d=20841 Penso que é un detalle pequeno pero moi importante nas materias de ciencias.


forum | by Dr. Radut