Saltar navegación

Tipos de contidos

Ruta: Administrar > Administración do Contido > Tipos de Contido

Tipos de contido

En Drupal contamos cunha serie de tipos de contidos diferentes para a creación das nosas publicacións (contidos). Así podemos ter contidos de tipo Páxina, ou de tipo Historias, ou de tipo Evento... Tamén podemos incluso crear os nosos tipos de contido propios.

Seguindo a ruta indicada arriba, accedemos ás opcións de configuración e aos valores por defecto dos diferentes tipos de contido dispoñibles, e que serán as posibilidades que lle aparecen aos usuarios autenticados cando preman en "Crear contido" do seu menú de usuario. Estas posibilidades de escoller un ou outro tipo de contido por parte dos usuarios está á súa vez determinada polo rol ao que o usuario pertence xa que os administradores poden determinar os permisos dos usuarios sobre estes tipos de contidos.

Accedendo á ruta indicada, aparécenos a lista de todos os tipos de contido posibles: Artigo do blogue, Audio, Evento, Historias, Imaxe, Páxina, Páxina de libro e Webform. Normalmente todas estas opcións só están dispoñibles para os administradores, tendo os outros usuarios as posibilidades máis limitadas. No caso máis extremo pero tamén efectivo bastaría deixar o contido tipo páxina como o único dispoñible.

O tipo de contido Audio está instalado por compatibilidade co drupal 5 pero non ten continuidade nas seguintes versións de drupal, polo que se aconsella non usalo. Para subir un contido deste tipo débese consultar a documentación do tema 5:  Contidos Flash (SWF Tools).

Premendo na opción Editar accedemos ás distintas configuracións de cada un deles e que comentaremos a continuación.

Opcións dos tipos de contido

  •  Identificación

Nesta configuración podemos variar o Nome do tipo de contido e a súa Descrición. É recomendable deixar o que ven por defecto na configuración de Webs Dinámicas.
Tamén permite variar a opción Tipo (que é o módulo ao que está referido o tipo de contido) agás nos contidos Artigo do blogue, audio e imaxe.Tampouco se recomenda facer cambios nesta opción.

Tipo de contido: Páxina

  • Axustes do formulario de envio

As dúas primeiras opcións deste apartado, Etiqueta do campo de título e Etiqueta do campo de corpo, permiten variar as etiquetas dos campos onde os usuarios escriben o título e o corpo dos seus envíos (por defecto recoméndase deixar os nomes Título e Corpo).

A opción Número mínimo de palabras permite, se escollemos un número superior a cero, obrigar a escribir un número mínimo de palabras para que o envío sexa válido (é recomendable deixalo en cero).

Por último temos a posibilidade na caixa de texto Explicación ou directrices de publicación de ofrecer unhas recomendacións ou consellos ao usuario. Estas recomendacións serían visibles polos usuarios na cabeceira do formulario dos envíos.

Formulario de envio

  • Opcións de fluxo

Temos aquí as opcións máis interesantes para facer a nosa configuración por defecto dos envíos dos usuarios. Lembremos que son opcións xenéricas e que os valores elixidos aquí determinan o comportamento por defecto dos envíos do tipo que se estea a configurar. É especialmente importante para os usuarios que non teñen permisos de administración, eles non poderán elixir as opcións senón que os seus envíos axustáranse ao determinado aquí.

a. Opcións predeterminadas:
  • Publicado: marcando esta opción o contido faise público, pode ser visto polos visitantes (dependendo dos permisos otorgados aos diferentes roles, como veremos). Se o cadro Publicado non está marcado o envío irá á cola de moderación onde será un usuario con permisos, normalmente un administrador, o que o publicará. Esta posibilidade de facer "contidos moderados" soe ser utilizada cando o usuario que publica é un alumno.
  • Promocionado á páxina principal: o contido aparecerá en portada do noso sitio web.
  • Pegañoso no comezo das listas: os contidos publicados ordénanse por temporalización inversa (o contidos máis recentes aparecen sobre os contidos máis antigos). Marcando esta opción podemos poñer un contido sempre no comezo da lista, sempre estará arriba.
    (Truco: esta opción vén asociada en moitos temas cunha decoración diferente do contido -cor de fondo, por exemplo-. Un truco que se pode empregar para conseguir que un contido sempre estea sobre os outros nas listas é o de variar a data de publicación, poñéndolle, por exemplo, unha data moi futura: 31/01/2050. Así sempre estará arriba pero co mesmo formato de estilo que o resto das publicacións).
  • Crear nova revisión: esta opción permitiríanos ir gardando as diferentes actualización dun mesmo contido e poder así recuperar algunha versión anterior do mesmo.
Recomendación: a configuración orixinal e a que nós recomendamos é a que aparece na seguinte imaxe: só marcada a opción de Publicado, e as outras deixalas desactivadas. Os administradores sempre terán a posibilidade de seleccionalas para un determinado envío se fora necesario.
Opcións predeterminadas

b. Soporte para múltiples idiomas:

Podemos activar a compatibilidade multilingüe para este tipo de contido. Se está activado, engadirase ao formulario de edición un campo de selección de idioma, o que lle permitirá seleccionar un entre os idiomas que teñamos activados. Tamén se pode activar a tradución para este tipo de contido, para permitirlle dispor do contido traducido a  calquera dos idiomas activados. Si está desactivado, as novas entradas gardaranse co idioma predeterminado. O contido xa existente non se verá afectado por cambiar esta opción.
Soporte múltiples idiomas
c. Adxuntos:

Permite ou non que o tipo de envío admita adxuntos (documentos en pdf, odt, 7z, etc.) segundo estea Activado ou Desactivado.
Adxuntos
  •  Opcións de comentarios

Neste apartado podemos configurar as opcións predeterminadas dos comentarios para cada tipo de contido como ven explicado na sección de Comentarios

  • Event calendar

Aquí podemos decidir asociar o contido co calendario de eventos.

  • All views: o contido sempre aparecerá marcado no calendario de eventos
  • Only in views for this type: no calendario poderanse filtrar os eventos marcados segundo o tipo de contido: páxinas, historias...
  • Nunca: non teremos opción de asociar este tipo de contido co calendario de eventos.

Nota: normalmente só debe asociarse co calendario de eventos (opción All views) o tipo de contido Evento. Este tipo de contido, ademais, resérvase para os administradores da páxina, xa que se todo mundo publicase os seus eventos, o calendario perdería eficacia.

Event Calendar

  • Versión para imprimir, correo-e e pdf

Versión para imprimir e e-mail

Ter marcadas esas opcións permite que ao final do contido publicado aparezan uns enlaces coas opcións de   "Versión para impesora", "Enviar por email" e "Versión PDF".

Impresión, email e pdf

  • Publicación programada  (Scheduler settings)
    Permite activar a publicación programada. Deste xeito podemos crear un contido e indicarlle cal será a data na que deberá de saír publicado e, tamén, podemos indicarlle a data a partires da cal xa non debe estar publicado. Estas dúas opcións, data inicial e data final de publicación, poden empregarse tanto en conxunto como de forma independente.
    • Publishing settings

Publishing settings

  • A opción Enable sheduled publishing  actíva a publicación programada para este tipo de contido.
  • A opción Alter published on time úsase para programar publicación axustada a horas.
  • A opción Publishing date/time is required  pide ao usuario que introduza a data e hora de publicación do contido.
  • A opción Create a new revision on publishing crea unha nova revisión cando se publica o contido.
  • Unpublishing settings

                    Publicación programada

  • A opción Enable scheduled unpublishing  permite activar a despublicación programada para este tipo de contido.
  • A opción Unpublishing date/time is required pide ao usuario que introduza a data e hora de despublicación do contido.
  • A opción Create a new revision on unpublishing crea unha nova revisión cando se despublica o contido.

Nota: estas accións de publicación programada están condicionadas pola execución do cron (Lanzar cron).