Bloques

A páxina principal do curso ten habitualmente bloques nos lados esquerdo e dereito, e na columna central están os contidos do curso. Esta mesma páxina que estás a ler é un bo exemplo do que se está a dicir. Observa que o este texto está na columna central, máis ancha, e a ámbolos dous lados hai diferentes bloques.

Os bloques permiten adaptar o contorno de Moodle ás necesidades de alumnado e profesorado. Os bloques pódense engadir, ocultar, suprimir, e desprazar lateral ou verticalmente, cando o modo de edición estea activado.

Os bloques proporcionan información ou funcionalidade adicional ó estudante ou ó profesor. Inclúense co paquete estándar de Moodle pero hai un conxunto de bloques non estándar que poden ser engadidos polo administrador.

A continuación descríbense os bloques máis relevantes:

actividade recente

Actividade recente: Amosa os últimos movementos dun usuario no curso. Entre outras cousas o alumno poderá ver as súas últimas participacións nos foros ou as últimas actividades programadas.

Actividades: Permite ó usuario un acceso rápido ós diferentes tipos de actividades incluídas nun curso.

actividades

admin

Administración: Permite acceder a diferentes ferramentas administrativas en función do perfil. Desde estas opcións o alumno pode examinar as súas cualificacións, cambiar o seu contrasinal ou darse de baixa dun curso (sempre en función das posibilidades que teña postas o profesor ó dispor dos alumnos). Por outra parte, o profesor pode configurar o curso, engadir novas actividades, dar de alta a novos usuarios ou facer copias de seguridade. A maior nivel de privilexios, máis opcións aparecen neste bloque.

Calendario: Reflexa tódalas datas que poden resultar de interese no percorrido do curso (apertura dunha nova unidade didáctica, data de entrega de actividades, etc.)
Esta ferramenta tamén permite ó usuario programar os seus propios eventos a modo de axenda persoal. Diferéncianse catro tipos de eventos (xerais para tódolos cursos, para membros dun curso, para membros dun grupo dentro dun curso ou persoal para o alumno).

calendario

foros

Procurar: Permite procurar nos foros dun curso información que pode resultar de utilidade. A información procúrase en función de cadeas de texto introducidas polo usuario.

Novidades: Amosa un resumo dos últimos anuncios publicados no Foro de Novidades do curso. Este listado de anuncios ofrece a posibilidade de accede-lo contido completo do anuncio e de engadir novas entradas. O número de anuncios que aparecen no listado pódese configurar no formulario de "configuración do curso".

novidades

persoas

Persoas: Agrupa opcións relacionadas coa información recollida por Moodle sobre os participantes nun curso, ben sexan alumnos ou profesores. Por exemplo, podemos visualizar a información do resto de alumnos, a que grupo pertence ou modifica-los datos da nosa folla persoal.

Usuarios en liña: Amosa os usuarios conectados ó curso nese momento. Moodle detectará novos usuarios pasado uns minutos (configurable polo administrador). liña

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06