O perfil de usuario

Cada usuario da plataforma dispón dun perfil onde se mostran os seus datos ao resto de participantes do curso. Podemos acceder ó noso perfil facendo clic sobre o noso nome de usuario na parte superior dereita da pantalla, encima do menú de idiomas (cando existe):

o teu perfil


O que verás será algo semellante ao seguinte:

perfil do usuario

Para visualizar e modificar a nosa información de usuario só temos que facer clic na solapa "Editar perfil", co que se desprega un formulario onde cumprimentar diferentes campos de información e algunhas preferencias relativas ó xeito de interactuar co sistema.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06