5.4 Integración

Neste apartado radica a esencia deste módulo xa que desde aquí decidiremos sobre que tipos de arquivos desexamos que se executen automaticamente ao ser subidos como un adxunto aos contidos publicados.

Así, nesta sección tan so teremos unha lista de selección onde podemos seleccionar as seguintes opcións:
  • Images (imaxes)
  • Audio (MP3)
  • Flash video (FLV)
  • SWF files (SWF)
IntegraciónRecomendación: so deberíamos marcar a opción de Flash vídeo, xa que en principio é para o que está pensada a utilización deste módulo dentro do proxecto Webs dinámicas.

En calquera caso, poderiamos seleccionar tamén as opcións de Images e Audio, pero o que non se debe marcar nunca é a opción de SWF files, xa que este tipo de arquivos presenta problemas á hora de empregarse integrado neste módulo de SWF Tools.

Se desexamos empregar arquivos SWF no noso sitio web, recomendamos non integralo con este módulo, senón que o que fariamos sería adxuntalo como ficheiro adxunto e facerlle un enlace para que se execute correctamente.

Truco: como neste apartado as opcións aparecen en lista, lembramos que para poder seleccionar opcións continuas podemos manter presionada a tecla Maiúsculas e clicamos sobre a primeira e última opción desexadas da lista. Para realizar unha selección de forma alterna debemos de ter presionada a tecla Control (Ctrl) mentres clicamos sobre as opcións desexadas.

Ollo! Unha vez feita a nosa selección e gardados os cambios, cando volvamos a entrar neste apartado non teremos ningunha indicación de cales foron as opcións seleccionadas a última vez, é dicir, non saberemos con certeza cales son as opcións seleccionadas, polo que deberemos de volver a seleccionar as desexadas para maior seguridade.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06