Acceso a Drupal

Cando se deseña unha web dun centro educativo faise pensando en que esta se poida ver publicamente, sen coñecer ningún contrasinal, nin ter que rexistrarse, etc. Pero Drupal permite que teñamos varios accesos distintos dependendo dos usuarios e roles que teñamos definidos.

Podemos ter cara ao público en xeral unha información do centro, e de cara aos usuarios identificados ter outra información a maiores ou “información ”privada”.

Incluso dentro dos usuarios que teñan conta para acceder se poden facer distinción de permisos, como veremos ao falar dos roles.

Para poder identificarnos, temos que dispoñer dun nome de usuario e un contrasinal que haberá que escribir nunha zona da nosa web, que dependendo da plantilla ou tema, o acceso estará dun xeito ou outro, e dependendo da configuración do sistema estará nun lugar ou noutro da pantalla. En calquera caso sempre estará debidamente identificado. Pódense ver dous exemplos de acceso.

O primeiro sería mediante un bloque onde xa se nos pide directamente o Nome de usuario e Contrasinal para acceder ó sistema.

Acceso: iniciar sesión

Neste segundo exemplo só ten un texto Iniciar sesión: cun enlace a continuación que di Acceso.

Iniciar sesión: Acceso

Cando se pulsa neste enlace aparece no centro da pantalla un formulario cos mesmos dous campos que tiñamos no primeiro exemplo, é dicir, Nome de usuario e Contrasinal.

Conta de usuario

Importante: pose ser que por algún motivo, voluntariamente ou involuntariamente, non atopemos o sistema de acceso por ningún lado. Neste caso sempre podemos acceder ao formulario visto no exemplo 2 anterior escribindo a continuación da URL do noso centro o texto system/user como se pode ver na imaxe que aparece baixo este parágrafo. No caso de querer emendar esta situación e poñer visible o bloque de acceso para os usuarios, entramos como usuario Administrador para engadir dito bloque. A forma de engadir o acceso xa a veremos máis adiante neste curso.

URL de acceso

Se temos configurado o noso centro para que os visitantes poidan crear novas contas, calquera poderá rexistrarse poñendo un nome de usuario e un enderezo de correo electrónico existente. Con isto, calquera pasa a ser un usuario autenticado, o que lle vai dar os permisos que teña atribuído este usuario.

nova conta

O que non se pode facer é crear unha nova conta cun nome de usuario existente ou cunha conta de correo existente, xa que se nos vai producir un erro. Cada vez que existe algún erro vai aparecer unha mensaxe cun fondo de cor vermella.

erro nova conta

Se o nome de usuario e o contrasinal non existen no sistema, entón aparece unha mensaxe indicando que “O seu contrasinal foi enviado ao seu enderezo de correo-e xunto coas instrucións necesarias”.

Se logo accedemos ao noso correo electrónico, debería aparecer un novo correo que cando o abrimos, vainos mostrar un nome de usuario e un contrasinal co cal xa nos poderiamos loguear, marcado no exemplo como “1”, ou tamén nos podemos loguear premendo nun enlace que está máis abaixo no mesmo correo, marcado como “2”. Este enlace só funciona unha vez, e despois de usalo, automaticamente nos leva ao formulario de usuario para poñer un contrasinal. Con isto xa somos un usuario máis do sistema.

correo nova conta

Importante: este proceso anterior, aínda que moi sinxelo para engadir usuarios, ten un inconveniente. Se un usuario soamente por estar identificado no sistema xa ten permisos para crear contidos, calquera que dispoña dun correo electrónico, poderá modificar a nosa web. Para evitalo, ou ben desactivamos a opción de “crear nova conta” ou non damos determinados permisos aos usuarios autenticados. Todo isto imos velo posteriormente no punto 3.5. Configuración de usuario no presente curso. En principio, desde o Proxecto Webs Dinámicas non recomendamos esta práctica de permitir a usuarios anónimos crear novas contas, senón que sería mellor que só o equipo de administradores do centro sexan quen de crear directamente as contas que estimen oportuno: profesores, alumnos, pais e nais, etc.


Se nos esquecemos do noso contrasinal, no mesmo formulario de acceso ao sistema, temos unha pestana ou enlace, dependendo da plantilla ou tema, na que podemos solicitar un novo contrasinal. Isto o que fai é que solicita unha conta de correo electrónico, e envía a ese correo un enlace que nos permite acceder e cambiar o contrasinal que descoñecemos, por un novo contrasinal.

nova contrasinal

Aínda que nos pide “Nome de usuario e dirección de e-mail”, soamente debemos poñer o enderezo do correo electrónico (e-mail).


Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06