Taxonomías - Menú

Ruta: Administrar > Configuración da páxina > Taxonomías Menú

Taxonomías - Menú

Como veremos no contido "Menús" un dos elementos máis importantes cos que imos traballar na elaboración das nosas páxinas en Drupal son os elementos de menú dinámicos. Estes son en realidade termos de categorías que transformamos en elementos de menú, deste xeito podemos acceder aos contidos que hai nas categorías dun xeito sinxelo e accesible.

Pero antes de chegar á pantalla de Menús e poder crealos, necesitamos realizar este paso intermedio para permitirlle ás categorías que sexan empregadas como Menús.

Daquela, para que na pantalla de configuración "Menús" aparezan as categorías transformadas en elementos de menú e poder así empregalas para tal fin, é necesario configurar no apartado de "Taxonomías Menú" (ver a ruta ao inicio desta páxina) tal e como se describe a continuación.

Cada categoría que teñamos creada no noso espazo web vai aparecer nesta sección de Taxonomías - Menú. Cada unha delas presenta as seguintes opcións de selección:

  • Show this category in menu (amosar esta categoría en menú):
    • Non
    • Normal
    • Vistas
Para que posteriormente poidamos empregar a categoría como un menú debemos de marcar a opción Normal.

As categorías de exemplo que se envían xa creadas nos modelos aos centros xa levan seleccionada esta opción Normal. Pero cando creamos novas categorías desde cero, por defecto aparecería seleccionada a opción Non.

Unha vez gardada a configuración, as categorías cos seus correspondentes elementos (vocabularios e termos) aparecerán dentro do menú "Navegación", como explicaremos máis adiante neste curso.

Outras opcións do "Taxonomías - Menú"

Outras opcións de Taxonomías - Menú

  • Display number of nodes per terms: Amosa á dereita de cada menú ou categoría o número de contidos creados

Menú con Display number activo
Imaxe: menú con Display numbers activo, observamos como aparece ao lado de cada termo o número de contidos que hai publicados.
  • Hide Empty Terms: Oculta aos visitantes os menús/categorías que non teñen contidos. Esta opción é moi interesante unha vez está creada a estrutura de menús xa que estes aparecerán automaticamente no momento en que un usuario cree contido nesa categoría, xa que as categorías si aparecen dispoñibles para seleccionar cando creamos contido.
Menú con Hide Empty activo
Imaxe: o mesmo menú anterior pero coa opción de Hide Empty Terms activa. Observamos como os termos que non tiñan contido xa non aparecen.
  • Display desendants: (moi importante) Nunha árbore de varios niveis a aplicación amosa os contidos de xeito recursivo. Así si temos "O Centro" > "Biblioteca" > "Fantasía", os contidos de "Fantasía" aparecerán tamén en "Biblioteca" e "O Centro". Dende o Proxecto Webs Dinámicas recomendamos ter desactivada esta opción xa que xera bastante confusión.

Un indicador de que todo está funcionando como é de esperar será que agora xa aparece no menú do usuario (menú Navegación) un enlace á nova categoría creada e convertida a menú.
Menú Navegación
Posteriormente veremos como movemos este menú-categoría desde o menú actual (Navegación) a un novo menú que crearemos para tal fin.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06