Contidos protexidos por contrasinal

Co obxectivo de que os centros podan publicar na web informacións que por conter datos de caracter persoal non poden publicarse de xeito aberto ao público en xeral, implantouse no Drupal de Webs Dinámicas un novo módulo que permite protexer contidos concretos da web cun contrasinal. Verase a continuación como facer para utilizar esta funcionalidade.

1. Activar módulo "Protected Node" e axustar os permisos.

A primeira vez que se queira utilizar esta funcionalidade, un usuario administrador da web deberá activar o módulo e axustar os permisos como se describe a continuación:

  • Activar o módulo Protected Node.
    • Ir a Administrar, Construción do sitio/páxina, Módulos.
    • Marcar o módulo Protected Node e premer no botón Gardar a configuración.

Activar o módulo Protected Node

  • Axustar os permisos.
    • Ir a Administrar, Mantemento de usuarios, Permisos.
    • Buscar a sección módulo protected_node.
    • Marcar os seguintes permisos:
      • access protected content para os roles de usuarios anóminos e de usuarios autenticados. Isto é necesario para que tanto uns como os outros podan acceder aos contidos protexidos.
      • bypass password protection para o rol dos administradores. Isto non é necesario pero si recomendable para que así os administradores non teñan que introducir o contrasinal cada vez que queiran ver ou editar un contido protexido.
      • edit any password. Se queremos habilitar esta funcionalidade para todos os tipos de contido, podemos activar este permiso aos roles dos usuarios que vaian crear contidos protexidos.
      • edit TIPO_CONTIDO password. Se polo contrario queremos restrinxir esta funcionalidade a certos tipos de contidos, activaremos os permisos correspondentes aos tipos de contidos nos que queiramos habilitar esta funcionalidade e para os roles de usuarios que varian crear contidos protexidos destes tipos.
      • view protected content. Este permiso fai saltar a protección. Non se recomenda concederllo a ningún rol.

Configuración de permisos recomendada.

2. Protexer un contido.

Una vez activado o módulo e configurados os permisos non é necesaria ningunha configuración adicional para poder protexer os contidos da web. É posible protexer contidos xa existentes ou novos contidos no momento da súa creación.

Para protexer un contido, no formulario de creación/edición do mesmo hai  un apartado con título "Protexer con contrasinal este/a [tipo de contido]".

  • Débese marcar a opción Protexer este/a [tipo de contido]
  • E introducir o contrasinal dúas veces. O sistema indicaranos se o contrasinal é forte e se coincide nos dous campos.
  • A opción Amosar título ven marcada por defecto e permite que se vexa o título do contido antes de introducir o contrasinal. Recoméndase deixala marcada.
  • Finalmente débese gardar o contido.

Por exemplo para un contido de tipo Páxina:

Protexer un contido.

3. Visualización dun contido protexido.

  • Na páxina da web na que esté publicado o contido verase o título do mesmo pero non se verá o resumo.

Vese o título pero non se ve o resumo do contido.

  • Ao premer no título ou na ligazón dos ficheiros adxuntos pide o contrasinal de acceso.
Pide o contrasinal.
  • Se se introduce un contrasinal incorecto devolve un aviso de erro.
Contrasinal incorrecto. Non deixa acceder.

  • Cando se introduce o contrasinal correcto da acceso ao contido.
Contrasinal correcto. Vese o corpo do contido e os ficheiros adxuntos.


4. Comunicación do contrasinal de acceso.

Para que as persoas interesadas en ver a información dun contido protexido podan acceder ao mesmo debemos comunicarllelo contrasinal por algún medio privado. Distingamos dous exemplos distintos:

  • Se é unha información que afecta a todo o alumnado dun grupo ou de varios grupos, podería utilizarse a funcionalidade de avisos a grupos da aplicación abalarMobil para enviarlles o enderezo web do contido e o contrasinal de acceso.
  • Se polo contrario afecta solamente a certas familias, supoñamos por exemplo unha solicitude de axudas de algún tipo, o que podería facerse é crear un contido no que se vaian publicando ás novidades ao respecto previamente ao inicio do procedemento, e aproveitar o momento no que as familias acoden ao centro a entregar a solicitude para facilitarlles o enderezo web do contido e o contrasinal de acceso.
Última modificación: Luns, 30 de Xaneiro de 2023, 18:15