Creación dun panel de páxina

O proceso de creación dun panel de páxina (panel page) é o máis completo de todos. Servirá como exemplo para comprender o proceso xeral de creación de elementos compostos por paneis e as posibilidades que o seu uso ofrece en Drupal.

  • Na ruta: Administrar > Construción do sitio > Panels.

paneis

  • Seleccionar Create New Panel Page

panel page

  • En título administrativo especifícase o nome para identificar o panel como usuario: Panel de proba.
  • En nome do sistema, engadir un nome que Drupal empregará internamente para identificar o panel: paneldeproba
  • En Ruta, poñer a URL que enlazará co panel: paneldeproba

panel de proba

  • Facer click en Continuar.
  • Na pantalla seguinte especificarase a estrutura (layout) do panel mediante os construtores (builders).
  • Seleccionar a opción 2 columnas

builders

  • Escoller algunha das configuracións propostas: para o noso exemplo, Two column stacked, que inclúe unha fila superior, 2 columnas e  fila inferior.

2columnas

  • Na seguinte pantalla Panel Settings non é preciso facer ningún cambio.
    • Destácase a opción Disable Drupal blocks/regions. De estar marcada, desactivaríase a visualización dos bloques do tema (plantilla) cando se accede ao panel.

  • Só resta engadir o contido pertinente a cada unha das rexións especificadas no paso anterior facendo click na icona da roda dentada correspondente e seleccionando a opción "Add content". Nesta mesma imaxe obsérvase a posibilidade de cambiar o estilo predeterminado da rexión.

add content

  • Aparecerá  a seguinte pantalla coas diferentes opcións para incluír no panel:

Na columna esquerda propóñense as seguintes posibilidades para agregar:

    • Activity: información relativa á actividade da páxina en xeral: comentarios recentes, contido popular, usuarios conectados...
    • Feeds: as distintas fontes RSS definidas no sitio web.
    • Menús: calquera menú creado no sitio.
    • Mini panel: calquera minipanel creado anteriormente.
    • Miscelánea: calquera bloque existente no sitio web.
    • Page elements: elementos relacionados coa páxina como nome do sitio, eslogan, pe de páxina...
    • Vistas: views activas definidas previamente no sitio. (Require a activación do módulo Views content panes)
    • Widgets: diversos compoñentes de Drupal como iniciar sesión, formulario de busca...
    • Existing node: permite engadir un contido xa creado indicando o número do nodo (nid)
    • New custom content: permite crear un contido directo exclusivamente para o panel (non xenera número de nodo).

  • No seguinte pantalla engadiuse o menú "O centro".
    • Existe a posibilidade de sobreescribir o título. De querer que apareza en branco, marcar a opción e deixalo en branco.

menu o centro

    • Premer en Finish.
  • Amosarase a seguinte pantalla, na que aínda non se gardaron os cambios:

panel

    • Os cambios non quedan gardados ata facer click en "Update and Save" ou Gardar despois de actualizar. Antes de gardar é conveniente facer unha vista previa do resultado do panel.
  • Facendo click na roda dentada do contido engadido abrirase a seguinte pantalla, na que é posible cambiar o estilo do propio contido, especificar regras de visibilidade ou eliminalo.

opcions

  • Facendo click en Cambiar abriranse diferentes posibilidades para o estilo do contido

estilos

  • No estilo personalizado (Custom Style) pódese cambiar calquera das opcións que aparecen na seguinte pantalla. Cabe destacar a posibilidade de gardar este estilo como un modelo para empregar posteriormente marcando a opción "Make this style avallable to other regions or panels"

estilo personalizado


  • Como xa se sinalou con anterioridade, tamén é posible cambiar o estilo dunha determinada rexión. Hai que ter en conta que as opcións da rexión e dos contidos engadidos nela poden solaparse.

estilo rexión

Última modificación: Mércores, 20 de Decembro de 2017, 12:23