3. Creación dun novo tipo de contido para o slide

Ruta Administrar > Administración do contido > Tipos de contido:

  • Facer click na lapela "Engadir un tipo de contido":
    • Nome: "Slide"
    • Tipo: "slide" (é o nome interno empregado por Drupal)
    • Non pemitir comentarios.
    • Non promocionar á páxina principal.

tipo contido slide

    • Gardar o tipo de contido.

  • Facer click en "Administrar campos" para o tipo de contido Slide:

Administrar campos

    • Na opción Engadir novo campo:

Engadir novo campo

    • Etiqueta: Slide imaxe.
    • Nome do campo: field_slide_imaxe
    • Tipo de información a almacenar: Ficheiro
    • Elemento de formulario para editar os datos: Imaxe

flield imaxe

    • En "Configuración Global", marcar "Obrigatorio" para que sempre sexa preciso introducir unha imaxe (é dicir, que non poida quedar en branco).
    • En "Número de Valores", especificar "1".

Obrigatorio

    • Facer click en "Gardar os axustes do campo".
  • Finalmente, facer click na lapela "Amosar campos":
    • Ocultar a "etiqueta", seleccionando a opción "Hidden".
    • En "Nodo completo", seleccionar o nome do preset: 380 x 200 image
    • Facer click en "Gardar".

etiqueta hidden Nodo completo


Neste punto xa estamos en disposición de engadir varios tipos de contido "Slide"

  • Probar a introducir un mínimo de tres contidos na ruta Crear contido > Slide, engadindo para cada un deles un título, un corpo e unha imaxe no campo creado a tal efecto nos pasos anteriores.

Contido slide

Última modificación: Xoves, 9 de Novembro de 2017, 16:48